ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_18471
Os principais sindicatos fan fronte común e avanzan mobilizacións para forzar as empresas a "mover ficha".
CIG, UXT e CCOO conformaron unha fronte común para forzar a "mover ficha" á patronal das residencias de maiores privadas, á que acusan de "torpedear" a negociación para renovar o convenio colectivo, caducado a finais do ano 2019. As centrais ofreceron unha rolda de prensa conxunta para visibilizar a súa alianza e avanzar o inicio dun calendario de mobilizacións que arrincarán o próximo 19 de maio cunha concentración ás portas da residencia DomusVi San Lázaro da capital galega. Os representantes dos traballadores e traballadoras mostraron a súa preocupación pola ausencia de avances na negociación dun novo convenio colectivo para o sector, que, en Galiza, carece dun marco laboral actualizado desde finais de 2019, cando expirou un convenio "que viña de moi atrás e foi moi pouco adaptado ás condicións que deben rexer agora". Así, os sindicatos aseguran que a patronal puxo "pexas" en cada unha das reunións para a elaboración do novo convenio, a última delas celebrada a pasada terza feira. "En dúas horas avanzamos tres artigos", sinalou a responsábel da área de servizos da CIG, Transi Fernández, que incidiu en que esta actitude dos representantes das empresas mantívose desde a constitución da mesa de negociación. O principal problema, segundo manifestaron os sindicatos, son os incrementos duns 100 euros nas táboas salariais para cada unha das distintas categorías que compoñen os cadros dos centros de maiores, algunhas das cales teñen soldos "por baixo do SMI". Segundo os datos ofrecidos polas centrais, os auxiliares de cociña ou persoal de limpeza cobran na actualidade, en virtude ao convenio caducado, 946 euros brutos mensuais, que se elevan a 1.031 euros para os xerocultores e auxiliares de enfermaría e a 1.263 euros para enfermeiras e enfermeiros. "Claro que entendemos as queixas das empresas de que non hai persoal. Pero, como van querer ir traballar con estas condicións?", preguntouse Javier Martínez (UXT), que puxo o acento en que as retribucións para os traballadores e traballadoras de residencias privadas, uns "300 ou 400 euros" por baixo dos seus compañeiros no sector público, "non son dignas" e explican a falta de persoal que denuncian as compañías do sector. "Imos ter que recoñecer que cobrar 1.000 euros é un salario digno para o persoal cualificado ou que chegar aos 1.000 euros é unha caridade divina" "Imos ter que recoñecer que cobrar 1.000 euros é un salario digno para o persoal cualificado ou que chegar aos 1.000 euros é unha caridade divina", incidiu, após afear que os fondos de investimento que están detrás das compañías e das empresas, "incluso as de iniciativa social", vexan "excesivo" que se expoñan incrementos de 100 euros. Outra das "liñas vermellas" marcadas polos sindicatos é a vinculación ao crecemento da economía á actualización dos salarios ao IPC, ligada a que o PIB aumente no ano un 2%. "Os traballadores, que son considerados esenciais, non teñen por que estar suxeitos a índices empresariais", aseverou Javier Martínez, que advertiu que esta cláusula se traduce unha "perda de capacidade adquisitiva" dos empregados. Por parte de CCOO, Iria Estévez, traballadora do sector, censurou que as "trabas e obstáculos" para renegociar as condicións laborais sexa "a resposta" á "etapa máis difícil" da carreira dos traballadores, que "arrastran unha sobrecarga laboral" que "non vén de hoxe". "Lonxe de agradecer e premiar os traballadores e traballadoras polo seu esforzo, o único que fan é pór obstáculos a un convenio que recolle o que cremos que temos máis que merecido", incidiu Estévez, que puxo o acento en que o obxectivo é avanzar cara a unha certa "homologación" das condicións laborais no sector público e no privado.
NOS_26307
O Partido Popular fechou a porta no Parlamento da Galiza á gratuidade nas escolas infantís de 0 a 3 anos. A este respecto, os deputados populares votaron en contra dunha iniciativa presentada pola deputada socialista María Ortega, apoiada polos nacionalistas, onde reclamaba que a "Xunta orce e execute a gratuidade do total de prazas nas escolas infantís de 0 a 3 anos desde xaneiro de 2022".
Ortega instou o PP a que "defina como vai executar o proceso e inicien canto antes" a posta en marcha dunha medida que fora anunciada polo presidente da Xunta no último debate" do estado da nación, "pero que pretende adiar até o próximo curso". Neste sentido, advertiu que "non se pode anunciar unha cuestión tan importante para o día a día das familias, sinaladamente para a conciliación laboral das mulleres, e pretender desaparecer até setembro de 2022". A deputada socialista afirmou que "non pode ser que o presidente do Goberno galego lance titulares en todos os medios coa noticia cando non está nin tan sequera definido o procedemento" e criticou o presidente galego por apuntarse ao "o método eu invito e ti pagas, o de ti solta a exclusiva e logo xa veremos, o de asubiar cando a oposición reclama información, e finalmente o de que o bo grazas a min, o malo a ti contra o Goberno español". Falla de recursos públicos A parlamentaria do PSdeG reclamou ao Goberno galego que "dea a cara coas escolas infantís e coa cidadanía susceptíbel de beneficiarse da medida, achegando información de maneira rigorosa", definindo "cuestións fundamentais, como saber se prefiren dar subvención ás escolas infantís e non directamente ás familias beneficiarias". Advertiu de que "traballar pola conciliación debe ir aparellada si ou si de recursos", mentres a Xunta "fai o contrario e baixa a partida orzamentaria específica".
PRAZA_17289
A central nacionalista decide suspender a convocatoria "uns meses" á espera de se o novo goberno socialista activa un calendario que cumpra coas reivindicacións coas que chamou ao paro, que é substituído por unha "xornada nacional de mobilización".
A CIG suspende a folga xeral que tiña convocada para o vindeiro martes 19 de xuño. Faino pola "caída do PP" do Goberno central, logo do triunfo da moción de censura impulsada polo PSOE, e á espera de se o novo executivo é quen de activar un calendario que cumpra coas reivindicacións fundamentais coas que o sindicato nacionalista chamara ao paro. A CIG suspende a folga "uns meses" á espera de se o novo goberno activa un calendario para cumprir coas súas reivindicacións En rolda de prensa, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, anunciou a decisión de "suspender uns meses" a convocatoria da folga até "comprobar" se "o novo goberno do PSOE e a nova correlación de forzas" no Parlamento "son quen de elaborar un calendario" para derrogar todas as reformas que a central considera lesivas para a clase traballadora e para o pobo galego e de "levar adiante as reivindicacións presentes" na devandita folga, agora en suspenso. Refírese Carril, entre outras medidas, á derrogación das reformas laborais, á consecución de "avances" para as mulleres, á defensa das pensións públicas, a "rematar cos abusos da patronal, os ataques contra as liberdades e a privatización de servizos", así como a consecueción de "empregos e salarios dignos". A folga xeral será substituída por "unha xornada nacional de mobilización" pola "recuperación dos dereitos laborais e sociais" De non levarse a cabo "ese cambio", a CIG advirte de que volverá fixar unha data para esa folga xeral que, no caso do vindeiro 19 de xuño, será substituída por "unha xornada nacional de mobilización para esixir a recuperación dos nosos dereitos laborais e sociais" e que se levará a cabo en todas as comarcas onde estaban previstos actos polo paro agora suspendido. Carril asegurou que "a caída do PP" tras a moción de censura é "un primeiro paso" que, ademais, "confirma" as súas análises sobre as "alternativas" que existían ao PP na gobernanza do Estado. "Estabamos no certo cando chamabamos á folga xeral como resposta necesaria e inevitable, cando demandabamos así a fin dun goberno que, con minoría parlamentaria e cheo de corrupción, mantiña a man de ferro que empobrecía a clase traballadora e o pobo galego", dixo. A CIG di ser "consciente" de que o PSOE "é culpable e responsable" por "ter iniciado as políticas que nos levaron á situación actual Con todo, Carril advertiu de que a CIG "é consciente" de que o PSOE tamén "é culpable e responsable" por "ter iniciado as políticas que nos levaron á situación actual, a que hoxe ter traballo e unha pensión non garanta vivir en condicións dignas". "Temos a satisfacción de poder afirmar que, coa nosa loita, contribuímos a que o PP caera mentres outros sindicatos estiveron calados, desmobilizados e pasivos, cando non sendo colaboradores", criticou o secretario xeral da central nacionalista. Carril criticou a actitude do resto de sindicatos, que non apoiaron a folga xeral. "Quedan en evidencia vista a realidade que temos", finalizou.
NOS_57782
A Xunta vén de presentar as actividades do 150 aniversario de Valle-Inclán, cunha extensa programación por todo o país, pero sen abordar un dos retos pendentes da cultura galega: representar a Valle en galego.
Neste 2016 cheo de efemérides, o reparto de responsabilidades está claro: a Deputación da Coruña promove o Centenario das Irmandades; a de Pontevedra o Ano Castelao; a de Lugo o Ano Manuel María; e a Xunta, o centenario de Cela e o 150 aniversario de Valle-Inclán. Onte a Consellaría de Cultura e Educación presentou un amplo programa dedicado ao escritor arousán, pero que segue a deixar unha débeda pendente ao non ser posible a representación en galego (nin en euskara nin en catalán) da súa obra. Unha mácula aínda sen borrar na historia do Centro Dramático Galego, que estreou Valle en español en 1998. Múltiples actividades Trátase dunha completa programación colectiva promovida pola Consellería de Cultura e Educación en colaboración coas principais entidades e organismos vinculados dalgún xeito á figura de Valle, como é o caso dos concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa, a Asociación Amigos de Valle-Inclán, a Fundación que leva o seu nome, a USC a través da Cátedra Valle-Inclán, o Consello da Cultura Galega, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e a Deputación de Pontevedra. Dentro desta programación haberá iniciativas de difusión social e de dinamización dos espazos literarios do escritor; actividades audiovisuais, de artes escénicas e experiencias multiartísticas; eventos para a investigación académica e humanística, propostas expositivas, edicións conmemorativas, obradoiros infantís e iniciativas dirixidas ao ámbito educativo. Poden consultar as actividades, aquí.
NOS_44851
O nó de Sabón e os das antigas térmicas son os máis demandados
Galiza ten en carteira proxectos eólicos que suman preto 11.000 megawatts (MW) repartidos en 131 parques. Xunto a eles e á calor dos fondos europeos, emerxen outras iniciativas de xeración enerxética asociadas a tecnoloxías como o hidróxeno verde ou a eólica mariña. O problema é que a capacidade de evacuación á rede é limitada, e mesmo insuficiente para dar resposta á necesidade de todos estes proxectos. Segundo os datos do último estudo de capacidade de Rede Eléctrica, coa situación a 30 de abril de 2021, na Galiza había unha capacidade e marxe de acceso de até 3.700 megawatts (MW) nominais para os novos proxectos enerxéticos, o que impedirá a execución de moitos deles precisamente pola incapacidade de verter a enerxía xerada á rede. Esta semana coñecíase, por exemplo, a intención de Iberdrola de levantar dous grandes parques de eólica mariña na costa galega que poderían ter en Xove, que conta cun nó de alta capacidade de 400 kilovoltios (kV), e en Sabón ─220 kV pero con preto de 80% da súa capacidade dispoñíbel─ os seus puntos de conexión á rede. O potencial de Sabón Sabón é un enclave estratéxico no novo mapa enerxético. A súa subestación levantouse para dar saída á central térmica de fuel ─xa desaparecida─ e ao actual ciclo combinado de Naturgy. É de 220 kilovoltios (kV) e pode evacuar entre 350 e 460 MW. Por ela pugnan as grandes cotizadas. E é que, xunto aos plans de Iberdrola para dar saída á enerxía que produzan os seus parques eólicos mariños, firmas como Enagás e Acciona tamén teñen proxectos para estabelecerse na contorna deste nó, concretamente no porto exterior de Punta Langosteira cunha planta de hidróxeno verde asociada a un parque eólico. Tamén confirmou o seu interese a multinacional téxtil Inditex, que presentou un proxecto para abastecer os seus centros de produción do polígono de Sabón a partir de fontes renovábeis. Trátase de proxectos a financiar con cargo aos fondos europeos Next Generation, mais de levarse todos a cabo comprometerían a capacidade da rede enerxética galega. As outras alternativas Xunto á subestación de Sabón, outros nós con capacidade para dar saída á nova produción renovábel polos que poxarán as empresas son os que liberarán as centrais térmicas de Meirama (Cerceda), de Naturgy, de 220 kV, e a térmica de Endesa nas Pontes, de 400 kV. Porén, parte desta capacidade será empregada polas propias enerxéticas. No caso de Endesa, para dar saída aos seus novos parques, que suman máis de 600 MW, e tamén á planta de hidróxeno verde que proxecta nos terreos da antiga central. Naturgy, pola súa banda, tamén proxecta unha planta de hidróxeno verde en Cerceda, que podería limitar o acceso de novos operadores á rede. Mais non son os únicos. Galiza conta con 38 nós de conexión (sete de 440 e o resto de 220 kV) dos que 12 xa están ao límite da súa capacidade. A pugna polos dispoñíbeis será feroz e Rede Eléctrica terá que facer encaixe para buscarlles acomodo.
PRAZA_6046
O tribunal entende que houbo "desviación de poder" por utilizar a paga de produtividade para compensar a supresión da paga extra de Nadal imposta polo Goberno de Rajoy. César Mosquera (BNG) enmarcou o fallo na liña de "usar o aparato represivo do Estado contra todo aquel que discrepe"
En outubro de 2012 o Goberno municipal de BNG e PSOE, presidido por Miguel Anxo Fernández Lores, aprobou a achega dun plus de produtividade para os traballadores e traballadoras da administración local, como compensación pola supresión da paga extra de Nadal, xustificado coa realización de horas extraordinarias entre os días 15 e 30 de outubro. O pleno municipal aprobou unha modificación orzamentaria de 1,3 millóns de euros para este fin. De inmediato, a Delegación do Goberno en Galicia anunciou a presentación dun recurso xudicial contra esta decisión. A Sala do Contencioso Administrativo do TSXG entende que se produciu unha "desviación de poder", por utilizar o complemento de produtividade para compensar a perda da paga extra Este venres o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) fixo pública unha sentenza que anula esta paga de produtividade, e en consecuencia obriga a 307 dos funcionarios e persoal laboral a reintegrar ás arcas municipais os 400.000 euros cobrados en conxunto. A Sala do Contencioso Administrativo do TSXG entende que se produciu unha "desviación de poder", por utilizar o complemento de produtividade para compensar a perda da paga extra. O Tribunal cualifica a decisión de "artificiosa e sospeitosa" e afirma que "conculca o principio de igualdade dos cidadáns ante a lei". O fallo explica que se produciu un "desproporcionado" aumento do número de traballadores que recibiron o complemento (15 en 2011, 441 en 2012). César Mosquera (BNG), tenente de alcalde de Pontevedra, enmarcou o fallo na liña de "usar o aparato represivo do Estado contra todo aquel que discrepe ou se mova fronte ás medidas de recortes que se están adoptando". Criticou, así mesmo, que "o Estado só levou a Pontevedra ante os tribunais cando houbo bastantes máis concellos" que aprobaron solucións similares para compensar a perda desta paga extra por parte dos funcionarios municipais". César Mosquera (BNG), tenente de alcalde de Pontevedra, enmarcou o fallo na liña de "usar o aparato represivo do Estado contra todo aquel que discrepe ou se mova fronte ás medidas de recortes que se están adoptando" Mosquera anunciou que, en calquera caso, o goberno municipal acatará a sentenza, pero adiantou que "non é de fácil aplicación", xa que el fallo non anula o expediente no que se certifica que o persoal do Concello ten dereito a cobrar as 16 horas extra que realizou. Os afectados serían, segundo explicou Mosquera, todos os traballadores do equipo municipal, agás os da Policía Local, Bombeiros e os organismos autónomos. A sentenza é firme, pero os servizos xurídicos do Concello analizarán se hai algunha posibilidade de recorrela, por exemplo a través da presentación dun recurso de casación ante o Tribunal Supremo.
PRAZA_16403
CON VÍDEO A inmobiliaria, con sede en Santander, defende que ten clientela interesada en "montar hoteis en propiedades históricas", o que sería "unha saída moi boa" para Meirás porque "podería visitalo todo o mundo" HEMEROTECA | As 'doazóns' para entregar Meirás a Franco: patrullas polas casas coa supervisión da Falange
HEMEROTECA | As 'doazóns' para entregar Meirás a Franco: patrullas polas casas coa supervisión da Falange Un "inmoble singular" ubicado "nun lugar de singular beleza natural", "emblemático", "moi coñecido", "cheo de historia" e inzado de "detalles" como "cadros, recordos de todo tipo, unha magnífica biblioteca". Así presenta o Pazo de Meirás a inmobiliaria Mikeli, unha empresa de Santander especializada na venda de propiedades de luxo á que a familia de Francisco Franco veñen de encomendar a venda do histórico edificio por un prezo inicial de 8 millóns de euros. Despois de que, ao transcorreren apenas dous meses da morte da filla do ditador, Carmen Franco, os seus herdeiros manifestasen a súa intención de venderen o pazo en plena intensificación dos movementos a prol do seu paso definitivo ao patrimonio público, a inmobiliaria cántabra vén de facer pública a operación tras incorporar o pazo ao seu catálogo. A empresa amosa diversas imaxes do pazo, do seu interior e mais das leiras colindantes e, adicionalmente, divulgou un vídeo no que combina o aspecto actual do recinto con imaxes do NO-DO sobre as estancias de Franco nel. A inmobiliaria, especializada en propiedades de luxo, defende que ten clientela interesada en "montar hoteis en propiedades históricas", o que sería "unha saída moi boa" para Meirás porque "podería visitalo todo o mundo" Segundo publica El Diario Montañés, a elección desta inmobiliaria débese á relación persoal dos seus propietarios coa neta maior do ditador, Carmen Martínez-Bordiú Franco, o responsable da empresa, Antonio Avilés, esfórzase en facer ver que os 8 millóns que piden por Meirás "son un bo prezo" que atribúe á vontade da familia de desprenderse da propiedade que o xeneral golpista conseguiu grazas a doazóns forzosas da poboación en 1938. A clientela á que se dirixen, agregan, son "interesados en montar hoteis en propiedades de carácter histórico" que poderían dar unha "saída moi boa" a "este edificio singular polo seu carácter de historia de España" . Así "podería ser visitado por todo o mundo", resolve, ademais de firmar que xa "hai ofertas" que "a familia está valorando". Nun comunicado difundido pola propia inmobiliaria, Mikeli presenta esta operación como todo un "fito" na súa "selecta carteira de clientes". Congratúlanse, din, por poderen vender "un lugar emblemático e moi coñecido non só en España, senón tamén fóra do noso país" por ser "residencia da célebre escritora galega Emilia Pardo Bazán e de Francisco Franco, xefe do Estado, e da súa familia". O pazo, no catálogo da inmobiliaria Sen referencias 'incómodas' A empresa obvia o xeito en que o ditador espoliou Meirás e todos os movementos sociais e políticos encamiñados a que quede no patrimonio público galego Nin no seu comunicado sobre a venda nin nas declaracións ofrecidas á prensa local a inmobiliaria Mikeli fai referencia ningunha ao xeito en que Franco espoliou o Pazo de Meirás durante os peores anos da represión tras o golpe de 1936, á súa condición de Ben de Interese Cultural nin tampouco ao feito de que varias Administracións públicas galegas estean a pular por que quede no patrimonio público sen pagamento adicional ningún. Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, insta a Xunta a ser "dilixente" e sancionar os Franco por poñer á venda un BIC sen comunicalo formalmente, como fixa a lei Neste sentido, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, advertía este venres no nome da institución e, por extensión, no da Xunta pro Devolución do Pazo -que agrupa a entidade provincial coruñesa co Concello e organizacións sociais-, da necesidade de que a Xunta sexa "dilixente" ante este anuncio e "faga cumprir a lei de patrimonio cultural", iniciando "de maneira inmediata" o "expediente sancionador por poñer á venda un BIC sen cumprir a obriga de comunicación ao organismo que o tutela", que é a Consellería de Cultura. "De non o facer, estaría a haber conivencia coa descendencia do ditador, e é tempo de rematar coa impunidade", sinala Sanmartín, quen lembra que o vindeiro día 1 a Deputación coruñesa fará públicos os informes legais e históricos que abren "vías legais para que o pazo pase a ser un ben público". Mentres, dende a Xunta, que legalmente tería unha posición preferente para mercar o pazo, resaltouse en declaracións a Praza.gal que "a vontade política" do Goberno é a manifestada polo acordo parlamentario de setembro do pasado ano, centrdo en "recuperar para o patrimonio público" o Pazo de Meirás "sen que esta incorporación implique un novo custo para o pobo de Galicia, que xa o asumiu en 1938". "Trátase dun acordo que reflicte o sentir xeral da sociedade galega de non pagarlle a familia Franco por este inmoble", reiterouse dende a Consellería de Cultura e Educación a este diario.
PRAZA_4751
A PAH convoca unha concentración este luns ante a sede da Xunta en Vigo para pedir unha solución que evite o desaloxo desta familia, que foi vítima dun caso de violencia machista.
Remedios ten 46 anos e vive en Sárdoma, Vigo, cos seus tres fillos, de 13,15 e 17 anos, e dous deles cunha discapacidade. Está divorciada e foi vítima de malos tratos por parte da súa ex parella. Os catro membros da familia sobreviven cos 426 euros ao mes da renda activa de inserción social e, até agora, cunha axuda de aluguer social da Xunta de Galicia que nos últimos cinco anos veu pagando o 70 por cento do aluguer da súa casa (409 de 568 euros). Porén, estas axudas teñen unha caducidade de cinco anos, e o prazo remata este mes de febreiro, sen que polo de agora a Xunta accedese a renovala. Se isto non sucede nos vindeiros días, Remedios e os seus tres fillos quedarán na rúa. A PAH de Vigo e o Baixo Miño convocou unha concentración, o vindeiro luns ante a sede da Xunta na cidade, para esixir que a administración lles ofreza unha solución. Remedios naceu en Francia, onde casou, e dende alí foi vivir a Portugal. Despois, fuxindo do seu marido, trasladouse por distintas vilas e cidades de Galicia, até chegar a Vigo, onde durante anos foi traballando en distintos sectores, como administrativa ou mesmo na construción. Dende que non atopa traballo tivo que depender da renda de inserción social e tamén da axuda emprestada pola Cruz Vermella ou Cáritas.
NOS_44899
A unha semana da nova data para a apertura do curso no ensino secundario, a maior parte dos centros do país mantéñense en pé de guerra fronte aos anuncios da Consellaría de Educación a respecto da semipresencialidade ou da dotación de persoal docente.
A decisión da Consellaría de Educación de mudar o inicio das clases, obrigada polas presións das equipas directivas de institutos de toda Galiza, acrecentou a desconformidade absoluta que hai coas decisións da Xunta nos días previos ao inicio do curso. É o caso da maior parte dos institutos composteláns, onde algunhas das equipas, segundo puido saber Nós Diario, mesmo chegaron a considerar a súa dimisión. Os directores de dous destes centros consultados por esta redacción aseguraron ter "todo preparado para facer desdobres, ao contar con capacidade física suficiente para manter o distanciamento de seguridade e a posibilidade de habilitar máis aulas". "Os desdobres", explican, "supoñen a conformación de novos grupos de alumnado e, por tanto, a necesidade de dotar o centro con máis persoal docente". A outra posibilidade de cara ao inicio do curso é a semipresencialidade. O director do IES Antón Fraguas, Carlos Encisa, asegura que a Inspección pediu aos centros que "nos reorganizásemos ante a posibilidade de que saia un novo regulamento sobre ensino semipresencial". Sobre esta modalidade de ensino, o director do Antón Fraguas expón que "durante a pandemia todos estabamos na casa, aínda que era un labor limitado polas tecnoloxías, o ensino era simultáneo". A dificultade da semipresencialidade é que "estaremos a traballar con xente na aula e, simultaneamente, por videoconferencia co alumnado na casa". Encisa recalca que "non é tan sinxelo e non estamos preparados para algo así". O seu colega Óscar Couto, director do IES Eduardo Pondal, tamén en Compostela, declárase igualmente pouco favorábel á semipresencialidade e explica, "temos capacidade de facer desdobres en horario lectivo normal, sen facer tardes". Couto asegura que "para poder asumir non só a carga lectiva, senón tamén as gardas, necesitamos nove docentes máis". Desde o Eduardo Pondal, e tendo en conta a posibilidade de que se alterne a presenza na aula co ensino telemático recálcase que a "nosa proposta é de cinco desdobres e oito ou nove docentes, e se hai que ir ao semipresencial terán que ser catro desdobres e seis ou sete docentes". Os centros denuncian que queren "substituír docentes por pantallas e, nesta dirección, Óscar Couto é contundente, "a posibilidade de mercar pantallas é prescindir de persoal non a contemplamos". Ademais, denuncia Couto, "o uso de pantallas non está recollido de maneira legal en ningún sitio". Os membros das dúas directivas, IES Antón Fraguas e IES Eduardo Pondal, alertan tamén de que "aínda que a norma exixa a semipresencialidade", unha vez aprobada tamén "terán que falar as familias e haberá que estudar os problemas de conciliación que poidan xurdir". Os centros de ensino secundario mantéñense á espera de que desde a Inspección educativa e desde a Consellaría de Educación se emita unha orde que obrigue á semipresencialidade ou designe os destinos do persoal docente que está á espera de cubrir a falla de profesorado da que adoecen nestes momentos e de cara a desdobrar os grupos en clases.
PRAZA_15463
Un estudo do Centro Maurits Coppieters difundido pola Fundación Galiza Sempre defende que "fronte aos estereotipos habituais, en Europa ser pequeno é, comparativamente, unha vantaxe institucional"
"Fronte aos estereotipos habituais, en Europa ser pequeno é, comparativamente, unha vantaxe institucional". É unha das conclusións que tira o Centro Maurits Coppieters no seu estudo The Ascent of Autonomus Nations, no que este organismo ligado á Alianza Libre Europea analiza a representación da Unión Europea nas institucións comunitarias, un indicador no que Galicia non sae especialmente ben parada. Non en van, a fundación, presidida polo tamén director da Fundación Galiza Sempre, Xabier Macías, conclúe que a poboación galega é a segunda peor representada no Parlamento Europeo, a única institución elixida por sufraxio directo da poboación da Unión. "Os estados de menor tamaño teñen mellor representación e máis poder de influencia na Comisión e no Consello", pero tamén no número de eurodeputados e deputadas, destacan dende Galiza Sempre ao valoraren o informe. Esta, explican, é a razón da "limitada representación padecida pola cidadanía con gobernos subestatais como o galego" fronte aos "habitantes dos pequenos estados independentes da UE". Así, Galicia, que ten 800.000 habitantes máis ca Eslovenia, "ten a metade de escanos no Parlamento Europeo". "O noso país conta en 2012 cun eurodeputado por cada 700.000 habitantes". Mentres, os cidadáns e cidadás de Eslovenia teñen "un por cada 250.000", por por riba da media, stiuada nun representante para cada 600.000 persoas. "A situación era aínda peor na data de elaboración do estudo", sinala a fundación, xa que daquela aínda non se incorporara "a cuarta eurodeputada galega, a nacionalista Ana Miranda (BNG)". Neste contexto, o Centro Maurits Coppetiers conclúe tamén que, nunha ampliación da UE a 34 estados, "Galiza sería a nación máis beneficiada", xa que "chegaría a triplicar a súa representación" na Cámara, escollendo nove escanos dos 754 existentes. Tamén mellorarían as representacións de Euskadi e Catalunya "e mesmo a do resto do actual Estado español". Ademais, subliñan, "o cambio de estatus significaría asemade representación directa no Consello e na Comisión". "Galiza sería a nación máis beneficiada" dunha eventual ampliación da UE a 34 estados, sinala o estudo A Alianza Libre Europea difunde este estudo nun momento no que, destaca o seu autor, Matthew Bumford, existe unha "dinámica emerxente do recoñecemento da autodeterminación de novas nacións". Non en van, subliña, "nos últimos 20 anos os membros das Nacións Unidas pasaron de 153 a 193, nha tendencia que se albisca tamén con clridade en Europa, onde Escocia e Catalunya poderían celebrar referendos en 2014. Para a Fundación Galiza, Sempre, que preside Xesús Veiga Buxán, "nun momento en que a incapacidade europea perante a crise acentúa a necesidade de procurar alternativas institucionais, este tipo de estudos e reflexións deben ser incluidas nos debates sobre perspectivas e intereses estratéxicos da nación galega, habitual e históricamente mal defendidos en Bruxelas polo Estado español", conclúe.
NOS_41420
Os datos publicados polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) afirman que en 2020 houbo 4.511 accidentes de traballo con baixa Os accidentes mortais, ademais, aumentaron na pesca e na agricultura.
O avance das estatísticas de accidentes de traballo relativos a 2020, que publicou o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), indica que non mellora a situación de sinistralidade que vén padecendo Galiza nos últimos anos. Coa particular situación vivida de pandemia, co confinamento e feche dalgunhas actividades como protagonistas, na Galiza tiveron lugar 24.511 accidentes de traballo con baixa. Deste total, un 90,99% ocorreron en xornada laboral (22.302 accidentes) e o 9,01% restante no desprazamento do domicilio ao centro de traballo ou viceversa (2.209 accidentes). En relación co ano anterior, os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral diminuíron un 24,45% e os accidentes in itinere descenderon un 29,27%. Se tratamos o mortalidade, os datos indican que o ano pasado morreron 59 persoas en accidente de traballo (52 en xornada laboral, dúas mortes menos que en 2019, e 7 in itinere). Segundo as estatísticas do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Galiza rexistrou unha incidencia de 5,31 accidentes mortais por cada cen mil traballadoras e traballadores, mentres que a proporción na media do Estado español foi de 3,27. Na clasificación estatal sería o cuarto territorio con maior índice de accidentes mortais. Os accidentes mortais aumentaron en oito no sector primario (agricultura e pesca) e mantivéronse na construción. Na industria diminuíron en tres mortes e sete no sector dos servizos. Así mesmo, no sector primario, o maior incremento produciuse na pesca (5 mortes máis, 166,67% ) e na agricultura (tres mortes máis, 75%). A Covid-19 e o traballo Na Galiza só se recoñeceron en 2020 un total de 92 persoas con Covid-19 como accidente laboral e ningún caso mortal. "É unha inxustiza que hai que corrixir", afirma Roi Fernández, de Comisións Obreiras (CCOO), na presentación onte dun estudo sobre a sinistralidade laboral no país durante o ano 2020 mais o impacto da pandemia no sector. Para este sindicalista, a adaptación dos postos de traballo á protección fronte ao virus "emerxeu como gran reto e custou moito adaptarse", en parte pola complexidade da situación, mais tamén "pola insuficiencia dunha cultura preventiva que, para o noso entender, necesita avanzar cunha lei de prevención de riscos que mellore a protección da clase traballadora", explicou Fernández. Sobre os datos xerais, sinala que a paralización da actividade en 2020 fixo que descendera o número de accidentes de traballo, mais a diminución foi moito menor nos leves que nos graves e mortais, polo que "algo está a fallar", denunciou. Fran Cartelle, desde a CIG, fai unha valoración negativa dos datos polo aumento dos accidentes graves "nun ano no que a actividade se reduciu en moitos sectores". Considera que está relacionado coa "idea das empresas da prevencións de riscos, que entenden como un gasto e non como un investimento na saúde laboral". Para Cartelle, coa pandemia "as empresas quitaron a careta e non tomaron en serio a situación". Mar Martín, de UXT, pon como exemplo o sector da construción, que, malia a diminución da actividade pola pandemia, mantivo a mesma sinistralidade en 2020. "Traballaron menos meses, mais as condicións non cumpriron a prevención de riscos laborais", asegura, e nese sentido pide que as empresas "integren a saúde laboral na saúde publica".
NOS_15700
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (Agpti) critica que as liñas "non se axustan á realidade".
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (Agpti) denuncia que, en relación coa nova orde de axudas á tradución, hai eidos "nos que se avanza a respecto de convocatorias anteriores, mais outros nos que a nova orde estabelece importantes retrocesos". Desde Agpti, -que formou parte do proceso previo á convocatoria da liña de achegas, igual que outras entidades, a chamado da Dirección Xeral do Libro da Xunta da Galiza-, consideran que "os requisitos solicitados na orde non se axustan á realidade nin ás necesidades dos e das profesionais do sector". "Estas axudas son un elemento moi importante para o sector, e consideramos que é imprescindíbel contar coa voz de todos os axentes implicados, mais entendemos que a administración non está a recoller axeitadamente as propostas das entidades representantes dos intereses de tradutores e tradutoras", explican. As profesionais da tradución sosteñen que, desde o seu punto de vista, "a orde de axudas á tradución debe defender os intereses legais, económicos e morais das tradutoras e tradutores", polo que un dos aspectos que valoran máis negativamente desta nova convocatoria é a obrigatoriedade de certificar os coñecementos de lingua por medio de documentos oficiais. Neste sentido, consideran que o medio para valorar o traballo dos e das profesionais da tradución debería ser "a través da presentación do currículo, como se fixo até agora". En canto á forma de valorar eses currículos, indican que "habería que dotar cunha maior puntuación a quen teña experiencia en tradución literaria e editorial e, en segundo lugar, a quen teña experiencia noutros tipos de tradución". Obras publicadas Outra das novidades é a esixencia de incluír certificados en relación coas obras publicadas. Para as tradutoras debería ser suficiente con "achegar datos relacionados coa edición do libro, como o ISBN, pois non hai dúbida ningunha ao respecto da súa existencia". "Ademais -continúan- parécenos que a experiencia nos pares de linguas cos que a profesional traballou en tradución literaria/editorial debe coincidir cos do proxecto para o que se solicita a axuda, asignando unha maior puntuación a quen teña experiencia no par lingüístico da obra, mais tamén tendo en conta outras posíbeis combinacións". A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación di que a realidade do seu sector demostra que hai traballadoras "que poden non ter un certificado que acredite o coñecemento de lingua, mais o seu traballo e a formación, moitas veces autodidacta, dótaas da competencia para traducir con calidade lingüística e literaria". Agpti resalta que traballa "desde a súa fundación" pola "profesionalización no ámbito da tradución, tamén da literaria", e por iso "tampouco podemos concordar con que se valore ter recibido premios á creación literaria como mérito para tradutores e tradutoras, xa que acreditar o coñecemento dunha lingua non demostra que unha persoa sexa boa tradutora, o mesmo que acontece con quen teña gañado un premio de creación. O desexo das profesionais da tradución é que a Xunta da Galiza "rectifique, xa que, de non ser así, haberá moitos tradutores e tradutoras que van ter dificultades para cumprir cos requisitos desta orde de axudas".
PRAZA_20404
A vila pontevedresa acolle entre este xoves e o domingo a XIII edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, na que participan 150 barcos chegados de todo o país pero tamén de Portugal ou do País Vasco. En terra, unha chea de actividades co mar e a navegación como eixos. Galería con algúns dos barcos participantes
Galería con algúns dos barcos participantes Este xoves botou a andar en Combarro (Poio) a XIII edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, un evento bianual que reúne 150 barcos chegados de todo o país pero tamén de Portugal ou do País Vasco. En terra, hai ademais unha chea de actividades co mar e a navegación como eixos, dende presentacións de libros a concertos, pasando por unha interesante programación para os máis pequenos. Nesta ocasión destaca a ampla participación de embarcacións de Euskadi, acompañadas por unha ampla comitiva e da exposición "Nao San Juan, a construción da réplica dun baleeiro vasco do século XVI". O evento galego foi escollido ademais polas institucións vascas para realizar unha acción de comunicación e de promoción especifica do Festival Marítimo de Pasaia, que terá lugar en maio de 2018, iniciándose tamén contactos con outros axentes culturais europeos que se congregan neste tipo de celebracións. Este venres, así mesmo, a programación incluíu obradoiros infantís, un recital de poesía a cargo de Tamara Andrés, unha visita guiada ao conxunto histórico de Combarro, a presentación da revista Nova Ardentía e os concertos de Cé Orquesta Pantasma, Caxade e O Sonoro Maxín. O sábado será un dos días grandes do Encontro, con varias presentacións de libros, recitais poéticos (Marta Dacosta, Lara Dopazo, Míriam Ferradás e Arancha Nogueira), roteiros e distintos obradoiros para cativos. Destaca a presentación do libro de fotografía de Xurxo Lobato Vento nas velas, e unha homenaxe aos falecidos do mar, que terá lugar ás 11 da mañá. Pola noite, os concertos correrán a cargo de Susana Seivane e o Orfeón Mariñeiro do Berbés. Web do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
NOS_56734
Representantes do pobo curdo mais tamén da comunidade árabe, asíria e arménia proclamaron a autoadministración do territorio liberado polas YPG.
O 17 de marzo por volta de 200 representantes do pobo curdo, árabes do norte de Siria, e das comunidades armenia e asiria mantiveron un encontro do que saíu a proclamación da Federación de Rojava, isto é, os territorios liberados polas milicias de autodefensa popular curdas e que viñan sendo xeridas de maneira autónoma. Un comité de 31 persoas deberá definir como se artella a Federación de Rojava O nome oficial será Sistema Federal Democrático de Rojava e contará cun comité conformado por 31 persoas nas que estarán representadas todas entidades étnicas e sociais. Aliás, estará presidida por Mansoor Salom (árabe) e Hadiy Yusuf (curda). A principal encomenda deste comité será definir durante os próximos 6 meses a estrutura concreta da Federación que abrangue os cantóns de Al Jazira/Cizîrê, Kobanê, Efrîn. O subcantón Tell Abyad/Girê Spî e a zona do norte de Alepo. O modelo político baséase ou inspírase no do territorio autónomo do Curdistán iraquiano e supón "afondar no proceso de auto-administración" segundo defendeu Idris Nassan do Partido da Unión Democrática (PYD). Sentimos que as potencias mundiais están a usar [o pobo curdo] como unha ferramenta para avanzar nas súas axendas Após facerse pública a decisión o goberno sirio amosou o seu rexeitamento através do Ministerio de Relacións Exteriores. Nun comunicado advertiu que a Federación "pon en causa a unidade territorial e o pobo de Siria" o que supón contrariar, din, "a Constitución e todos os acordos nacionais e internacionais". Porén, desde as PYD en declaracións recollidas por Al-Jazeera lembran que o pobo curdo e as súas expresións políticas foron exclusídas das negociacións de paz que decorren en Xenebra. "Sentimos que as potencias mundiais están a usar [o pobo curdo] como unha ferramenta para avanzar nas súas axendas. É hora de nos protexer a nós propios", apuntou.
NOS_50056
Lembro a leitura d'A cor do hibisco, de Chimamanda N. Adichie. A sua protagonista, Kambili, bota toda a narrativa com os fonemas engasgados, incapazes de borbulhar.
Muda. Ela quer falar e não pode. Uma espinha impede-a de proferir os sons. É tal o bloqueio que nos transmite que mesmo a nós nos acaba danando a saliva quando a enviamos. Verdade que essa é a representação habitual das vítimas, sejam quaisquer e do que for. Mas sobre todo se são mulheres. O que sei do silencio | Andrea Maceiras | Xerais, 2018 Por isso gostei tanto da Silke, uma das personagens do romance de Andrea Maceiras. Noutras narrativas seria a protagonista: a rapariga que sofre assédio por parte das suas colegas de turma. A nova que chega ao liceu e é colocada, nem sabe por que, na banda das aniquiláveis. Porém, à Silke não se lhe engasgam os fonemas, não há espinhas que a impeçam de proferir sons. Silke fala alto e claro e desde o começo se encara com as agressoras. Quem protagoniza o romance, se não é a Silke? Delia. Ela mesma o explica: é uma ninguém, uma dessas que passam despercebidas no pátio e na sala de aulas. A discreta que nem chama às populares nem é expulsada com as friques. O elo imprescindível para que o assédio escolar tenha sucesso. Andrea Maceiras escolhe como voz narradora a das testemunhas silenciosas. Aquelas neutrais que perante uma injustiça, calam. Aquelas que veem o sofrimento alheio e reviram o olhar. Isso é o que sabe Delia do silêncio. E com isso quer romper. Ela mesma admite: levada dos remorsos, após leituras e navegações pola rede, necessita picar a bolha que guarda na gorja. E falar. Não é esta, para nós, a única escolha feliz que faz a autora. O perigo na narrativa em primeira pessoa é que a voz protagonista se instale na leitura como voz única, como única perspetiva, como absoluta maneira de focar os fatos. Para evitar isso, Delia aparece-se-nos a partilhar em um blogue aquilo que escreve. Um blogue público é aberto aos comentários, no que interatua com outras alunas do centro, com outras vítimas doutros lugares, com colegas que narram a mesma anedota com outro olhar e outra voz e outro sotaque. Somos, assim, as leitoras que devemos, também, fazer as nossas escolhas. O que sei do silêncio mostra-se como um livro necessário. O assédio escolar está presente nos nosso centros educativos e o complicado, muitas vezes, é fazer ver às testemunhas silenciosas o seu papel cúmplice neste tipo de agressões. Delia faz com que se entenda. Literatura ao serviço da ética. A nos gritar.
PRAZA_9188
O primeiro acto público conxunto de Agora Repúblicas, nome común da candidatura, apela a "os republicanos de todo o Estado español"
O primeiro acto público conxunto de Agora Repúblicas, nome común da candidatura, apela a "os republicanos de todo o Estado español"Políticas sociais de esquerda e dereito a decidir apelando a "os republicanos de todo o Estado español" son os eixos comúns que defenderá a coalición para as eleccións europeas do 26 de maio que veñen de conformar BNG, ERC e EH Bildu e que tivo este venres en Santiago o seu primeiro acto público conxunto. Alí, os cabezas de lista das tres formacións, Ana Miranda do BNG, Josu Juaristi de Bildu e Diana Riba de ERC, lembraron aos políticos cataláns presos e, en particular, a figura de Oriol Junqueras, que nas europeas de 2009 encabezou unha candidatura similar a esta, na que queren darlle voz como un candidato máis.O acto deste venres en Santiago abriuno o escritor Suso de Toro, que vén de integrarse no BNG tras anos de colaboración coa formación e que salientou que "por defender o que vai defender esta candidatura hai persoas presas e exiliadas". Porén, fronte á "tristeza" desa situación, De Toro defendeu a "alegría da rebelión" dunha candidatura na que "cada forza política soberana vai defender os intereses do seu país, pero tamén vai defender os intereses de todas as persoas fronte ás oligarquías que controlan o Estado". Fronte ao "reino borbónico opresor", dixo, a resposta desta candidatura será "Agora Repúblicas", en referencia ao nome común que engloba aos tres partidos. Nesa liña, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, salientou a continuación que a candidatura situarase "fronte a un españolismo que se nega a aceptar unha realidade viva, que as nacións sen Estado existen". "Por defender o que vai defender esta candidatura hai persoas presas e exiliadas", di Suso de ToroPor parte de EH Bildu o seu candidato, Josu Juaristi, salientou que "as tres nacións comparten unha cultura de colaboración fronte ao Estado" que lles nega un "dereito a decidir" que considera "un instrumento democrático de resolución de conflitos". Juaristi salientou que as tres formacións traballan "para mellorar o día a día da nosa cidadanía" e así o farán en Bruxelas conxuntamente nun "momento involución no Estado español e no conxunto de Europa".A seguinte en intervir foi a candidata de ERC, Diana Riba, esposa do ex-conseller encarcerado Raül Romeva, encargada de salientar a figura de Oriol Junqueras como símbolo desta candidatura. "Oriol, como o meu marido Raül, está en prisión desde hai máis dun ano por facer política e os que o encadearon renunciaron a facer política", dixo. Riba alertou contra o crecemento da extrema dereita en Europa e dixo que a súa "quere ser a candidatura dos verdadeiros europeístas e republicanos de todo o Estado". "Defendemos que Europa non é o problema senón a solución", sentenciou.O acto pechouno a candidata do BNG, Ana Miranda, que puxo como exemplo da importancia de que a súa formación logre un escano en Europa o traballo que ela mesma vén realizando no Parlamento Europeo en temas como a defensa das vítimas do accidente de Angrois ou o saneamento das rías galegas, con importantes avances esta mesma semana. Tras o acto, máis un mitin que unha presentación para a prensa, preguntóuselle aos candidatos como van dar voz aos políticos cataláns presos, ao que Riba limitouse a contestar que "cando encadean a un demócrata, sairemos cen a falar por eles", o que foi seguido dun longo aplauso dos presentes.
NOS_21473
A Mesa e as entidades de ELEN procuran o recoñecemento da diversidade lingüística na UE
A vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Elsa Quintas, participou nunha xuntanza virtual con respresentantes da dirección xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea. Quintas aproveitou a participación da entidade galega neste encontro para reivindicar, xunto con outros colectivos integrantes da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN), o recoñecemento da diversidade lingüística na Unión Europea. A Mesa e as entidades de ELEN, que representan 46 linguas de 23 Estados europeos, solicitaron á Dirección Xeral europea a concreción deste recoñecemento nunha serie de accións: a apertura dunha canle de comunicación continua entre ELEN e a Comisión, a creación dun fondo europeo para as linguas en perigo, o deseño dunha estratexia marco para as linguas minorizadas e a creación da figura do defensor das linguas e mais do Observatorio de Linguas. As entidades de defensa das linguas pedíronlle, tamén, á Comisión Europea que adopte un mecanismo adecuado para garantir que os Estados implementen e cumpran a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minorizadas, para promover a igualdade lingüística e para erradicar o odio contra falantes de linguas minorizadas. A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) ten como obxectivo a busca de beneficios, a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas, traballar no sentido de igualdade e para ser unha voz para os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional.
PRAZA_18479
O ministro de Fomento, José Luis Ábalos, comprometeuse este xoves a que as autoestradas Burgos-Vitoria/Gasteiz (AP-1), Sevilla-Cádiz (AP-4) e Tarragona-Alacante (AP-7) pasarán a ser gratuítas cando finalizen as súas concesións, entre este ano e o que vén. En cambio a vía entre Ferrol e Tui, inaugurada pouco despois, seguirá sendo de pago ata o ano 2048.
Galicia, refén de Audasa ata 2048 Oito autoestradas construídas á vez que a AP-9 volverán á xestión pública nos próximos anos "Non imos prorrogar as concesións que vencen na actual lexislatura. Serán liberadas e de uso gratuíto". Deste xeito o ministro de Fomento, José Luis Ábalos, comprometeuse este xoves, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministras, a rematar coas peaxes nas autoestradas AP-1 (Burgos-Vitoria/Gasteiz), AP-4 (Sevilla-Cádiz) e AP-7 (Tarragona-Alacante). As tres vías finalizan as súas concesións nos vindeiros meses, entre este 30 de novembro (a AP-1) e o 31 de decembro do vindeiro ano (as outras dúas). Moito antes que a AP-9 entre Ferrol e Tui, cuxa concesión esténdese ata o 18 de agosto de 2048, despois de tres prórrogas. As peaxes nas autoestradas AP-1 (Burgos-Vitoria/Gasteiz), AP-4 (Sevilla-Cádiz) e AP-7 (Tarragona-Alacante) rematarán entre este ano e o que vén A AP-4 e a AP-1 teñen unha lonxitude de algo menos de 100 quilómetros, menos da metade que a vía galega, e as súas peaxes sitúanse entre os 7 e os 12 euros, fronte aos máis de 20 da AP-9. O prezo por quilómetro máis elevado dase na autoestrada que une Burgos e Vitoria/Gasteiz, mentres a que vai de Sevilla e Cádiz é o máis reducido, sobre todo despois de que o treito entre Jerez e Puerto Real pasase a ser gratuíto hai uns anos. Mentres que a fin das peaxes nas AP-1 e AP-4 xa fora anunciando, a gratuidade do treito Tarragona-Alacante non estaba confirmada, cando menos na totalidade do traxecto. Neste caso serán 383,1 quilómetros os que quedarán libres de pagamento, que ata agora supoñía máis 45 euros. O primeiro treito da AP-1 foi inaugurada en 1974, completándose a vía en 1984. Aínda que a súa concesión debería ter rematado xa en 1994, tres prórrogas alongaron este período ata este 2018, un total de 44 anos. A AP-4 é un chisco anterior, pois entrou en servizo entre 1971 e 1973. A concesión debería ter concluído en 1993, pero foi prorrogada en tres ocasións. A AP-7 entre Tarragona e Alacante, finalmente, foi aberta na súa maioría entre 1974 e 1979 (agás un treito de 35 quilómetros en 1985). A concesión foi tamén prorrogada tres veces. A AP-9, que ingresa 140,8 millóns anuais por peaxes, seguirá sendo de pago ata o 18 de agosto de 2048 O compromiso de Ábalos refírese unicamente ás vías que rematan a súa concesión nesta lexislatura. Porén, esta decisión pode sentar un precedente importante para as que o fan a partir do ano 2020, sobre todo a AP-2 entre Zaragoza e Barcelona e a AP-7 entre La Jonquera e Tarragona (que finalizan o 31 de agosto de 2021). Todas elas pertencen á primeira xeración de autoestradas que se construíu en España, vías de peaxe que entraron en funcionamento nesa década dos setenta, a cabalo entre os últimos anos da Ditadura e os primeiros da democracia. A maior parte desas concesións (todas a gás a AP-9 e a AP-66 que une Asturias e León) están a piques de rematar e nos vindeiros anos asistiremos a unha sucesión de noticias que darán conta do seu regreso á xestión pública. A AP-9 incrementou un 2% as súas peaxes a pasada semana e volverá facelo o vindeiro 1 de xaneiro, actualizando a suba do IPC. Audasa ingresou 66 millóns de euros por peaxes no primeiro semestre e un total de 140,8 millóns no ano 2017 (385 mil euros diarios). Audasa despediu un cento de traballadores na última década. Ábalos sinala que a gratuidade destas tres vías será pagada polos cidadáns de todo o Estado, o que "supón unha discriminación" Na rolda de prensa Ábalos acompañou o anuncio da fin destas tres peaxes dunha advertencia sobre o futuro das restantes autovías e autoestradas, pedindo unha reflexión sobre a necesidade de atopar fórmulas para asegurar o seu sostemento e afirmando que "é a única infraestrutura de transporte que se pretende que sexa gratuita", pois portos e aeroportos si cobran unha taxa pola súa utilización. Sinalou, neste senso, que a gratuidade destas vías, que será pagada de xeito solidario pola cidadanía de todas as comunidades autónomas, "supón unha discriminación", polo que avogou por un "pacto" xeral que asegure a sostibilidade do sistema.
NOS_5183
"Recuperar os nosos dereitos, seguir construíndo a historia, ascender á posesión dos atributos propios da nación que somos". Esta apelación, expresada pola escritora Marica Campo na súa intervención no Pico Sagro, ilustra as finalidades coas que a federación Galiza Cultura e as asociacións O Galo, de Santiago, e Vagalumes, da Estrada, soben cada ano a este enclave ateigado de simbolismo que resgata o sentir de Castelao e das Irmandades da Fala.
Malia a chuvia, foron perto de dúas centas as persoas que asistiron á convocatoria da federación Galiza Cultura, da AC O Galo de Santiago e da AC Vagalumes da Estrada para ascender ao Pico Sagro e rememorar así o Alba de Groria de Castelao. Unha actividade de marcado carácter reivindicativo que ten lugar desde 2011 e que recupera a subida á montaña, fonte de numerosas lendas e contos populares, de Castelao e outros membros das Irmandades da Fala, en plena ditadura de Primo de Rivera. Castelao e os membros das Irmandades que aquel 19 de xullo de 1924 coroaban o Pico Sagro "coñecían os mitos asociados a este cume e entendían que a lenda da raíña Lupa, recollida no Códice Calixtino, aínda con todos os seus elementos fantásticos, o que simboliza é a historia, ou mesmo a prehistoria, da nosa nación", explicou na súa intervención a escritora Marica Campo, a encargada de dar lectura ao manifesto de benvida na chaira da capela deste monte. Unha intervención de marcado carácter literario. "Cando a montaña é un símbolo", salientou, "o que importa é a ascensión, a tensión de avance". "Convídovos a subir ao Pico Sagro, símbolo o seu cumio dos soños do país. Coroalo e coroalos. Agarrando a bandeira, coma funambulistas na corda frouxa, para non perder o equilibrio, para entendermos desde a perspectiva histórica a conexión co futuro", agregou. Marica Campo: "Somos estirpe de liberdade. Temos un lugar na Alba de Groria que Daniel soñou por e para nós. Somos nós" Marica Campo lembrou como as citadas asociacións "pretenden reavivar aquel espírito de outrora para reivindicar que temos que recuperar os nosos, seguir construíndo a historia, ascender á posesión dos atributos propios da dereitos nación que somos" e apelou a que "nada nin ninguén nos coute o ascenso". "Somos estirpe de liberdade. Temos un lugar na Alba de Groria que Daniel soñou por e para nós. Somos nós. É tempo de chegarmos ao cumio", finalizou a escritora, cuxa intervención completa está dispoñíbel en Sermos Galiza. O acto En declaracións a este medio, María Pilar García Negro, presidenta de Galiza Cultura, sinala que a subida ao Pico Sagro, un símbolo do nacionalismo galego desde o citado ascenso de 1924, é "un prólogo á celebración do Día da Patria Galega". "Desde Galiza Cultura e as asociacións O Galo e Vagalumes, temos todo o interese en resgatar datas significativas da nosa historia e sempre cun espírito non unicamente de recordación, senón de reivindicación e modernización, entendendo por tal que toda a defensa política e patriótica da Galiza que eles fixeron hai case cen anos hoxe continúa tendo non só sentido senón aínda moitísimos máis argumentos a favor", afirma. María Pilar García Negro: "Toda a defensa política e patriótica da Galiza que eles fixeron hai case 100 anos hoxe continúa tendo non só sentido senón aínda moitísimos máis argumentos a favor" A profesora da UDC e escritora explica que a lectura do Alba de Groria de Castelao –que cita expresamente o Pico Sagro- expresa "un paradoxo terríbel, mais ao mesmo tempo dunha vontade absolutamente inabalábel". E é que a partir de xullo de 1936, "Castelao endexamais pode volver fisicamente a chan galego e salva a vida porque está en Madrid entregando o Estatuto". "O paradoxo ten a ver con que nunca con tanta intensidade estivo na Galiza como expresa o seu libro fundamental Sempre en Galiza", engade. "Alba de Groria é unha especie de bandeira ergueita no exilio forzoso para proclamar que a Galiza continúa existindo. É un discurso épico-lírico que combina toda a recordación histórica da Galiza e que nos define como un pobo singular, específico, pero ao mesmo tempo con toda a saudade", sinala a escritora, pero "é unha saudade que se vai substanciar en rememoración histórica con toda a galería de personaxes que vai enumerando e todos os lugares". "É unha especie de bálsamo para el ese exercicio de memoria", conclúe a presidenta da federación Galiza Cultura. Alén das fermosas palabras de Marica Campo, tivo lugar a lectura do Alba de Groria e o recitado dun poema de Marcial Valladares dedicado á fonte do Pico Sagro. No Paso da Raíña Lupa foi a quenda do gaiteiro Alberte Vigo, da AC Manuel Gacio de Lestedo, e máis tarde das pandeireteiras da mesma asociación e do grupo A Requinta de Xián.
NOS_17888
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, pediu este sábado á Comunidade de Madrid "revisar as súas decisións e escoitar a ciencia" á hora de xestionar a pandemia do coronavirus. "Hai un risco serio para os seus habitantes e os das comunidades limítrofes", dixo, a pesar de que a rexión siga sen fecharse.
"Hai que ver os datos da Comunidade de Madrid, cando digo que está en risco a saúde dos seus cidadáns, dígoo porque é así", afirmou o ministro español de Sanidade, Salvador Illa, este sábado 26 de setembro. O ministro insistiu en que o pide "desde a máxima lealdade institucional", en declaracións aos xornalistas na Delegación do Goberno en Catalunya, tras unha reunión telemática de seguimento da pandemia coa equipa do Ministerio. "Isto non é unha batalla ideolóxica; é unha batalla epidemiolóxica contra o virus", dixo Illa, e engadiu que Madrid debe seguir os consellos da comunidade científica tal como asegura que está a facer o Ministerio e emprazou á presidenta rexional, Isabel Díaz Ayuso, a estender as restrición sobre toda a Comunidade. Ao preguntárselle sobre se o Executivo español debía tomar o control da Comunidade de Madrid na xestión da pandemia e decretar un estado de alarma que restrinxa a mobilidade e saídas de Madrid, mesmo sen acordo co Goberno de Ayuso, o ministro respondeu que o que vai facer é "concentrar todos os esforzos para loitar contra o virus" e remitiuse a apelar o Executivo autonómico a aplicar as recomendacións do Ministerio en todo o territorio madrileño. Insistiu en que "hai que tomar o control da pandemia en Madrid. Noutras comunidades autónomas fíxose", e asegurou que o Goberno tivo a mesma actitude con todas elas. "Deixemos a política nun segundo plano, vaiamos primeiro a antepor a saúde dos cidadáns", concluíu Illa, que sostén que hai que tomar medidas observando o conxunto de indicadores e actuar en proporción a eles. O alcalde madrileño cualifica as críticas de "enredos" O alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, acusou este sábado o ministro de Sanidade, Salvador Illa, de "enredar" ao "mandar unha mensaxe de confusión aos cidadáns" de Madrid ao comparecer onte en rolda de prensa ao mesmo tempo que a Comunidade explicaba as novas restricións adoptadas na rexión. "Non hai que enredar, porque á marxe de que o Goberno español entenda que non son as medidas adecuadas, non é a mellor imaxe para os cidadáns que cando a Comunidade de Madrid transmite esas medidas como autoridade sanitaria, haxa unha rolda de prensa simultánea", afeou o rexedor. Martínez-Almeida deixou claro que o Concello de Madrid "apoiará sempre o que decidan as autoridades sanitarias" e defende que a Comunidade "actuou de maneira coherente". Ademais, reprochou ao Ministerio de Sanidade que esta pasada terza feira apoiase as medidas "e que descartaba unha situación de confinamento en toda a cidade, e dous días despois diga o contrario". Neste sentido, pediu "que se xustifique ese cambio de criterio".
PRAZA_17371
O Tribunal Supremo ratifica a condena a Construcuatro, da que era socio o alcalde popular de Sanxenxo, pero o presidente salienta que "despois de coñecerse a demanda se someteu ás eleccións e volveu ser elixido"
O Tribunal Supremo vén de ratificar unha condena á inmobiliaria Construcuatro, da que era socio no momento dos feitos, hai máis dunha década, o alcalde popular de Sanxenxo, Telmo Martín, por cobrar sobreprezos a compradores de vivendas de protección autonómica executadas por ela en Vigo. Preguntado pola situación política na que queda Martín tras a sentenza, o presidente Feijóo salientou que, "despois de coñecerse o expediente sancionador e a demanda dos propietarios" que agora ratifica o Supremo, o seu compañeiro de partido "someteuse ás eleccións e volveu ser elixido como a lista máis votada". O Tribunal Supremo ratifica a condena a Construcuatro, da que era socio o alcalde popular de Sanxenxo, pero o presidente salienta que "despois de coñecerse a demanda se someteu ás eleccións e volveu ser elixido" Os sobreprezos que Construcuatro esixía a compradores das vivendas que executara no polígono de Navia, en Vigo, foron denunciados por varios afectados pola vía penal, pero a causa non tivo percorrido. Porén, na vía administrativa a Xunta impuxo á construtora unha multa de 2,5 millóns de euros e esixiu a devolución doutros 1,2 millóns de euros aos compradores prexudicados. A construtora recorreu esas sancións sen éxito primeiro ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e agora ante o Supremo, que ratifica as multas e a prohibición á empresa de participar en novas promocións de vivenda protexida en Galicia durante seis anos. Este xoves o presidente Feijóo salientou que o expediente administrativo contra Construcuatro foi iniciado "por un Goberno do que eu formaba parte". Feijóo puxo ese feito como exemplo de que non lle treme a man para "sancionar a calquera empresa, sexan cales sexan os socios". Pero a continuación o presidente minimizou a responsabilidade política do seu compañeiro de partido. "Hai varios socios, un deles era o alcalde de Sanxenxo, que despois de coñecer o expediente sancionador e a demanda dos propietarios se someteu ás eleccións e volveu ser elixido como a lista máis votada, a un concelleiro da maioría absoluta", dixo Feijóo, empregando un argumento habitual nel para minimizar a responsabilidade política de cargos do seu partido que obteñen bos resultados nas urnas. Un Consello da Xunta presidido por Feijóo perdoou en 2011 secreto a Construcuatro unha multa de tres millóns de euros Telmo Martín foi alcalde de Sanxenxo entre 1999 e 2006 e volve selo desde hai un ano, tras tentar sen éxito polo medio ser alcalde da veciña Pontevedra en 2007 e 2011 e converterse entre 2011 e 2015 no deputado máis rico do Congreso, co seu patrimonio de 21 millóns de euros. Iso non lle impediu solicitar en 2016 a prestación de 2.800 euros mensuais á que teñen dereito os ex-deputados que quedan sen traballo, á que acabou renunciando tras a polémica que xerou aquela decisión. Nos anos 90 Martín impulsou a inmobiliaria Construcuatro, que non só estivo implicada nos agora ratificados sobreprezos en vivendas protexidas de Vigo. Na propia Sanxenxo, en primeira liña de costa da súa céntrica praia de Silgar, a poucos metros de onde Mariano Rajoy veranea desde hai anos, Construcuatro levantou un edificio de seis plantas co que invadiu o dominio público, o que lle supuxo recibir en 2005 unha proposta de sanción de tres millóns de euros que lle sería perdoada en secreto a finais de 2011 nunha reunión do Goberno galego presidida por Feijóo.
NOS_48248
A plataforma Casalonga Limpa de Residuos volverá manifestarse contra a transformación da canteira localizada nesta aldea de Teo nun vertedoiro, tras constatar esta semana o inicio dos traballos para o baleirado da lagoa que hoxe ocupa a canteira.
A manifestación está convocada para este domingo, ás 11 horas. Con ela, a plataforma veciñal quere trasladar a "indignación" e frustración" pola perda de biodiversidade que supón a operación de baleirado da lagoa, na que hoxe habitan –sinala– falcóns peregrinos, fochas de auga e patos de distintas especies. "Co baleirado estase a producir unha grave contaminación biolóxica do río Tinto, e en consecuencia do Sar e do Ulla, baleirado autorizado por Augas de Galiza", alerta. Para a veciñanza, os traballos son un "engano", dado que a canteira está xa esgotada. Temen que o seguinte paso da empresa sexa "encher os buratos de residuos e convertelo nun vertedoiro, un negocio redondo e indigno contra o que a veciñanza xa leva máis de un ano loitando". O pasado mes de marzo, o colectivo de afectadas e afectados lograba mobilizar varios milleiros de persoas contra o que entende como a conversión encuberta da antiga canteira nun vertedoiro, a cargo da empresa que a adquiriu, Toysal, dedicada á xestión de residuos industriais. Denuncia A plataforma acusa Augas de Galiza de "non facer o seu traballo", polo que, segundo anunciou esta pasada cuarta feira, cursará unha denuncia contra o organismo autonómico por ter autorizado o baleirado da lagoa baseado nun estudo feito fai máis dunha década, cando aínda non existía a lagoa como tal. "Este baleirado produce unha contaminación biolóxica aos ríos –na lagoa hai especies invasoras como as carpas e a herba da pampa–, da cal a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, é a última responsable", advirte. Do mesmo xeito, culpa a Xunta de "mirar para outro lado" ante as "numerosas infraccións" que está a cometer a empresa estes días na canteira. Entre elas, cita o uso dunha vía pública con maquinaria "que excede o límite de tonelaxe permitido", e apunta a que o inicio da actividade fíxose "sen cumprir co plan de seguridade". En concreto, a plataforma sinala que a dirección xeral de Enerxía e Minas "responde co silencio" á súa solicitude de paralización cautelar da actividade. "Motivos para paralo non lle faltan pois existe un expediente aberto por caducidade da actividade mineira que se agrava coas numerosas infraccións cometidas estes días por parte da empresa. Ademais o plan de restauración presentado ten máis de mil alegacións pendentes de contestación", pon de manifesto o colectivo.
NOS_48772
Carme López, que xunto a Sabela Vázquez conforma o dúo de folk galego Raiceira, comparte con Nós Diario a experiencia de volver subir a un escenario tras máis de dous meses grazas á iniciativa As Letras na rede da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que programa diversas actuacións en liña até o día 27.
Carme López é a voz e a percusión e Sabela Vázquez está ao violoncelo no dúo Raiceira, no que reinterpretan a música popular da tradición galega. Xuntas participan no proxecto As Letras na rede, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que pretende dar pulo ao sector a través de actuacións retransmitidas por internet que comezaron no Día das Letras Galegas e prolongaranse até o 27 de maio. Que lle parece a iniciativa As Letras na rede? A mellor maneira de tratar e apoiar á cultura. Paréceme moi ben que contaran con diferentes campos artísticos, non só música senón tamén actuacións relacionadas coas crianzas, escritoras, xente máis vinculada ao humor... Ademais, que se apostara por facer algo con moita calidade. Fomos a un auditorio [o Gustavo Freire] cun moi bo equipo e con todas as medidas de seguridade. Foi un luxazo traballar tan ben. Non queda outra que presentar este material a través de internet. Despois destes dous meses quedou claro que a nosa única vía de seguir traballando era coas redes, a través dos nosos medios precarios. Entón cando aparecen inciativas deste calibre, nótase a diferencia. Agradécese actuar con eses medios? Agradécese sempre cando vas tocar a un sitio e ves que todo está coidado. É algo que a nós non nos ocorre sempre porque somos un grupo de creación recente, e aínda que ambas nos dedicamos a isto de forma profesional, creo que estaremos Sabela e mais eu de acordo en que este tipo de actuacións representan o 10% de todas as veces que temos tocado nun escenario. Debera ser o habitual pero non é. Que apareza algo así, e máis despois deste parón, é como unha bocanada de aire fresco: parece que o noso traballo continúa, vai no bo camiño... Co confinamento, incrementouse a precariedade para as traballadoras da cultura? Si, mais hai que dicir que antes disto seguía a ser un traballo completamente precario. Ámbalas dúas temos formación en interpretación, pero non nos quedou outra que formarnos tamén para a educación; que é do que realmente vivimos. Está claro que co confinamento houbo un parón en seco, pero temos que ser conscientes de que antes o noso traballo era completamente precario. Actuacións como esta, contadas veces. O resto é o que sae... Ao final, se queres conseguir unha boa actuación tes que facer moito taballo de redes, de ir a sitios nos que tocar que non están acondicionados, nos que non se paga un caché... Entón, é certo que esta situación nos afectou moito. Pero polo menos a nivel do folk galego vivimos unha situación precaria desde antes tamén. Como vai ser a actuación que se poderá ver esta sexta feira? A idea que se nos presentou era facer un concerto breve. Son como 25 minutos de música nos que escollimos parte do noso repertorio habitual. Como levabamos dous meses sen vernos até o día anterior á actuación, non puidemos incluír nada novo. Como foi o reencontro no escenario? Hai algunha peza que tivera máis gana de tocar? Que o motivo do reencontro fora subirse a un escenario e non só seguir ensaiando a verdade é que se agradeceu moito. Penso que todas as pezas teñen o seu aquel. Nós ao final o que facemos é escoitar temas e cando un nos gusta, pensamos o que facer con el. Ás veces temos máis preconcebido o que imos facer, temos mesturado un tango ou unha bossa nova cunha melodía de tradición oral. Do repertorio, a que é un pouquiño máis diferente é un tema que lle chamamos O arrieiro, que comeza cun canto tradicional de arrieiro recollido por Alan Lomax, que está dispoñíbel en internet. A raíz diso engadímoslle un tema que é de creación propia que non ten unha definición exacta, é dicir, non é unha muiñeira nin unha xota, é un ritmo binario, unha melodía e un acompañamento creado que usamos con letras tamén tradicionais. É un pouco o que buscamos sempre, a conexión co tradicional para despois investigar o que a música nos pide. Que tal foi a experiencia? Moi boa polo ben organizado que o tiñan todo. Si foi moi estraño chegar a tocar a un auditorio no que non haxa ninguén, só técnicos con máscaras aos que non lles ves a cara. Eu non saíra da casa en dous meses, até o día anterior que quedamos para ensaiar, e estás un pouco que non sabes que facer... É un pouco o que chaman nova normalidade. Pensamos que era como un ensaio máis, ou como unha proba de son antes dunha actuación normal. Algunha outra actuación á vista? De momento paréceme que temos un longo tempo para crear cousas novas, que supoño que será ao que nos dediquemos. Non contamos con tocar proximamente. Ogallá que si. Haberá que esperar que a nova normalidade se porte ben e nos permita volver á normalidade de antes. Senón, supoño que tocará algo de reinventarse pero non só no noso caso, no de todas.
NOS_33011
Insisten na importancia de apostar polas canles oficiais e reguladas para prestar axuda ás persoas refuxiadas.
A Xunta e o Goberno español instaron unha vez máis a que a acollida de persoas refuxiadas ucraínas teña lugar "con prudencia" e a través das vías oficiais, para facilitar a regularización e a tramitación de documentos a estas persoas. A guerra en Ucraína, en directo, este 15 de marzo Nun encontro entre o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Política Social, Fabiola García; e o delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, ambas Administracións acordaron constituír un grupo de traballo para facilitar a coordinación entre todas as institucións e entidades implicadas para garantir as axudas ás persoas desprazadas pola ofensiva militar rusa en Ucraína. Miñóns e Rueda, que adiantaron que na sexta feira haberá un novo encontro, insistiron na importancia de apostar polas canles oficiais e reguladas para prestar axuda ás persoas refuxiadas. Axuda militar, mais non política, dos líderes da UE ao Goberno de Ucraína O delegado do Goberno sinalou que é necesario que a Xunta e o Executivo español saiban "cantas persoas e en que situación" chegaron á Galiza, así como onde residen, para "permitir xestionar a información e a documentación que precisan (permisos de residencia e traballo, por exemplo) de forma coordinada". Coordinación da información "O máis importante é a coordinación da información para dar o mellor servizo a cada un dos cidadáns ucraínos que chegan", sinalou Miñóns, antes de sinalar que os permisos de residencia e traballo se xestionan nas comisarías de cada circunscrición. Tamén lembrou que o Goberno español modificou o procedemento para que a poboación ucraína poida ter ese permiso de residencia "en 24 horas". O representante do Goberno español recoñeceu que "todos queremos colaborar, pero a mellor forma de colaborar é con cautela, polas vías oficiais". Detallou que actuar por conta propia pode "prexudicar aos cidadáns (ucraínos) que chegan e que poden ter que tramitar os permisos necesarios por outras vías". A Xunta insta os Concellos a coordinar a chegada de refuxiados Os participantes da reunión insistiron en que todos os implicados, desde entidades sociais até Concellos, intercambien información e teñan en conta que a Consellería de Inclusión, que tamén enviará persoas refuxiadas polas canles estabelecidas, dispón de guías informativas sobre como actuar. Asemade, destacaron a dispoñibilidade de vivenda durante un longo período de tempo, xa que os permisos contemplan períodos de ata tres anos con prórrogas. Para que os distintos Concellos estean informados, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) está a elaborar un documento que recolle todo o protocolo de actuación.
PRAZA_14653
A vista comeza este martes na Coruña. O fiscal só pide penas de cárcere para o capitán do petroleiro, Mangouras, que declarará o 13 de novembro, xusto dez anos despois do comezo da catástrofe. A acusación particular solicita cadea para todos os imputados.
Dez anos despois da catástrofe, este martes comeza o xuízo pola desfeita do Prestige, o petroleiro afundido fronte a costa de Galicia en novembro de 2002 que causou a maior catástrofe ecolóxica do país ao deitar sobre as rías e as praias galegas unhas 60.000 toneladas das 77.000 que levaba a bordo. A Audiencia Provincial da Coruña desprazarase ao recinto feiral Expocoruña para acoller un macroxuízo cuxas cifras arrepían. É a maior causa que se instruíu na historia de España por un delito medioambiental que suma máis de 230.000 folios de sumario. E iso que houbo recortes. Nun inicio había máis de 2.000 prexudicados, agrupados en 55 acusacións, que finalmente quedaron reducidos a uns 1.500. Ademais, intervirán 140 testemuñas, 27 procuradores, 70 avogados e haberá preto de 100 probas periciais. Hai 1.500 prexudicados, 140 testemuñas, 27 procuradores, 70 avogados e máis de 230.000 folios de sumario Aínda así, a xornada deste martes virá marcada polas lembrazas e a manifestación que a plataforma Nunca Máis ten convocada para as 11 da mañá a carón do recinto. Berrarán "contra a impunidade" e para recordar tamén que, malia os pequenos avances, Galicia "pode sufrir outro Prestige" na actualidade. Porque o que se decidirá nesta primeira xornada de xuízo será se se admiten novas probas, así como algún outro detalle de funcionamento. A vista quedará suspendida até o vindeiro 13 de novembro e daquela a data si será especialmente significativa. Será ese día, xusto dez anos despois do comezo da traxedia ao romperse un tanque que lanzou o buque á deriva, cando se interrogará o principal acusado, o capitán grego do petroleiro, Apostolos Mangouras. Tras o inicio deste martes, a vista suspenderase até o 13 de novembro, décimo aniversario da catástrofe e data na que Mangouras declarará Para Mangouras pídense 12 anos de cadea por atentado contra o medio ambiente, danos e desobediencia, os mesmos delitos que se lles imputan a outros dous membros da tripulación, Ireneo Maloto, primeiro oficial, de nacionalidade filipina e en paradoiro descoñecido, e Nikolaos Argyropoulos, xefe de máquinas. Ademais, no banco dos acusados sentarán tamén José Luis López-Sors, ex director xeral da Mariá Mercante e subordinado de Francisco Álvarez-Cascos, que dirixía o Ministerio de Fomento, e que está acusado de imprudencia grave ao provocar o rumbo errático e incomprensible do Prestige durante seis días e que fixo posible que o cru se espallase polos máis de 1.600 quilómetros de costa de Galicia. Alén diso, a reclamación total por danos e prexuízos en materia de responsabilidade civil ascende a case 2.250 millóns, aínda que a Fiscalía presentará unha proba pericial que elaborou unha experta da Universidade de Santaigo e que eleva a cantidade a case 4.000 millóns. O Estado é á vez prexudicado e acusado; reclama case 4.000 millóns de euros pero tamén pode ser declarado responsable civil subsidiario Pero o que centrará o foco será a xestión pública da catástrofe a cargo do Goberno de José María Aznar, que tiña a Mariano Rajoy á fronte do operativo. O Estado español é á vez prexudicado e acusado no xuízo. Reclama 3.862 millóns dos 4.121 nos que a Fiscalía cuantifica os dantos da catástrofe. No entanto, tamén pode ser declarado responsable civil subsidiario e, polo tanto, que se dtermine que lle teoca pagar parte das reclamacións millonarias. A Audiencia Provincial revogou a exculpación da Administración na instrución e obrigou a incluír entre os acusados a López-Sors Ademais, a inclusión de López-Sors entre os acusados é outra das claves, logo dunha longuísima instrucción con cinco xuíces diferentes. A última xuíza cargou todas as culpas en Mangouras e os outros dous mandos do buque, deixando sen responsabilidade as autoridades do Executivo de Aznar. Incluso aceptou como perito clave a un enxeñeiro que asesorara o Ministerio de Fomento durante a catástrofe. Ao igual que a Fiscalía, considerou que a desfeita era inevitable, independentemente do que fixera o Goberno. Pero a Audiencia Provincial revogou a exculpación da Administración e obrigou a incluír entre os acusados a López-Sors. Será agora o tribunal quen determine se a xestión daquel Goberno tivo parte de culpa en que a catástrofe ecolóxica acabara por ser das maiores que se recorda no mundo.
NOS_56477
Non todo o mundo pode dicir que é profeta na súa terra, pero si Carolina Camino (Quiroga, 2003), quen a pesar da súa xuventude xa conta cun campus co seu nome na súa vila. A receptora, unha das mellores da máxima categoría do voleibol estatal, continúa a súa progresión moi preto da casa, no Arenal Emevé de Lugo.
Carolina Camino está construíndose unha gran reputación na elite do voleibol estatal e internacional, pero soñaba con alcanzar estas cotas cando a apuntaron sendo só unha cativa de seis anos ás Escolas Deportivas Municipais de Quiroga? Ao principio xoguei só polo típico: porque o facían as miñas compañeiras e amigas, por facer algo de deporte, porque os meus pais me obrigaban... pero acabou gustándome, fun pondo máis empeño e entusiasmo e subín de categoría até pasar a xogar en provincial co Ribeira Sacra. O éxito acompañouna desde ben cedo, pois en 2014 foi subcampioa provincial de Lugo, pasando ese mesmo ano, como apuntaba vostede, ao Club Voleibol Ribeira Sacra de Monforte, co que levantaría o Campionato Galego na categoría infantil. Como asimilou eses primeiros logros no volei? Nun principio pensaba que o meu equipo era bo, pero non sabía se eu chegaría a máis. Era a xente ao meu redor, como o meu adestrador, quen me dicían que eu tiña un potencial que non sabía ver até que me chamaron da Concentración Permanente, que foi cando pensei, "pois igual si que vallo para isto, e gústame, así que vou esforzarme para intentar facelo o mellor que poida e chegar o máis alto posíbel". Foi no Nadal de 2017 cando recibe a chamada do combinado Estatal Sub-18, un paso previo á súa inclusión nese programa de tecnificación que a Federación Española de Voleibol desenvolve en Soria, xogando nese curioso equipo da Permanente nas tempadas 2018/19 e 2019/20. Foi moi duro ese momento de facer as maletas e marchar da súa terra? Foi difícil porque é unha idade moi pequena na que tes que deixar todo atrás, incluídos os teus pais e amigas, para pasar a vivir de forma moi diferente, rodeada todo o ano de compañeiras nunha residencia e adestrando tres horas cada día en lugar de dous días á semana. No meu caso, funme con 14 anos e varias veces sentín que non podía máis, que ese non era o meu sitio, pero mentaliceime, esforceime, e logrei concluír o meu primeiro ano, que foi bastante duro. O segundo xa foi mellor, porque xa sabía como ían as cousas. Foi moi complicado compatibilizar o deporte cos estudos? Foi e é, porque eu sigo estudando. Alí na Permanente levantábame, ía a clase, xantaba, durmía media hora se podía e ás 16 xa estaba adestrando até practicamente as 20. Logo, entre ducha e cena xa daban as 22, e a partir de aí era cando podía estudar. Non lembro as veces que teño quedado até as tres ou as catro da mañá, era bastante complicado. E agora mesmo segue sendo algo duro, porque estou facendo un ciclo formativo que me obriga a ir a clase todos os días pola mañá. Actualmente xoga no Arenal Emevé, onde despegou definitivo como deportista, vivindo un momento histórico o pasado mes de febreiro coa clasificación, na súa casa, para a final da Copa da Raíña. Contenta por alcanzar unha final por primeira vez na historia do club ou decepcionada por non conseguir gañala? As dúas cousas. O ano pasado tiñamos o obxectivo, nun principio, de xogar a Copa, nada máis. Cando vimos que gañamos o primeiro partido pensamos que podiamos chegar máis lonxe e esforzámonos a tope, vencendo Kiele e alcanzando a final. E alí, Haris demostrou que é o máis forte que hai, aínda que nós tamén nos rebaixamos algunhas, entre as que me inclúo, a pensar que sería moi difícil gañar, como así foi. Aínda así, tanto xogadoras, como adestradoras, como club, quedamos bastante satisfeitas.
NOS_16606
A organización agraria demanda tamén que se pague aos e ás produtoras os cartos que se lle adebedan
Alimentos Lácteos entrou en concurso de acredores. Unha suspensión de pagos tras a cal hai responsabilidades políticas e non se descarta que penais. Así o manifestaron desde a Federación Rural Galega (Fruga), organización que pide que se abra unha investigación para determinar as causas e motivos da quebra de Alimentos Lácteos. Aliás, desde a Fruga tamén avogan porque se leve a cabo unha auditoría das contas desta empresa, que recibiu por volta de nove millóns de euros en axudas e subvencións públicas. Para Fruga, o escenario é máis que difícil: "quince millóns de euros de débedas recoñecidas, unha estratexia de posicionamento no mercado con prezos á baixa que axudou á baixada do prezo do leite; perto de 1.000 productores aos que se lles adebedaba o leite de varios meses; 9 milllóns de euros de cargos públicos fundidos e perto de 100 traballadores da planta de envasado sen emprego e varias cooperativas nunha situación moi complicada" Responsabilidades A Federación, que incide en que se pague aos e ás produtoras de leite os cartos que se lle adebedan, entende que o partido Popular ten unha gran responsabilidade no acontecido, pois, sinala, impideu que un grupo de cooperativas galegas se fixesen con esta factoría en Outeiro de Rei "deixando ao mando a dúas persoas que tiñan cargos públicos da man do PP e que dirixían as cooperativas de Gancobre e A Arzuana".
NOS_54406
A Enquisa de condicións de vida publicada polo INE cifra en 7% os fogares da Galiza con moita dificultade para chegar a fin de mes.
A taxa de risco de pobreza ou exclusión social Arope (polas súas siglas en inglés At Risk Of Poverty or social Exclusion ) creouse en 2010 a efectos de medir a pobreza relativa en Europa ampliando o concepto da taxa de risco de pobreza, que só contemplaba os ingresos. A taxa Arope elabórase coa poboación que está en risco de pobreza, con carencia material ou con baixa intensidade de emprego. A taxa Arope está na Galiza en 23%: case un de cada catro galegos e galegas está en risco de pobreza ou exclusión social. Os risco de pobreza no noso país é de 18,8% fronte ao 21,4% de media española. A poboación en risco de pobreza é un indicador relativo que mide a desigualdade. Non mide a pobreza absoluta mais cantas persoas teñen ingresos baixos en relación ao conxunto da poboación. No que respecta á situación económica dos fogares, 7% dos fogares galegos teñen moitas dificultades para chegar a final de mes, tres puntos menos que a media do Estado español, que é de 10%. Na Enquisa tamén se recolle que Galiza é o terceiro territorio en porcentaxe de fogares que non poden ir de vacacións fóra de casa ao menos 1 semana ao ano. Nesa situación están 45,6% dos fogares galegos fronte ao 34% dos españois. Por último, un de cada catro fogares do noso país non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos, una porcentaxe por baixo da media estatal (36%).
PRAZA_17145
Nos últimos tres anos a Xunta xa realizara soltas experimentais de Torymus sinensis, que parasita as postas do insecto que dana estas árbores e que se está a estender por toda a Península, poñendo en risco a produción de castaña e tamén a supervivencia de soutos de gran valor.
A Consellería de Medio Rural soltará ao longo dos vindeiros meses ao redor de 790.000 exemplares de Torymus sinensis, un depredador natural da avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), a praga que dende hai anos ataca estas árbores en Galicia e que se está a estender por todo o territorio. O Torymus sinensis é unha forma de loita biolóxica contra a avespiña, nun intento de frear este mal que pon en risco a produción de castaña e tamén a supervivencia de soutos de gran valor, como hai uns días denunciaba Caurel Vivo. A conselleira Ángeles Vázquez asistiu este luns na localidade ourensá de Oímbra á liberación de individuos de Torymus sinensis. Vázquez lembrou que dende 2015 a Xunta soltou de forma experimental máis de 200.000 exemplares desta especie para facer fronte a avespiña (1.500 en 2015, 65.500 en 2016 e 133.000 en 2017), previa autorización no Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente. A doenza foi detectada por vez primeira en Galicia no ano 2014. Medio Rural destaca que está a realizar un seguimento semanal dos máis de 9.000 puntos previstos e autorizados de solta "para realizar a liberación do parasitoide no momento máis axeitado", procurando "as maiores posibilidades de éxito posible, xa que para facer estas operacións hai unha fiestra temporal reducida, que depende tamén do estado dos soutos". A pasada semana Caurel Vivo demandou unha acción urxente por parte da Xunta: "O Courel non pode agardar a que chegue de forma natural o depredador da vispa, polo que solicitamos todos os medios dos que dispoña a Consellería", dicía Óscar Carrete, concelleiro en Folgoso, que lembraba que os soutos "supoñen un dos principais ingresos para a nosa veciñanza, sendo a principal ingreso para moitas familias, que verán moi reducida a colleita, durante estes anos e os posteriores". "Contamos con arbores centenarias que corren o grave risco de desaparecer se non se fai máis polo control da praga", engadía. O Ministerio de Medio Ambiente detectara xa o pasado ano a avespiña do castiñeiro en 25.000 puntos de todo o Estado. Dende Cataluña a praga estendeuse a Andalucía, País Vasco, Cantabria, Asturias, Galicia, Castela-León, Estremadura e Madrid. En Italia a avespa acabou co 7,5% dos castiñeiros do país, o que levou ás autoridades a adoptar medidas decididas de control.
NOS_17560
O abandono da Galiza e a súa marcha a Madrid significa para Feixoo cumprir coas aspiracións de toda unha vida. O aínda presidente galego, horas antes do acto desenvolvido no pavillón Fontes do Sar, nun encontro realizado na sede da Fundación Santiago Rey, recoñeceu que "é unha decisión precipitada polos últimos días e semanas, pero tamén meditada durante os últimos anos. É unha combinación de meditación e precipitación, aínda que pareza contraditorio".
"Os acontecementos das últimas semanas obrigáronme a tomar unha decisión que nin foi buscada nin foi ambicionada. O que pasa é que hai momentos na vida na que un ten que tomar decisións. E cando só tes unha, tómaa. E tómaa rápido", continuou Feixoo, empregando un argumento pouco convincente para explicar a súa posición interna durante da etapa de Pablo Casado á fronte da formación e os seus movementos das últimas semanas. Alberto Núñez Feixoo liderou á oposición interna contra o equipo de Casado durante todos estes anos coa ollada posta en Madrid. Neste camiño, sumou primeiro a aqueles dirixentes territoriais que optaron por Soraya Saenz de Santamaría no congreso do PP de 2018, entre eles a Juan Manuel Moreno Bonilla e Alfonso Fernández Mañueco, para ampliar a súa rede a medida que Casado rachaba co sector máis ultra do partido. Os poderes fácticos sempre viron en Feixoo o recambio necesario para dirixir a dereita. A esta idea contribúeo a fluída relación entre o presidente galego cos máis significados directivos empresariais, exemplificada na súa ligazón con Florentino Pérez e con Ignacio Sánchez Galán, así como a súa posición confesional coas teses da patronal, moi enfrontada ao grupo de Casado. A decisión do capital de defenestrar a Casado adoptouse unha vez que este tentou tirar abaixo a reforma laboral pactado polo Executivo de Sánchez coa Comisión Europea e a cuxa aprobación está ligada á concesión ao Estado dos fondos Next Generation. Un programa de axuda que vai implicar importantes retallos sociais e a conseguinte concertación entre os principais partidos do réxime. Feixoo é precisamente a opción fiábel para ese momento.
NOS_11461
"Coa mesma convicción de que poesía está nos bares, volveremos encher de poesía unhas cantas barras". A partir desta idea, Ponme un poema! leva poemas aos despachos de bebidas espirituosas o sábado 24 de marzo en Allariz. E farao da man de Samuel L. París e a cantora Mónica de Nut.
Este "roteiro poético pola vila de allariz" arrincará ás oito do serán e parará no Bule Bule, A Migalla, A Despensa do Alarico, o Roi Xordo e mais no Orballo. "Celebramos así en Allariz, unha vez máis e á nosa maneira, o Día Mundial da Poesía". Samuel L. París, autor de Inflamable (2012), autodefínese como "mellor defensa central da poesía actual". Poesía sarcástica, que non fai prisioneiros, relectura do escarnio e o maldizer, "chega a Allariz para resumir en catro recitais o batume da literatura dos últimos 5000 anos e a primeira tempada da serie A Nanny". A Mónica de Nut correspóndelle o elemento musical da xornada. "Concerto electroacústico experimental, voz, loops e efectos electrónicos, xogos, improvisación, intuición", expón a organización do Ponme un poema!. Trátase do espectáculo Vozsoa, "co que racha os límites do dominio da voz e da presencia escénica".
NOS_27906
Un ensemble de 11 improvisadores farán sentir a súa música o domingo 26 no Marco de Vigo, coa dirección do compositor e guitarrista Pablo Rega. A música improvisada dá un paso adiante na cidade.
Desde hai meses, a través das Sesións H.A.L.O, o colectivo de improvisadores de Vigo están a construír unha escena musical underground na cidade que ten os seus eixos de actuación na improvisación libre, a intuición e a conciencia ado presente. Esta experiencia dá un paso adiante o domingo 26 cun concerto especial en sesión vermú que terá lugar no Museo de Arte Contemporánea, (MARCO), na rúa Príncipe da Cidade. Co título de 700 fíos a experiencia xuntará 11 improvisadores baixo a dirección do guitarrista e improvisador Pablo Rega á maneira dunha pequena orquestra de cámara que anuncian como "música espontánea dirixida, coas posibilidades sonoras mais crúas e humanas, o corpo e o instrumento coma un só elemento, nun espazo neutro e nobre". En 700 fíos xúntanse músicos procedentes da Orquestra de Música Espontánea de Galiza (OmeGa), SuelenEstarQuartet, Cuarteto Caramuxo, Banda Crebinsky, Tripo, Trilitrate, Spil, 2uS e Orquesta Vigo 430. O director, Pablo Rega, é un dos fundadores da OmeGa ademais dun dos seus principais directores. O seu nome está recoñecido como unha das figuras privilexiadas da escena da improvisación libre na península. Rega estivo tamén á fronte da Banda de Improvisación de Barcelona e participou no 10º Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons".
NOS_10165
Máis un número do semanario na rúa e este fai unha cifra redonda: 300. Entrevistamos Zaza Ceballos, directora de 'Contou Rosalía', e Francisco García, que vén de anunciar que deixa a alcaldía de Allariz após 18 anos no cargo. Falamos das condicións laborais nos locais de comida rápida en Galiza, do esgotamento das rías galegas ou das tarefas galegas para o goberno de Pedro Sánchez. Todo isto, e máis, xa na nosa loxa.
O 8 de xuño de 2012 publicábase o primeiro número de Sermos Galiza, o medio que supuxo o retorno semanal do galego aos quioscos. 300 números despois, o proxecto informativo continúa coa súa cita con subscriptoras e lectoras, medrando, atendendo a realidade dun país que tamén quer existir no papel. 'O papel sobre o que contar un país'. Falamos con Adela Leiro e Mon Daporta. Após unha vida dedicada ao ensino e cunha morea de publicacións ás súas costas, esta parella de Cambados, tan achegada á terra e lonxe de acomodarse na xubilación, publica agora 'Galiza, un país de primeira': "Antes estábamos en comuñón coa contorna e agora estámolo co supermercado". A Universidade de Vigo vén de facer público o seu estudo sociolingüístico, que demostra que en xeral aumentou o nivel de competencia no uso do galego por parte do persoal de administración e servizos, o profesorado e o alumnado, pero que esta mellora no coñecemento non se reflicte en igual medida nun incremento do uso habitual do galego na contorna universitaria. 'Cando aumenta o dominio do galego, mais diminúe o seu uso'. Entrevistamos Francisco García, que vén de anunciar que daba un paso ao lado e entrega o relevo a Cristina Cid, até agora concelleira de Promoción Económica, após 18 anos como alcalde: "Allariz supón un exemplo de cómo se pode transformar a realidade municipal e facelo a favor dos vecinos e veciñas". 'Tarefas galegas para o Goberno de Pedro Sánchez' O novo Goberno do Estado recadou apoios variados no Congreso, do independentismo a Podemos. Tamén na Galiza, onde as tres forzas da oposición a Feixóo celebraron o derrubamento de Mariano Raxoi. Mais sobre todo o BNG e En Marea non queren estender un papel en branco e esixen compromisos concretos. As infraestruturas centran as tarefas galegas para o Executivo do PSOE. Un sector de contratos parciais, sen horarios nin salarios fixos e inzado de traballadoras que só están de paso. Como o peixe que morde a súa propia cola, a alta rotación provoca unha acusada debilidade do movemento sindical que, ao mesmo tempo, é retroalimentada polas propias características do traballo. Ninguén pensa en dedicar toda a súa vida a preparar hamburguesas cunhas condicións como as actuais. 'Comida rápida, traballo efémero'. 'Unha ría exhausta' Cando en novembro pasado o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galiza confirmou a mellora microbiolóxica do banco das Pías, o máis produtivo de ameixa babosa ou macho do país, coa súa reclasificación como zona B, fechábase unha etapa de máis de doce anos nos que as restricións á extracción marisqueira foron practicamente permanentes. Queda, con todo, moito camiño por andar. A cartografía de Pietro de Vesconte, que data do ano 1311 ou do 1325, significa para o espazo ibérico os territorios de Galitia (Galiza), Yspania, neste caso xa referido a unha parte aos reinos cristiáns, Catalunya, Aragón, Portugale e a área árabe. Trátase do mapa que marca a renovación da cartografía europea do século XIV. 'Galiza á vista de Peitro de Vesconte'. 'Cara a una cultura creativa, feminista e premiada'. A Deputación da Coruña pechou o pasado 9 de xuño o ciclo "A Cultura é un Dereito", tres xornadas que, en palabras da vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín, responden a "un xeito de entender a necesidade dunha política cultural cos ollos postos na xente". "A escena galega sobre o palco do Colón" foi a derradeira volta dun programa dirixido "ás persoas que crean cultura e á totalidade da poboación, pois o acceso a ela é un dereito recoñecido legalmente". Zaza Ceballos, veterana da televisión, dirixiu biopics sobre Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal ou Juana de Vega. E vén de estrear o telefilme 'Contou Rosalía', a primeira aproximación á poeta desde a imaxe en movemento: "Preocupábame se o guión era demasiado atrevido para a televisión". E non faltan as achegas e colaboracións de Xoán Costa, David Otero, Marga do Val, Nachortas, Tokio, Francisco Castro, Miriam Ferradás, Mario Regueira, Andrés Castro, Colectivo Xea…
NOS_36377
Considera que o futbolista do Real Madrid defraudou estes cartos entre 2011 e 2014
A Fiscalía de Madrid acusa Cristiano Ronaldo de defraudar 14,7 millóns de euros a Facenda entre 2011 e 2014. A sección de delitos económicos da Fiscalía Provincial presentou unha denuncia perante o xulgado contra o xogador do Real Madrid por catro delitos contra a Facenda Pública supostamente cometidos entre 2011 e 2014. Delitos que supoñen unha fraude tributaria de case 15 millóns de euros. Segundo un comunicado do ministerio público, o futbolista de Madeira, de 32 anos, aproveitouse dunha estrutura societaria creada en 2010, o año seguinte á súa fichaxe polo Real Madrid, para "ocultar ao fisco as rendas xeradas en España" polos seus dereitos de imaxe, algo que supón un incumprimento "voluntario" e "consciente" das súas obrigas fiscais no Estado español.
NOS_16383
O goberno español achega unha listaxe de máis de 300 medicamentos dispensados polos centros hospitalarios que deberán ser pagados pol@s utentes. O ministerio de Ana Mato afonda nas disposicións recollidas no decreto 12/2012 e extende o re-pagamento a fármacos para combateren o cancro ou a hepatite C.
O goberno liderado por Mariano Rajoy continúa adiante introducindo o re-pagamento entre @s doentes crónic@s. Aliás do cobro polo uso do servizo en ambulancia para transportes non urxentes que coñeciamos a pasada quinta feira, o ministerio de Sanidade español vén de facer pública unha listaxe de máis de 300 medicamentos de prescrición hospitalaria que deberán ser financiados pol@ doente. Entre eles, algúns dos tratamentos contra o cancro ou para paliar os danos da hepatite C. Segundo Ana Mato, estes medicamentos eran anteriormente suministrados en farmacia polo que xa estaban suxeitos ao re-pagamento porén, son tratamentos que exixen un control médico continuado e prescrición hospitalaria. Neste sentido, o malestar entre as asociacións de doentes segue en aumento após coñecer a nova. Aliás, critican que os posicionamentos iniciais amosados pola ministra Mato antes de se aprobar o decreto aseguraban que as persoas con enfermidades crónicas ficarían exentas do pagamento de ambulancias e de determinados medicamentos, mais semella que as promesas non serán cumpridas, en gran medida porque o aprobado aparecía recollido xa entre as disposicións do decreto aprobado o pasado mes de abril mediante o que se introducía o re-pagamento. Neste sentido, facer fronte ao tratamento de determinadas enfermidades, como o VIH --moi semellante á Hepatite C-- pode custar ao peto d@ doente a metade do seu prezo total (8.000 euros ao ano).
PRAZA_12211
O Congreso de Máis Galiza pecha esta semana o ciclo aberto pola Asemblea Nacional do Bloque, que sitúa os seus "esforzos" en ofrecer unha "alternativa" ao Goberno de Feijóo. Liña de tempo no interior.
"Non vou descoñecer as dificultades, só faltaría, pero nos centraremos en dar alternativas". O pasado 20 de febreiro o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, resumía deste xeito o roteiro da formación nacionalista para os vindeiros meses. Facíao ante o grupo parlamentario nacionalista, acabado de reestruturar e con Ana Pontón xa á fronte tras a renuncia de Carlos Aymerich. E precisamente Aymerich terá esta mesma semana un papel sobranceiro na cita que, a priori, está chamada a pechar o ciclo aberto na formación frontista coa Asemblea Nacional do pasado xaneiro: o cónclave no que, o vindeiro domingo, Máis Galiza se constituirá en partido e decidirá se continúa ou non formando parte do Bloque. A dirección do BNG subliña a "vontade" de "tender pontes e restablecer a convivencia" Coa obvia diferenza de interpretacións, as diferentes sensibilidades da formación frontista observan as pasadas semanas como as máis complexas da historia recente do Bloque. A tensión previa á asemblea, primeiro, e acontecementos como a escisión do Encontro Irmandiño, despois, protagonizaron un período no que os dirixentes elixidos na Asemblea insistiron na necesidade de "centrar os esforzos" en situar o BNG como "alternativa real" ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo. Nesta liña, Pontón sintetizaba, nunha entrevista en Praza Pública, a "vontade" da dirección nacionalista: "superar as diferenzas" e "restablecer a confianza" para ""fortalecer un proxecto imprescindíbel para este país". Cos irmandiños xa fóra, as olladas sitúanse esencialmente sobre Máis Galiza, que evitou chegar á súa propia cita asemblearia cunha "confrontación" aberta, en virtude do pactado no seu Consello Político Nacional. Así e todo, a existencia de dous polos internos, o dos que avogan pola permanencia no BNG e o dos que avogan por marchar, marcará a asemblea. Entre os primeiros sitúase boa parte dos representantes institucionais e o propio Aymerich, "facultado" polo Consello Político para procurar a "unidade" no seo do Bloque. "Iso significa traballar para que se dean as condicións, os cambios que signifiquen que no BNG se recoñece que hai dúas grandes sensibilidades, dúas grandes correntes", ten explicado o ex voceiro parlamentario. O grupo de +G que aposta pola marcha ve con bos ollos o achegamento ao 'Novo Proxecto Común' Pero non só se agarda por Máis Galiza desde dentro do BNG. Tamén se olla para a corrente a piques de se converter en partido dende os colectivos que tentan artellar o que se deu en chamar Novo Proxecto Común, isto é, o Encontro Irmandiño e outros grupos de menor dimensión. No caso de que +G decidise marchar, neste ámbito tentaríanse tender pontes para a creación dun "novo referente político". Esta opción vese con bos ollos, por exemplo, no grupo de militantes do novo partido que, encabezados por Xoán Bascuas, defenderán na asemblea unha proposta de resolución encamiñada a iniciar unha nova andaina fóra do Bloque.
NOS_53342
"as agullas dos eólicos / cosendo o tempo // as nubes / túmulos sagrados / coroando as montañas", escribe Rebeca Baceiredo en Vésperas. É un dos poemas de Libro de horas (Urutau, 2019) e Baceiredo, unha das 17 autoras que reúne Un xardín de medio lado, subtitulado 17 poetas da Urutau na Galiza. Que cose non o tempo, senón dúas beiras do mundo galego portugués, Galiza, Portugal e Brasil.
"Para mim, esta publicação é uma celebração de um tempo e de algo que começou em 2016 e que segue resistindo ao tempo, aos governos e as desesperanças", explica vía correo electrónico desde Porto Wladimir Vaz. Asiste á feira do libro cun posto da súa editorial, Urutau, responsábel deste Xardín. "Em outras palavras, Un xardín de medio lado celebra os encontros que a editora teve na Galiza desde o primeiro libro", engade. Foi Na cadência do caos (2016), da mineira, de Minas Gerais (Brasil), Carla Carbatti, daquela estudante en Compostela. Con un elevado ritmo de publicación, Urutau foi dando luz a un diverso e singular catálogo de libros de poemas. Entre eles, a reflexión sobre a casa e a formación do eu de Fronteira Paraíso (2019), de Silvia Penas -un verso seu bautiza a antoloxía-; o devastado O único lugar onde ficar inmóbil (2018), de Arancha Nogueira; ou o seco, prosaico, informativo O atentado de Ulrike Meinhof, de Ronsel Pan, até agora último título da colección. Mostras de todos eles aparecen en Un xardín de medio lado, escolmados polo propio Vaz e mais polo poeta Marcos Daniel Cabada. "Talvez sinto que esta antologia vem para declarar aos leitores, principalmente brasileiros e portugueses, que a editora também é galega", afirma o editor. O volume, de pequeno tamaño como para levar no peto, xa foi presentado en Portugal, na feira do Porto. Na Galiza está dispoñíbel. E a partir de finais de setembro, tamén chegará ao Brasil. "Os nosos rostros estaban / nos ficheiros policiais. / Nós as subversivas. As que queremos cambiar o mundo. / Si, son humanista. Amo a humanidade / e ese porco fascista debe morrer", di Pan en Eramos tres, dunha obra en que a intelectual e militante da esquerda radical alemá Ulrike Meinhof fala en primeira persoa. Ademais das escritoras mencionadas, Un xardín de medio lado inclúe textos de Alfonso Rodríguez Rodríguez, Clara Vidal, Cristina Corral Soilán, Fátima N. Delgado, Moncho Iglesias Míguez, Yolanda López, Patricia Meira, Eli Ríos, Noa Moreira, Gaspar Domínguez e Manuel Miragaia.
NOS_19283
Ante a polémica desencadeada pola palabra 'obrigado' no Parlamento, Nós Diario recolle a opinión de varias persoas expertas a respecto da corrección do seu uso.
A polémica inundou as redes sociais nos últimos días a respecto do uso da palabra 'obrigado' polo deputado do Bloque Nacionalista Galego Néstor Rego e, en resposta, polo socialista Pedro Sánchez no Palamento. Algunhas persoas critican que a expresión é portuguesa, mentres outras ven nela unha solución perfectamente válida na nosa lingua. Aínda que 'obrigada/o' non é unha palabra recollida con este significado no dicionario da Real Academia Galega (RAG), si que aparece noutras obras de referencia como o Dicionario Xerais da Lingua, que na edición de 1986 inclúe para o termo a acepción de "recoñecido, agradecido" —se ben o Gran Xerais da Lingua de 2009 non a considera. Xosé María Lema Suárez, autor da primeira xunto a Rosa López Fernández e Primitivo Iglesias, afirma que "non vemos que haxa oposición entre 'obrigada/o' e 'grazas'". A palabra 'obrigada/o', coas súas variantes 'obrigadiña/o' ou 'obrigadísima/o', teñen cada vez máis uso, se ben en rexistros normalmente máis cultos ou de certo grao de concienciación coa lingua. "Que se impuxese a forma 'grazas' de maneira que converxe co español responde á tendencia castelanizadora do galego que nos diferencia das solucións comúns co portugués, optando por aquelas máis próximas ao español", explica o profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato. "As propias normas da RAG ou do Instituto da Lingua Galega sinalan que hai que aproveitar e pór en valor o recurso do portugués", comenta o tamén docente Xosé Manuel Sánchez Rei, polo que, na súa opinión, "o que fixo o deputado do BNG é harmónico coa tradición histórica que nos coloca no mesmo sistema lingüístico da lingua irmá". Henrique Monteagudo apunta igualmente que se ben a "forma tradicional é 'grazas', a outra tampouco presenta ningún problema" e toda esta polémica lle resulta "totalmente artificiosa". A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube
NOS_52716
Entidades culturais e veciñais, centros docentes ou equipas de normalización lingüística están convocados a unha asemblea aberta que terá lugar esta cuarta feira 12 de febreiro en Ferrol como un primeiro paso para reclamar o Día das Letras Galegas 2015 para Ricardo Carvalho Calero.
Vintecatro anos despois da súa morte e tres ocasións nas que a proposta non prosperou é un balance inxusto para a comisión que bota a andar agora a través dunha asemblea aberta unha campaña co fin de acadar o Día das Letras 2015 para Ricardo Carvalho Calero desde Ferrol, a súa cidade natal. O acto terá lugar no IES Concepción Arenal ás 19 horas do 12 de febreiro. "Un interesado esquecemento" Consideran que Carvalho Calero foi "vítima dun interesado esquecemento por manter a súa dignidade persoal e por entender que o noso idioma forma parte do sistema lingüístico do galego-portugués, opción diferente, pois, á oficial" e non dubidan en cualificar o non ter sido aínda recoñecido pola Academia para as conmemoracións do 17 de maio como " unha das ausencias máis clamorosas no eido das conmemoracións e homenaxes ás grandes figuras da cultura do país". "Un inmenso labor poético, narrativo, ensaístico, académico, lingüístico, xornalístico, docente... a prol de Galiza e da lingua e cultura galegas" son os méritos que alegan para defenderen que a Academia Galega, na que ingresara o 17 de maio de 1958, escolla o seu nome para o Día das Letras Galegas de 2015. Foi Ferrol, lembran, a través da Sociedade Cultural Medulio, onde Carvalho Calero recibiu a primeira homenaxe pública en 1981, foi nomeado fillo predilecto en 1990, realizouse o último congreso sobre a súa figura e el tamén a localidade que deu o seu nome a unha rúa e un centro de ensino.
NOS_5241
Todas as artes estarán presentes na 31ª edición do Festival de Poesía do Condado, que terá como protagonista o río MIño que separa ambas as dúas beiras: recitais poéticos, teatro, proxección de audiovisuais, concertos e máis.
O 1 e 2 de setembro Salvaterra de Miño volverá acoller un Festival de Poesía que, no apartado literario, acollerá escritores como Fran Alonso, Palmira V. Mendes, Marga Tojo, Vítor Vaqueiro, Charo Lopes, Francisco Fernández Naval, Miriam Ferradáns, Rebeca Baceiredo, Lorena Conde e Marilar Alexandre. No eido musical, haberá concertos na sexta feira de Branta, Coro Fuscalheiro, Baleia Baleia Baleiae Bigote Mix. E o sábado haberá pasarrúas con Ronco Fol, sesión vermú con Leo Arremecághona; festa infantil pola tarde con Brinca Vai; e xa para o remate, concertos de De Outra Margem, grupo da raia que aborda repertorios a ambos os dous lados do Miño; a banda pop Esposa; Sacha na Horta e Os Diplomáticos de Montealgo, que regresan ao festival 27 anos despois. Ademais haberá exposicións, desta volta protagonizadas por tres ilustradoras: a galega NuriaFigueiredo e as portuguesas Clara Não e Mariana Malhao. Ademais, a associacióncultural Lazoiro, tamén sediada en Salvaterra, prepara umha mostra fotográfica sobre oMinho. Asemade, tamén haberá proxección de audiovisuais, actuación de Limiar Teatro e un Aberto de Billarda para os/as afeccionadas dos deportes tradicionais.
NOS_33365
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar que lle concede este ano á Revista Galega de Teatro o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria desta histórica publicación.
O premio será entregado durante a gala dos XX Premios María Casares, que se celebrará no Teatro Rosalía da Coruña o vindeiro 30 de marzo. Deste xeito, a Revista Galega de Teatro (RGT) únese á nómina de profesionais, entidades e colectivos teatrais que recibiron o citado premio desde a súa creación en 1997. Nesta lista de ilustres homenaxeados atópanse, entre outros, Maruxa Villanueva, Ana Romaní, Manuel Lourenzo, a Sala Nasa, Xosé Manuel Olveira Pico ou Vicente Montoto. A directiva da AAAG, encargada de outorgar este galardón, recoñece así o labor da Revista Galega de Teatro como ferramenta imprescindible de difusión da actividade teatral. "Este é un recoñecemento inescusable que tardamos en facer desde a Asociación e quixemos concederllo neste ano tan especial, no que celebramos a vixésima edición dos nosos premios", sinala Vicente Mohedano, presidente da AAAG. Para Mohedano, a RGT é un exemplo dentro do xornalismo cultural do país que sempre "creou debate" ao redor das artes escénicas, "informou sobre a realidade do sector" e "alimentou a crítica". "Estes tres elementos son esencias para o desenvolvemento dun sistema teatral que precisa de iniciativas tan importantes e tan comprometidas como é a Revista Galega de Teatro", sentencia Mohedano. A AAAG creou o Premio de Honra Marisa Soto co obxectivo de distinguir a dedicación e a carreira de persoas ou entidades que, ao longo dos anos, impulsaron a dignidade e a profesionalización do sector escénico en Galicia. Os Premios de Teatro María Casares chegan neste 2016 á súa vixésima edición. Este ano, 14 son os espectáculos finalistas que se disputarán os galardóns das catorce categorías nas que se dividen os premios. O principio de Arquímedes, de Teatro do Atlántico, aspira a levar 8 galardóns; Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela Teatro, opta a sete, e Presidente, do Teatro do Morcego, aspira a cinco. A gala celebrarase no Teatro Rosalía da Coruña o próximo 30 de marzo, estará presentada polo grupo Chévere e, como é habitual, conta coa colaboración e patrocinio de institucións como a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña ou o Concello da Coruña.
PRAZA_4243
Institucións, partidos e entidades sociais fan da placa e do busto de Carvalho Calero fronte á que foi a súa casa en Compostela o centro dos actos físicos mentres a cidadanía manifesta nas redes sociais e nas fiestras o seu apoio á lingua
Institucións, partidos e entidades sociais fan da placa e o busto de Carvalho Calero fronte á que foi a súa casa en Compostela o centro dos actos físicos mentres a cidadanía manifesta nas redes sociais e nas fiestras o seu apoio á linguaO confinamento polo coronavirus fixo do Día das Letras Galegas de 2020, dedicado a Ricardo Carvalho Calero, o máis anómalo dos celebrados ata agora. As homenaxes presenciais reducíronse ao mínimo e as fiestras e as redes sociais colleron o relevo das manifestacións de apoio á lingua que en anos anteriores ocupaban as rúas.O busto de Carvalho Calero existente en Compostela, xunto á alameda, fronte á que foi a súa última casa, na rúa Carreira do Conde número 11, e a placa que hai na fachada, foron o foco das homenaxes institucionais e de entidades sociais que, gardando distancias e con máscaras de protección, se centraron en ofrendas florais e lecturas de textos de lembranza ou reivindicativos do galego.Ás once da mañá a Real Academia Galega, que pospuxo o seu tradicional pleno do Día das Letras para o 31 de outubro, cadrando co cento dez aniversario do autor, celebrou o seu acto do día encabezada polo seu presidente, Víctor Fernández Freixanes, e no que Margarita Ledo leu un poema do homenaxeado. Ao acto asistiron o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; ou o reitor da USC, Antonio López. Por parte da Xunta e o Goberno central asistiron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a subdelegada na Coruña, Pilar López-Rioboo, pero non o presidente Feijóo, reunido por videoconferencia con Pedro Sánchez, nin o delegado Javier Losada, como adoitaba suceder en anos anteriores cos actos oficiais organizados pola RAG."Achegámonos a este lugar para ofrecer un ramo de flores na memoria de Ricardo Cavalho Calero nun sinxelo acto cheo de afecto, admiración e agradecemento", dixo Freixanes, que amosou a súa esperanza en que "con máis acougo, poidamos celebrar o noso pleno extraordinario o 31 de outono próximo".Queremos Galego pediu á cidadanía que enchese as redes de mensaxes e as fiestras de bandeiras e cantase desde elas 'A fala', poema de Manuel María musicado por Uxía e Sérgio Tannus.Unha hora máis tarde o mesmo lugar recibiu a homenaxe organizada pola plataforma Queremos Galego, encabezada polo seu voceiro, Marcos Maceira, e na que tamén participaron, entre outras, a portavoz do BNG, Ana Pontón, e representantes da Mesa pola Normalización ou a Asociación de Escritores (AELG), entre outras entidades. Na súa intervención, Maceira salientou que "a nosa lingua continúa a ser lingua de obxectores" e detallou datos como que "menos do 5% das sentenzas son en galego, sen requisito de coñecemento da lingua na xustiza ou na Administración xeral do Estado" ou que "menos do 8% das aulas en infantil son en galego".Ao tempo que se desenvolvía a súa homenaxe, Queremos Galego instou á cidadanía a manifestar nas redes sociais o seu apoio ao galego, ao xeito dunha manifestación virtual que fixese as veces da tradicional marcha polas rúas de compostela. Tamén pediu que, posteriormente, a cidadanía saíse ás xanelas a cantar A fala, poema de Manuel María musicado por Uxía e Sérgio Tannus.Outras formacións políticas, como a coalición Galicia en Común-Anova-Mareas, organizou para este Día das Letras un coloquio virtual. Desde o PSdeG o seu líder, Gonzalo Caballero, divulgou un vídeo coa mensaxe "o galego somos nós, defendámolo!".
NOS_2649
O noso crítico de cabeceira, Andrés Castro, asistiu esta quinta feira á pre-estrea da ópera prima do director monfortino Dani de la Torre. Pasen e lean o que viu.
EL DESCONOCIDO (España 2015, 102 min.) Dirección: Dani de la Torre Guión: Alberto Marini Fotografía: Josu Inchaustegui Música: Manuel Riveiro Elenco: Luís Tosar, Goya Toledo, Javier Gutiérrez, Fernando Cayo, Elvira Mínguez, Luís Zahera, Ricardo de Barreiro, María Mera, Antonio Mourelos, Camila Bossa, Xosé Barato, Carolina Vázquez, Daniel Currás, Marco Sanz, Fran Peleteiro, Pedro Alonso SINOPSE Carlos, executivo de banca, comeza a súa rutineira mañá levando aos fillos ao colexio, cousa que adoita facer a súa muller. Cando acende o coche, recibe unha chamada dun descoñecido que lle anuncia que ten unha bomba baixo o asento e que debe reunir unha elevada cantidade de cartos se non quere que o coche estoupe. CRÍTICA Moita expectación había arredor da fita de Dani de la Torre xa desde a súa rodaxe polas rúas de A Coruña a finais do verán pasado. Aínda lembro aquela nova que corría como a pólvora de que "caeu un coche na dársena!" ... "que va, pero se é unha película" ... "seguro?". Pois si, era. Tratábase dunha das tantas secuencias de acción de El Desconocido. Qué emoción, a miña cidade natal convertida nun verdadeiro escenario de cine ao máis puro estilo Hollywood: coches derrapando, persecucións, helicópteros... As expectativas fóronse elevando pola súa participación no Festival de Venecia e, máis recentemente, no de San Sebastián. Certamente tiven que irme autosuxestionando durante días para non estar condicionado no visionado, o cal soe ser desastroso para a conclusión final. Para ben ou para mal, claro... Pois ben, hei de dicir que non me defraudou en absoluto. Un gran filme de acción onde hai cabida para o drama, a intriga e a denuncia sobre un dos temas máis controvertidos dos últimos anos e que Dani de la Torre rescata dunha maneira moi intelixente para que endexamais se esqueza. "Dani de la Torre amosa un gran oficio e grande habilidade para tensar a corda até o punto de levar ao espectador ao límite" A cousa comeza co almorzo nun chalé dunha familia de clase media-alta: Carlos (Luís Tosar), un atarefado empregado de banca, a súa distante muller Marta (Goya Toledo) e os fillos Sara (Paula del Río), sempre pegada ao móbil, e Marcos (Marco Sanz), o cativo da casa que sempre trata de molestar a súa irmá. Ese día Carlos decide levar os fillos ao colexio. Tras varios cambios de última hora na axenda do día, recibe unha chamada oculta dun "descoñecido" que lle di que ten unha bomba baixo o coche que fará estoupar se non transfire unha alta cantidade de cartos a unha conta. A partir de aquí terá que apañalas para percorrer a cidade mantendo aos fillos quedos e tratar de cumprir o que lle di. A medida que avanzan as conversas imos vendo que as intencións do descoñecido son máis escuras do que a simple vista parecen. Atención ás inflexiones de voz do "descoñecido": sen verlle a cara sabemos que trama algo máis do que aparenta. Un perturbado moi próximo a Scorpio -o malo de Harry o sucio-, mesturado co malo de Speed, que lle fai a vida imposíbel ao bo de Luís Tosar na liña cun Última Chamada de reminiscencias friedkinianas... "Ollo á planificación do longuísimo plano secuencia na Praza de Vigo: pura técnica" Dani de la Torre tira de cinefilia, e se nota que hai moita, para facer un filme trepidante e cheo de acción. Gran parte da tensión que consegue é grazas á excelente montaxe de Jorge Coira (18 comidas), acorde en todo momento coa banda sonora de Manuel Riveiro (Códice). Ollo á planificación do longuísimo plano secuencia na Praza de Vigo: pura técnica. Non desentoa tampouco a fotografía de Josu Inchaustegui (Extinction), sobre todo nos planos aéreos. En cuanto ao elenco, aparte da estrela indiscutíbel de Luís Tosar, actualmente tamén en cartel con Mama de Julio Médem e, moi pronto, baixo ás ordes de Daniel Calparsoro en Cien Años de Perdón, e a de outro peso pesado como Javier Gutiérrez (Goya por La isla mínima) conta tamén cunha boa recua de secundarios onde destaca o rol da artificieira Elvira Mínguez, en disputa continua co axente Espinosa (Fernando Cayo), a colaboración da, sempre solvente, Goya Toledo, e unha breve, pero intensa, aparición de Luís Zahera (Celda 211) como condutor cabreado que xa molaba que durara máis en plan pique de condutores... Algunha que outra lagoa de guión que, porén, non embaza o puro entretemento que nos presenta Dani de la Torre neste prometedor debut en pantalla grande. A pesar diso amosa un gran oficio e grande habilidade para tensar a corda até o punto de levar ao espectador ao límite de que desexe que a cousa remate nunha brutal vinganza ou, por contra, en redención. Supoño que as experiencias persoais de cada un terán moito que ver nas sensacións... Unha película tan entretida coma necesaria que explica de maneira lúdica unha das maiores lacras sociais polas que tiveron que pasar milleiros de familias. Moi recomendábel.
PRAZA_14066
Todo indica que acadará a vitoria o actual presidente José Eduardo dos Santos, do MPLA, cualificado por The Guardian como "o autocrata africano que o mundo menos coñece". A UNITA, que en 2008 obtivo o 10% dos votos, denuncia irregularidades. Angola leva unha década de forte crecemento económico grazas ás exportacións de petróleo, porén neste tempo as desigualdades sociais non fixeron máis que aumentar.
Angola celebra as súas segundas eleccións lexislativas (as primeiras foron en 2008) despois da fin da guerra, e as primeiras que escollerán formalmente Presidente, elixido indirectamente polo parlamento resultante dos comicios. Espérase que o actual Xefe do Estado, José Eduardo dos Santos, reteña o poder e os seus adversarios acúsano de planear unha reforma constitucional que lle asegure o cargo até 2022. Dos Santos, líder do Movimento Popular de Libertação de Angola (MPLA), dirixe Angola dende 1979, durante case trinta anos de fora ditatorial, o que o converte no segundo xefe de Estado con máis tempo no poder, despois de Teodoro Obiang. The Guardian cualifícao mesmo como "o autócrata africano que o mundo menos coñece". A oposición denuncia tamén a masiva corrupción existente no país, da que Dos Santos se valería para incrementar o seu poder O xornal británico cualifícao como "un Maquiavelo que habilmente se conseguiu agochar á vista de todos, evitando a retórica inflamada dos seus homólogos mentres astutamente cortexava a EE.UU., Brasil e China. A sua imaxe nos cartaces de campaña é leve, discreta, case benevolente". Porén, a UNITA, agora principal partido da oposición e que en 2008 obtivo un 10% dos votos (o MPLA superou o 80%) denuncia irregularidades na campaña e alerta dunha posible fraude nas eleccións. A oposición denuncia tamén a masiva corrupción existente no país, da que Dos Santos se valería para incrementar o seu poder: "José Eduardo dos Santos é un ditador retirado, mais a forma como el usa as empresas para beneficiar a sua família colocao a un paso de Mobutu", segundo o xornalista Rafael Marques de Morais, que engade que a diferenza coa corrupción existente nalgunhas ditaduras é que Angola "aproba leis para facelo" e que Dos Santos "sempre confiou mais na corrupción que calquera outro ditador". Ninguén dubida da vitoria de Dos Santos, aínda que seguramente se atopará cun parlamento no que o seu partido xa non contará cunha maioría tan esmagadora Algúns representantes dos partidos que denunciaron nas últimas semanas as irregularidades na campaña foron detidas, e mesmo se convocou unha manifestación, á que acudiron milleiros de persoas en Luanda, para pedir o adiamento das eleccións. As críticas proceden mesmo dalgúns sectores que até o de agora apoiaran o MPLA, e que agora piden o voto para os partidos da oposición. Porén, ninguén dubida da vitoria de Dos Santos, aínda que seguramente se atopará cun parlamento no que o seu partido xa non contará cunha maioría tan esmagadora, polo que terá que rendir contas ante a oposición. Angola é o segundo produtor africano de petróleo e espera superar a Nixeria en breve. O cru representa máis da metade do PIB do país e o 90% das exportacións, e conseguiu que Angola crecese entre 2003 e 2008 a unha media do 12,5% cada ano. A crise económica freou este crecemento, pero para 2012 espérase que a cifra volva superar o dez por cento. Porén, os partidos da oposición denuncian que este crecemento só significou o enriquecemento dunha elite, mentres que no resto da poboación se abría unha fenda e se incrementaban as desigualdades. Angola é o segundo produtor africano de petróleo e espera superar a Nixeria en breve Os analistas cren que Dos Santos está preparando o seu relevo, de xeito que podería non esgotar o seu mandato e deixarlle a presidencia ao seu número dous, o empresario petroleiro Manuel Vicente.
NOS_489
Rocío Viéitez encárgase da tradución da obra de Louisa M. Alcott, Mociñas, para o galego. Unha obra que abre a nova colección de Laiovento.
O clásico norteamericano de Louisa May Alcott Mociñas, tantas veces adaptado para o cinema, vértese agora ao galego da man da tradutora Rocío Viéitez. A obra, que se vén de presentar na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, inaugura a nova colección da editorial Laiovento, Candemaia, que "xorde da necesidade de que as candeas e as estrelas que lle dan nome acheguen luz a unhas vidas que un día nos amosaron a súa faciana máis negra". Con esta nova colección, Laiovento dará paso a libros traducidos e escritos por mulleres que contan a historia de nenas, mozas e adultas e faino coa intención, explican, de que "fiemos un tecido máis humano, máis respectuoso". Ademais, cada libro levará a achega dun home "porque esta colección está feita a latexos igualitarios". E deste modo, a Mociñas acompáñao o poema Arrolaime, de Héitor Picallo. Mociñas é un libro do século XIX onde a autora "nos ensina a unidade da familia, o valor do esforzo, a sobrevivir á morte e á soidade, a loita constante ante as adversidades diarias que todos temos, a agardar e desesperar, a aceptar e a perder". No Limiar, Kathleen March, profesora emérita da Universidade de Maine (EUA), explica da súa mocidade que "moito me temo que nin o 10% dos rapaces terán lido a obra e un cero por cento dos homes, porque non era requirida no currículo escolar". E lembra que en moitas ocasións, Alcott asinaba os seus escritos con pseudónimo, pois as súas historias non se consideraban "axeitadas" para raparigas. Cun espírito "revolucionario, activista e formativo para a época na que foi escrita", Mociñas fala das dificultades das mulleres polo feito de medrar nunha cultura que premia o seu aspecto por enriba da súa esencia, defende os dereitos da muller, a abolición da escravitude, e reforma para a escolarización das nenas. "Louisa M. Alcott viviu e escribiu no século XIX e era contemporánea de Rosalía", dise no limiar, polo tanto, amosa o aire moralista e romántico da novelista galega". "As lectoras só sabiamos que as protagonistas eran capaces de saíren adiante na vida, de traballaren, de amaren e de razoaren con intelixencia". "Jo era, e é, como a protagonista de A filla do mar, a esperanza, para todas nós", conclúe March.
NOS_33382
No mínimo 12 vítimas mortais e máis de 80 persoas feridas, 15 delas en estado moi grave. Unha furgoneta atropelou deliberadamente ducias de persoas na Rambla de Barcelona. A Policía confirmou a morte nun tiroteo dun dos sospeitosos fuxidos e hai outras dúas persoas detidas. DAESH reivindica o atentado.
Unha furgoneta atropelou na tarde desta quinta feira de maneria deliberada varias persoas na Rambla de Barcelona. A Policía confirma que foi un ataque terrorista e a Audiencia Nacional xa abriu dilixencias. Hai no mínimo 12 persoas falecidas e por volta de80 feridas, 15 delas moi graves, segundo confirmou a Consellería de Interior. Os taxistas están a facer viaxes de balde a quen o precisar pois transporte público non pode circular pola zona. Urxencias habilita un número para quen precise información sobre o ataque : +34 932 14 21 24 Os Mossos d'Esquadra desmentiron que un dos supostos autores do atropelo estivese atrincheirado nun bar de Barcelona, como se mantivo durante a primeira parte da tarde. Hai unha persoa falecida nun intercambio de tiros en Sant Just Desvern coa Policía ao se saltar un control policial. Esta persoa sería un dos sospeitosos fuxidos. Hai outras dúas sospeitosas detidas. O DAESH reivinciou o atentado terrorista en Barcelona a través dun comunicado na axencia AMAQ. Solidariedade desde Galiza Autoridades e políticos galegos trasladaron a sía solidariedade para co pobo catalán a raíz do atentado terrorista. O presidente da Xunta e do PPdeG enviou unha mensaxe de "solidariedade para coas vítimas de Barcelona e o meu apoio e confianza nas administracións que traballan neste duro momento". Os socialistas galegos expresaron "o noso apoio ás familias e parentes das vítimas e aos que loitan contra o terror". En Marea quixo amosar o seu "apoio e solidariedade" co pobo de Barcelona "neste momento de dor e incerteza". Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, enviou todo "apoio e solidariedade" de Galiza ao pobo catalán e afirmou estar "conmocionada polo acontecido en Barcelona. Toda a solidariedade coas vítimas e co pobo catalán nun momento tan duro". O alcalde de Santiago, Martiño Noriega: "Toda a miña solidariedade dende Compostela coa cidade irmá de Barcelona e a súa xente,vítimas dos embaixadores do medo nun mundo inxusto" Estampida ahora mismo en El Corte Inglés de Plaza Catalunya en Barcelona pic.twitter.com/72LLRmJjRk— Jordi Perez Colome (@jordipc) 17 agosto 2017 En ampliación
NOS_43174
No primeiro trimestre destruíronse perto de 16.000 empregos no país. O número de persoas no desemprego supera as 217.000.
O paro aumentou en Galiza en 12.900 persoas no primeiro trimestre de 2017, situándose nas 217.100 desempregadas. Son datos da Enquisa de poboación activa (EPA) que vén de publicar o Instituto nacional de estatística (INE). O incremento do paro en Galiza foi do 6,3% mentres que a media do estado situouse no 0,41%. Galiza foi o terceiro territorio onde máis se incrementou o número de persoas no desemprego, só superada por Catalunya e Baleares. Ao tempo, o número de persoas ocupadas descendeu en 15.900, situándose en 1-33.600. Estamos a falar dun ha caída do 1,52% a respecto do anterior trimestre. Na comparación interanual o resultado é positivo: entre o primeiro trimestre de 2016 e o o primeiro de 2017 houbo un aumento na ocupación de 12.500 persoas. Un 1,23%. Unha porcentaxe sensibelmente inferior á media española, cuxo aumento nese período foi do 3,8%. Outro dato a ter en conta desta EPA é a taxa de actividade, que no noso país está neste inicio de 2017 no 53,28%, moi por baixo do 58,7% que é a media do estado español. A nosa taxa de paro é, indica a enquisa de poboación activa, do 17,3%, inferior á española (18,7%). Mais Galiza ten a taxa máis alta de todo no norte peninsular. Fogares O número de fogares con todos os seus membros activos no paro aumentou en 4.300 no primeiro trimestre. Son xa un total de 73.900 fogares. Desde a CIG destacan que a perda da poboación activa que indica a EPA está a ter sobre todo entre a xente nova. Outro dato que o sindicato nacionalista considera "preocupangte" é a maior parte dos empregos destruídos neste período eran a xornada completa, "o que deixa ver a cada vez maior precarización do mercado do traballo que padecemos, e que é resultado directo das sucesivas reformas laborais impostas". Desde CCOO valoran negativamente os datos, que cualifican de "nefastos". Reflicten que o mercado laboral galego continúa a ter un comportamento peor que o promedio estatal, indide o sindicato.
NOS_10664
Rosa Gallego, portavoz do PP no Concello da Coruña, sinalou no Pleno que o incremento das violacións en 150% é porque a Xulio Ferreiro "non lle preocupa a seguridade cidadá".
A portavoz do PP no Concello da Coruña, Rosa Gallego, sinala o alcalde Xulio Ferreiro como responsábel do aumento na cidade das violacións e delitos contra a liberdade sexual. Afirmouno a voceira popular no transcurso do pleno municipal, nunhas declaracións que xeraron sorpresa e indignación no Goberno local. "Na cidade os delitos contra a liberdade sexual aumentaron 15% e as violacións 150%", dixo a concelleira do PP. "A policía evidentemente non ten a culpa disto, tena un alcalde ao que non lle preocupa a seguridade cidadá", concluíu Rosa Gallego.
NOS_8379
Carme Adán, Tereixa Paz e Alba Nogueira, asinantes de votos particulares á totalidade do relatorio oficial da XV Asemblea Nacional do BNG, compareceron apoiadas por militantes para pedir un "debate sen tabús" do que saia "un proxecto nacionalista o máis vigoroso posíbel".
O BNG debe acometer na súa XV Asemblea Nacional unha "refundación profunda" alén das palabras, froito dun debate "sen tabús" e de se "repensar a fondo", para ser así unha ferramenta útil para a sociedade galega. Carme Adán, Tereixa Paz e Alba Nogueira, asinantes de votos particulares á totalidade do relatorio oficial, fixeron esta segunda feira un chamamento á participación da militancia na AN. Arroupadas por militantes e rostros coñecidos da organización nacionalista, comezaron a intervención anunciando que non presentaban candidatura alternativa á proposta polo Consello Nacional. "Non é unha cuestión de listas ou de postos, é unha cuestión de ideas, de debate, de pluralidade", manifestou Carme Adán, que preguntada polos xornalistas sobre se nesa postura estaban representados asinantes doutros votos particulares (como é o caso do portavoz nacional saínte, Xavier Vence), respondeu afirmativamente. Carme Adán: "Non estamos aquí para propoñer unha lista ou outros nomes, senón para que haxa un debate franco sobre o nacionalismo" Adán explicou que os alí presentes "temos unha postura distinta" do relatorio oficial en canto ao debate sobre a refundación e sobre a política de alianzas. Por iso manteñen os votos particulares, dixo, e apostan na creación dunha comisión que 'pilote' a nova etapa do BNG e que culmine cunha refundación antes das eleccións. A deputada nacionalista incidiu en que o "fundamental", en todo caso, "é que o proxecto nacionalista saia o máis vigoroso posíbel". Tereixa Paz dixo que o elemento importante nesta Asemblea Nacional non debe ser "elexir unha nova dirección" senón preguntarse polo "devalo" electoral destes anos e polas causas que levan a que "o pobo que nun tempo nos considerou útiles" actualmente non apoie a organización nacionalista. Tereixa Paz: "O fundamental nesta Asemblea Nacional non é elexir unha nova dirección: temos que reflexionar sobre por que a sociedade xa non nos consideran útiles" Paz avogou por "profundas mudanzas" e chamou a "preservar a unidade dos que estamos organizados no BNG, e a partir de aí, acrecentar", salientando que no que todos coinciden é en que "Galiza conte cun proxecto nacionalista forte". Iso si, continuou a deputada, se a Asemblea Nacional "de verdade quere reconstruír un proxecto nacionalista" non debe "pechar" este domingo -día que decorre a AN- "cal vai ser a fórmula de concorrencia ás eleccións", e apostou en "explorar sen vetos nin condicións previas" as diferentes posibilidades nun proceso no que a militancia "sexa quen deida". "O BNG non pode pensar en pequeno" Alba Nogueira: "Non queremos que a palabra 'refundación' fique nun slogan, nunha palabra bonita. Hai que repensar profundamente o noso proxecto" Alba Nogueira foi a última en intervir. Dixo que o BNG "non pode pensar en pequeno" e situou as "prioridades" do nacionalismo en "botar o PP e gobernar este país". Alba Nogueira dixo que o feito de que o relatorio oficial "se apropie" da palabra 'refundación' non pode permitir que o que haxa na AN sea "un simple slogan, unha palabra bonita" e por iso a refundación "ten que ser unha alianza coa nosa base social" que parta de "repensar profundamente o noso proxecto". "Formulamos un proceso de refundación que non se pode aprazar 'sine die' e que tenda a man a xente que non está no BNG", concluiu.
NOS_14184
O número de crianzas e persoas mozas que estudan este idioma nesa zona supera as 1.100. O ensino do galego esténdese a novos centros de ensino.
No Bierzo e Seabra hai este curso 34 alumnos e alumnas máis de galego que o anterior. Un incremento pequeno no cuantitativo mais importante no cualitativo polo que indica sobre avanzos para este idioma, propio tamén desa zona administrativamente leonesas. Son xa 1.146 as crianzas e persoas mozas que cursan galego, segundo recolle o Diario de León. Na comarca do Bierzo son 17 os centros de ensino, entre colexios e institutos e a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, onde se pode estudar galego. Na de Seabra é só 1 centro de Infantil e Primaria. Junta de Castela-León e Xunta da Galiza, informa este medio, están interesados en reforzar o plan lingüístico e estendelo a novos centros educativos. "No curso académico 2019-2020, 34 estudantes incorporáronse ao Programa de Promoción da lingua Galega no Bierzo e Saebra: 14 en Educación Infantil e Primaria, 15 en Secundaria e 5 na Escola Oficial de Idiomas. Así, pasamos de 1.112 alumnos e alumnas no curso anterior, a 1.146 neste», explicaron fontes da Consejería de Educación castelán leonesa. Un total de 19 centros É o terceiro ano consecutivo que aumenta o número de alumnos e alumnas de galego. Actualmente esta opción existe en 19 centros, dos que 14 son colexios de Infantil e Primaria o CRA, 4 de Secundaria e a Escola de Idiomas. Eses 19 centosestán en localidades como Vilafranca, Ponferrada, Cacabelos, Cubillos do Sil, Camponaraia ou Carucedo, entre outras.
PRAZA_17769
Apareceu o revisionismo literario e comezan a abundar os artigos atacando obras e autores clásicos polas súas mensaxes equívocas, coma se os textos literarios debesen ser asemade manuais de ensinanza moral e costumes sans e non un produto, máis ou menos afortunado, do seu tempo
Non se pode negar que de todo texto literario se pode tirar unha leitura moral, pois os humanos xulgamos dende os nosos principios morais e éticos, tan variados coma as impresións dixitais, calquera comportamento. Mais na literatura actual non é difícil atopar argumentos onde prima o carácter moralizador, especialmente baseado no que adoita denominarse "corrección política", sobre calquera outro contido, especialmente na dirixida aos leitores infantís e xuvenís: xorden así animaliños ou rapaces solidarios, que axudan e toman conciencia de problemas sociais e medioambientais, a pesar de estaren na idade de xogar e descubrir o seu entorno sen máis preocupación ca o propio gozo e interese; rapazas que deciden ser elas as heroínas nunha aventura, aínda que vivan nun tempo onde tal opción sería imposíbel; ou colectivos que procuran o ben da humanidade como se fosen unha soa persoa, sen disensións nin egoísmos –tan humanos eles–, soamente co sacrificio como meta. Certo é que sempre a literatura dirixida aos menores tivo un carácter moralizante e formador, mais o "infantilismo social" imperante fixo que unha gran parte da literatura para adultos siga os mesmos parámetros, disfrazados coa escusa de dar voz a colectivos silenciados ou oprimidos: mulleres, especialmente se son feministas; homosexuais en todas as variantes posíbeis; minorías relixiosas e raciais, aínda que moitas veces non sexan tales etc. Hai unha invasión tal de ideoloxía do "boísmo" que semella que calquera desviación deste novo "pensamento único" é unha intolerábel defensa da vella orde patriarcal e do despotismo ou da inxustiza social en que viviron os nosos predecesores –e ende mal aínda viven na maior parte do mundo–. Hoxe parece improbábel escribir, e seguramente aínda máis publicar, un libro protagonizado por mulleres sen conciencia feminista, malia que a maioría das mulleres do mundo vivan, asuman e non poucas mesmo defendan a sociedade machista que as discrimina; ou un protagonizado por desfavorecidos sen reivindicacións sociais, a pesar de que a maioría da xente, inclusive na nosa bastante concienciada sociedade occidental, aspira primordialmente ao ascenso social e o seu benestar material; ou un protagonizado por persoas non brancas que non incidan no carácter racista da sociedade occidental, aínda que esta lles permitira acadar unha posición inimaxinábel no seu país de orixe ou dos seus maiores etc. Tamén abundan as narracións con ideas contemporáneas nas bocas e conciencias de personaxes de épocas pasadas ou inclusive remotas sen que este incuestionábel anacronismo pase factura aos ollos da crítica –ende mal, moitas veces máis militante ca crítica–; e así mesmo son lexión as narracións que pretenden reescribir a historia, non interpretala dende un punto de vista diferente ao canónico, senón simplemente modificala para que cadre coa ideoloxía do autor, ou tamén contar supostos feitos ocultados pola historiografía oficial para dar protagonismo a personaxes que xamais puideran ter tal oportunidade –de feito existe o termo historia-ficción para tal subxénero– etc. Semella que unha parte importante dos escritores renunciaran a reflectir o mundo auténtico –por moitas interpretacións que se poidan facer do mundo–, actual ou pasado, á hora de contar unha historia ambientada no noso mundo real. Así e todo, é ben certo que esta ideoloxía do politicamente correcto que pretende educar dentro dos textos narrativos é tan vella coma a propia literatura, pois toda época e cultura coñeceron –e sofreron– a "literatura edificante", que na nosa sociedade occidental estivo dirixida a impoñer a moralidade cristiá, sempre máis preocupada por formar ca por contar ou entreter. Mais o peor é a intolerancia que vai unida a esta moralidade combativa que propaga a crítica e mesmo a prohibición de todo texto que non siga os postulados da nova moral, non soamente nos novos senón mesmo cuestionando os vellos, como propagadores de moralidades perniciosas e malévolas. Apareceu o revisionismo literario e comezan a abundar os artigos atacando obras e autores clásicos polas súas mensaxes equívocas, coma se os textos literarios debesen ser asemade manuais de ensinanza moral e costumes sans e non un produto, máis ou menos afortunado, do seu tempo: Pío Baroja (acusado de fascismo e antisemitismo), Roald Dahl (acusado de antisemitismo), T.S. Eliot (acusado de antisemitismo), S. Freud (acusado de misoxinia), D.H. Lawrence (acusado de misoxinia), H.P. Lovecraft (acusado de misoxinia e racismo), Henry Miller (acusado de obscenidade), V. Nabokov (acusado de pederastia pola súa obra "Lolita") F. Nietzsche (acusado de misoxinia), Ezra Pound (acusado de fascismo), Voltaire (acusado de antisemitismo), Edith Wharton (acusada de antisemitismo), etc. Que todas as acusacións sexan certas non debería quitar valor ás súas obras, pois é ben certo que a literatura abunda en escritores excelentes que foron persoas execrábeis, e en realidade sería moitísimo máis breve facer unha relación de escritores sen actitudes ou comentarios desafortunados –onde seguro non se poría nome ningún–, porque como todos sabemos errar é de humanos. Ademais o fanatismo moralizador e revisionista chegou mesmo a modificar obras antigas no seu afán benpensante, así os "Dez negriños" de Agatha Christie debeu mudar o seu título orixinal "Ten little niggers", tirado dunha canción infantil, por "And then there were none", por mor do carácter despectivo da palabra "nigger". Na nosa literatura o conto "Chegou das Américas" de Castelao, protagonizado por un negriño que se cría en Galiza como un galego máis ata que ten de emigrar, seguramente podería ser acusado de racismo a pesar de que o que argumenta é xustamente o contrario. Hoxe a palabra "negro" como designación racial está socialmente banida e no Novo Mundo substituíuse por "afroamericano" e no Vello por "subsahariano" en Europa, "drávida" na India ou "aborixe" en Australia, sen que isto modifique, en moitos lugares, a discriminación racial. Tal como vai a cousa non me estrañaría que se modificase a "Declaración universal de dereitos humanos" onde expresamente se indica a raza ou a cor como diferenzas nos humanos que non se poden usar como motivos de discriminación. Acontece o mesmo con calquera outra palabra que poida ser considerada discriminatoria por calquera colectivo social, así xa non se fala de "gordos" senón de "persoas con sobrepeso"; de "cegos" senón de "invidentes" ou "discapacitados visuais"; de "ananos" senón de "persoas de baixa estatura"; tampouco de "tolos" nin "cretinos e idiotas", estas últimas palabras outrora usadas como termos médicos para indicar distintos graos de "anormalidade racional", senón de "discapacitados psíquicos ou intelectuais"; nin de "tolleitos" senón de "minusválidos físicos"; mais o que se recomenda hoxe non quita que alguén decida que visto que "discapacitado" significa "sen capacidade" e que "minusválido" significa "con menos validez" tamén haxa que desterrar estas palabras por estigmatizantes, como antes pasou con "subnormal" ou "retrasado mental", usadas no seu momento como denominacións non discriminatorias. Grazas a isto o noso léxico énchese de eufemismos hipócritas que non mudan no fondo a valoración ou o trato das persoas afectadas, soamente camuflan o tratamento. Nesta nova "caza de bruxas" Internet é ferramenta imprescindíbel e grazas a ela existen numerosas listas de escritores reprobábeis, como a dos escritores machistas: en esencia a inmensa maioría dos escritores masculinos anteriores á aparición do feminismo e todos os posteriores que non defendan expresamente esta ideoloxía; de escritores homófobos: basicamente todos os que sigan a doutrina cristiá ou de calquera outra relixión –no pasado todos por imperativo vital–, amais dos heterosexuais furibundos da actualidade; de escritores totalitaristas: os que comunguen con algunha das ideoloxías sociais dos últimos séculos, que sempre acaban resumidas en que unha minoría manda e unha maioría obedece; de escritores elitistas: existe algún escritor que non se crea especial?; de escritores racistas: a inmensa maioría dos escritores brancos –con maior ou menor dose de hipocrisía– e gran parte dos escritores non brancos, sobre todo, os que adoptan os idiomas europeos porque as súas linguas nativas non valen; etc. No entanto, convén non esquecer que tras a lexítima "crítica" –e que nunca falte–, a miúdo aflora, cando se teñen os medios, as inicuas "censura" e "prohibición". Publicidade
NOS_10613
O novo número do semanario Sermos Galiza tórnase imprescindíbel para coñecer a arquitectura propia. Non perdas a entrevista ao premiado Manuel Gallego Jorreto sobre a súa traxectoria e a súa visión da arquitectura. Ademais, ao longo do semanario, repásanse as distincións que Franco e os seus ministros aínda conservan na Galiza. E como sempre, inclúese unha manchea de recomendacións para o tempo de lecer. Procura o teu exemplar, xunto con Nós Diario, este sábado nos quiosques e puntos de venda habituais!
O novo número do semanario Sermos Galiza, á venda desde o sábado 14 de agosto con Nós Diario, achéganos á persoa, obra e pensamento de Manuel Gallego Jarreto, nunha entrevista de Manuel Xestoso en catro páxinas imprescindíbeis para as e os interesados na arquitectura galega. A lista de galardóns a Gallego Jarreto é interminábel e o seu traballo está espallado por toda Galiza e abrangue desde vivendas unifamiliares até a Residencia oficial de Monte Pío, desde a rehabilitación do teatro Rosalía de Castro da Coruña até o Museo das Peregrinacións de Santiago. Arquitectas A historia escríbena os gañadores, e eses sempre son homes. A historia está pois escrita con perspectiva masculina e moitas veces esqueceu (intencionadamente ou non) a contribución das mulleres ao presente. Nas artes ou nas ciencias existe un legado de mulleres que hai que rescatar e pór en valor. Isto tamén sucede na arquitectura. Ante o esquecemento, Iago Valverde achega a reportaxe Arquitectas. Mulleres esquecidas, un texto de xustiza fronte o machismo. Houbo que esperar, sinala de facto o autor, até a oitava arquitecta para que unha muller exercera na Galiza, esta foi Milagros Rey, que obtivo o título no ano 1960. Honras a franquistas Cantas rúas e distincións conservan Hitler en Alemaña ou Mussolini en Italia? Cantos ministros desas ditaduras criminais teñen hoxe distincións? Eis as preguntas que Manuel Monge fai reportaxe Honras na Galiza a Franco e os seus ministros. Após 13 anos da Lei de Memoria Histórica, até 32 ministros franquistas conservan na Galiza 73 distincións, ademais das de Franco. Na clasificación dos concellos que manteñen distincións figura nas dúas primeiras posicións Compostela, con honras a 20 ministros; seguida por Ferrol, con distincións a 10 ministros. Na reportaxe poderás coñecer cantas distincións hai en cada un dos 73 concellos galegos que aínda non as eliminaron. Pío Cabanillas, Manuel Fraga, Blas Pérez González ou Vicente Mortes son algúns dos ministros con distincións na Galiza. Na reportaxe, Monge aborda un por un, todos os ministros que teñen honras e en que concello galego en concreto. Natureza, lecturas, cinema, música, arte, historia e pasatempos Aliás, na sección Andar e Ver, Adela Leiro, Mon Daporta e Xan Colazo presentan un roteiro impresionante polo Monte Trega, un cume illado cunha importante pegada histórica, un dos castros de máis sona, e unha situación estratéxica privilexiada entre o mar, no punto máis ao sur da costa galega, e o esteiro e desembocadura do río Miño. Aló podes acudir cun libro para descansar na natureza. Por exemplo, Mario Regueira propón ler Transhumanismo. Tecnociencias e antropociencias, de Brais Arribas; e Inma Otero convida a encontrarse coa lectura de Nas pulsacións, de Manuel López. No apartado de música, Fernando Montenegro achega a lectora e lector de Sermos Galiza ao disco Realismo, que exhibe un repertorio de oito temas compostos polo pianista Xan Campos e no que hai sons de balada clásica, paisaxes minimalistas e cancións para bailar en calquera parte. Ademais, Carlos Penela presenta no seu novo artigo o musicólogo estadounidense James A. Grymes, profesor na Universidade de Carolina do Norte, que recolle na súa obra Violins of Hope un total de seis historias reais relativas ao Holocausto. No capítulo de cinema, o crítico Andrés Castro afonda no filme Nais verdadeiras, de Naomi Kawase, directora que iniciou a súa carreira cinematográfica facendo documentais baseados na súas propias experiencias vitais. O experto en gastronomía Anxo Fole presenta unha manchea de receitas frescas e saudábeis. Aprenderás da man de Fole a realizar unha exquisita Crema fría de cogombro, coliflor e xenxibre; para continuar cun saboroso salpicón de marisco e, para os máis lambóns, xeado de framboesa. E non hai prato sen bo viño, por iso os amigos de Vide Vide recomendan dous impresionantes viños: o Village 2020, Viño de Encostas; e Mougha 2020, O Rosal. Fechan este novo número do Sermos Galiza os pasatempos realizados por Xerardo R. Roca e Xoán Costa. Boa lectura de verán!
NOS_2201
O sindicato Satse pide elevar a ratio a oito enfermeiros ou enfermeiras por cada 1.000 habitantes, fronte aos cinco que hai na actualidade.
O sindicato de enfermaría Satse vén de asegurar que a Galiza necesita "entre 2.000 e 3.000" enfermeiros e enfermeiras máis para cubrir o déficit de profesionais nesta categoría que existe no Servizo Galego de Saúde (Sergas). Así o manifestou o delegado de Satse en Lugo, Manuel Veiga, quen alertou en declaracións aos medios de que a falta de profesionais de enfermaría no país "é cada vez máis perentoria". "Non sabemos o motivo, hai moitísimas xubilacións e non se fai unha substitución suficiente, e iso vai en detrimento da seguridade do paciente", advertiu. Persoal sanitario carga contra o desleixo e a precariedade da sanidade pública O sindicalista mantén que "si que é verdade que houbo moitos enfermeiros e enfermeiras que marcharon fóra da Galiza e que están a retornar pero, aínda así, segue existindo un gran déficit". "Unha das reivindicacións de Satse, que é a Lei de seguridade do paciente, implica un importante aumento do número de enfermeiros e enfermeiras e da ratio. Así si poderiamos prestar os servizos dunha forma adecuada ao cento por cento", manifestou. O sector de enfermaría concentrarase no Congreso pola tramitación da Lei de Seguridade do Paciente Na Galiza, continuou, esa ratio fica en "cinco profesionais por cada mil habitantes", unha porcentaxe que se debería elevar, ao seu xuízo, "a oito enfermeiros ou enfermeiras por cada mil habitantes".
NOS_48943
Os colectivos 'Touradas Fóra de Pontevedra' e 'Galiza mellor sen touradas' celebraron actos de protesta contra as touradas que se celebran estes días nestas cidades galegas.
A Coruña viviu outra protesta da Plataforma antitaurina. 'Galiza mellor sen touradas' convocou unha manifestación na que participaron centos de persoas que berraron consignas contra o que consideran "unha salvaxada". Segundo a Plataforma antitaurina este ano o concello da Coruña gastou ao redor de 90.000 euros na matanza de touros. En Pontevedra a plataforma cidadá 'Touradas Fora de Pontevedra' instalaron nunha vivenda particular fronte ao Tendido 3 do Coso de San Roque unha gran faixa na que se pode ler precisamente a frase que lles da nome. Na pancarta, obra do grafiteiro Ras, aparece a imaxe dun touro pastando anteposta a unha caveira sobre fondo negro. Pontevedra repetirá protestas contra as touradas os días 8 e 11 de agosto. A Plataforma antitaurina pontevedresa, unha asemblea cidadá non partidista, sen vinculación con entidade política algunha, na que se integran persoas a título particular de diversa procedencia e ideoloxías, unidas polo seu rexeitamento á absurdamente chamada 'festa nacional', recolleu numerosos apoios nos últimos meses. Segundo informaron aos medios de comunicación esta non será a única protesta deste ano. Xa convocaron dúas máis os días 8 de agosto, cun peche simbólico do Coso Taurino de San Roque, e o 11 de agosto, cunha manifestación Antitouradas ás 20:00 horas con saída na Peregrina.
NOS_34682
Os parques eólicos deberán destinar, cando menos, 50% da enerxía producida a unha industria.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, anunciou esta sexta feira que o Goberno galego "dará prioridade" e reducirá á metade os prazos para a instalación de parques eólicos que fornezan, cando menos, 50% da enerxía eléctrica a unha industria. Conde puxo de exemplo os parques eólicos que actualmente están a ser proxectados para abastecer de enerxía eléctrica Alcoa, na Mariña. Susana Vázquez, alcaldesa de Porqueira: "Os eólicos non poden ser a calquera prezo" Tras unha reunión co comité de empresa de Alcoa San Cibrao, Conde explicou que se incluirá unha emenda na lei de áreas empresariais, aprobada a finais de abril polo Consello da Xunta e que se remitiu ao Parlamento para a súa tramitación, que incluirá esta cuestión. Precisamente, destacou que os parques eólicos que se vinculen á fábrica de Cervo "poderán beneficiarse desta nova normativa". Acordo entre Alcoa e Greenalia O vicepresidente primeiro do Executivo autonómico cualificou de "boa noticia" do acordo entre Alcoa e Greenalia para a subministración de enerxía renovábel, que suporá 46% da necesidade eléctrica da planta, Greenalia subsministrará 45% da enerxía de Alcoa mais condiciona o acordo aos novos parques eólicos Desta maneira, comezarase a avaliar e iniciar a tramitación de 29 parques eólicos de Greenalia para a planta de San Cibrao, para o que a Xunta asegura que se cumprirán "todas" as garantías normativas e ambientais. Por outra parte, sinalou que o Goberno central deberá tramitar máis de 400 megawatts, 55% da potencia do acordo entre Greenalia e Alcoa, un total de cinco parques de máis de 50 megawatts. Greenalia non produce enerxía dabondo para cumprir o acordo asinado con Alcoa Conde explicou que Greenalia "terá que presentar" un petición de excepcionalidade ao Consello da Xunta para a axilización do trámite.
NOS_52126
Aínda que asinou unha gran primeira parte, o Deportivo non foi quen de traer do Bernabeu punto ningún. Os de Gaizka Garitano chegaron a darlle a volta ao marcador e deixaron un gran sabor de boca nun partido en que a actuación arbitral foi fortemente criticada.
Por vez primeira, o conxunto galego repetía once inicial, os mesmos xogadores que a pasada segunda feira lle anotaban cinco tantos á Real Sociedade. O encontro comezou igualado no Bernabeu e até pasados os dez primeiros minutos non chegaron as primeiras ocasións. A oportunidade máis clara chegou no minuto 29, cando Celso Borges a piques estivo de bater Keylor Navas. O porteiro do Madrid desviaba a saque de recuncho o remate, aínda que o colexiado, nunha das múltiplas xogadas contestadas pola afección deportivista, pitou saque de porta. Minutos após eran os locais quen probaban sorte na área do Dépor, cun Sidnei providencial que se adiantaba a Morata. No minuto 35, de novo Borges tivo ocasión de marcar, mais atopouse co poste ao cabecear unha falta lanzada por Emre Çolak. O descanso chegaba con táboas no marcador. De volta dos vestiarios, no minuto 50, o Madrid adiantouse grazas a Morata, que superou a Tytón cun disparo afastado. Pouco após, no minuto 63, grazas a unha rápida combinación no mediocampo, Andone recuperou un balón que conectou con Carles Gil e este con Joselu. Era o 7 do Dépor que lanzaba un zurdado que atravesaba a escuadra de Keylor Navas. Segundos máis tarde, Andone desbordaba polo extremo dereito e puña o balón na entrada da área, onde Joselu se adiantaba a Sergio Ramos. O deportivista superou o porteiro do Madrid por debaixo das pernas. A partir de entón, os locais trataron de ir cara a arriba, mais foron incapaces de crear ocasións claras. Porén, o empate chegou a raíz dun centro de Lucas Vázquez que Mariano rematou con moitísima fortuna coas costas. O terceiro gol chegaba a balón parado, tras un saque de recuncho de Toni Kroos cabeceado por Sergio Ramos. Real Madrid: Keylor Navas, Danilo (Marcelo, min. 81), Pepe, Sergio Ramos, Nacho, James, Casemiro, Kroos, Asensio (Lucas Vázquez, min. 66), Morata e Isco (Mariano, min. 72). RC Deportivo: Tytoń, Juanfran, Albentosa, Sidnei, Fernando Navarro, Guilherme, Borges, Carles Gil, Emre Çolak (Joselu, min. 58), Babel (Fayçal Fajr, min. 82) e Andone (Pedro Mosquera, min. 75). Goles: 1-0 Morata (min. 50); 1-1 Joselu (min. 63); 1-2 Joselu (min. 65); 2-2 Mariano (min. 84); 3-2 Sergio Ramos (min. 90+2). Árbitro: Jaime Latre (c. aragonés). Tarxeta amarela a Borges (min. 25), Babel (min. 45), Albentosa (min. 59), Morata (min. 70), Sergio Ramos (min. 88) e Keylor Navas (min. 88).
NOS_29569
Son profesores de educación Infantil e Primaria, profesorado de Secundaria, de Formación Profesional, de ensinanzas de réxime especial e de Universidade. "O ensino precisa unha mudanza urxente", defenden e é no programa do BNG, afirman, no que se reflicte o compromiso para cun ensino público, galego e de calidade.
Un total de 505 docentes asinan '25 de setembro: mudemos o rumbo da educación en Galiza', un manifesto no que expresan o seu apoio o BNG por entender que o seu programa é a garantía dun "ensino público galego". Son profesores de Intantil e Primaria, de Secundaria, de Formación Profesional, ensinazas de réxime especial e Universidade que consideran que se precisa "un novo modelo educativo pensado desde e para Galiza". "Como docentes, consideramos que o sistema educativo necesita urxentemente un cambio de rumbo. Precísase un novo modelo educativo pensado desde e para a Galiza" Estes anos de gobernos de Núñez Feijóo foron de ataques para o ensino público. O manifesto comeza lembrando o "asañamento" para co galego no ensino, reducido a mínimos, ou os recortes en salarios e dereitos para co profesorado, un colectivo ao que o goberno do PP situou, din, no centro de campañas de desprestixio. Beneficiar o privado Os asinantes do manifesto consideran que se se pode definir a actuación do goberno do PP en Galiza en relación co ensino é "por unha política educativa de recortes permanentes", que procuran "acrecentar e beneficiar o privado concertado". Explican que, como consecuencia das políticas da Xunta, "nestes anos, foron destruídos 3.000 postos de traballo e eliminada a gratuidade dos libros de texto. Suprimiron máis de 400 unidades e fecharon 59 escolas públicas". Mentres tanto,creáronse máis de 200 unidades no concertado e continuou subvencionando centros que segregan o alumnado por razón de xénero. E a isto engádese a LOMCE, que "agrava máis esta situación porque alicerza un modelo educativo neoliberal que comporta maior privatización e españolización da educación, reforza a confesionalidade, segrega o alumnado e implanta reválidas co fin de expulsar as clases populares do sistema educativo". "O BNG procura un sistema educativo galego, público, laico, coeducativo e gratuíto, no que a educación sexa un instrumento liberador para formar persoas libres, críticas e comprometidas co noso pobo" "Converteron o ensino nunha mercadoría", "Como docentes consideramos que o sistema educativo necesita urxentemente un cambio de rumbo", manifestan. "Precísase un novo modelo educativo pensado desde e para a Galiza". E é o programa que presenta o BNG ás eleccións galegas de 25 de setembro o que "satisfai en boa medida as nosas arelas pola súa concreción, propostas e aspiracións". Explican que o programa nacionalista recolle a urxencia de derrogar a LOMCE, elaborar unha lei galega de educación e restituír os dereitos laborais e salariais do profesorado. "Asume como prioridade un ensino galego e en galego. Aposta con claridade pola supresión inmediata dos concertos educativos nos niveis non obrigatorios e nos centros que segregan o alumnado por razón de xénero, no camiño da supresión desta rede de ensino".
PRAZA_8210
Fun ver o derby galego a Riazor na compaña de dous bos deportivistas e amigos de meu: Fuco, artista e intelectual e Maceiras, correspondente económico para Galicia e Portugal dun xornal británico. No descanso deulles en falar do país e do galeguismo.
Fun ver o derby galego a Riazor na compaña de dous bos deportivistas e amigos de meu: Fuco, artista e intelectual e Maceiras, correspondente económico para Galicia e Portugal dun xornal británico. No descanso deulles en falar do país e do galeguismo. Fuco- Ferrín vai, dimite, sae da Academia na compaña de toda a súa Comisión Executiva e nos advirte de todos os males que lle agardan á Casa despois da súa marcha. Volven os académicos e xunto co resto aproban as contas e abren unha nova etapa por unanimidade. Que sentido tiña toda esa posta en escena? Maceiras- O que me chamou a atención é o apoio total que lle prestaron nesta xeira a Ferrín algúns dos sectores máis á dereita e menos galeguistas. F.- É o de sempre. Para estes, o mesmo que para o PP, o lugar do galeguismo é o rebumbio e os "shows" parlamentarios. Pero cando o galeguismo fai un plan eólico ou de vivenda, xestiona os concellos con modernidade e eficacia ou presenta unha proposta lexislativa para previr a corrupción entón faise perigoso e compre ir por él. M. Pois xa me contarás, Fuco. A este país o que lle compren son políticos honrados e eficaces, que saiban xestionar,si, pero que teñan un proxecto e unha ilusión para transformar a sociedade. Como Obama. F. Curioso que cando o galeguismo extrema o seu discurso e prefire a trincheira a construir unha alternativa de goberno a dereita española pode gobernar con máis comodidade. M. Pois agora a ver se se poñen as pilas, porque o bipartidismo estase a afundir, pero se o galeguismo segue nos biosbardos os seus herdeiros poden ser Rosa Díez e Cayo Lara. F. Do que compre falar é de como saírmos desta. Hai que crecer, reformar a fiscalidade e repartir máis xustamente o custo da crise. Ese había ser o discurso do galeguismo. Pragmático, pero ilusionante. O comezo da segunda parte veu rematar esta conversa, que os meus amigos deixaron pendente de rematar, como tantas outras veces. Unha cuarta persoa que nos acompañaba rematou a parola coa sentenza: "a ver se falades menos e facedes máis. Aprendede de Fernando Vázquez".
NOS_8758
O sindicato insta Alfonso Rueda a tomar unha decisión: "Nin unha persoa que actúa deste modo pode seguir nun cargo público, nin Ourense merece saír nos medios de comunicación de todo o Estado por culpa de feitos tan lamentábeis".
O sindicato Comisións Obreiras (CCOO) formalizou na mañá desta sexta feira a denuncia penal contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, pola agresión a unha sindicalista desta organización o pasado 3 de maio. A demanda, asinada pola secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, "describe con precisión estes feitos, corroborados polos audios e imaxes captadas polos medios de comunicación alí presentes", subliñan desde o sindicato. SOS Ourense mobilizarase contra a agresión de Xácome a unha sindicalista O texto tamén sinala que a agresión, alén de representar un posíbel "maltrato de obra", "constitúe unha vulneración dos dereitos sindicais da agredida, así como unha actuación contraria ao libre exercicio do dereito de folga". A agresión tivo lugar nunha protesta no marco da folga do transporte urbano en Ourense, cando a sindicalista, megáfono en man, quixo darlle voz ao alcalde para que este explicase a súa proposta de resolución do conflito laboral. O rexedor de Democracia Ourensá (DO) rexeitou en varias ocasións tomar a palabra, para despois golpear no brazo e empurrar a sindicalista, Lola Panero, que observou o alcalde con perplexidade. Xácome, sobre a moción que pedía a súa dimisión: "É como impedir elixir entre licor de herbas e Coca-Cola" CCOO insta Rueda a "tomar unha decisión" Amelia Pérez apuntou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "debe tomar unha decisión" a respecto do futuro político de Ourense: "Non abonda coas condenas por parte dos grupos municipais; cómpre dar un paso e facer que algo cambie dunha vez". "Nin unha persoa que actúa deste modo pode seguir nun cargo público, nin Ourense merece saír nos medios de comunicación de todo o Estado por culpa de feitos tan lamentábeis", concluíu a líder sindical.
NOS_26071
Dionísio Pereira (A Coruña, 1953) leva moitos anos pescucando a moria da represión e da resistencia antifascista. Historiador, autor dunha abondosa bibliografía desde comezos da década dos 80, o 11 de outubro escribe en Nós Diario sobre a guerrilla na área da Raia Seca.
Como e cando se establecen os primeiros núcleos guerrilleiros nas terras da Raia Seca? Xa nos primeiros intres tras o golpe militar, existen grupos de fuxidos armados que procuran non caer nas mans da Guarda Fiscal ou da GNR portuguesas e ser concentrados cun futuro incerto en diversos fortes militares de Bragança, Chaves ou Melgaço. No período inicial da contenda, a continuidade dos pasos de fronteira dos grupos armados, chamou a atención en numerosas ocasións quer das autoridades franquistas, quer dos responsables das forzas represivas salazaristas e da propia diplomacia lusa. Logo, tras a caída da fronte de Asturias, conforme comezan a chegar á zona combatentes ben armados e con grande formación ideolóxica que fracasan nas súas tentativas de embarcar en Porto ou Lisboa para a zona leal á República ou Latinoamérica, comezan a se estruturar os primeiros grupos guerrilleiros que, a partir de 1938, actúan xa de xeito sistemático en territorio da Galiza, Seabra e O Bierzo. "Nos primeiros intres tras o golpe militar, existen grupos de fuxidos armados que procuran non caer nas mans da Guarda Fiscal ou da GNR" Que destacaría da resistencia armada ao franquismo nesta zona? O feito da súa simbiose coa poboación civil transmontana, do Barroso e da contorna de Castro Laboreiro, introducidos os guerrilleiros por combatentes locais que gozaban da confianza dos campesiños-contrabandistas raiotos e adoitaban utilizar as redes sociais comunitarias e de veciñanza. Xente da raia como Cándido Losada "Malvavisco", Eduardo Pérez Vega "Tameirón", Demetrio García, Juan Salgado "O Juan" ou José Fernández Alonso "Pepe de Quinto", exerceron de guieiros para numerosos guerrilleiros foráneos e descoñecidos naquelas terras promiscuas. A devandita simbiose, foi notabelmente favorecida pola decisión daqueles grupos insurxentes radicados alén a fronteira lusa, de non actuar no país veciño para non prexudicar á poboación que lles acollía. De feito, cando faltaron a esta regra, as consecuencias foron nefastas para a supervivencia das partidas en territorio portugués. Algúns autores teñen cuestionado o carácter político da guerrilla na Raia Seca, que opina vostede ao respecto? Aínda sabemos pouco do roteiro vital dos guerrilleiros raiotos que transitaron e se refuxiaron tras a fronteira e tamén das accións que levaron a cabo no sur da provincia de Ourense e no territorio berciano e seabrés. Compre, pois, investigar en maior medida e publicar monografías ao respecto. Dito isto, aportamos datos dos guerrilleiros citados na pregunta anterior e dalgúns máis, que desbotan a imaxe de "bandoleiros sociais" que algúns autores deixaron caer, se acaso por non seguir esta guerrilla os parámetros militantes e militaristas propiciados polo PCE a partir de 1945. Outra cousa é, que algunha partida, concretamente a dos "Cucos" composta por varios agricultores-contrabandistas de nacionalidade portuguesa, deixara unha lembranza negativa na zona que conviría calibrar relacionando a súa práctica co devalar da sociedade rural tensionada na que xurde. Cal foi o apoio da poboación portuguesa á guerrilla galega e como foi a resposta do réxime de Salazar a esta axuda? O apoio da poboación rural de Castro Laboreiro, da Serra da Peneda, do Barroso e da raia trasmontana, foi significativa; pola contra, as relacións coa oposición antisalazarista existiron pero foron pouco relevantes, agás no Cambedo onde o "aparelho de fronteira" do PCP contou coa axuda da guerrilla alí radicada. As autoridades portuguesas se decataron da convivencia entre a poboación da raia e a resistencia armada, concluíndo que estaba sustentada en vínculos de confianza relacionados co humanitarismo comunitario e as redes sociais estabelecidas secularmente entre ambas bandas da fronteira a través do contrabando, do pastoreo e do intercambio económico e cultural, por riba dos estados. Mais a situación acaso virou perigosa para o Estado Novo, nunha conxuntura na que antigos combatentes portugueses na fronte de Asturias e numerosos emigrantes en Francia que fuxiran da invasión alemá no comezo da IIª Guerra Mundial, retornan ás aldeas raianas e dan lugar a unha certa axitación nun territorio moi conservador no político e no relixioso. Como proba, velaí a presenza activa de cidadáns portugueses nas partidas da raia, quer como enlaces, quer como guerrilleiros. En consecuencia, a reacción do salazarismo foi moi dura: centos de veciños e veciñas daquelas contornas pasaron polas cadeas da PIDE en Bragança, Chaves, Melgaço e Porto acusadas de colaborar coa guerrilla e, mesmo, dúas persoas, unha de Sernande (Vinhais) e outra de Sanfins da Castanheira (Chaves), morrerán polas torturas. En resumidas contas, a Raia Seca portuguesa vivirá entre 1936 e 1947 nun estado de excepción non declarado. "A Raia Seca portuguesa vivirá entre 1936 e 1947 nun estado de excepción non declarado" Que factores explican a desaparición da guerrilla en territorio portugués? Dende un primeiro intre, as autoridades españolas alertadas pola progresiva intensidade das accións armadas en boa parte da provincia de Ourense, instaron ao réxime de Salazar para que actuase contra os guerrilleiros e os seus colaboradores en territorio luso. Mais a negativa das potencias vencedoras na IIª Guerra Mundial a intervir na Península Ibérica reforzou ambas ditaduras e dará lugar a un maior incremento da represión a partir de 1946, agora mediante numerosas operacións conxuntas de limpeza coordinadas a ambas bandas da fronteira, sen desbotar tampouco a presenza efectiva da policía española e da Garda Civil coas súas contrapartidas en terreo luso. Neste difícil contexto, a guerrilla cometeu algúns graves erros políticos ao actuar en Portugal, o que provocou a intervención masiva non só da Guarda Fiscal, da GNR e da PIDE, senón mesmo do exército portugués, desenvolvéndose unha persecución implacable simbolizada na chamada "batalla de Cambedo" coa que prácticamente remata a presenza da guerrilla alén da raia seca galaico-portuguesa.
NOS_20859
O documentario biográfico arredor da figura de Alexandre Bóveda, "A Fazaña da Liberdade", dirixido por Seném, estréase en Pontevedra o día 4 de xuño.
O Teatro Principal de Pontevedra, a cidade na que viviu e ao pé da que o asasinaron no monte da Caeira, acollerá o vindeiro 4 de xuño ás 20:00 a estrea do documentario "A Fazaña da Liberdade" no que se recrea a biografía de Alexandre Bóveda a través de testemuñas, especialistas e familiares e visitando os espazos relacionados coa traxectoria dunha das figuras máis destacadas da nosa historia. A estrea convertirase nunha conmemoración do 110 aniversario do nacemento de Alexandre Bóveda, e, canda o documentario haberá unha intervención da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, da que Bóveda formou parte. Producido por Filmika Galaika en colaboración coa Fundación Alexandre Bóveda e dirixida por Seném Outeiro, o documentario contou coa participación dos concellos de Pontevedra, Ourense e Poio máis a Deputación de Lugo. Testemuñas, especialistas, familiares "Se hoxe podemos ter un marco autonómico e unha folla de ruta donde nos poder desenvolver coma povo, é en grande medida pola obra de Alexandre Bóveda" afirma o director do filme que quixo contribuír á difusión da grande figura do nacionalista. Contou para iso coas testemuñas de Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo ou Fernando Quintela Novoa, entre outros máis estudosos e coñecedores da súa traxectoria como Xosé Manuel Beiras, Xabier Vence, Xosé Lois Bóveda, Francisco Rodríguez, Justo Beramendi ou Francisco Carballo. A través dun blog, o equipo de produción fai partícipe do proceso de elaboración do documentario e introduce materiais para dar a coñecer o proxecto de investigación previo á montaxe de "A Fazaña da Liberdade". Por medio dunha entrevista, o director Seném Outeiro confesa a súa admiración por Bóveda, de quen se comezou a interesar a partir da participación no acto anual do Día de Galiza Mártir en Pontevedra. Naceu así, segundo di, un proxecto que responde a "umha teimosia pessoal de luita contra a amnésia coleitiva que sufre o povo galego que consciente ou inconscientemente é fomentado pelas instituçons que deveriam promocionar o legado que nos deixou Alexandre Bóveda".
NOS_24091
O sorteo depara un duelo contra o líder da ACB
O reloxo continúa avanzando e cada vez queda menos para que o Leite Río Breogán faga realidade o soño de disputar a Copa do Rei de Baloncesto. Na mañá de onte tivo lugar o sorteo dunha competición que se disputará na localidade andaluza de Granada a partir do vindeiro 17 de febreiro, e o rival da escuadra lucense non podería ser máis difícil: o Real Madrid. Actual líder da Liga ACB e finalista na pasada edición copeira, os brancos son os grandes e teóricos favoritos, mais o Breogán tratará de dar a sorpresa e lograr unha fazaña que a piques estivo de conseguir na competición ligueira nun partido que rematou 71-79 a prol do Madrid. De conseguila, os lucenses afrontarían unha semifinal máis accesíbel entre o gañador do duelo entre Joventut de Badalona e Lenovo Tenerife. Se lograse alcanzar a final, no outro lado do cadro o seu rival será un dos seguintes equipos: Fútbol Club Barcelona, BAXI Manresa, UCAM Murcia e Valencia Básket. Logo de coñecer o resultado do sorteo, o adestrador do Leite Río Breogán, o croata Veljko Mršić recoñeceu que o Real Madrid é "claro favorito", pero manifestou o seu desexo de "dar a sorpresa", logro para o que os seus homes "teñen que estar ao 100%" e os contrarios "non vivir o mellor dos seus días". Derrota pola mínima de Obradoiro (71-69) Monbus Obradoiro non puido facerse coa sétima vitoria da tempada na pista do Gran Canaria por un marxe de apenas dous puntos (71-69). Os da capital galega estiveron sempre por diante no electrónico, pero os canarios foron quen de empatar o encontro a falta de 1.46' para o final. Un tiro libre de Ennis e outro de Albicy puxeron aos seus por diante, e posteriormente Diop evitou cun gran tapón o intento de empate de Robertson. Despois desta xogada, e coa bucina a tres segundos de soar, o balón era para os obradoiristas, pero ante a sorpresa de todos os presentes os árbitros sinalizaron unha violación no saque de fondo a Albert Oliver e a pelota foi para o Gran Canaria. Perden Ensino e Baxi No baloncesto feminino, Baxi Ferrol tamén perdeu por dous puntos (64-66 ante, curiosamente, Spar Gran Canaria), mentres que o Ensino fixo o propio co La Seu por 58-67.
NOS_23709
María Reimóndez presenta virtualmente unha nova entrega do "ciclo dos elementos"
Na recuperación progresiva das actividades vencelladas ao sector do libro, comezan a retornar algunhas das que se viron canceladas. Aínda que o libro As estacións do lobo (Xerais) se publicou en 2019, María Reimóndez tiña previstas varias presentacións que non se realizaron por mor da COVID-19. Hoxe mesmo vaise resarcir virtualmente nun evento organizado pola libraría Lila de Lilith, ás 18.30 horas a través da plataforma Zoom, mais no que non falará exclusivamente da obra, senón do chamado "ciclo dos elementos", do que a novela constitúe a última achega. E non o fará soa, pois vai contar con convidadas de luxo para lle axudar a trasladar as múltiples voces que compoñen este universo ficcional interrelacionado e poliédrico. As súa parceiras forman parte, como confesa a Nós Diario a autora, da súa "manda dos afectos". Ánxela Lema falará de Gaia, a protagonista de En vías de extinción (2012); Mercedes Peón farao de MK (A música dos seres vivos, 2015), coa que a une á música; Montse Dopico, como xornalista, introduciranos no universo de Saínza (Dende o conflito, 2014), coa que sentía máis afinidade, e Montse Paz levaranos ao duro mundo d'As cousas que non queremos oír (2017). Será Eva Teijeiro a encargada de introducir a Clara, coa que a vincula en especial a relación coa cidade de Lugo na que se desenvolve As estacións do lobo. "A escolla foi algo que xurdiu de maneira moi orgánica", conta Reimóndez, que manifesta ademais a súa preferencia polos proxectos colectivos. A idea de escribir este ciclo presentouse como un "desafío na escrita", na procura dunha estreita complicidade coas lectoras, que poden ao tempo estabelecer as súas propias visións sobre este universo tecido con fíos delicados, no que cada novela funciona de maneira independente. Reimóndez parte orfa nesta concepción narrativa, non coñece como referente un proxecto parecido, aínda que lle teñen comentado que Almudena Grandes podería estar a desenvolver algo análogo. Relación coa natureza O fío condutor metafórico da novela segue o proceso inverso de domesticación que deu paso do lobo ao can, esbozando un retorno ao salvaxe como vía para a liberación da protagonista. Así a historia rebélase contra a socialización da muller nunha "domesticación permanente". Xa En vías de extinción presentaba os cans como punto de partida que une as personaxes, explica Reimóndez, se ben afirma que ela é "máis de árbores". Un comentario nada casual que agocha a transcendencia da relación coa natureza máis alá do animal, en construcións que desde a teoría converxen dalgunha maneira na escrita. Con influencia do posthumanismo ou a ecocrítica, Reimóndez procura distanciarse dos esencialismos do ecofeminismo -"unha corrente coa que teño discrepancias", indica- e apunta máis cara aos feminismos ecoloxistas. Así, as preocupacións polos dereitos ambientais, dos humanos e non humanos -e dentro deles non só os animais- son temas que atravesan a súa obra, tamén fóra do ciclo, por exemplo, no último libro de Literatura Infantil e Xuvenil que saíu do prelo, A formiga destemida (Xerais, 2020), que se viu igualmente afectado pola emerxencia sanitaria. A manda e o amor Dentro do "ciclo dos elementos", As estacións do lobo é o texto no que aparece de maneira máis evidente o amor como tema central ao que se enfronta a protagonista, unha tópica que se presenta "como construto social e patriarcal", di Reimóndez. Así, hai un "desmantelamento da visión de parella e da familia sanguínea", en favor da manda escollida e das outras formas nas que xorden tamén os afectos.
NOS_21412
O sindicato considera o torneo "unha vergoña"
O vindeiro 20 de novembro dará comezo o Mundial de fútbol en Qatar, un espectáculo que se estenderá durante 5.670 minutos que para a Confederación Intersindical Galega (CIG) serán "vergoñentos", pois "máis aló dos réditos económicos que deixarán para a propia FIFA e algunhas empresas, teñen custado xa un alto prezo en vidas de traballadores e traballadoras, principalmente migrantes, que foron sometidas a condicións de escravitude nun país que acumula unas cifras alarmantes no que ten a ver co respecto aos dereitos humanos". Nun comunicado, o sindicato repasa os distintos escándalos relacionados coa presente edición do principal evento deportivo planetario xunto cos Xogos Olímpicos, e que foron recollidos con detalle nas páxinas de Nós Diario ao longo dos últimos meses, lembrando que "informes internacionais falan de 6.500 mortes na construción das infraestruturas". "Traballadores sometidos a traballo forzado, sen poder saír do país, en terríbeis condicións de vida, vendo como se apropiaban dos seus pasaportes, sufrindo ameazas, tendo prohibida a afiliación sindical e agardando meses a cobrar un salario medio mensual de 220 dólares mentres a FIFA atendía só aos seus beneficios económicos e algunhas empresas se lucraban con cantidades abusivas nas contratación", denuncia a CIG que aconteceu en Qatar. Alén da clase traballadora, outros colectivos que están sufrindo a vulneración dos seus dereitos no Emirato, lembra, son o das mulleres -"que seguen a ser discriminadas con un sistema de tutela masculina, sometidas ao seu permiso para decisións importantes como casar, estudar, traballar ou viaxar"- e o das persoas LGTBIQ+, pois en Qatar "o Código Penal segue tipificando as relacións homosexuais entre homes como un delito puníbel, con até sete anos de cadea". Por todo isto, e outras causas como as restricións á liberdade de expresión, desde a CIG fan un chamamento " a apoiar todas as campañas de boicot contra este Mundial, que nunca debeu chegar a celebrarse nese país e nesas condicións". "O correcto tería sido que ese boicot se concretara na negativa a participar das seleccións dos países chamados 'democráticos', pero o capital non ten prexuízos sobre a vida das clases populares, e menos aínda se son do sur global", conclúe.
PRAZA_11275
As leis de acompañamento das contas públicas chegaron a corrixir ata 27 normas previas en máis dunha ocasión neste mandato, e 5 delas foron cambiadas todos os anos
As leis de acompañamento das contas públicas chegaron a corrixir ata 27 normas previas en máis dunha ocasión neste mandato, e 5 delas foron cambiadas todos os anosNo que vai desta X lexislatura no Parlamento de Galicia, desde finais de 2016, a maioría absoluta da que desfruta o PP só foi quen de aprobar 15 leis, 18 se se contan as leis de acompañamento que cada ano presenta xunto coas leis de orzamentos para o exercicio seguinte. No mesmo período, a través desas leis de acompañamento, que teñen unha tramitación acelerada e con menos debate, a Xunta modificou (ou vai modificar coa que agora vén de presentar para o próximo ano) cando menos outras 59 leis previas.A denominada lei de acompañamento dos Orzamentos anuais é un mecanismo que permite ao Goberno galego modificar outras leis cando supostamente teñen relación con cuestións tributarias ou financeiras ligadas ás contas públicas de cada ano. Porén, os gobernos autonómicos do PP veñen utilizando ese mecanismo de xeito habitual para emendar todo tipo de leis previas aínda que non teñan relación con cuestións tributarias, e empregando para iso un procedemento de tramitación acelerado que evita boa parte do debate e informes necesarios para a aprobación de calquera outro tipo de lei. Fronte a esa situación, que xa se producía durante os gobernos de Manuel Fraga, o bipartito de PSdeG e BNG non empregou lei de acompañamento con ningún dos catro orzamentos que aprobou.O pasado ano o Parlamento de Galicia foi o menos produtivo de todas as comunidades autónomas, ao nivel de Catalunya, con só dúas leis aprobadasA estratexia lexislativa da Xunta e o PP de modificar todo tipo de normas previas a través das leis de acompañamento dos orzamentos contrasta coa súa incapacidade de cumprir as súas propias previsións de impulso de novas leis. O pasado ano os populares só foron quen de aprobar unha das 12 leis que prometeran para ese exercicio, o que converteu o Parlamento de Galicia no menos produtivo de todas as comunidades autónomas, ao nivel de Catalunya, e en 2017 deixaron sen aprobar a metade das 11 leis anunciadas. E no que vai deste ano 3 das 5 leis aprobadas foran prometidas xa para 2017.Das 59 normas previas cambiadas nesta lexislatura a través das leis de acompañamento, 33 foran impulsadas orixinalmente por gobernos do propio Feijóo desde 2009A análise das normas modificadas ou que se van modificar este ano a través das leis de acompañamento permite comprobar como nesta lexislatura son cando menos 59 as leis distintas corrixidas polo PP. Cando menos, porque non en todos os casos as leis de acompañamento indican que modifican expresamente unha norma previa, senón que en ocasións optan por regular algún ámbito que xa estaba regulado doutro xeito por outra lei preexistente sen modificala de xeito expreso. Desas cando menos 59 leis modificadas, máis da metade, 33, foron impulsadas orixinalmente por gobernos do propio Feijóo desde 2009. Este ano, por exemplo, a Xunta quere modificar agora dúas leis aprobadas hai tan só tres meses.No seguinte gráfico interactivo podes ver as 12 leis sectoriais aprobadas no que vai de lexislatura, excluíndo as de orzamentos e de acompañamento, e buscar as 59 leis modificadas a través das leis de acompañamento e comprobar o número de veces que foron corrixidas nestes catro anos:Nesta lexislatura a Xunta modificou todos os anos as leis do solo, de servizos sociais, de comercio interior e de emprego públicoAdemais, 27 das leis modificadas o foron en máis dunha ocasión nestes catro últimos anos, e delas cinco foron corrixidas a través das leis de acompañamento todos os anos. Esa reiteración de correccións, ano tras ano, sufrírona as leis do solo, de servizos sociais, de comercio interior, de emprego público e a única que polo seu contido tería encaixe no obxectivo tributario co que foron pensadas as leis de acompañamento dos orzamentos: a lei de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
NOS_32509
A ministra de Finanzas, Jutta Urpilainen, afirma nunha entevista que o seu país non se manterá na moeda común a calquera prezo
"Filandia non se manterá no euro a calquer prezo e está preparada para calquer escenario". A ministra de Finanzas , Jutta Urpilainen, foi así de rotunda nunha entrevista ao diario financeiro finés 'Kauppalehti' á hora de referirse aos recenets acordos atinxidos na cimeira europea. Urpilainen expresou o malestar que, sinala, existe na sociedade do seu país por entender que van ter que contribuir ao rescate da banca doutros estados. Finlan dia é unha das poucas economías da Eurozona que conserva a calificación 'Aaa', e a súa ministra deixou albiscar coas súas declaracións que o goberno podería optar por sair do euro antes que ter que pagar a débeda de terceiros países. "Finlandia está comprometida co seu papel como membro da Eurozona e pensamos que o euro é útil para Finlandia", asegura Urpilainen para, a continuación, engadir que "Finlandia non se colgará do euro a calquer prezo e está preparada para calquer escenario". Responsabilidades Alén diso, a titular finlandesa de Finanzas reiterou o súa coñecido posicionamento de que unha unión bancaria fundada sobre a asunción conxunta de responsabilidades non funcionará.
NOS_50523
O mesmo día en que se aproba o dominio .gal, a Xunta bota a andar unha campaña de promoción turística en español que responde á denominación @galiciapuntoes. Twitter, páxina web e demais plataformas teñen o "galiciapuntoes" como lema.
Nas redes sociais, as palmas por ter conseguido o puntogal atópanse coa sorpresa pola nova campaña da Xunta, que provoca un remuíño nos últimos tempos cada vez que quere promocionar o país, en especial, no ámbito do turismo. Desta volta, no mesmo día no que a noticia do puntogal ferve na rede -o seu ámbito natural- o goberno da Xunta inicia a campaña @galiciapuntoes que quere promocionar o país e animar o turismo. "Se os queres, recoméndalles" "Galicia.es/ @galiciapuntoes/ La web de la Xunta para promocionar Galicia turística y empresarialmente" é a presentación do twitter no que remite á páxina web www.galicia.es. Dentro, tradición, cultura e propostas empresariais en español co lema de campaña "Si te quieren, te recomendarán". A web dá a posibilidade de tradución ao galego que sorprende, máis unha vez cun "Se os queres, recoméndalles". "Galicia, o bo camiño" é o slogan central da páxina. No twitter oficial da Xunta publicaron un chío na noite do venres co texto "galicia.es, gústate?" que provocou máis unha vez as críticas na rede. Acompañaban co enlace do enderezo galicia.es. Despois de recibir xa numerosas críticas mudaron para "gústache?".
NOS_32910
Foron de magnitude 1,9 e 2,4 respectivamente, unha baixa intensidade á que resulta complicado percibilos.
Dous terremotos tiveron lugar nesta terza feira no océano Atlántico fronte á costa do Barbanza, segundo datos que vén de facer públicos o Instituto Xeográfico Nacional. O maior tremor produciuse durante a mañá, con 2,4 graos na escala de Richter. Produciuse a uns quince quilómetros de profundidade. O outro sismo tivo lugar contra a medianoite, entre a terza e a cuarta feira, neste caso de magnitude 1,9. Aquí, a profundidade do tremor no Atlántico estaba a só un quilómetro. Pablo Núñez: "Cumpría revisar as zonas sísmicas para asegurar que non teñen actividade superior ao que pensamos" Por baixo de magnitude 2 non son perceptíbeis os terremotos, mentres que entre os graos 2 e 3 xeralmente tampouco é posíbel notalos. Cómpre lembrar que o pasado 15 de agosto unha serie de pequenos sismos fixo tremer a terra Vilariño de Conso, Carballo, Forcarei, Trazo, Frades, Taboada, Lousame e Covelo.
NOS_9713
A Federación de Atletismo chama a atención sobre o plan para mudar a herba natural do Estadio Universitario da Coruña por céspede artificial, que deixarían a cidade sen unha instalación para acoller eventos atléticos de alto nivel. A Universidade, que xa acordou renovar as pistas do anel, e o Concello, que busca novos espazos para o fútbol despois de entregar un campo da Grela a Estrella Galicia, din que inda non hai plan.
A culpa foi de Lucas Pérez, dirán algúns. "A nos tocounos a lotaría", di o presidente do Victoria, o club de fútbol modesto que criou a Lucas. O Victoria presume de 22 equipos, máis de seiscentas licenzas, nenas e nenos, porque hai oito anos comezaron cun conxunto de mulleres e hoxe xa son cento vinte rapazas. Ao Victoria C. F., que viste de branco e negro e ten a súa sede social no barrio das Flores, explica Juan Vázquez, o presidente, non lle tocou a lotaría, en realidade cobrou 1 por cento do traspaso de Lucas ao Arsenal segundo contempla a normativa da FIFA para promover o fútbol base. Douscentos mil euros. Lucas Pérez, que xogou até os quince anos no Victoria, que nuns días fará 29 e onte mesmo regresou ao Deportivo (desta non haberá lotaría), marchou para o Arsenal hai un ano desbordando as arcas do modesto club no que nacera. Os cartos do fútbol crearon un efecto inesperado, un problema no atletismo. "Na Coruña criáronse deportivamente cinco lanzadores que foron atletas olímpicos", recorda Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo, que foi velocista, e moi bon. "Mais agora os plans para Elviña impedirán que se poida lanzar aquí, mesmo que se poidan realizar campionatos estatais ou eventos internacionais porque o estadio ficaría invalidado para iso. Non afecta só os lanzadores, afecta todos os atletas, e hai case mil federados na cidade e na comarca que usan esta instalación". O problema do atletismo é que o Victoria C.F. decidiu que non se ían volver tolos cos cartos do traspaso de Lucas Pérez e que investirían en mudar a herba natural do Estadio Universitario por un céspede artificial para poder usar o campo "todo o ano, full time, os 365 días; non só nós, tamén os do rugby e os do gaélico", argumenta Juan Vázquez. E a idea do Victoria pareceulle fantástica a Universidade da Coruña. A UDC costea o mantemento das instalacións, e un campo de herba natural esixe moitos mimos e cartos que xa non hai. E tamén o Concello da Coruña pensou que, agora que vén de recualificar un campo de fútbol na Agrela para a expansión de Estrella Galicia, estaría ben abrir o campo das pistas de Elviña full time porque na cidade hai miles de futbolistas, nenos e nenas, moitos máis que atletas, e moitos soñan con ser o próximo Lucas Pérez. O Victoria utiliza o campo do Estadio Universitario hai oito anos, xusto cando comezaron co fútbol feminino. Adestran as quintas feiras. E queren ampliar o horario. A Universidade, o propio reitor, Xulio Abalde, anunciou en maio que asinara un convenio co Concello e coa Deputación para afrontar a renovación do anel das pistas –unha demanda que os atletas levaban meses facendo– coa intención "de as abrir á cidadanía". E mesmo anunciou que a UDC promovería "clubs de atletismo" porque a achega da Deputación (200.000 euros) e do Concello (300.000) eran moi xenerosas. O problema do atletismo é outra vez o fútbol. Séntense vítimas. Porque o alcalde Francisco Vázquez decidira sacar as pistas de Riazor e nunca cumpriu a promesa de facerlles un estadio para eles. "Non se precisa moito para poder aspirar a organizar eventos estatais e internacionais, unhas bancadas con certo aforo e unhas pistas en condicións", sinala Hornillos. As de Elviña non o están, mais vanse renovar. Serven para adestrar, pero non para competir. Medio millóns de euros para o novo material sintético. O plan é cambiar o anel. Iso está decidido. E o seguinte é cambiar o céspede. O Victoria (despois de pasar por Facenda) porá 150.000 euros, o resto correrá (outro tanto) a conta do Concello e da Universidade. Pero nin o Concello nin a Universidade queren dar explicacións. A resposta é a mesma: "Non imos comentar algo que inda está en estudo". As catro partes teñen bos argumentos. Pero hai dous bandos, e só unha instalación. Un dos bandos sairá perdendo. "Somos xente do deporte, non só do fútbol, e queremos o mellor para todos", di Juan Vázquez, "puidemos volvernos tolos e fichar xogadores para subir de categoría, ou comprar un local social máis grande, pero decidimos que aquele cartos servisen para a nosa actividade social, o Concello dixo que si, a Universidade que si… non queremos que isto se converta nunha guerra entre o fútbol e o atletismo porque non o é". Juan Vázquez aceptou un convite "a un café" con Hornillos. Falaron. "Falamos e díxenlle cal era a miña perspectiva. Estamos poñendo na balanza a celebración de eventos atléticos, un ou dous día ao ano, contra a posibilidade de usar as instalacións todos os días", conta Vázquez. "E díxenlle que se mañá lanzan unha petición para o atletismo ter unhas instalacións dignas, eu son o primeiro en asinar". "Falamos", di Hornillos, "e expliqueille que os prexudicados non serán só os lanzadores, serán todos os atletas, que a cidade ficará sen o único estadio que pode acoller unha gran competición". O problema do atletismo e do fútbol sempre é o mesmo. O diñeiro. A Federación de Atletismo non dispón de ningunha instalación propia en todo o país. Utiliza as pistas municipais ou universitarias. Na provincia da Coruña xa perderon as pistas de Santiago. Fican as de Ferrol e Ribeira, e as de Bastiagueiro, en Oleiros. Para elas ollan todos agora. "Non serven para o que estamos pedindo, non teñen bancadas", recorda Hornillos, que falou co Victoria e co reitor, "non coñecía o problema que nos ían causar as reformas do céspede, semella que é sensíbel coa postura do atletismo", mentres segue esperando por unha reunión co departamento de Culturas do Concello. "A cousa está parada, pero este verán non collín vacacións na Federación", conta Hornillos, "se non levantamos a voz agora, ben axiña podemos toparmos cunha decisión que volte a prexudicar ao atletismo". Lucas Pérez, feliz no regreso, alimenta soños de futbolistas adolescentes, moi lonxe dos problemas do atletismo. E mentres, o reitor medita se cartos ou fair play e o concelleiro pensa se paga a pena aproveitar a oportunidade de compensar o fútbol sen desatender, outra vez, o atletismo. Nota: As fotos inseridas no meio do texto, da autoría de E.D., son: (1). Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo; (2). Zona de lanzamento de disco e de martelo no Estadio de Elviña
PRAZA_12374
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra acolle até o 31 de marzo a mostra Ilustradores galegos: habelos, hainos, con obras de 19 debuxantes galegos centradas, coma o propio Salón, na sorte, boa ou mala, asociada a obxectos ou animais na cultura popular. A mostra pode verse online na páxina da AGPI
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra acolle até o 31 de marzo a mostra Ilustradores galegos: habelos, hainos, con obras de 19 debuxantes galegos centradas, coma o propio Salón, na sorte, boa ou mala, asociada a obxectos ou animais na cultura popular. Na mostra poden verse traballos de Manuel Lariño, Almudena Aparicio, Aida Alonso Vázquez, Luís Sendón, Minia Regos, Alberto García Ariza, Carmen Ferrín, Ana Santiso, Augusto Metztli, Pirusca, Kristina Sabaite, Matalobos, Tokio, Jorge Fernández Peral, Antonio Seijas, Noemí López, Eduardo Baamonde, Rubén Mariño e Hugo Covelo. A mostra pode verse online na páxina da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvólvese do 4 ao 31 de marzo e este ano chega á dúa decimoterceira edición, que se quixo conmemorar centrando as actividades nas supersticións, tan presentes na literatura oral e nos contos, indagando de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos maiores e como se trasladan á literatura infantil.
NOS_18953
O Igape considera que non contribúe á expansión significativa do tecido industrial galego e tampouco garante a creación de 250 empregos directos; segundo afirman desde Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños
Un informe do Instituto Galego de Promoción Económica sinala que o proxecto mineiro de Corcoesto non é estratéxico no sentido definido como tal pola Lei 13/2011 de política industrial de Galiza. Así o sinala a Plataforma pola Deefensa de Corcoesto e Bergantiños. Segundo este colectivo, este informe do Igape,tamén sinala que, malia ter un investimento superior aos 50 millóns de euros, "non alcanza os 250 postos de traballo directos e non supón a consolidación dos mesmos no futuro, debido ao carácter finito da explotación". Varapao No que se refire á diversificación que o proxecto introduce no sector industrial galego, sinala que aínda que se trata da primeira mina de ouro de Galicia, e por tanto diversifica o sector mineiro galego, non supón unha diversificación apreciable no conxunto do tecido industrial. Finaliza o Igape indicando que "Tendo en conta todo o anterior, non cumpre todos os requisitos necesarios para a súa declaración como proxecto estratéxico."
QUEPASA_236
Esta pasada fin de semana faleceron 5 novas persoas na comarca: O día 30 de xaneiro falecían 3 mulleres (de 78, 78 e 84 anos) na residencia DomusVi de Carballo. O día 31 perdían a vida unha muller de 78 anos e un home de 85 na mesma residencia carballesa, onde son xa 18 dende o comezo de ano.
Tras un mes enteiro de continua escalada, a curva de novos contaxios en Bergantiños mira cara abaixo. Así o ratifican os datos deste domingo, que deixan a cifra total de novos casos nos últimos 14 días en toda a comarca en 968, 120 casos menos que o pasado venres. É Carballo (con 72 casos menos) o concello que principal provoca esa baixada, pero as cifras tamén sen relaxan en concellos como Camariñas e Vimianzo, onde seguimos sen a análise dos resultados do cribado realizado estas pasadas semanas. As cifras non baixan aínda na Laracha, onde Xunta realizará un cribado estes días. Un cribado que tamén solicita Carballo. Así e todo a taxa de incidencia acumulada segue a superar os 640 casos por cada 100.000 habitantes, lonxe dos 100 que a Organización Mundial da Saúde considera máximos para ter controlada a pandemia.Bergantiños supera a cifra dos 900 casos por cada 100.000 habitantes, as comarcas de Soneira e Fisterra mantéñense por riba dos 600 mentres que Xallas e Carnota-Muros seguen superando os 300. En canto aos pasamentos, o pasado venres falecían na nosa comarca unha muller de 86 anos no Hospital Virxe da Xunqueira (onde segue habendo 11 ingresados), e dous homes, de 77 e 84, na Residencia DomusVi de Carballo. Ademais o día 30 de xaneiro falecían 3 mulleres (de 78, 78 e 84 anos) na residencia DomusVi de Carballo; e o día 31 perdían a vida unha muller de 78 anos e un home de 85 na mesma residencia carballesa, onde son xa 18 dende o comezo de ano, e outros 12 na de Vimianzo. Máis novas sobre o covid 28-01-2021: COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo. 27-01-2021: COVID: A Laracha pecha os parques infantís. 25-01-2021: COVID: A Xunta pecha Galicia durante 3 semanas. 25-01-2021: COVID: Continúa a evolución negativa na comarca. 23-01-2021: COVID: A Laracha solicita un cribado masivo. 21-01-2021: COVID: Bergantiños volve ser o gran foco 20-01-2021: COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino. 19-01-2021: COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións. 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi. 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo. 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs. 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX. 13-01-2021: COVID: Vimianzo pon o foco nos bares. 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h. 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana . 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza. 04-01-2020: COVID: Vimianzo non se libra e Carnota recupera a mobilidade. 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións. 28-12-2020: COVID: Vimianzo, Xallas e Fisterra, as zonas onde se manteñen o virus. 22-12-2020: COVID: O Plan de Nadal inclúe excepcións entre o 23 e o 25. 16-12-2020: COVID: Santa Comba, Mazaricos, Carnota, e Fisterra pasan ao nivel medio-alto de restrición. 15-12-2020: COVID: 9 do 10 positivos do IES de Fisterra son usuarios de autobús. 14-12-2020: SERGAS fai un novo cribado en Camariñas, Mazaricos e Santa Comba 11-12-2020: COVID: Camariñas e Zas entran no peche perimetral de Vimianzo; A Laracha, Cabana e Malpica relaxan restricións. 10-12-2020: Preocupan os gromos no IESP Pedra da Aguia e no IES Fin do Camiño. 10-12-2020: COVID: "Vasos comunicantes" de norte a sur. 06-12-2020: Coa do IES Pedra da Aguia, son 6 as aulas pechadas por covid na comarca. 04-12-2020: COVID: As cifras de Bergantiños iguálanse ás do resto da Costa da Morte. 02-12-2020: COVID: Como afecta a nova "desescalada" e a reapertura progresiva da hostalería na Costa. 01-12-2020: COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte.
NOS_8781
durante o Holocausto, o violín asumiu un papel especialmente extraordinario para o pobo xudeu. Para algúns deses músicos, o instrumento era unha sorte de liberación; para outros, significou mesmo a salvación das súas vidas; para outros moitos, o violín deulles conforto na hora máis escura.
O musicólogo estadounidense James A. Grymes, profesor na Universidade de Carolina do Norte, recolle na súa obra Violins of Hope (Harper Collins, 2014) un total de seis historias reais relativas ao Holocausto (oito, na verdade, se contarmos a do limiar, en relación a A. Weinstein, e a do epílogo, acerca do violinista polaco S. Krongold), onde o violín vira o elemento principal, o fío condutor da traxedia pola que percorremos cada un deses relatos. Como se indica na presentación da obra, durante séculos, o violín conformouse como un protagonista esencial da cultura xudía, tanto na súa faceta de instrumento común entre os intérpretes de música clásica, como facendo parte central da vida social desa comunidade e da tradición klezmer. Hai mesmo algúns estudosos da materia que atribúen a invención do violín aos xudeus que fuxiron cara a Italia logo da súa expulsión da España en 1492. Armado co seu violín e oculto polo seu talento, Motele logrou resistir, logrou burlar os perseguidores nazis, salvando tamén a memoria dos seus. Mais, durante o Holocausto, o violín asumiu un papel especialmente extraordinario para o pobo xudeu. Para algúns deses músicos, o instrumento era unha sorte de liberación; para outros, significou mesmo a salvación das súas vidas; para outros moitos, o violín deulles conforto na hora máis escura. E, cando menos nun caso, o violín serviu para vingar os membros dunha familia asasinada. Mais, por riba de todo, eses violíns do Holocausto representan a forza e o optimismo precisos para encetar o futuro con esperanza. De entre as historias rescatadas polo profesor Grymes, hai unha especialmente conmovedora, aquela que leva por título "O violín de Motele Schlein". Trátase do relato dun neno xudeu orfo de doce anos, da vila de Karsnovka, fillo dun muiñeiro, fuxido aos bosque ucraínos logo dos seus pais e a súa irmá seren asasinados polas tropas alemás. O seu nome era Mordechai (Motele). Despois de unirse á unidade dos partisáns xudeus –un dos destacamentos dentro dunha brigada soviética de 1.500 efectivos–, Schlein foi seleccionado por Moshe Gildenman –comandante partisán– para ir con varios outros guerrilleiros á aldea de Ovruch en agosto de 1943, segundo as memorias de Gildenman. Armado con papeis falsos por se for interrogado, Schlein recibiu a instrución de unirse a unha multitude de mendigos fronte á igrexa e de tocar cancións populares ucraínas no seu violín. A súa misión era a de vixiar os seus compañeiros e avisar os seus comandantes por se lles pasaba algo. O rapaz tiña moito talento e, deseguido, xuntouse unha multitude para escoitar as melodías que el lembraba dos seus veciños. Entre os espectadores, había un oficial alemán, que o sacou de alí e o levou a un restaurante a onde acudían os nazis. Dixéronlle que actuase cun pianista vello, que repartiu partituras do minueto de Paderewski, unha peza popular pero difícil de interpretar. Schlein tocou tan ben que lle ofreceron un traballo para actuar alí todos os días. E así, armado co seu violín e oculto polo seu talento, Motele logrou resistir, logrou burlar os perseguidores nazis, salvando tamén a memoria dos seus.
NOS_29441
A portavoz nacional do BNG denunciou a parálise política que atravesa a Galiza cun goberno da Xunta que leva máis dun mes sen "tomar ningunha decisión relevante para o futuro". A líder nacionalista pide a Alberto Núñez Feixoo que "abandone as vacacións ou demita por irresponsable e por ser incapaz de defender os dereitos dos galegos e galegas".
Castrelo de Miño acolleu esta sexta feita 30 de agosto unha visita da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ao goberno municipal deste concello, tamén nacionalista. Pontón denunciou durante a súa visita a "parálise" do goberno galego e considerou alarmante que a "Xunta continúa de vacacións". "O goberno central está en funcións e o da Xunta de vacacións", denunciou a líder nacionalista após non se celebrar ningún Consello da Xunta "e sen tomar ningunha decisión relevante para o futuro" da Galiza no último mes. A ese respecto, Pontón afirmou que "a Galiza non pode estar cun goberno de vacacións" porque temos problemas que inciden moi negativamente nas nosas vidas, "unha desaceleración económica, precariedade laboral moi alta e unha situación crítica na industria". Desde o Bloque volveron reclamar ao goberno de Núñez Feixoo que "abandone as súas vacacións e asuma as súas responsabilidades" Así, desde o Bloque volveron reclamar ao goberno de Núñez Feixoo que "abandone as súas vacacións e asuma as súas responsabilidades porque se vai continuar de vacacións é preferíbel non ter goberno e que demita por irresponsabilidade e incapacidade para defender un proxecto de futuro para a Galiza". A nivel estatal, a portavoz nacional do BNG sinalou que a Galiza continúa "desaparecida e vivindo na incerteza debido á irresponsabilidade das forzas estatais". Lamentou así Pontón que ningún partido estea a defender unha axenda galega en Madrid, e achacou esa a situación á falla de peso político galego para condicionar as partidos no Estado e defender os nosos intereses. 700 millóns de euros das galega e galegos atópanse retidos por Madrid neste momento, denunciou Pontón, un feito que para a líder nacionalista resalta a necesidade "que temos todos os galegos e galegas de controlar os nosos recursos para que a chave dos nosos cartos non estea en Madrid". Na súa visita ao concello de Castrelo de Miño, acompañada da deputada do BNG por Ourense, Noa Presas e o portavoz do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, destacou o "grande potencial" dun concello que conta con importantes recursos naturais, turísticos e humanos "de primeira". Após parabenizar o novo rexedor do BNG, Esteban Suárez, Pontón asegurou que ao igual que está a acontecer noutros concellos gobernados pola fronte patriótica, Castrelo de Miño impulsará un "proxecto transformador" que sen dúbida incidirá nunha maior calidade de vida para todos os veciños e veciñas, explicou Pontón. Nese sentido, Ana Pontón tratou co alcalde e con representantes do sector vitivinícola unha proposta para que a Galiza conte "cunha unha nova lei do viño" destinada a dimensionar e dar valor engadido á produción e con "prezos xustos" para os produtores e produtoras de uva. Esta lei sería, dixo, "unha ferramenta importante" e para iso é necesario contar co sector para analizar as necesidades prioritarias.
PRAZA_16365
O Parlamento homenaxeou este luns ás vítimas do Holocausto e aos case 200 galegos recluídos nos campos de exterminio nazis. Os seus nomes foron lidos un por un. No acto celebrouse "unha Galicia liberada para sempre das ataduras da ditadura"
Case 200 galegos foron deportados aos campos de exterminio nazis. Este luns o Parlamento acolleu un acto de homenaxe ás vítimas do Holocausto e aos galegos recluídos nos campos de concentración. Os seus 193 nomes foron lidos, un por un, por parte de alumnas e alumnos do IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros). Ademais, colocouse unha rosa branca en honor de cada un. Os seus 193 nomes foron lidos, un por un, por parte de alumnas e alumnos do IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros) A homenaxe, que coincide coa celebración do Día Internacional en Conmemoración das Vítimas do Holocausto (27 de xaneiro), foi unha iniciativa da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, que o pasado 21 de decembro solicitou oficialmente que a cámara realizase un acto de conmemoración "no que se lean os nomes de todos e cada unha das persoas galegas que foron obrigadas a subir nos trens da morte, que morreron alí ou que foron liberadas pero nunca puideron regresar ao lugar no que naceran porque a ditadura franquista lle negou o dereito a regresar a seu país de orixe". A solicitude foi aceptada polos catro grupos parlamentarios, que aprobaron unha declaración institucional que subliñaba que o Holocausto tivera a súa orixe "no intento de eliminación da disidencia política e ideolóxica e derivou nun xenocidio que contou coa colaboración da Ditadura franquista e que perseguiu miles de homes e mulleres que fuxiron do Estado español despois da derrota da República en 1939 e tras a instauración dun réxime fascista". A Declaración lembraba en particular "os máis de 10.000 republicanos españois que terminaron deportados nos campos nazis pola colaboración do ditador Francisco Franco co nazismo alemán e o fascismo italiano". "Ante a barbarie e na defensa dos dereitos humanos; fronte aos totalitarismos –sexan do signo que sexan- e fronte á súa barbarie, non hai nin pode haber reservas entre os demócratas", afirmou Santalices Este luns, o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, afirmou que "ante a barbarie e na defensa dos dereitos humanos; fronte aos totalitarismos –sexan do signo que sexan- e fronte á súa barbarie, non hai nin pode haber reservas entre os demócratas". Santalices celebrou "a reiterada unanimidade desta Cámara na condena do Holocausto, máis tamén para reclamar unha actitude inquebrantable fronte a posibles brotes de racismo, xenofobia ou discriminación baseados na orixe étnica o unas crenzas relixiosas das persoas". O acto comezou coa lectura dos nomes das 193 vítimas galegas dos campos nazis, persoas que foron obrigadas a subir aos trens da morte; unhas morreron nos campos de concentración, mentres que outras foron liberadas. Durante a celebración institucional, Elías González Docampo interpretou á zanfona dúas pezas musicais: O cego da faba e Negra Sombra. O acto rematou co Himno Galego. No vestíbulo principal do Parlamento de Galicia, escenario do acto, colocáronse 193 rosas brancas, aprisionadas por arame de espiño e ao carón do escudo de Galicia. "Sirvan estas flores para simbolizar o recoñecemento ás vítimas dos campos nazis na Galicia actual, unha Galicia democrática, dotada das súas propias institucións de autogoberno xurdidas da Constitución española e do Estatuto de Autonomía; unha Galicia que, liberada para sempre das ataduras da ditadura, acubilla o recordo destas e de todas as vítimas, co agarimo e coa dignidade que todo ser humano merece, en especial os que loitaron pola liberdade e contra o fascismo", salientou Santalices, que recordou especialmente aos exiliados españois que, ao remate da guerra civil, en 1939, foron confinados en campos de concentración no sur de Francia en condicións infrahumanas. O presidente da cámara tivo tamén un recoñecemento especial para as irmás Touza –Lola, Amparo e Julia-, tamén coñecidas como "as Schlinder galegas" O presidente da cámara tivo tamén un recoñecemento especial para as irmás Touza –Lola, Amparo e Julia-, tamén coñecidas como "as Schlinder galegas", que dende Ribadavia deron soporte a unha rede que conduciu a Portugal, e desde alí a América, a varios centos de xudeus que fuxían do horror nazi, calcúlase que ao redor de 500. O monforntino Antón Patiño Regueiro relatou a súa acción na novela Memoria de Ferro. A cantina que tiñan preto da estación do ferrocarril agochaba un zulo no que deron acubillo a republicanos que fuxían da represión fascista e a xudeus que chegaban dende toda Europa. Dende alí, axudábanos a cruzar o río Miño en barco, ata chegar a Portugal, unha manobra na que contaban coa axuda de barqueiros como Ramón Estévez. Nas operacións tamén colaboraban outras persoas, como Ricardo Pérez Parada, que sabía inglés e un pouco de polaco e facía de tradutor. As irmás Touza foron homenaxeadas no ano 2008 en Ribadavia. O proceso seguido nas últimas semanas no Parlamento galego contrasta co sucedido na Asemblea de Madrid, onde a súa presidenta negouse a nomear os 546 madrileños presos en campos de concentración nunha homenaxe que a cámara autonómica lle ía realizar ás vítimas do nazismo. Paloma Adrados (PP) rexeitou a petición da ARMH ao considerar que é un "acto que transcende fronteiras" e que sería necesario nomear aos millóns de vítimas do holocausto.
NOS_39364
O candidato do Pacto Histórico impúxose por 11.281.013 (50,44%) votos contra os 10.580.412 (47,31%) que obtivo o representante da Liga de Gobernantes Anticorrupción.
"A partir de hoxe Colombia cambia", constatou o que será desde o vindeiro 7 de agosto o primeiro presidente de esquerda do país americano, Gustavo Petro, pouco despois de que o reconto de votos da segunda volta das presidenciais que decorreron o domingo confirmara que a diferenza de votos co seu rival, o independente de extrema dereita Rodolfo Hernández, era xa definitiva. Finalmente, o candidato do Pacto Histórico impúxose por 11.281.013 (50,44%) votos contra os 10.580.412 (47,31%) que obtivo o representante da Liga de Gobernantes Anticorrupción. Gustavo Petro, escollido presidente de Colombia con 50,49% dos votos Entre as principais chaves desta vitoria, superando a meirande parte das enquisas que malia detectar o aumento de apoios a Petro incidían de maneira maioritaria en que Hernández ía en cabeza, sinalan os analistas locais que destaca a mobilización conseguida polos progresistas entre a abstención, cun aumento de participación con respecto á primeira volta electoral de máis de tres puntos porcentuais até 58.09%. Ao tempo, os resultados implican unha perda de máis de medio millón de sufraxios aos conservadores tras o apoio do resto de forzas deste ámbito. Os principais medios de comunicación do país, que reclamaron por medio de distintos artigos o voto para Hernández e difundiron vídeos roubados a Petro para tratar de desacreditalo, puxeron o foco en que a vitoria da esquerda en cidades clave como Bogotá, a capital, responde a un voto "baseado en simbolismos e non en realidades". Durante a celebración polos resultados, acompañado do ex candidato presidencial dos Verdes en 2010, Antanas Mockus, Petro fixo un chamamento a "deixar o odio atrás", facendo fincapé en que "as eleccións amosaron dúas Colombias achegadas en votos [foron os comicios máis axustados desde 1994], mais nós queremos que no medio da diversidade sexa unha Colombia". A flamante vicepresidenta, Francia Márquez, a primeira afrodescendente que accede pola vía electoral ao segundo cargo máis importante do Poder Executivo, ratificou que "imos reconciliar esta nación sen medo", nunha mensaxe dirixida ás e aos líderes sociais. Retos principais A vitoria de Petro abre o paso a determinadas transformacións prometidas durante a campaña, e que terá que negociar nun lexislativo fragmentado e cos principais poderes económicos enfrontados. Entre elas, un dos seus principais obxectivos será a reforma agraria nun Estado no que o 1,5% da poboación controla a metade das terras, recollen os datos do Centro de Memoria Histórica. A desigualdade impulsa o Pacto Histórico na segunda volta das presidenciais Acabar co "latifundio produtivo", como o define o novo mandatario, é unha das principais loitas progresistas do último século. Avanzar na redución da desigualdade no rural permite amais profundar na implementación dos acordos de Paz coas Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia, tendo en conta que dese pacto o ámbito no que menos pasos se deron desde 2016 foi na Reforma Rural Integral. Outro dos aspectos nos que Petro defendeu que é máis urxente unha mudanza é no sistema de pensións, que de xeito semellante ao de Chile, está dirixido polo sistema financeiro privado, que o novo presidente procura substituír por un sistema único, público e universal.
PRAZA_12786
O seu artigo, Fai teu o galego, foi elixido polo xurado, que destaca "a súa capacidade para chegar a públicos amplos, cunha linguaxe clara e sinxela"
Carlos Callón gaña a oitava edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo. O concurso, ao que se presentaron 37 traballos, está dotado cun premio de 1.000 euros, así como a publicación do texto en Praza Pública, A Nosa Costa, De Luns a Venres, Diario de Bergantiños, El Periódico de Carballo, Galicia Confidencial, La Opinión Coruña, La Voz de Galicia, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos. O xurado do VIII Premio a artigos xornalísticos decidiu que o artigo titulado Fai o teu galego, de Carlos Callón, fose o premiado "pola súa capacidade para chegar a públicos amplos e incidir neles cunha linguaxe clara e sinxela, convidando aos lectores a lectoras a utilizar a lingua galega e facéndolles ver que é sinxelo e só é necesario". Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de lingua e literatura galegas, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro da plataforma Queremos Galego. Publicou ensaios sobre lingua e política lingüística como En castellano no hay problema (Xerais 2010) ou Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais 2011).
NOS_28226
Xosé Manuel Sánchez Rei e Noemí García Rodríguez asinan o Cancioneiro da Ribeira de Piquín (Editorial Canela, 2022), un traballo de recuperación e compilación de máis de 200 cantares tradicionais recollidos nese concello e en zonas próximas. Nós Diario conversa con Sánchez Rei, profesor da Universidade da Coruña, desta obra que contén un estudo introdutorio, lingüístico e histórico dese repertorio.
Que ten de particular a Ribeira de Piquín para lle dedicar un traballo así? A nación toda posúe unha extraordinaria cultura de orixe tradicional de que os cantares e poesías orais representan máis unha manifestación desa vizosidade e, neste sentido, a zona da Ribeira de Piquín non constitúe unha excepción. Sempre foi unha terra de afamados gaiteiros e artesáns de gaita, como Xosé Seivane, e sempre se caracterizou, ao mesmo tempo, por ser unha área en que o canto e poesía orais tiñan un relevante protagonismo entre a veciñanza. Eterno Seivane: Centenario do patriarca da gaita Hai rexións ou concellos que contan con seus propios cancioneiros publicados (A Ribeira Sacra, A Terra Chá, Fisterra, Cotobade, Pol etc.) e Noemí e eu pensamos que era de xustiza desenvolvermos un traballo que humildemente servise para equiparar A Ribeira de Piquín a esoutros territorios. A idea pareceu ben a Pablo Quintana, polifacetado director de Edicións Canela, quen desde o primeiro momento apoiou a iniciativa co entusiasmo, a rigorosidade e a xenerosidade que caracterizan os seus proxectos editoriais. Foi complexo estruturar a información escrita e oral que atoparon sobre a zona? Na verdade, unha parte xa estaba máis ou menos pronta. Cando no ano 2018 andaba a preparar os materiais que darían forma ao libro Xosé Seivane. A gaita con maiúscula (Canela, 2019), fun organizando pastas con diferentes informacións (entrevistas, gravacións, notas biográficas, etc.). Tamén, a consultar cancioneiros clásicos (Inzenga, Torner & Bal y Gay, Rielo Carballo, Schubarth & Santamarina etc.), reparei nalgúns cantares de orixe tradicional da zona que quizais coñecese a nai de Seivane, Estrella Rivas, que costumaba cantar durante as noites ao calor da cociña da lareira. Ese foi o núcleo do traballo, mais outras poesías (as menos) proveñen da compilación directa, produto da xentileza dalgunha xente a quen Noemí e eu entrevistamos. Despois tivemos de adoptar certas decisións, como, por exemplo, optarmos pola orde alfabética na disposición dos textos, indicarmos a fonte, optimizarmos a lingua rexistrada (cando non afectase a rima nin a medida dos versos), etc. Que características teñen en común estes cantares? Como acontece neste tipo de literatura, algúns deles son comúns a máis rexións da Galiza e até varios retrotraen as súas primeiras documentacións ao século XVIII. O que posúen en común eses 200 textos asenta nos trazos lingüísticos locais e populares que transparecen nas letras e na expectábel vinculación á comarca de que proceden, o que se verifica nos topónimos que figuran nos versos, cal "Boel", "Chao", "Cuíña", "Mestre", "Paíme", "Ouviaña", etc. Susana seivane: gaita na varanda Ese vínculo tamén se constata nas referencias a oficios habituais outrora na zona, como os arrieiros, segadores, etc., mais que hoxe xa non se practican. Falan no libro da importancia de manter e difundir os cantares. Como se podería conseguir nos tempos actuais? A sociedade tradicional camponesa que xerou e mantivo eses cantos durante centos de anos foi devalando ao longo do século XX e nese proceso tamén foron desaparecendo os ambientes e as situacións das comunidades rurais en que se recitaban ou en que se cantaban tales poesías. Porén, fan parte non menor da cultura galega contemporánea e talvez un modo de os difundir puidese provir dun maior peso nos currículos escolares do país, naturalmente sempre os sabendo encaixar no seu contexto e nunca os deixando de explicar ao alumnado. Por outro lado, actualmente hai grupos de música folque que contribúen poderosamente para daren a coñecer eses textos e que desenvolven unha interesantísma actualización deles.
PRAZA_3151
Evo Morales comezou a gobernar en 2006. Bolivia posúe as maiores reservas mundiais de litio, un recurso escaso e moi pouco estendido. Daquela xa se sabía. Por iso o MAS de Evo decide impulsar un plan nacional de industrialización, baseado nos evaporíticos. O evaporítico principal de Bolivia é o litio.
Evo Morales comezou a gobernar en 2006. Bolivia posúe as maiores reservas mundiais de litio, un recurso escaso e moi pouco estendido. Daquela xa se sabía. Por iso o MAS de Evo decide impulsar un plan nacional de industrialización, baseado nos evaporíticos. O evaporítico principal de Bolivia é o litio.Un teléfono necesita un par de gramos e a batería dun auto eléctrico, vinte quilos. A demanda actual é de 300.000 toneladas. En 2040 acadará un millón, porque circularán polo mundo douscentos sesenta millóns de coches eléctricos. Só o Salar de Ayuni ao sur de La Paz ten unha reserva de vinte millóns de toneladas.O goberno de esquerdas, moi ambicioso, planificou unha cadea de produción propia, nacional e completa: primeiro a extracción, despois a elaboración dos compostos de base, continúa a fabricación de bens intermedios e finalmente prodúcense as baterías de litio, que é o ben de consumo final. Todo no país. Queren converter Bolivia nun dos raros propietarios dunha cadea industrial completa no Sur económico.Tratábase de non deixarse espoliar como sempre; como aconteceu co ouro, a prata e o wollframio no pasado. Tratábase de ser a Arabia Saudita do litio, en palabras do vicepresidente, García Linera, unindo explotación e industrialización. Trtábase de xerar eles mesmos a totalidade do valor engadido.Para iso desenvolveron tecnoloxía a partir de cero, sen someterse ás multinacionais. O estado aportou mil millóns de dólares, unha cantidade enorme para Bolivia,un dos países máis pobres de América Latina. As universidades habilitaron laboratorios, os profesores pasaron a ser investigadores do ramo.Naceu así a única fábrica de baterías de América Latina. Buscaron director no Brasil, persoal por todo o continente, formaron traballadores. Compráronlle tecnoloxía a aquelas multinacionais que non devecían por dominar os recursos, que admitían a negociación e o acordo. O estado boliviano posuiría o 51% ; acceso ao mercado estranxeiro; transferencia de tecnoloxías e de coñecemento e conformación de persoal boliviano.En 2019 a empresa china Xinjian TBEA Group e o estado de Bolivia fundaron un consorcio de explotación, cunha fábrica de baterías de litio na China, participada pola estatal Yacimientos de Litio Boliviano. Ten sentido, porque en 2025 todos os autos chineses serán eléctricos, e consumirán o 60% das baterías do mundo.Apareceron dificultades, pois o transporte e a falta de saída ao mar encarecen as mercadorías; ademais un país tan atrasado ten dificultades consubstanciais para poñer en marcha un proceso de semellante dimensión.Os asesores do comité cívico de Potosí, onde se atopa a parte principal dos recursos, insisten na imposibilidade de explotar o litio. Defenden que só os EEUU ten a tecnoloxía necesaria para facelo, iso din. É manifestamente falso, miserabelmente falso, lacaiamente falso. O comité de Potosí foi un dos máis activos no golpe de estado de outubro contra Evo Morales.Maëlle Mariette informa disto no número de xaneiro de 2020 de Le Monde Diplomatique.Bolivia é unha dualidade xeográfica. El Cohete a la Luna, un medio de alta calidade, dirixido polo xornalista arxentino Horacio Verbitsky, explica que a xente dos Llanos, a parte baixa de Bolivia, selvática, distinta da andina, forxouse coa chegada de conquistadores brancos que buscaban a fabulosa cidade de Paititi, empedrada de ouro. Viñan de Asunción, Paraguai. No século XX cazaron nativos, expulsaron e exterminaron, para explotar o caucho.A épica do Llano contén unha aura de valentía. Ninguén cartografou ese territorio selvático até a febre do caucho. Un territorio verde e terríbel que non existía para ninguén. As tribos orixinarias non figuraban en ningures.Cando remata a Segunda Guerra Mundial chegan novos migrantes que foxen da derrota nazi e da croata, súmanse á burguesía de Santa Cruz. Como Branko Marinkovic. O seu discípulo Luís Fernando Camacho, el Macho Camacho, entrou no palacio presidencial para axeonllarse e expulsar do poder a diabólica Pachamama, segundo confesión propia. Co rosario e a biblia na man, primario, parafascista, racista. Fillo de antigos propietarios do petróleo e o gas, que o presidente Morales nacionalizou. - Las historias paralelas de Werner Guttentag, Moritz Hochschild, Luís Fernando Camacho y Evo. https://www.elcohetealaluna.com/bolivia-3/
PRAZA_20656
De xaneiro a xuño 26 mulleres sufriron unha agresión sexual con penetración, fronte ás 12 do mesmo periodo de 2016. Tamén crece o resto de delitos contra a liberdade sexual ENTREVISTA | "Non pode haber amparo social e banalización ante as agresións sexuais"
ENTREVISTA | "Non pode haber amparo social e banalización ante as agresións sexuais" De xaneiro a xuño producíronse 26 agresións sexuais con penetración en Galicia, segundo os datos facilitados polo Ministerio do Interior. O número máis que duplica ao rexistrado no mesmo período de 2016 (12) e podería situar a cifra total a final de ano en niveis máximos. Das 42 violacións investigadas pola policía en 2012, pasouse a 51 en 2013, 47 en 2014 e 54 en 2015, descendendo en 2016 ata as 40. Os datos do primeiro semestre supoñen un ascenso do 117%, o maior rexistrado en toda España. De xaneiro a xuño producíronse 26 agresións sexuais con penetración en Galicia Tamén crece o resto de delitos contra a liberdade sexual, que inclúen outro tipo de agresións e abusos sexuais sen penetración, acoso sexual, delitos de contacto mediante tecnoloxía con menores de 13 anos con fins sexuais, exhibicionismo, provocación sexual e relativos á prostitución. Neste caso, de xaneiro a xuño a cifra elevouse ata os 224, un 20% máis que no mesmo período do ano anterior. En 2016, o 90% das vítimas de violación no Estado español foron mulleres, o mesmo que o 88% das vítimas dos demais delitos contra a liberdade/indemnidade sexual. Por provincias, Pontevedra (10) e A Coruña (8) encabezan a lista de máis agresións sexuais con penetración no primeiro semestre, seguidas de Ourense (5) e Lugo (3). En maio falamos con Pilar Estévez (Plataforma Feminista Galega) e María Montenegro (Marcha Mundial das Mulleres) sobre o incremento do número de violacións en Galicia, que xa se advertía nos datos do primeiro trimestre (13 casos, fronte aos 5 de 2016). As dúas activistas subliñaban a gravidade destes ataques e criticaban os "debates públicos sobre se o comportamento da muller violada non foi o correcto, sobre se ela coñecía os seus agresores, sobre se ela quería que a violasen ou non", en palabras de Estévez. "Nós acabamos convertidas nas culpables desa situación, mentres que ao agresor se lle intenta buscar unha razón para a súa agresión. É surrealista", engadía Montenegro. Tamén crece o resto de delitos contra a liberdade sexual, que inclúen outro tipo de agresións e abusos sexuais sen penetración ou acoso sexual "Hai que educar en valores de respecto, educar para que ninguén invada o espazo da outra persoa, para que todo o mundo sexa consciente de que a outra persoa é libre para andar por onde queira sen ser agredida", reclamaba Estévez, que tamén esixía maior apoio á hora de denunciar este tipo de atentados: "Unha muller que denuncia debe sentirse cómoda, debe haber medios para investigar esa denuncia e, finalmente, o que non pode haber é amparo social e banalización ante as agresións".
NOS_30478
Suman 23 das 50 cadeiras do Parlamento fronte ás 19 da coalición dereitista Navarra Suma. Precisarían, pois, da abstención de EH Bildu (8 deputadas).
María Chivite (PSOE), Uxue Barkos (Geroa Bai), Eduardo Santos (Podemos) e Marisa de Simón (Izquierda-Ezkerra, coalición fundada por IU e Batzarre) compareceron conxuntamente esta sexta feira para confirmar que atinxiron un precordo programático, un paso cara á articulación dun goberno en Nafarroa. Chivite agradeceu ás outras tres formacións a disposición para chegar a un acordo e indicou que ese pacto de 70 páxinas ten que ser ratificado agora polas diferentes organizacións. A candidata socialista defendeu que o acordo é unha aposta progresista e en chave de autogoberno e mantense en que non vai falar con EH Bildu. De por parte, Uxue Barkos considera que este pacto vai polo camiño de procurar consensos e de acordar "entre diferentes". As comparecentes defenderon que é unha aposta nunha alternativa á dereita en Nafarroa. Estas catro formacións suman 23 das 50 cadeiras do Parlamento navarro: PSOE (11), Geroa Bai (9), Podemos (2) e IU (1). A coalición de dereita española Navarra Suma (onde están PP, Ciudadanos e UPN) ten 19. EH Bildu logrou 8 representantes. A súa abstención é necesaria para que poida ser investida a candidata socialista, apoiada por Geroa Bai, Podemos e I-E.
NOS_44401
A Editorial Galaxia publicará no mes de maio un libro de BD que adapta catro relatos curtos de Castelao que aparecen nas obras Retrincos e Cousas. Durante este 2017, Galaxia publicará 3 Novelas Gráficas nunha aposta clara por este novo formato editorial.
Sempre se dixo que se Castelao vivise actualmente faría banda deseñada ou animación e esta idea de fondo é a que impulsa este proxecto que, da man de Kiko da Silva (Premio Castelao de BD en 2014) e do seu equipo, formado por alumnado do Garaxe Hermético, chegará ás librerías en maio. A adaptación quere crear unha historia longa a partir deses catro relatos curtos, pois todos eles beben de temas comúns e así as historias vanse fiando e poden lerse como unha soa. O resultado será unha novela gráfica a toda cor en capa dura que estará acopañada por material didáctico do proceso de creación da bd. Un material que despois tamén se converterá nunha exposición. A idea é amosar un Castelao máis duro, máis adulto, máis poético. Kiko da Silva afronta este proxecto, segundo Galaxia, coa intención de conseguir renovar a visión tanto plástica como de percepción narrativa do rico mundo literario creado por Castelao. Uns relatos moi visuais e novidosos para a súa época, que amosaban unha poética propia e próxima á narrativa fragmentada que se utiliza na actualidade para crear as historias de banda deseñada. Así pois, as páxinas estarán debuxadas por Kiko da Silva, autor da adaptación ao guión, e un grupo de alumnos do Garaxe Hermético, a escola profesional de banda deseñada que creou o propio Da Silva en Pontevedra en 2012.
NOS_56296
A farmacéutica Zendal e o grupo Iberatlantic Global Corporation manifestaron ao Goberno do Estado a súa disposición de fabricar na Galiza doses da vacina rusa Sputnik V
A farmacéutica Zendal e o grupo Iberatlantic Global Corporation veñen de dirixirse ao Goberno do Estado para manifestarlle a súa disposición de fabricar na Galiza doses da vacina rusa Sputnik V, unha vez que o seu uso para o espazo da Unión Europea sexa autorizado pola Axencia Europea do Medicamento. Segundo puido saber Nós Diario, os máximos responsábeis destas dúas compañías galegas dirixiron o pasado 22 de febreiro unha carta á ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto onde "nos permitimos confirmarlle a disponibilidade do Grupo Zendal como laboratorio fabricante da Gam-COVID-VAC para súa ulterior comercialización tanto en España como no mercado da Unión Europea, unha vez que o seu uso sexa aprobado polas autoridades sanitarias competentes, susceptíbel de ser exportada a terceiros territorios". As relacións entre Zendal e Iberatlantic Global Corporation e o Fondo Directo de Inversión Rusia (RDFI) están moi avanzadas. Neste sentido, as compañías galegas sinalan a Reyes Maroto que "veñen establecendo negociacións de forma constante e periódica co Fondo Directo de Inversión Rusia, fondo soberano xestionado polo Ministerio de Finanzas do Goberno ruso, na produción e comercialización nos mercados internacionais da vacina" e lembran que "Biofabri, S.L, filial pertencente ao Grupo Zendal é o único laboratorio no noso país que dispón de todas as licencias e autorizacións públicas necesarias para producir vacinas de uso humano de xeito integral" Os directivos das dúas empresas adiantan á ministra na súa misiva que "tanto desde Iberatlantic como desde o Grupo Zendal entendemos que a fabricación da vacina Sputnik V contra o SARS-CoV-2 no territorio español suporá un avance científico-técnico e unha oportunidade estratéxica na elaboración da vacinas COVID no territorio español con capacidade para decidir os destinos das mesmas". Ao tempo, os grupos galegos propoñen á ministra "a incorporación da viabilidade da fabricación da vacina Gam-Covid-Vac- Sputnik V dentro da axenda da Comisión Mixta-Intergubernamental Rusia-España, a celebrar o próximo 26 de febreiro". A colaboración entre o Estado español e Rusia na loita contra o coronavirus foi un dos temas tratados onte no marco da décima reunión da Comisión Mixta Intergobernamental de Cooperación Económica e Industrial presidida polo vice primeiro ruso Alexandr Nóvak e Reyes Maroto. Neste sentido, o xornal ruso Sputnik adiantou que "Nóvak expresou a disposición de Rusia de cooperar con Estado español na loita contra o coronavirus, incluída a produción das vacinas anticovid". A este respecto, as autoridades españolas estaría agardando á decisión da Comisión Europea sobre o tema, se ben algúns países como Alemaña xa apuntaron uso da Sputnik V para vacinar a súa poboación a partir do mes de maio. Zendal, a veterana farmacéutica galega ligada a familia Fernández é a compañía escollida pola multinacional estadounidense Novavax para fabricar a súa vacina contra o coronavirus para o espazo comunitario. Pola súa banda, o seu parceiro, Iberatlantic Global Corporation é un grupo con investimentos en diversos sectores da actividade económica e con importantes proxectos desde fai anos en Rusia e noutros países da antiga Unión Soviética. Ambas compañías sinalan na súa carta a Maroto que "neste momento están levando a cabo, con suxeición á máis estrita confidencialidade, os procesos técnicos- informativos conxuntamente co RDFI", sinalando a Nós Diario fontes coñecedoras da operación que "no caso de desenvolverse as cousas segundo previsto en agosto podería estar fabricándose catro millóns de doses semanais da vacina Sputnik V contra o coronavirus no mes de agosto".
NOS_2946
O espectáculo gañou o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais
O Teatro Principal de Ourense acollerá esta sexta feira, 10 de setembro, a estrea da montaxe teatral que resultou gañadora no II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Detrás de A lúa vai encuberta das compañías A Quinta do Cuadrante e Incendiaria está a dirección de Tito Asorey, que se ocupou de ir tecendo a representación documental da obra homónima de Manuel María. "A lúa vai encuberta é unha proposta teatral multidisciplinar a partir da que a equipa dialoga desde a nosa actualidade máis recente coa historia contemporánea da Galiza", contan as galardoadas do premio, as dúas empresas colaboradoras para sacar adiante esta mestura de teatro popular -a farsa e o musical estarán sobre as táboas- con formatos máis actuais como o audiovisual e o teatro documento. O proxecto sobre este texto de Manuel María que nunca antes chegara ás salas de forma profesional "propón unha posta en escena dinámica e emocionante, que ten como motor a recuperación e a reactivación da memoria para tomar conciencia crítica da realidade". A creación vencedora do certame parte da visión do autor literario para "cuestionar o relato adquirido" e comprobar aqueles prexuízos e tabús que continúan presentes na sociedade actual. Aliás Asorey, forman parte da produción colectiva, a dramaturga Vanesa Sotelo e o músico Davide González, que tamén se someterán ao xuízo do público nun escenario que compartirán con Melania Cruz. O equipo que dará a coñecer o seu traballo esta sexta feira nunha función patrocinada pola Deputación, complétase coa iluminadora Laura Iturralde e o escenógrafo Carlos Alonso. Unha colaboración que xirará por todo o país Respecto do impulso á iniciativa, as compañías lembran que están apoiadas pola Casa-Museo Manuel María, o Centro Dramático Galego e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Se ben o primeiro contacto coa xente será no Principal de Ourense ás 21 horas e o sábado e o domingo haberá novos pases ás 21 e 20 horas respectivamente, está previsto que a obra xire por todo o país. Para iso contará coa colaboración das deputacións da Coruña e Lugo. Xa está confirmada a parada en 25 concellos entre os que se atopan Verín (25 de setembro); Vilalba (2 de outubro); Pontevedra (14 de outubro), San Sadurniño (24 de outubro; Compostela (29,30 2 31 de outubro); e Barbadás (6 de novembro), entre outros.
PRAZA_21031
O Ministerio de Cultura ofrece en aberto a fototeca do Instituto de Patrimonio Cultural, con máis de 275.000 imaxes, entre elas as do alemán Otto Wunderlich, que percorreu Galicia nos anos 20 e 30 do pasado século, e a do español Juan Miguel Pando, que traballou entre os 50 e os 70.
A fotografía que encabeza esta información corresponde á vila de Marín nalgún momento entre o ano 1926 e 1936, cando a localidade presentaba un aspecto moi diferente ao da actualidade. Trátase dunha fotografía tirada polo alemán Otto Wunderlich, que neses anos percorreu Galicia, imaxes que hoxe nos permiten comprobar os cambios radicais experimentados por moitos lugares. Os avances do progreso, pero tamén a destrución da paisaxe e do patrimonio material sufrido por moitos lugares.Entre os fondos máis destacados que se acaban de publicar están as 7.000 fotografías que proceden dos arquivos Pando e Wunderlich, máis de mil delas tiradas en GaliciaParte do seu arquivo fotográfico pode verse dende agora en liña e de balde grazas ao Ministerio de Cultura, que vén de publicar a fototeca do Instituto de Patrimonio Cultural de España (IPCE), composto por máis de 275.000 imaxes, dende 1860 ata a actualidade. As imaxe son só unha parte do máis de medio millón que conserva o instituto e que se irán incorporando progresivamente. Entre os fondos máis destacados que se acaban de publicar están as 7.000 fotografías que proceden dos arquivos Pando e Wunderlich, máis de mil delas tiradas en Galicia.O Arquivo Wunderlich Wunderlich percorreu Galicia entre 1926 e 1936, especialmente a costa pontevedresaO arquivo Wunderlich é obra do fotógrafo Otto Wunderlich (Stuttgart, 1887- Madrid, 1975). Formado en Alemaña, trasladouse a España en 1914, onde desenvolveu unha gran produción fotográfica na que destaca a fotografía de paisaxes e escenas tradicionais. Wunderlich percorreu Galicia entre 1926 e 1936, especialmente a costa pontevedresa. As súas imaxes amosan como era Marín, pero tamén Bueu, Baiona ou as cidades de Pontevedra e Vigo, especialmente cambiada esta última, cun Berbés case irrecoñecible.O Arquivo PandoO arquivo Pando conserva a obra do fotógrafo Juan Miguel Pando Barrero (1915-1992), desenvolvida ao longo de máis de cincuenta anos e continuada polo seu fillo, Juan Pando Esperto, ata 2003. É o máis voluminoso dos arquivos conservados no IPCE, con máis de 125.000 imaxes de temática variada. Desde 1940 ata 1993, a Axencia Pando realizou traballos para unha ampla gama de clientes: museos, coleccionistas e artistas, industrias, encargos de publicidade comercial, fotografía de arquitectura, etc. De forma paralela a esta actividade, os Pando desenvolveron un interese persoal pola fotografía de paisaxe e de carácter etnográfico durante as súas viaxes por España e Marrocos entre as décadas de 1950 e 1970.O arquivo Pando conserva a obra do fotógrafo Juan Miguel Pando Barrero (1915-1992)Entre as imaxes galegas destaca unha gran cantidade de imaxes da cidade de Compostela, e sobre todo do Hostal dos Reis Católicos e do Burgo das Nacións, que acababa de ser construído. Tamén un gran número de fotografías de encoros e industrias, tamén de hospitais, pero así mesmo fotografías de cidades e vilas que amosan os cambios experiementados pola paisaxe e o urbanismo.Ademais, pódense ver as imaxes do arquivo Ruiz Vernacci, que conserva máis de 12.000 negativos orixinais dun dos pioneiros da fotografía en España, Jean Laurent (1816-1886); e o arquivo Moreno, integrado por máis de 60.000 imaxes sobre coleccións de arte públicas e privadas tomadas por Mariano e Vicente Moreno entre 1893 e 1954.
NOS_12774
"Este referendo xorde da necesidade e ansias da mocidade e estudantado de introducir un debate sobre o modelo de Estado", así comezaba a primeira asemblea en Compostela do referendo pola monarquía que se está a preparar en 26 campus españois, catro deles galegos.
Máis de 100 persoas acudiron á cita na Facultade de Historia a pasada terceira feira 27 de novembro, na que se pretendía dar os primeiros pasos de cara unha consulta á que están chamados a votar estudantado, profesorado e funcionariado da universidade. O punto de partida foi o contido da pregunta. A maior das discrepancias tivo que ver con se incluír a cuestión nacional ou non. Dende a asemblea de alumnado de Filosofía apuntaban que o caso de Galiza non é o mesmo que o doutras rexións españolas e que preguntar pola autodeterminación era fundamental unha vez se tocaba a Constitución. Aludindo á pluralidade de matices posíbeis nun acto deste tipo, houbo quen engadiu que a pregunta debe ser o máis breve e concisa posíbel, unha "pregunta de síntese". O carácter non vinculante da cuestión fai preciso, apuntaban algunhas estudantes, "que o movemento sexa o máis unitario e transversal factíbel, con intención de collermos un pulo mediático nos medios do estado español e non tomar un percorrido diferente do dos Comités de Madrid". Máis aló diso, chegouse á conclusión de que a dicotomía monarquía-república é o eixo principal do debate. Un tema de interese para toda a mocidade traspasando as diferenzas ideolóxicas do movemento estudantil. "Moitísima xente non participara con anterioridade no movemento estudantil, o que vexo que é moi positivo e que a consulta é capaz de mobilizar máis alá da xente politizada e militante nalgunha organización", di a Sermos Galiza Sofía Pérez, portavoz do comité da UDC. "O importante non é a propia votación senón todo o debate que se xera a partir dela, e demostrar como as estudantes somos capaces de ser críticas e que realmente temos ganas de participar na toma de decisións en materias que nos atinxen coma cidadás", engade. Unha expresión que repiten dende todas as cidades é "Réxime do 78", insistindo en que non se trata só de decidir entre monarquía e república senón tamén de cuestionar o sistema vixente e os seus piares. "Non só se trata, para nós, de decidir mudar un rei por un presidente, senón rematar con este Réxime herdeiro do franquismo", conta a Sermos Galiza Alberto, alumno da UVigo, universidade promotora deste acto en Galiza. "Un Réxime no que mentres un tweet ou un rap pode levarte ao cárcere, Billy El Niño goza de impunidade; no que se persegue a políticos opositores cataláns mentres que corruptos como Josep Borrell seguen ao fronte de ministerios propagando odio. Queremos entender este referendo como un gran punto de partida para mudalo todo", conclúe. No caso de Ourense, decidiron ampliar o referendo a outros niveis do ensino público, como institutos ou centros de Formación Profesional. "Entendemos que chegou o momento de devolverlle aos centros de ensino o seu espírito de espazo de debates e de coñecemento crítico, fronte a quen a quere converter nun lugar de estudio memorístico e cara os intereses do mercado. É por isto que os estudantes ourensáns decidimos convocar un referendo sobre a monarquía nos nosos centros de ensino", contan a Sermos Galiza dende a Asamblea Aberta do Campus de Ourense. As datas establecidas para o referendo son o 4 de decembro para Vigo e 12 para o resto de cidades: Ourense, A Coruña e Compostela.
NOS_32438
A organización frontista emitiu un comunicado após coñecer a convocatoria oficial do referendo pola independencia en Catalunya en que amosa o seu apoio á consulta popular.
Para o BNG a maioría parlamentar (64,4%) e social que avala a decisión institucional "non se poden ignorar" e apela ao Goberno español a "respectar a vontade do pobo catalán a decidir o seu futuro". Neste senso, instan a Mariano Rajoy a aprender do primeiro ministro inglés, David Cameron, e pactar coa Generalitat de Catalunya a celebración da consulta. Un cambio de rumbo "Esta aspiración non é improvisada, senón que responde a un longo proceso que conclúe na evidente vontade de Cataluña de reformular o marco institucional de relacións co Estado español", salientan desde o Bloque, "un feito", din, "que ten de implicar, obrigatoriamente, unha mudanza no rumbo". Nós-UP tamén saudou a convocatoria do referendo. "Un feito histórico", din, que permitirá ao pobo catalán decidir "sen inxerencias alleas" Así, @s nacionalistas defenden que este referendo supoña o punto de partida para a configuración dun "novo marco de relacións desde o dereito de autodeterminación" no que Galiza avance "igualmente no camiño da soberanía para resolver moitos dos problemas que están a afectar seriamente galegas e galegos". Para o BNG, "a destrución do sector naval", "a perda de instrumentos financeiros propios e o roubo do aforro galego" ou mesmo "a ameaza ao comercio de proximidade" deveñen da falta de capacidade de decisión real do pobo galego polo que urxen "soberanía real e plena" para Galiza. Tamén así, desde a organización frontista denuncian "a resposta do Goberno central e dos partidos estatais maioritarios" perante o acordo alcanzado entre o Govern catalán, ERC, CUP e ICV. Unha posición, din, que apela "á constante confrontación e á procura das discrepancias" empregando a "indisolúbel unidade de España" para cortar as aspiracións do pobo catalán, "tan lexítimas como imparábeis", sentencian.
NOS_48117
Proseguen as declaracións ao abeiro do xuízo polo accidente de tren que provocou 80 mortos e 145 feridos en Santiago de Compostela no ano 2013.
A traballadora Natalia da Torre, da empresa Thales -que, xunto a Siemens, encargouse do despregamento do sistema de control de velocidade ERTMS na vía da liña Ourense-Santiago de Compostela-, afirmou esta terza feira que, de estar instalado o sistema de control na zona previa á curva de Angrois, o tren "frearía" antes de descarrilar. O xuízo do Alvia continúa esta terza feira cunha xornada centrada no sistema de seguranza Nunha nova xornada do xuízo que está a decorrer na Cidade da Cultura, a técnica respondeu en primeiro lugar ao avogado da plataforma de vítimas, Manuel Alonso Ferrezuelo, que foi quen a propuxo como testemuña. Antes da curva da Grandeira, o maquinista debía afrontar unha transición de velocidade de 200 a 80 quilómetros por hora, o que se denomina 'cambio significativo'. Despois da traxedia, estes cambios de velocidade foron indicados e asociados a balizas que frean o tren no caso de que o condutor non o faga. Adif sabía do risco da curva de Angrois desde o ano 2011 Porén, no momento do accidente o sistema ERTMS non estaba instalado na totalidade da vía, até chegar á estación de tren da capital galega, senón que remataba no quilómetro 80. Isto debeuse a unha modificación do proxecto pola que se retirou o mecanismo de seguridade do treito final do traxecto. Diferenzas entre ERTMS e Asfa A preguntas da avogada do Estado español, que representa a Adif, esta traballadora admitiu que "antes do accidente non" escoitara este termo de cambio significativo de velocidade. "Agora mesmo sei que hai balizas asociadas ao que se chaman cambios significativos de velocidade, que entendo que axudan a xestionar este tipo de cousas (...) Nese momento descoñezo o que había", sostivo. Na súa intervención, Natalia da Torre explicou que ela era "responsábel do sistema en vía" e non do ERTMS dentro do convoi, que foi o que se desconectou por fallos de software que xeraban interferencias. O maquinista critica fallos de seguridade no sinistro do Alvia En calquera caso, sinalou que "cando hai unha transición de ECTS a nivel 0 [do ERTMS ao Asfa, un sistema de control de velocidade puntual] pídese recoñecemento ao maquinista, que recoñeza o cambio ao nivel 0". "Que ocorre se non o recoñece?", preguntou o letrado da plataforma de vítimas, ao que esta especialista respondeu que aparece unha indicación para "aplicar o freado". Ante a cuestión de se retirar o ERTMS dos últimos quilómetros do traxecto supuxo unha diminución de seguridade, evitou contestar de forma rotunda. "Descoñezo as razóns... Xa non vai ao amparo do sistema ERTMS que é unha supervisión continua, senón que ao da sinalización lateral e do Asfa", engadiu. Declaran os primeiros policías que chegaron a Angrois Si indicou, ante a insistencia das preguntas, que entende que "debe haber unha relación das razóns" cando se acomete un cambio e supón que hai que "analizalas", tamén en alusión á desconexión do sistema dentro do tren. "Depende un pouco da regulación, en que sentido e por que razóns", precisou.
NOS_46330
O cinema naceu a xeito de rexistro de imaxes en movemento da contorna humana. A saída dos obreiros da fábrica ou o tren chegando á estación que documentaron os irmáns Lumière figuran na historia como actos inaugurais do cinematógrafo no albor do século XX. O programa pedagóxico Vidas Mariñeiras propón ao alumnado da bisbarra do Golfo Ártabro aprender as técnicas audiovisuais precisas para "a posta en valor dos oficios tradicionais e paisaxes mariñeiras".
Impulsada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro do Golfo Ártabro Norte e financiada con fondos comunitarios europeos, a iniciativa desenvolverá varios "proxectos cinematográficos" que desembocarán en filmes sobre o mundo do traballo no mar. Segundo a declaración de intencións abeirada na súa web, Vidas Mariñeiras procura revalorizar o "patrimonio material e inmaterial do Golfo Ártabro, a partir do rexistro das accións e actividades das persoas que habitan a zona". Cinema do real, cinema de proximidade. Marcos Flórez e Pablo Cayuela, da cooperativa Numax de Santiago de Compostela, serán os técnicos encargados de acompañar ao estudantado de 3º e 4º da ESO e mais de 1º de Bacharelato dos centros de ensino da comarca (que abranxe os concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume) na súa experiencia cinematográfica. Para facer parte de Vidas Mariñeiras cómpre achegar ideas -artelladas por grupos de entre 5 e 15 persoas- antes do 9 de outubro ao concurso cuxas bases se atopan en vidasmarineiras.gal. A organización prevé, ademais, realizar xornadas informativas polos colexios e institutos nas primeiras semanas do curso para chamar á participación. Dese concurso saíran os proxectos por desenvolver. "Aínda hoxe é evidente o potencial da imaxe en movemento para dar conta do que facemos ou pensamos", afirma a organización na páxina web, "das arelas e conflitos que atravesan calquera comunidade humana e de como estas poden achegarse ao mundo a través do cinema e a súa capacidade para fabular e, simultaneamente, rexistrar o real que nos rodea".
NOS_26678
"Non está prevista a intervención en linguas distintas do castelán, agás en mocións", díxolle Paula Llop á ministra de Traballo.
"Grazas pola pregunta. Vostede sabe que carezo de competencias no Ministerio de Traballo...". Así, en galego, iniciaba Yolanda Díaz a súa resposta no Senado a unha pregunta do tamén galego Barreiro Fernández (PP). Mais non puido concluír a resposta. Díaz Foi interrompida por Pilar Llop, que lle lembrou que non estaba prevista a intervención en linguas diferentes ao castelán. "Señora ministra, desculpe que lle interrompa. Non está prevista a intervención en linguas distintas do castelán, agás en mocións", díxolle Llop. "De acordo, grazas", respondeu entón a ministra de Traballo. O uso das linguas cooficiais no Senado está regulado a través dunha serie de artigos no seu regulamento e que se resumen na disposición adicional quinta. Así, poderase empregar o galego nas intervención que teñan lugar no Pleno con ocasión de debate de mocións, na presentación de escritos no Rexistro da Cámara por parte de senadores ou senadoras; ou na primeira intervención do presidente do Senado ante o Pleno; entre outras. La presidenta del Senado interrumpe a Yolanda Díaz tras empezar su respuesta en gallego: "No está prevista la intervención en lenguas distintas del castellano" pic.twitter.com/UEhHjTu2ym— El HuffPost (@ElHuffPost) June 30, 2020
PRAZA_17318
As 49 comparecencias, entre as que están as dos ex-ministros de Fomento Blanco e Pastor, abriranse a finais deste mes cos propios afectados, que querían pechalas para así matizar as inexactitudes que dixesen o resto de comparecentes Listado de comparecentes na comisión sobre Angrois En Marea traslada o malestar da comisaria europea con España
Listado de comparecentes na comisión sobre Angrois En Marea traslada o malestar da comisaria europea con España HEMEROTECA | "Non se pode acusar a Pastor ou Blanco de 80 homicidios pero teñen que responder no Congreso" As 49 comparecencias, entre as que están as dos ex-ministros de Fomento Blanco e Pastor, abriranse a finais deste mes cos propios afectados, que querían pechalas para así matizar as inexactitudes que dixesen o resto de comparecentes Vítimas do accidente do tren Alvia, que o 24 de xullo de 2013 descarrilou por exceso de velocidade deixando 80 mortos na curva de Angrois, serán as encargadas de iniciar, a finais deste mes de xuño, as 49 comparecencias finalmente acordadas este xoves polos grupos parlamentarios integrantes da comisión de investigación política sobre o sinistro no Congreso. Malia que a plataforma de afectados, que coa súa loita logrou a creación desta comisión, reclamaba ser ela a que pechase a serie de comparecencias para poder matizar con documentos e datos as inexactitudes que puidesen declarar os comparecentes previos, PP e PSOE impuxeron que sexan elas as que inicien as declaracións. Así, tras as declaracións dos técnicos, os que rematarían as comparecencias, dentro de varios meses, serían os cargos políticos, entre eles os ex-ministros de Fomento José Blanco e Ana Pastor. O socialista estaba no cargo cando en 2011 se inaugurou a liña e cando en 2010 se modificou o proxecto orixinal e con el a seguridade da curva de Angrois. A popular era ministra cando ocorreu o accidente e cando en 2012 Adif autorizou a Renfe a que os trens Alvia desconectasen o sistema de control constante da velocidade. Os socialistas limitáronse a deixar aberta a porta a que, a medida que avancen as comparecencias, os grupos poidan decidir sobre a marcha que as vítimas volvan intervir ao final do resto de comparecencias A plataforma de vítimas de Angrois pedira expresamente ao PSOE ser os últimos en comparecer na comisión, e salientaron a varios dos seus deputados que a postura socialista sería determinante ao contar tamén co apoio de Unidos Podemos-En Marea e Ciudadanos. Pero finalmente os socialistas situáronse a carón dos populares e impuxeron que os afectados sexan os primeiros en intervir. Segundo varias fontes consultadas, os socialistas limitáronse a deixar aberta a porta a que, a medida que avancen as comparecencias, os grupos poidan decidir sobre a marcha que as vítimas volvan intervir ao final do resto de comparecencias. Desde En Marea a deputada Alexandra Fernández xustificou que o seu e outros grupos acabaron aceptando a proposta dos socialistas de deixar aberta esa posibilidade porque de forzarse este xoves unha votación en sentido contrario a perderían dada a maioría que sumarían PP e PSOE. Este diario intentou sen éxito obter a versión da deputada socialista galega Pilar Cancela, que encabezou as negociacións do PSOE tanto na sesión da comisión deste xoves como coas vítimas, cuxa petición non atendeu. A plataforma de afectados polo sinistro considera que as declaracións de maquinista e interventor non achegarán nada novo nunha investigación política como a do Congreso As vítimas tamén recean da decisión, a petición do PP, de que compareza o maquinista do Alvia, Francisco José Garzón, imputado na causa xudicial por despistarse e non frear a tempo antes da curva de Angrois sen que existise ningún sistema de seguridade activo que evitase ou paliase o seu erro humano previsible. Os socialistas tamén lograron a comparecencia do interventor do tren que realizou a chamada telefónica que estaba atendendo o maquinista cando se produciu o accidente. A plataforma de afectados polo sinistro considera que as declaracións de maquinista e interventor non achegarán nada novo nunha investigación política como a do Congreso. Malia que tería a obriga de comparecer na Cámara, o maquinista podería argumentar que non quere declarar nada por estar baixo investigación xudicial. Tanto o maquinista como os directores de seguridade de Adif e Renfe poderían negarse a declarar durante a súa comparecencia por estar os tres imputados na causa xudicial Nesa situación de poder manter o silencio durante a súa comparecencia estarían tamén outros dous citados, os ex-directores de Seguridade na Circulación de Adif e Renfe, Andrés Cortabitarte e Antonio Lanchares, respectivamente, os dous imputados na causa xudicial por entender os xuíces que puideron non actuar como lles obrigaba a normativa ante o risco existente en Angrois. Este xoves tamén se acordou que as comparecencias se produzan con formato de interrogatorio, isto é, que os grupos poidan repreguntar e non que os comparecentes se limiten a realizar unha exposición. Igualmente, o presidente da comisión, Feliu Guillaumes, avanzou que pedirá á Mesa do Congreso que se habilite o mes de xullo para que tamén nel poidan realizarse comparecencias a un ritmo que espera que sexa de dúas sesións semanais con tres comparecentes por sesión.
NOS_28354
É relativamente habitual que a información que o Servizo Galego de Saúde ofrece ao doente estea "por defecto" en castelán, unha realidade constatábel en boa parte dos centros médicos do país. Mais tamén é certo que é un dereito básico da cidadanía recibir esas comunicacións en galego se así o solicita. E a propaganda do Sergas a este respecto dá a entender á opinión pública que non existe impedimento de ningún tipo para que así sexa.
Porén, a realidade é ben distinta, como proba, por exemplo, o feito de que a Liña do Galego impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística recibira ao longo do ano pasado o 12% das queixas por vulneración dos dereitos lingüísticos co Sergas como protagonista. O último capítulo do desleixo do Sergas polo idioma -cando menos coñecido, pois segundo a propia Mesa só unha pequena parte das queixas chegan a facerse públicas- ten como afectada unha muller embarazada que hai uns días solicitou o consentimento informado en galego para unha analxesia epidural no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. "Eu xa tiña experiencia neste tipo de cousas, así que fun precavida e avisei semanas antes de que non ía asinar un consentimento que non fose en galego", narra en declaracións a Sermos Galiza. Esta advertencia motivou a resposta do Sergas, que asegurou que sempre están dispoñíbeis e, no caso de non o estar, débese fundamentalmente a unha cuestión técnica relacionada coa actualización dos formularios. Este problema, ao parecer, non acontece co castelán. "O caso é que cando chego á consulta, a anestesista dime que non ten constancia da existencia dese tipo de documento", relata a afectada. "Na intranet do Sergas non os había tampouco, malia que teño por escrito a resposta na que se me asegura o contrario", indica. Sen documentos en portugués A mesma situación repetiuse posteriormente cando a muller ingresa para lle induciren o parto. "Só o hai en castelán, e logo de buscar tamén o atopan en polaco, árabe ou portugués; eu como mal menor, pido este último mais ao día seguinte dinme que tampouco está dispoñíbel". A persoa afectada considera que para o Servizo Galego de Saúde "non é importante a cuestión do idioma, cando se trata dun dereito, e aprovéitase de que a urxencia e a situación de vulnerabilidade na que se atopa a persoa que espera por unha atención médica ou unha operación disuádena de esixir o cumprimento dese dereito, que é ser atendida no propio idioma".
PRAZA_6504
Se esta ampliación do autogoberno escocés non se aproba no que fica da lexislatura do Parlamento de Westminster (até o vindeiro maio) as bases do SNP, o partido nacional escocés e dos seus aliados da campaña YES SCOTLAND denunciarán que os unionistas gañaron con amaños e mentiras o referéndum.
O 55% dos escoceses votaron NO á independencia e o 45% a prol dela. A participación foi dun 84,5% sobre os electores rexistrados. Os números son nidios abondo para concluír que Escocia quere seguir a partillar o Reino Unido moitos anos. Mais… Os sectores máis populares apostaron tamén pola independencia (velaí Glasgow, cun 54% a prol) Mais o first minister dimisionario Alex Salmond e a campaña pro independencia fixeron medrar o número dos seus partidarios dun 30 a un 45% e votar YES a un 71% da xente nova, mentres rexeitaban a independencia o 73% dos maiores de 65 anos. Os sectores máis populares apostaron tamén pola independencia (velaí Glasgow, cun 54% a prol), xunto cos verdes, o mundo das organizacións solidarias e os empresarios máis dinámicos e innovadores. E dirán vostedes, "home, deixe estar, o tema estalle xa ben pechado". Hoxe doulles a razón. Pero resulta que os tres partidos británicos maioritarios, para evitar que o voto afirmativo gañase, prometeron unha mellora substancial dos poderes fiscais, orzamentarios e de protección social do Goberno escocés. E agora o líder laborista, Ed Miliband, por razóns de curto interese partidista, di que non é o tempo axeitado, mentres varios deputados conservadores rexeitan esta proposta de ampliación competencial, disque "fartos de que 5 millóns de escoceses determinen o futuro de 52 millóns de ingleses". A posíbel convocatoria no 2016 dun referéndum para a saída do Reino Unido da Unión Europea sería outra ocasión para pór de manifesto un proxecto político distinto para Escocia, reivindicando a súa permanencia na UE Se esta ampliación do autogoberno escocés non se aproba no que fica da lexislatura do Parlamento de Westminster (até o vindeiro maio) as bases do SNP, o partido nacional escocés e dos seus aliados da campaña YES SCOTLAND denunciarán que os unionistas gañaron con amaños e mentiras o referéndum. Por outra banda, a posíbel convocatoria no 2016 dun referéndum para a saída do Reino Unido da Unión Europea sería outra ocasión para pór de manifesto un proxecto político distinto para Escocia, reivindicando a súa permanencia na UE e, xa que logo, cuestionando a súa adhesión ao Reino Unido. Semella que esta acción futura vaina liderar dende novembro unha nova primeira ministra escocesa e líder do SNP, Nicola Stugeon. Porque seica moi pouca xente no seu partido, que obtivo maioría absoluta no Parlamento escocés no 2011, cuestiona o proxecto de Salmond de facer transversal o proxecto do YES SCOTLAND, que mesmo foi adherido pola maioría dos residentes nados fóra do Reino Unido.
PRAZA_20781
O filme, que prevé a súa estrea na primavera de 2022, iniciou unha campaña de micromecenado que recadou xa 11.000 euros. A película parte do traballo arqueolóxico realizado polo equipo de Sputnik Labrego, que no ano 2021 regresará aos montes de Casaio para unha derradeira campaña de estudo
Entre 1941 e 1946 funcionou na comarca de Valdeorras, nos arredores de Casaio, unha serie de campamentos de guerrilleiros antifranquistas que, en conxunto, recibiron o nome de Cidade da Selva. Calcúlase que no momento de maior actividade (xusto antes da súa caída a mans da Garda Civil) esta rede chegou a acoller máis dun cento de combatentes e dise que nalgún deses campamentos podía verse izada a bandeira republicana. Estase a traballar na realización dun documental que recolla toda a historia dos campamentos guerrilleiros, un filme que prevé a súa estrea na primavera do ano 2022A súa existencia estaba ben documentada en documentos da época, memorias e traballos históricos, pero ata hai uns poucos anos non se levara a cabo unha investigación arqueolóxica sobre o terreo. Comezou a facelo no ano 2017 o proxecto de investigación 'Sputnik Labrego', que conta con financiamento do CSIC e da Xunta e co apoio da Comunidade de Montes de Casaio. Durante os últimos tres anos os seus traballos permitiron profundar en aspectos como a vida cotiá dos guerrilleiros, o papel da muller na guerrilla ou a organización das partidas distribuídas por estes montes, localizando unha vintena de campamentos. "O que coñecemos sobre todo son os feitos militares, pero non tanto como vivían nos campamentos ou as relacións que establecían coa veciñanza", destacaba nesta entrevista Carlos Tejerizo, un dos coordinadores da intervención.O equipo de Sputnik Labrego volverá aos montes de Casaio o vindeiro ano 2021, na que será a derradeira campaña de escavación nos campamentos da Cidade da Selva. Esta investigación contará cunha subvención concedida polo Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática para proxectos de recuperación de Memoria Democrática.O equipo de Sputnik Labrego volverá aos montes de Casaio o vindeiro ano 2021, na que será a derradeira campaña de escavación nos campamentos da Cidade da SelvaAdemais, estase a traballar na realización dun documental que recolla toda a historia dos campamentos guerrilleiros, un filme producido pola cooperativa audiovisual metropolis.coop que prevé a súa estrea na primavera do ano 2022. A película forma parte do obxectivo de "deixar un testemuño e unha narrativa para as xeracións futuras", en palabras de Alejandro Rodríguez, codirector das intervencións arqueolóxicas en Casaio. "Trátase dunha historia traumática pero que, grazas á achega da comunidade de Casaio, cremos que pode servir tamén como un bálsamo que peche feridas abertas", engade.A campaña ofrece distintas recompensas paras as persoas que apoien a realización do filme, dende copias da película, seminarios arqueolóxicos e cinematográficos sobre a Cidade da Selva o ou un convite á estreaPara o financiamento do documental, titulado inicialmente Cidade da Selva: fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio, o equipo con distintas subvencións públicas, pero iniciou tamén unha campaña de micromecenado que busca recadar entre 26 mil e 126 mil euros nos vindeiros 30 días. Polo momento obtivo xa máis de 11 mil a través de pequenas achegas. Miguel Riaño, director do documental, destaca que "o obxectivo desta campaña é dobre. Por unha banda, trátase de obter recursos para facer un produto de calidade que visibilice esta historia a escala nacional e internacional. Por outro, a propia campaña de financiamento é un medio extraordinario para divulgar esta historia, e pór os montes de Casaio no foco mundial".O filme busca ser a crónica cinematográfica da derradeira fronte de batalla da Guerra Civil, que permaneceu activa ata un ano despois do remate da Segunda Guerra MundialA campaña ofrece distintas recompensas paras as persoas que apoien a realización do filme, que van dende camisetas serigrafiadas, copias da película, seminarios arqueolóxicos e cinematográficos sobre a Cidade da Selva por parte dos e das especialistas que traballan no proxecto ou un convite á estrea da película en Casaio, prevista para a primavera de 2022. Os distintos niveis de apoio adoptan nomes que van dende "fuxido", "enlace da guerrilla" ou "garda do arsenal" ata "novo recluta da guerrilla" ou "membro do Estado Maior da Federación de Guerrillas".O filme busca ser "a crónica cinematográfica da derradeira fronte de batalla da Guerra Civil", que permaneceu activa ata un ano despois do remate da Segunda Guerra Mundial. Como dicía Carlos Tejerizo, "é imposible entender a Cidade da Selva sen contextualizala co que estaba a pasar na Segunda Guerra Mundial", nuns anos nos que os guerrilleiros buscaban resistir e abrir fendas no réxime franquista á espera dunha posible intervención internacional contra a ditadura que reinaba en España. Foi moi salientable o papel das mulleres guerrilleirasTampouco se pode desligar das minas de volframio que se atopaban nos arredores, tamén estudadas polo equipo de Sputnik Labrego, sinalando Tejerizo que "os guerrilleiros tamén utilizaban as redes do volframio para financiarse e para contactar cos mineiros". Salientable foi tamén o papel das mulleres guerrilleiras, destacado tanto polo equipo de Sputnik Labrego como polos traballos de José Antonio Gurriarán ou de Aurora Marco, por exemplo a través das figuras de Consuelo Rodríguez López, 'Chelo ou Antonia Rodriguez López (A Toña).
NOS_39658
A segunda longametraxe de Oliver Laxe (París, 1982) confirmou a súa traxectoria ascendente como unha das olladas principais do cinema europeo contemporáneo. Mimosas (2016) obtivo recoñecenentos aquí e acolá e en Cannes levou o Gran Premio da Crítica. Pasou polas salas de cinema de todo o Estado e parte do continente. Agora ve a luz a súa edición en DVD.
Esta caste de road movie espiritual, rodada nas montañas do Atlas de Marrocos, chega ao formato doméstico con algunhas novidades. A maiores do filme -en DVD e BlueRay-, con opción de subtitulado en galego e en castelán -os diálogos son en árabe-, o pacote inclúe a curtametraxe París #1 (2007) -a primeira obra do cineasta galego con certa repercusión-, o trailer e mais o libro A debilidade de crer. Este último é o diario da rodaxe de Mimosas no cordal do Atlas. Escribiuno Santiago Fillol, guionista da fita. Relata, en 112 páxinas, as dificultades e os azares dunha filmación en condicións polo menos peculiares, en plena montaña e pechando as escenas de guion case en tempo real. A edición -especial e limitada- en DVD-BlueRay de Mimosas presentarase, coa presenza de Oliver Laxe, a quinta feira 14 de decembro na libraría Numax de Santiago de Compostela. Numax encargárase da distribución do filme nos cinemas do Estado e asumiu tamén o deseño da súa versión doméstica.
NOS_41791
No discurso de fin de ano, o presidente Feixoo vangloriouse das taxas de vacinación e do exemplo do pobo galego nesa cuestión, apuntando o Xacobeo como elemento crucial deste novo ano.
As familias que sufriron falecementos por mor da Covid-19, as persoas que se atopan nos centros hospitalarios coa doenza e as profesionais sanitarias que están en primeira fila recibiron as primeiras dedicatorias do discurso de fin de ano de Alberte Núñez Feixoo, presidente da Galiza. Na intervención desde o Monte do Gozo, o mandatario tamén agradeceu o traballo do persoal das residencias, mestras e mestres, membros de Protección Civil e forzas de seguridade, recoñecendo que a Covid-19 foi o principal condicionante do ano que remata. Apelando aos esforzos de todas estas persoas, destacou a redución do impacto da pandemia e valorou como un logro "que a taxa de mortalidade sexa a máis baixa da Península". Non obstante, esta afirmación non se corresponde coa realidade, os datos do Instituto de Estatística estatal indican que, de feito, a Galiza supera en dous puntos porcentuais a media de mortalidade estatal, de 10,4 decesos por cada 1.000 habitantes, ao alcanzar 12,17 pasamentos por 1.000 habitantes. Outro dos aspectos que salientou é a taxa de vacinación, que cualificou como unha das taxas máis altas do Estado español e de Europa, o que supón "un exemplo de responsabilidade e solidariedade", lembrando a Medalla de Ouro da Galiza outorgada ás e aos profesionais que impulsaron a campaña de inoculación. Nese sentido, definiu os compostos contra o SARS-CoV-2 como "fundamentais para ver a luz ao final do túnel", asegurando que "os galegos somos quen de superar os obstáculos e chegar a bo porto", para o que puxo como exemplo as 11 medallas das e dos deportistas galegos nos Xogos Olímpicos de Tokio. No discurso, Feixoo tamén abordou o 40 aniversario do Estatuto da Galiza, que implicou o comezo do "camiño de maior progreso da nosa historia recente", subliñou, incidindo en que este período foi unha mostra de "que ser leal non é incompatible con ser reivindicativo" e manter "a identidade e as raíces". Sen competencias na etapa de Feixoo Así e todo, nos 12 anos de goberno do Partido Popular non se produciu nin unha soa transferencia de competencias á Galiza, malia as reiteradas declaracións de Feixoo de que o país ten que asumir as mesmas competencias que Catalunya e Euskadi, que si que aumentaron as atribucións neste tempo. O Xacobeo foi outra das cuestións que sinalou, colocándoo xunta a evolución da pandemia e a recuperación económica como os elementos fundamentais que marcarán 2022, no que catalogou como "pedras no camiño" as "novas ondas, a suba do custo da vida e o prezo da luz". Para enfrontar esta situación, confía en que a Galiza "conta cos instrumentos para facer fronte ao virus e por suposto está preparada para aproveitar os fondos europeos", o que permitirá "xerar emprego e avanzar nun novo modelo máis verde, máis innovador e máis xusto".
NOS_15525
A mostra da obra de Isabel Blanco, que acolle a sede da Deputación en Vigo, fecha o 7 de xaneiro. O proxecto amosa os espazos, ámbitos e profesións con menor presenza das mulleres.
Tras as reivindicacións nas rúas do 25-N, é un bo momento para camiñar cara á reflexión e a "revolución feminista" cunha proposta que fornece visibilidade a esas mulleres invisíbeis -ou case- en profesións ou contextos supostamente máis acaídos para os homes. En "Espazos roubados. Subversión!" a artista Isabel Blanco reivindica novos territorios por gañar de forma masiva para as mulleres. A exposición, que permanecerá aberta até o próximo 7 de xaneiro na sala Rosalía da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, relata a través de manequíns femininos os espazos que quedan por conquistar. Ataviados con distintas roupas e acompañados quer por imaxes, quer por datos obxectivos, estes elementos apuntan a un problema social: a ausencia ou escasa participación das mulleres en profesións ou especialidades como a robótica, a construción, o fútbol americano, a tecnoloxía... Blanco sitúa 13 representacións das mulleres, inmóbeis, tamén en escenarios como poden ser a astronáutica, a aviación comercial -aos mandos dos avións- ou directoras de orquestras. É máis, na presentación oficial desta iniciativa tamén repararon naquelas mulleres políticas, brigadistas para a extinción dos incendios e mecánicas. Con este proxecto artístico e reivindicativo, a autora pretende evidenciar aqueles espazos roubados aos que é difícil chegar por "teitos de cristal e chans pegañentos que se nos impoñen no eido profesional, laboral e intelectual". Así o explicou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que asistiu á apertura oficial. As intervencións sonoras e as cifras reforzan a estratexia, convidan a todo tipo de públicos ao pensamento crítico sobre a evolución cultural e quizais impulsan máis esa "revolución social" e a conquista dunha igualdade real. Por exemplo, as persoas asistentes poderán comprobar como na construción só hai un 8% de operarias e o persoal investigador en intelixencia artificial do xénero feminino só representa un 19%. Aliás, amósase o exemplo do fútbol americano e da "vergoñenta" Extreme Footboll League, unha competición na que "as xogadoras van en roupa interior cun formato sexualizado". Ante isto, como sinalou Silva, "o feminismo impulsou a única revolución social triunfante no século XX, a única capaz de transformar efectivamente a vida das persoas".
NOS_6589
Os Quinindiola, Nicho Varullo e Psicofónica de Conxo son tres dos conxuntos que fixeron parte do ADN do músico e compositor compostelán.
En toda escena da música pop e rock hai unha cara A, formada por grupos coñecidos ou recoñecidos, e unha cara B, composta daqueles grupos que habitan e medran nas marxes. En toda escena agás en Galiza, onde todo é unha inmensa cara B. Mais é nas caras B onde xorde o pentagrama torto, que é o pentagrama que leva a novas posibilidades rachando coa comodidade. Narf estivo presente en tres grupos que representaron como poucos a posibilidade de novos pentagramas tortos na música galega: Os Quinindiola, Nicho Varullo e A Psicofónica de Conxo. Os Quinindiola foron unha laparada como poucas no rock deste país. Inclasificábeis. Fran Pérez Narf non estaba na primeira formación (Xelís de Toro, Pepe Sendón, entre outros) mais uniuse ao proxecto achegando unha visión ampla e desafiante. Alí estaban nun inicio The Jam e The Stooges mais axiña se tinguiu con achegas que arrecendían a cultura negra, desde James Brown até aquel primeiro hip-hop. Falamos dos 80. Foron rupturistas. Non de boca, de verdade e en galego. Temas como 'Un home animal' é un deses temas que traspasan épocas. 'Faime mal' soa hoxe desafiante e premonitoria: "Non quero ir ó ceo / a eternidade faime mal". Acabou Os Quinindiolas e chega Nicho Varullo. Palabras maiores, moi maiores. Post-punk, poesía, zona vella picheleira. Hai un momento en que o rock galego opta por deixar claro que non é unha brincadeira. E aí estaban Os Nicho, a finais dos 80 e principios dos 90, removendo a terra que pouco despois explotaría na escena hardcore compostelá, de Fame Neghra a Dirty Barriguitas e Os Túzaros, entre moitos outros. Mais agora estamos a falar de Nicho Varullo. Carlos Santiago e Narf como alicerces. Un disco publicado nun selo montado grazas aos cartos que Xelís de Toro gañara nun certame literario de Lugo: Spectra. Aí se editou o único disco de Nicho Varullo, unha xenialidade en cartón con deseño de Fausto C. Isorna. Compostela, daquela, comezaba a molar, como un día escribiu Mario Regueira. 'Casco Vello', 'En tu látigo' ou 'Llegó el polaco' son algúns dos 7 temas dese traballo, xa para sempre un clásico do rock de Galiza. Había post-rock, había poesía. E había, tamén, pentagramas tortos. Como Os Qunindiola, Nicho Varullo morreu sen pena nin gloria ante os ollos da elite cultural galega. Grazas a deus, non soportariamos esa mediocridade, que diriamos parafraseando a The Pogues. Mais non acaba aí o ADN de Narf, o pulso por explorar e debullar nas marxes do pop e rock desde Galiza. Naceron, a finaos dos 90, Psicofónica de Conxo. Fran Pérez , Pepe Sendón, Carlos Santiago, Xavier Olite, Suso Alonso e Marcos Teira. Unha aposta tan afouta como marabillosa, que durou até 2005. Outra vez esas letras. Outra vez esas músicas. E outra vez, ese pentagrama torto.
NOS_54547
A familia da moza asasinada exixiu que se "depuren responsabilidades".
A investigación xudicial da morte e desaparición da moza viguesa Déborah Fernández-Cervera sumou nos últimos días un novo episodio insólito: a Unidade encargada da investigación destes feitos, ocorridos en 2002, confirmou a aparición dun atado "descoñecido até a data" que contén efectos e documentos relacionados coa investigación. Este cartafol foi localizado no marco dunhas obras de reforma no Complexo Policial de Canillas en Madrid. O disco duro de Déborah foi manipulado após ser entregado á Policía Así o confirmaron a familia da moza asasinada e o seu equipo xurídico, que recibiron esta noticia con "incredulidade e indignación". Segundo sinalaron, entre o material aparecido en dependencias policiais en Madrid hai un teléfono móbil "sen tarxeta SIM", cintas de vídeo, fotografías e oficios policiais. "Como se pode ocultar un teléfono móbil durante todos estes anos? Sen tarxeta SIM?", cuestionou a familia de Déborah, que lembrou que este achado prodúcese precisamente no momento en que a xuíza de instrución 2 de Tui denegou a petición de indagar acerca da cadea de custodia do disco duro do ordenador da vítima. A peritaxe confirma a manipulación do disco duro de Déborah Fernández A decisión da maxistrada chegou a pesar de que os peritos da empresa Lazarus Technology chamados a declarar no marco da causa xudicial confirmaron que o disco duro do ordenador de Déborah Fernández foi manipulado. A familia pide "depurar responsabilidades" Familiares e achegados da moza asasinada lamentaron tamén a "negativa reiterada" da xuíza instrutora á petición de incorporar á causa o contido de todos os atados policiais dos que se tiña constancia até o de agora. A xuíza do 'caso Déborah' alonga a instrución seis meses máis a falta do resultado de varias probas A aparición de novo material relacionado coa investigación, que aínda non foi analizado, e do que se descoñece o seu alcance, suscitou a "sorpresa" da familia da moza, que vai pedir "que se depuren responsabilidades" e non descarta "presentar reclamacións xudiciais". O pasado mes de xullo, a titular do Xulgado de Instrución número 2 de Tui decidiu alongar seis meses máis a instrución do caso de Déborah Fernández-Cervera.
NOS_6967
Arrasou o Non no referendo grego. Un resultado impresionante, absolutamente inagardado polos inquéritos. Co 100% escrutado, o OXI/Non obtivo o 61,31% das papeletas, face o 38,69% do NAI/Si. Tsipras coróase como líder indiscutíbel da política grega e traslada a presión á UE, que agora terá que decidir se consuma a súa ameaza e, en consecuencia, expulsa Grecia do Euro. O referendo deixou unha primeira vítima política: o dereitista e pro-UE Samaras anunciou a súa demisión.
Tal e como prognosticaban diferentes enquisas telefónicas que se publicaron unha vez fechadas as portas dos centros electorais (ás 18h hora galega), o OXI/NON vence aos recortes impostos polos acredores de Grecia -Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional- nun referendo no que estaban postas todas as miradas. Fíxoo cunha ampla vitoria que lle dá un importante impulso ao Goberno de Alexis Tsipras, líder de Syriza, e que lle traslada a presión á Unión Europea. E é que, agora, Bruxelas terá que decidir se consuma a súa ameaza e expulsa a Grecia do Euro. Co comezo do reconto das papeletas, nunha xornada electoral que transcorreu sen incidentes e na que estaban chamados a votar 11 millóns de gregos e gregas, xurdiron o baile de cifras e as noticias que apuntaban a unha lixeira vitoria do OXI/NON fronte ao NAI/SI. Agora, co 90% dos votos escrutados e segundo os datos oficiais o "non" gáñalle ao "si" cunha abrumadora vantaxe, xa que acada o 61,44% dos votos, fronte ao 38,56% das persoas que votaron a favor dos recortes da troika. O FMI sitúa en 50.000 millóns de euros as necesidades de Grecia para os próximos tres anos Con este resultado, o pobo grego, que fixo bandeira da soberanía, dálle as costas aos novos recortes impostos polos acredores do país. O FMI situaba en 50.000 millóns de euros as necesidades financeiras de Grecia para os vindeiros tres anos. Esta cantidade, segundo os expertos, imposibilita o pagamento da débeda, sobre todo, ao ter en conta que os acredores rexeitan unha quita. Os tesoirazos que implicarían a nova inxección de cartos por parte da troika empobrecerían aínda máis Grecia e suporían deteriorar aínda máis os servizos públicos do país, con medidas como a redución orzamentaria en educación, sanidade, nas pensións e nos salarios e co aumento de impostos. O pobo grego vén sufrindo nos últimos cinco ano o brutal impacto dos recortes impostos pola troika. De feito, os anteriores rescates provocaron en Grecia unha situación dramática, onde o PIB descendeu máis dun 25%. Milleiros de persoas celebran o resultado na praza Syntagma de Atenas Unha vez coñecida a ampla vitoria do "OXI/NON", milleiros de persoas saíron ás rúas para o celebrar. Na praza Syntagma da capital grega coréanse consignas como "Troika OXI (troika non)" ou "O pobo unido xamais será vencido". Primeiras reaccións: dimite Samarás Logo de coñecer o resultado do referendo, o ex primeiro ministro grego, Antonio Samarás, anunciou a súa dimisión como líder do partido opositor Nueva Democracia, un anuncio que foi recibido con euforia polos milleiros de persoas que celebran o "OXI" na praza Syntagma. Tsipras agradécelle o "OXI/NON" ao pobo grego Pola súa banda, Alexis Tispras comparece arestora diante dos comunicacións para agradecer a participación e o voto ao "OXI/NON" do pobo grego. Sinala que as e os gregos contestaron de xeito correcto, demostrando que "un pobo cando ten fe e conciencia colectiva pode resistir". O primeiro ministro grego agoira que mañá Grecia vai entrar nunha mellor conversa de transacción económica. Ademais, Tsipras apunta que a prioridade do Goberno pasa agora por reinstaurar a estabilidade fiscal. Neste sentido, afirmou que Grecia asistirá mañá á mesa de negociación co fin de restaurar o sistema bancario. Cumbre do euro para o martes A cumbre de líderes europeos prevese para esta terza feira, despois de que Francia e Alemaña solicitaran a reunión despois do "NON" do plebiscito grego. Precisamente o vicechanceler alemán Sigmar Gabriel declarou despois de coñecer o resultado do referendo que ve "dificilmente imaxinábel" retomar as negociacións con Grecia sobre o rescate.