ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_54142 | A parlamentaria de AGEe reclamou unha reflexión desde a esquerda "nun momento en que as loitas son comúns en varios lugares do mundo" e chamou a facer fronte ao avance do autoritarismo no Estado español que exemplificou na represión xudicial e policial do referendo en Catalunya. | Lidia Senra participou nunha xornada organizada polo seu grupo parlamentario en Compostela na que estivo acompañada por Lupe Ces, David Rodríguez, a activista Haydee Castillo, de Nicaragua, e o sociólogo Ramón Grosfoguel, un habitual nas presentacións de Alternativa Galega de Esquerdas no país. "Hai un claro avance do autoritarismo", dixo a parlamentaria galega, que se referiu á decisión do Estado español de "perseguir urnas en Catalunya" como "un golpe á democracia" para tratar de negarlle un dereito, o dereito a decidir, ao pobo catalán. Senra mesmo cualificou como "fascista" a reacción do Goberno español diante da convocatoria do referendo. E lembrou que o día anterior presentara unha pregunta para coñecer a posición da Comisión Europea ao respecto da denuncia da Fiscalía contra 712 alcaldesas e alcaldes de Catalunya. Neste escenario, Senra chamou á esquerda abrir un período de reflexión para decidir "por onde queremos camiñar, que esquerda queremos e onde queremos colocarnos dentro dela" e reclamou a solidariedade das esquerdas co pobo catalán e cos perseguidos en todo o Estado español polas mostras de apoio a Catalunya. |
PRAZA_15745 | No seu primeiro acto público como líder do PPdeG Feijóo viuse obrigado a desautorizar a Cacharro, que ligara a Zapatero cos atentados do 11-M | O 17 de xaneiro de 2006 Alberto Núñez Feijóo levaba exactamente dous días na presidencia do PPdeG, á que chegara no congreso da sucesión de Manuel Fraga, e xa se viu obrigado a apagar o seu primeiro incendio interno, provocado por un dos membros da vella garda popular. O daquela presidente da Deputación de Lugo e senador pola provincia lucense, Francisco Cacharro -falecido en 2015- decidira sumarse ás teorías da conspiración en torno aos atentados do 11-M en Madrid e Feijóo vírase obrigado a desautorizalo e mesmo a defender a lexitimidade do socialista José Luis Rodríguez Zapatero como presidente do Goberno de España. O xermolo deste episodio chegara dende Melilla, onde un senador do PP pola cidade autónoma, Carlos Benet, comparara o líder do PSOE con diversos golpistas e dera en afirmar que, igual que Tejero entrara no Congreso "cunha pistola", Zapatero fixera o propio "nun tren de cercanías", en referencia ao 11-M. Poucas horas antes de que Benet se vira forzado a pedir desculpas Cacharro reflexionaba, en rolda de prensa en Lugo, que o seu compañeiro de filas non fixera máis que "expresar en voz alta un pensamento que comparte con millóns de españois". Segundo o veterano político lucense cumpría ter en conta que Benet era unha "persoa seria" e só concedía que "quizais" non era "correcto" realizar esa afirmación, pero non porque non concordase con ela. "Todo o mundo está de acordo, pero non se pode dicir se non hai probas", lamentou. No seu primeiro acto público como líder do PPdeG Feijóo viuse obrigado a desautorizar a Cacharro, que ligara a Zapatero cos atentados do 11-M Coa polémica en marcha en Galicia as olladas dirixíronse cara ao substituto de Fraga no que era o seu primeiro acto público como presidente do PPdeG. O partido, afirmou Feijóo, non cuestionaba "en ningún caso a lexitimidade democrática" do Goberno de Zapatero, e el, pola súa banda, só "lamentaba profundamente" algunhas "decisións do Goberno relacionadas con Galicia". A nova dirección do PPdeG ía naquel día un chisco alén e, en declaracións a La Voz de Galicia, cualificaban o afirmado por Cacharro como "babosada". Aquela case forzosa defensa de Zapatero por parte de Feijóo foi a única que se lembra pola banda do actual presidente da Xunta a respecto do político do PSOE, a quen converteu no seu máis recorrente argumento tanto na oposición ao bipartito como, sobre todo, tras chegar a San Caetano. As preferentes, os recortes sociais, a situación do sector naval ou un suposto "buraco" nas contas da Xunta foron só algunhas das acusacións máis recorrentes de Feijóo contra un Zapatero a quen lle reprochou mesmo a formulación de promesas electorais practicamente idénticas ás lanzadas por el mesmo en 2009, caso por exemplo de pular polo "pleno emprego". |
NOS_37373 | O seis de setembro celebrouse o día internacional das aves limícolas, aves de praia moitas delas, que á maioría, non lle soarán aínda que precisamente en Galiza contamos con moitas das especies que viven en Europa. | As praias son eses lugares aos que nos desprazamos cando loce o sol e apetece darse un baño. Area e auga poderían ser as dúas compoñentes, case únicas, deses escenarios máis ou menos idílicos, aínda que lles poderiamos engadir algún máis para mellorar a experiencia: un aparcamento, un bo acceso, un chiringuito. E hai incluso quen lles quitaría algunha que outra cousa como as algas. Pero a realidade é moito máis complexa. E moito máis valiosa. As praias, parece que o esquecemos, son ecosistemas naturais. Ben, en realidade máis ou menos naturais porque a inmensa maioría delas teñen perturbacións antrópicas de todo tipo, están urbanizadas ou semiurbanizadas na súa meirande parte ou incluso en moitos casos coa súa xeomorfoloxía alterada por infraestruturas de gran impacto. Nelas encontramos lixo de todos os tamaños, tamén do que non se pode ver a simple vista e ao que chamamos microplásticos. Os sistemas dunares asociados que podemos atopar en non poucas praias están alterados igualmente: pisoteadas, removidas e inzadas de especies exóticas invasoras. En Galiza, moitas praias están protexidas, no papel, naquelas áreas de costa menos alteradas. Nelas, en teoría, poderiamos atopar unha gran biodiversidade e parte dela son, por exemplo, as aves. O seis de setembro celebrouse o día internacional das aves limícolas, aves de praia moitas delas, que á maioría, non lle soarán aínda que precisamente en Galiza contamos con moitas das especies que viven en Europa. A máis coñecida en Galiza é a píllara das dunas, unha especie ameazada que aniña en moitas das nosas praias e que corre o risco de desaparecer. As causas da súa desaparición son bastante evidentes: o seu ecosistema deixou de ser un espazo natural para converterse no patio de recreo da poboación humana, que invade o seu espazo e pisotea os seus niños. E aínda hai máis: os cans. Nos últimos anos invadimos con eles calquera espazo ao que se poida acceder. Os cans destrúen os seus niños e perseguen os seus polos ante a indiferenza ou ignorancia dos seus donos, que os levan soltos, algo de dubidosa legalidade. Os cans nas praias atacan constantemente a aves en xeral e a limícolas en particular, especies que viaxan desde lugares tan remotos como Grenlandia para pasar unhas horas alimentándose ou mesmo invernar. Este tipo de persecucións que, a ollos de moitos, son graciosos divertimentos para as súas mascotas, teñen un impacto brutal para a supervivencia de todas estas especies (protexidas) pois obrígaas a levantar o voo constantemente, perder enerxía e dispoñer de menos tempo para alimentarse. As súas poboacións minguan ano tras ano por diversas razóns que van desde o cambio climático á alteración dos seus ecosistemas, pero este problema específico, que se intúe grave, ten unha incidencia difícil de cuantificar. En non é unha cuestión local: ocorre en todo o planeta. Aínda pode ser peor a xestión das praias. En moitos lugares as algas son retiradas constantemente, o que supón unha alteración do ecosistema e diminúen as posibilidades de atopar comida nelas. Un exemplo máis de biofobia. É responsabilidade de todos, especialmente da administración competente, comezar a considerar dunha vez por todas as praias como o que son: ecosistemas, non meras áreas recreativas. Deixalas por uns meses libres e, sobre todo, poñer fin a comportamentos incívicos e caprichosos está nas nosas mans. |
NOS_40051 | Ignacio Vilar e Carlos Asorei son finalistas na categoría de mellor guión adaptado dos Premios Goya. "A tropa de trapo na selva do arco iris", da produtora Abano ademais de Javier Gutierrez e Nerea Barros completan a presenza galega. | A Esmorga será candidata a mellor guión adaptado na gala de entrega dos premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. Malia que se agardaba que a interpretación de Antonio Durán, Morris, Karra Elejalde ou Miguel de Lira fose recoñecida nos galardóns do cine español, ningún dos tres resultou finalista para os premios que se entregarán o vindeiro 7 de febreiro. Karra Elejalde candidátase, en camio, pola súa interpretación en Ocho Apellidos Vascos. Os nomes de Ignacio Vilar e Carlos Asorei como autores da adaptación da novela de Blanco Amor foron pois os únicos de A Esmorga que se sentiron na lectura dos finalistas que tivo lugar este día 7 de xaneiro. Canda eles, a película de animación A tropa de trapo na selva do arco iris, da produtora galega Abano si que accedeu á final no apartado de filmes de animación mentres que o actor de Ferrol, Javier Gutierrez é candidato a actor secundario por La isla mínima, dirixida por Alberto Rodríguez. A actriz Nerea Barros opta pola mesma película a actriz revelación. A película El Niño na que participa a produtora galega Vaca Films opta, entre outras nominacións, á de mellor película. |
NOS_28985 | O curso político que acaba de comezar e que terá como primeiro fito o referendo en Catalunya o próximo 1 de outubro "non será á usanza dos anteriores" porque "mudará substancialmente as cousas no Estado" e terá "unha dimensión histórica", dixo onte Arnaldo Otegi, coordinador xeral de EH Bildu nun acto en Donostia. | Otegi subliñou que a esquerda independentista e soberanista vasca debe ser quen de transmitir á cidadanía a "importancia" desta "nova fase", e celebrou as votacións do 1 de outubro en Catalunya como "unha moción de censura ao réxime do 78". O líder vasco considerou que estamos diante "do derrubo, o fracaso, o final e o esgotamento do modelo do réxime de 1978", o que cualificou como "unha fase histórica" antes de mostrar a solidariedade dos vascos co pobo de Catalunya, co cal, "temos todas as complicidades do mundo" porque están xuntos "na mesma tarefa transformadora", explicou. Insistiu Otegi en que o referendo do 1-O puxo "data a unha moción de censura que quere acabar co réxime do 78" e animou a Euskadi e a Navarra a mudar o modelo de relación "con respecto ao Estado español" para que se asente "no respecto e na igualdade". "Non podemos seguir sendo parte subsumida dun Estado que xerarquicamente impón as súas leis, seus proxectos económicos, sociais e culturais porque consideran que estamos baixo a súa tutela e que non temos capacidade de discernimento para facer unha cousa diferente", concluíu Otegi. |
NOS_30943 | A axencia estadounidense ASSOCIATED PRESS afirma que esa rede social ('ZunZuneo') foi financiado por unha axencia de EUA para espallar entre @s usuari@s mensaxes que promovesen protestos e "socavar o goberno comunista". | Como nos mellores filmes de espías e conspiracións. Estados Unidos impulsou e creou en secreto unha especie de 'twitter' cubano para transmitir a través desa rede social mensaxes e proclamas que derivasen en protestos e revoltas contra o goberno da illa. Mais non é un guión hollywoodiense, senón a realidade. Así o afirman desde Associated Press, unha axencia de noticias estadounidense. Unha investigación de tres xornalistas, destaca como esa rede social, chamada 'ZunZuneo', estaba financiada por Usaid, unha axencia estadounidense para, en teoría, "fomentar o desenvolvemento". ZunZuneo estivo oprativa entre 2010 e 2012 e chegou a ter 40.000 usuari@s. Todo planeado ao milímetro Documentos os que tivo acceso AP nesta investigación apuntan que o obxectivo era, unha vez que esta rede tivese un amplo número se seguidores, transmitr mensaxes, novas... destinadas a xerar revoltas e protestas contra o goberno. Non o farían nun primeiro momento, tal e como recolle a investigación. Nos primeiros pasos as novas en 'Zunzuneo' (palabra derivada de 'zunzún', que é como se lle di en Cuba ao colibrí) só daría o que os impulsores denominaron "contido non controversial" (deportes, música, sociedade,...) para ir gañando a confianza e captando á mocidade cubana. Non mencionar EUA para gañar a confianza da xente Nesta operación tomaron parte funcionarios de Estados Unidos (como Joe McSpedon) e contratistas especializados en tecnoloxía e con experiencia en Nicaragua, Costa Rica... Tiñan claro que a participación do goberno de EUA tiña que ficar no máis absoluto secreto. "Non se mencionará en absoluto a participación do goberno estadounidense- É totalmente crucial para o éxito do servizo e para garantir o cumprimento da misións". Acceso irregular A administración de EUA contou para desenvolver esta rede cunha compañía , CAI, con sede en Washington e que recibiu millóns de dólares en contratos co goberno estadounidense. A compañía, sinala AP; accedeu de forma irregular a unha base de dados de máis de medio millón de cuban@s con telefonía móbil. |
NOS_39773 | O sábado 15 de febreiro os baixos da parroquia Cristo da Victoria, en Vigo, acollen unha acción para reivindicar "o dereito a vivir dignamente" convocada por diferentes colectivos de base que traballan no barrio vigués de Coia. Un encerramento de 12 horas cun amplo programa de actividades de convivio e compromiso. | Todas as mans e apoios son benvidos. A cita será o sábado 15 de febreiro nos baixos da parroquia Cristo da Victoria (Vigo). Un encerramento de 12 horas, desde as dez da mañá até as dez da noite. Haberá debates, obradoiros, actividades para as crianzas, proxección de documentais, coloquios sobre ILP, música, xantar e cea común... Haberá, logo, convivio e compromiso. "Dende as loitas cotiás e comúns destes os nosos colectivos, decidimos que chegou o momento de pecharnos: pecharnos porque nos pechan todas as portas" "Dende as loitas cotiás e comúns destes os nosos colectivos, decidimos que chegou o momento de pecharnos: pecharnos porque nos pechan todas as portas; pecharnos, aínda que pareza paradoxo, para que os responsables políticos e a sociedade toda nos vexan e nos escoiten". Esta é a reflexión que transmiten @s convocantes: Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), o Grupo de Axitación Social (GAS), o Colectivo Imán e a Parroquia Cristo da Victoria. Entre tod@s "Queremos partillar unha xornada de convivencia e reflexión, e denunciar publicamente unha vez máis a situación de indefensión na que nos atopamos a cidadanía pola falta de solucións das administracións públicas ante o crecente empobrecemento do que somos vítimas". No cerne desta iniciativa, o dereito "a vivir dignamente ao tempo que compartimos un espazo privilexiado de encontro coa finalidade de buscar e construír entre todas alternativas xustas e posibles fronte a exclusión e a precariedade que pretenden impoñernos". |
NOS_38455 | A aposta polo dereito de cada persoa a recibir periódicamente uns ingresos para cubrir as súas necesidades extendeuse nestes días por diversas localidades galegas da man de diferentes colectivos | Seis días, nove localidades, trece presentacións, perto de 400 asistentes aos actos... Estas son algunhas das cifras da I Semana galega pola Renda Básica das Iguais (RBis). @s organizador@s da actividade (desde centros sociais a estudiantís ou sindicatos) a valoración é "tremendamente positiva". Como resumo, pódese dicer que a RBIs defende o dereito de cada persoa a recibir periódicamente uns ingresos para cubrir as súas necesidades. Para atinxir esta finalidade, apóstase, entre outras vías, pola re-asignación do gasto público e a reforma do sistema fiscal- Entre @s impulsor@s da semana están colectivos como a Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a CNT ou a Liga Estudantil Galega, entre outros moitos Sinalan que "cando nos botamos á estrada non sabiamos o que nos iamos atopar en cada unha das localidades: Vigo, Pontevedra, Ferrol, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Allariz e As Pontes. Agora podemos dicir que os encontros foron ricos e diversos con colectivos e persoas de ámbitos tan diversos como o: libertario, sindicalismo, profesional, feminismo, okupa, político... e que o intercambio foi rico e posibilitador, á hora de crear dinámicas que rachen co capitalismo". "A RBI comeza a empapar a realidade social de Galiza" Apuntan que tras todos estes actos (palestras, debates,..) a proposta da RBis sae fortalecida "e tamén que comeza a empapar a realidade social de Galiza. Cando hai case catro anos comezamos a pensar no estudo, éramos coñecedoras do verde que estaba esta ferramenta por estas terras. Agora recollemos con esta rolda de presentacións algúns froitos que nos animan a seguir a movernos pola RBis". |
NOS_43210 | A conselleira dixo: "non vou contestar a nada que non sexan orzamentos". | Beatriz Mato non vai demitir. Non ve razóns para facelo. "Non hai nin unha soa razón para que eu demita", asegurou a conselleira na comisión parlamentar de Traballo e Benestar en resposta ás peticións de BNG e AGE, que lle pedían o cese polo caso dos cursos de formación, unha trama na que no sumario aparece a Consellería que dirixe. É máis, Mato mesmo afirmou que "non vou contestar a nada que non sexa orzamentos", que era o tema a debate na comisión. Montse Prado (BNG) e Juan Fajardo (AGE) reprocháronlle a actitude e exixiron, neste punto tamén o fixo a representante PSdeG Carmen Gallego, que dese explicacións pola trama de subvencións de cursos de formación. Mato acusou á oposición de "nin sequera abrir os orzamentos para lelos" e de pedir a súa demisión sen máis. Dixo que desde 2012 todos os cursos están certificados. Prado asegurou que, xa non só pola trama da Operación Zeta, senón tamén por ser unha conselleira que dá as costas a traballadores, persoas con dependencia... tería que deixar o cargo. Fajardo criticou que Mato "veña aquí a falar dos orzamentos como se non pasase nada de nada", en referencia aos casos de corrupción. Mato, por parte moi tensa durante as súas quendas de intervención, mantivo rifi-rafes con BNG e AGE, aos que acusou insistentemente de criticar sen estudar os orzamentos. |
PRAZA_17845 | Este sábado 18 a súa actividade estará centrada na eliminación de eucaliptos e acacias na comunidade de Rebordelo, que quere crear un espazo dedicado á conservación ambiental e de uso público, xerando un cordón de protección de frondosas que protexa a aldea | As Brigadas Deseucaliptizadoras, iniciativa lanzada o pasado mes de abril por Verdegaia, traballarán este sábado 18 no Monte Veciñal en Man Común de Rebordelo, en Cerdedo-Cotobade. A proposta de traballo para esta brigada céntrase na eliminación de eucaliptos e acacias que están a invadir o monte, sobre todo aqueles espazos afectados por incendios forestais nos últimos anos. Esta eliminación require dun traballo manual minucioso inasumible economicamente para a comunidade, envellecida e reducida en poboación. A proposta de traballo para esta brigada céntrase na eliminación de eucaliptos e acacias que están a invadir o monte O monte viuse afectado especialmente pola vaga de lumes de outubro de 2017. "Isto, ademais de supor un duro golpe á Comunidade, que perdeu varios cultivos silvícolas de piñeiro, próximos á corta e substitución por frondosas, deixou a Comunidade, que ocupa 300 hectáreas, nunha situación difícil", explican. A Comunidade de Rebordelo quere crear unha Área de Conservación, que ocuparía dous terzos da superficie total do monte, dedicada á protección ambiental e de uso público, xerando un cordón de protección de frondosas que protexa a aldea do lume. Nesta área atópanse os abastecementos de auga da comunidade, e mais as zonas de produción micolóxica e de produción de castaña que se están a desenvolver. No resto do territorio estanse avaliando posibilidades doutros aproveitamentos como a apicultura ou gandaría en extensivo. A Comunidade de Rebordelo quere crear unha Área de Conservación, dedicada á protección ambiental e de uso público, xerando un cordón de protección de frondosas que protexa a aldea do lume Esta zona representa unha mostra ecolóxica e etnográfica da paisaxe en transición entre as serras litorais e a dorsal galega, cunha biodiversidade "moi particular xa que atopamos especies características de distintas faixas ecolóxicas", explican dende Verdegaia. Serve de corredor ecolóxico entre as dúas áreas de especial conservación dentro do concello de Cotobade: O Río Lérez, ZEPVN (zona de especial protección dos valores naturais) e LIC (lugar de importancia comunitaria) e a Serra do Cando, ZEPVN e LIC. O monte comunal de Rebordelo posúe os seus propios valores ecolóxicos. Atopamos bosques de frondosas en bo estado de conservación, con numerosas variedades de carballos, alén doutras especies: bidueiros, salgueiros, sabugueiros, castiñeiros, loureiros estripeiros... |
PRAZA_4605 | O Concello de Amoeiro lanza unha campaña de crowdfunding para pagar as placas explicativas da Memoria Histórica que se instalarán en todos os lugares nos que aínda exista simboloxía fascista. | En novembro o Concello de Amoeiro anunciaba un proxecto para, seguindo a Lei de Memoria Histórica, instalar placas explicativas de Memoria Histórica en lugares públicos rotulados con simboloxía fascista. "Para que imos amputar unha parte da historia cando o que temos que facer é contala?", destacaba daquela o alcalde, Rafael Rodríguez (PSdeG-PSOE), en conversa con Praza. Trátase de 13 fontes públicas e da antiga escola pública de Parada de Amoeiro, espazos todos eles nos que se poden ver os escudos co xugo e as frechas, e outros elementos de exaltación do fascismo. Nas placas poderase ler que "estas imaxes pertencen á propaganda dunha ditadura que ocupou cos seus símbolos os espazos públicos máis emblemáticos. Permanecen aquí como denuncia histórica daquel réxime opresor". A proposta xerou unha gran repercusión, mesmo fóra de Galicia, o que sorprendeu o rexedor, que lamentaba que "esteamos tan acostumados a non tocar as cousas, a deixar que todo siga igual. Estamos afeitos a ser pasivos ou inactivos ante cousas coas que deberiamos ser moito máis activos". Tamén chegou algunha crítica, con argumentos como que esta medida non axuda "a resolver a crise económica" e que "é un despilfarro". "Non é ningún despilfarro", subliña o alcalde, "as placas que encargamos, un total de 14, teñen un custe sumado de 459,80 euros". Porén, "para que non se poidan acoller a ese argumento", o Concello vai poñer en marcha unha campaña de crowdfunding, de xeito que todas as persoas que así o queiran poidan facer unha doazón única, de dous euros, para apoiar que esta iniciativa se leve a cabo. As doazóns pódense realizar a través desta páxina. "Queremos que sirva para animar a que noutros lugares se faga o mesmo e se impulsen as medidas para dar a coñecer a nosa memoria" "É unha cantidade da que nos poderíamos facer cargo, pero entendemos que é unha cuestión ética. Non imos gastar un can das arcas municipais. Ímoslle pedir á xente axuda para rehabilitar a memoria nuns tempos nos que hai unha cousa chamada lei, que é para todos, a Lei de Memoria Histórica, e hai un goberno que non a provee de fondos para que se poida aplicar", denuncia o alcalde, que engade que "ademais, queremos que sirva para animar a que noutros lugares se faga o mesmo e se impulsen as medidas para dar a coñecer a nosa memoria". Dende o concello engádese que "consideramos que esta causa require dun impulso adicional que demostre o respaldo popular que acompaña a implementación de accións dirixidas a materializar a Lei de Memoria Histórica" e salienta que España "ten moitas débedas pendentes coas vítimas dunha ditadura que represaliou multitude de familias e sumiu no esquecemento as barbaries cometidas sen aliviar -nin sequera simbolicamente- esas atrocidades". Se a campaña supera a cantidade prevista, os cartos sobrantes se empregarán para a organización en Amoeiro doutras actividades ligadas coa memoria histórica. "Xa estamos preparando, para o ano que vén, un acto de homenaxe ás corporacións municipais que houbo durante a Segunda República. No ano 1936 había 12 concelleiros, eran os 12 socialistas. O alcalde matárono e o resto tivo que fuxir, ou estiveron agachados durante anos. O seu legado foi moi importante, e queremos traer esa memoria á actualidade, honrar esa xente e concederlles os eloxios que merecen", di Rafael Rodríguez, que destaca que "Amoeiro foi un dos concellos que padeceu máis cruelmente os efectos da represión". "O esquecemento é algo que nos divide" "Conservar a memoria forma parte do patrimonio dun pobo. O esquecemento é algo que nos divide. Hoxe hai moita xente que non sabe que é iso. É necesario que a xente saiba que é iso que está aí" Rafael Rodríguez defende que coa colocación destas placas infórmase mellor do que foi a ditadura e réndese unha mellor homenaxe ás vítimas e á súa dignidade que coa retirada da simboloxía fascista. "A mellor proba témola noutros países. Non é o mesmo que che conten o que foi o nazismo, que ir a un campo de concentración, estar alí, ver o que foi. Esa é a forma que contar a historia, ver como foi a realidade". E engade que a visión dos xugos e frechas nas fontes do concello, coa explicación do que isto significou durante corenta ano permite amosarlle á xente "como foi a apropiación simbólica dos lugares públicos, como con esas imaxes se conseguía unha sensación de dominio e imposición, como se infundía temor na xente". "Conservar a memoria forma parte do patrimonio dun pobo. O esquecemento é algo que nos divide. Hoxe hai moita xente que non sabe que é iso. É necesario que a xente saiba que é iso que está aí", conclúe. O reloxo de Cástor Sánchez Martínez O vindeiro ano, como adiantou o alcalde Rafael Rodríguez, o Concello de Amoeiro organizará un acto de homenaxe á corporación municipal que xestionou a localidade durante a Segunda República e que tivo a Castor Sánchez Martínez como alcalde. Loitador pola abolición dos foros, foi por tres veces presidente das sociedades agrarias en Parada e fundador da UGT de Amoeiro e da primeira agrupación socialista no concello. O 19 de abril de 1.931 elíxese democraticamente nova corporación, resultando elixidos 8 concelleiros socialistas e 4 republicanos, sendo nomeado alcalde-presidente por unanimidade. O mandato durou ata 1934, momento no que é deportado tras unha criticada actuación xudicial. Regresou a súa casa o 7 de xaneiro de 1935, e o 20 de febreiro de 1936 asumiu, de novo, a alcaldía de Amoeiro por orden ditada polo presidente da República. O reloxo de Cástor Sánchez Martínez, un modelo de marca Titán e único na bisbarra, pasou ao pulso dun dos seus asasinos quen, a pesares da súa infamia, vangloriábase publicamente diso Tras o golpe militar, o 25 de agosto de 1936, os falanxistas asasinan a Castor Sánchez Martínez na estrada de Leiro a Ribadavia, no cruce de Beade. O reloxo de Cástor Sánchez Martínez, un modelo de marca Titán e único na bisbarra, pasou ao pulso dun dos seus asasinos quen, a pesares da súa infamia, vangloriábase publicamente diso. O seu fillo –José Benito Sánchez- foi coñecedor desta historia, e sufriu como poucos a longa e dura represión fascista, o cal non lle impediu converterse en cronista de Amoeiro ao longo de toda a súa vida. Web para realizar as doazóns |
PRAZA_6469 | Así o recoñeceu o ministro Montoro tras unha interpelación do BNG no Congreso, onde recoñeceu que seguiron chegando notificacións malia a paralización das multas e tras insistir en que Facenda seguirá aplicando a retroactividade e regularizando a tributación desde 2008. | A Axencia Tributaria terá que devolver 20 millóns de euros polas sancións, intereses de demora e recargos exixidos a milleiros de emigrantes retornados no conxunto do Estado que regularizaron a súa situación e que foron afectados pola campaña sancionadora pola que se obrigou desde 2008 a tributar polas pensións do estranxeiro a este colectivo, ao que nunca lle foran reclamadas estas cantidades antes e ao que mesmo se lle informara de todo o contrario durante anos. Así o recoñeceu o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, tras ser interpelado pola deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, que preguntou ao Goberno polo feito de que o Estado siga tramitando multas -tal e como informou Praza- máis dun mes despois de que anunciase que as paralizaba. O ministro presumiu de que o Goberno "vai condonar todo", incluíndo multas, recargos e intereses de demora cobrados a estes emigrantes retornados, polo que volve recoñecer unha vez máis -e ao contrario do que fixera nun principio- que estes pensionistas non foron defraudadores nin tiveron tal intención nunca. Ao tempo, avanzou que esta condonación implica "unha devolución que ascende a uns 20 millóns de euros" a todas as persoas afectadas no Estado, unha cantidade que -di Montoro- "compensarase en parte cos ingresos obtidos coa posterior regularización". Os datos achegados por Montoro implican unha media dun mínimo de 600 euros tan só en multas por cada emigrante afectado De facer caso a estas cifras e ás de afectados que dá o Goberno central, case 33.500 pensionistas, as sancións, intereses e recargos asumidos de media por cada un dos emigrantes requiridos é de case 600 euros como mínimo. Só en multas e á marxe das cantidades que os cidadáns afectados tiveron que pagar por regularizar unha situación da que nunca foron advertidos e que, nalgúns casos, implica unha dobre imposición recoñecida incluso polos tribunais. Tal e como lle lembrou Fernández Davila a Montoro, o Executivo cenral "fai amnistías fiscais cos que máis teñen pero tan só condonan muiltas e intereses sen eximilos dun pago" que abrangue desde 2008 pero, incomprensiblemente, nunca desde antes. "Sabe o que supón para xente que cobra unha pensión de entre 800 e 700 euros ter que pagar entre 3.000 e 5.000 euros agora?", preguntoulle. O Goberno central négase a paralizar a retroactividade desta tributación aplicada desde 2008 e só condona as sancións A deputada do BNG reclamou que se paralice a retroactividade desta tributación que se aplica desde 2008 ao entender, como os colectivos de afectados e a propia Facenda recoñecen, que houbo desinformación. O Bloque entende que foi unha exixencia centrada nun "afán recadatorio", algo que demostraría as elevadas cantidades que insinuou Montoro coas cifras achegadas este mércores. Pero o Goberno segue adiante. Seguirá "regularizando" as declaracións desde hai máis de cinco anos e limitarase a dar un prazo de seis meses, desde xaneiro de 2015 e en canto a reforma fiscal estea aprobada, para que os emigrantes paguen a Facenda polas súas pensións de administracións públicas desde 2008. Non obstante, Montoro si recoñece que "puido ter ocorrido" que algunha notificación chegase a varios contribuíntes durante estas últimas semanas, polo que recomentou a estes afectados que acudan á Axencia Tributaria para informalos sobre unhas cantidades que terán que pagar agora para que lles sexan devoltas nuns meses. O BNG lamenta que a devolución das multas non sexa "de oficio" e que os afectados teñan que volver facer complicados trámites Ademais, Fernández Davila criticou tamén que as devolucións de multas, intereses e recargos "non sexan de oficio", senón que os afectados teñan que volver meterse en complicados trámites para reclamar as cantidades cobradas indebidamente. O propio Montoro recoñeceu que a decisión de condonar estas cantidades chegara por "tratarse os afectados de persoas de avanzada idade, cunha menor capacidade obxectiva para entender o regulamento tributario". O que si negou o ministro de Facendo foi que na campaña da Axencia Tributaria houbese "afán recadatorio" e incluso negou que houbese algunha amnistía fiscal en España. "Non houbo amnistía fiscal para os ricos, senón unha regularización extraordinaria", finalizou. |
NOS_57391 | As mudanzas a respecto das restricións de idade para a inoculación da vacina de AstraZeneca nos últimos días acrecentan a incerteza e as dúbidas nas persoas menores de 60 anos que xa recibiran a primeira dose. Agora que o uso do fármaco do Reino Unido só se permitirá no caso de persoas de entre 60 e 69 anos, que acontece con quen están pendentes de completar a pauta? | Que acontece coas persoas menores de 60 anos que recibiron xa unha dose da vacina de AstraZeneca? Van recibir a segunda? A Comisión de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade reuniuse na quinta feira, mais non adoptou decisión ningunha ao respecto e aprazou a resolución á espera de que se vaia actualizando e ampliando a evidencia científica e das novas avaliacións da Axencia Europea do Medicamento (EMA). O que si decidiu a citada comisión foi ampliar a vacinación co antídoto do Reino Unido até os 69 anos. O día anterior acordara suspender a administración do fármaco nas persoas menores de 60. 141.000 galegos e galegas inoculados Até a data o número total de vacinas de AstraZeneca administradas na Galiza é de 140.903 doses. Unhas 100.000 inoculáronse en persoas menores de 60 anos, na súa meirande parte as consideradas traballadoras e traballadores esenciais, como docentes, membros das forzas e corpos de seguridade e bombeiros e outros colectivos como o dos psicólogos. Segundo a Consellaría de Sanidade a pauta completa deste fármaco só a teñen 21 persoas. O galego Federico Martinón é membro do Comité Asesor de Vacinas da Organización Mundial da Saúde e é o xefe de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Explica que "de momento non sabemos oficialmente que vai acontecer" no Estado español, mais indica catro opcións. Martinón pon de manifesto que unha das opcións é completar a administración coa mesma vacina AstraZeneca cando corresponda, "aínda que non se identificase, cando se produce un efecto adverso tan raro cun fármaco, en xeral hai algún factor predispoñente específico nesa persoa, así que se non houbo problemas coa primeira dose é moi improbábel que o teñas coa segunda dose. Se realmente tiveses esa maior predisposición xa se tería manifestado". Outra das opcións consistiría en completar a administración "con outra vacina" das dispoñíbeis, "xa existen estudos en marcha para avaliar especificamente a seguridade e a capacidade de estimulación inmune destas pautas mixtas, aínda que eses datos non se publicaron". A terceira alternativa pasa por "comezar de cero con outra vacina, como se non se recibise a primeira dose". Porén, advirte de que esta posibilidade "coa escaseza de vacinas que aínda hai é pouco probábel e é máis previsíbel que de optar por non terminar a pauta vacinal coa AstraZeneca se substitúa a segunda dose por outra das vacinas dispoñíbeis, asumindo que aínda que sexan de diferentes características, teñen en común o mesmo antíxeno, a proteína S, e por tanto debería funcionar". A outra opción é "non facer máis nada e asumir que cunha única dose da vacina esa persoa xa estea suficientemente protexida, de maneira semellante ao que sucede coa vacina tamén vectorial de Jansen". O membro do Comité Asesor de vacinas da OMS chama desde as súas redes sociais á tranquilidade "neste mar de confusión" e empraza a seguir o que diten "as autoridades sanitarias". |
NOS_28651 | Esta quinta feira debaterase unha iniciativa do BNG que reclama da Xunta a protección da Fraga de Catasós (Lalín) diante da ameaza do trazado da liña eléctrica de alta tensión do Irixo a Lalín. | O Parlamento debaterá o futuro da Fraga de Catasós a través dunha iniciativa presentada polo BNG que será tratada en comisión na que reclaman a declaración como Espazo Natural de Interese Local das Fragas de Casas Vellas e rego de Quintela, continuación do Monumento Natural das Fragas de Catasós. Esixen ademais que a Liña de Alta Tensión sexa soterrada nos quilómetros de maior impacto, e citan expresamente o tramo que vai entre Catasós e Moneixas, seguindo o trazado da N525. A iniciativa, presentada polas deputadas Carme Adán e Ana Pontón, alerta da ameaza da destrución de parte do conxunto forestal próximo ao Monumento Natural das Fragas de Catasós e estima que arredor de 2.000 pés serán talados nunha operación que fraccionará fragas e soutos. "Concretamente a Fraga de Casas Vellas e a unidade paisaxística homoxénea disposta, coma mosaico de fragas de castiñeiros, pequenas carballeiras e minoritariamente agro, lonxitudinalmente polo rego de Quintela", sinalan, dun conxunto que definen como "unidade paisaxística indisoluble" e expoñente da paisaxe tradicional agroforestal galega. Riqueza paisaxística singular Alertan tamén das transformacións da paisaxe rural de Lalín nas últimas décadas, unha alteración que, malia iso, permitiu que Catasós continuase salvando até hoxe unha riqueza paisaxística singular con soutos e fragas con bo estado de conservación. A iniciativa nacionalista quere que se protexa a unidade agroforestal na que se atopa o Monumento Natural da Fraga de Catasós, só unha pequena superficie da totalidade do conxunto. "O paso dunha liña eléctrica, que neste caso ademais acentúa o seu poder destrutivo por coller lonxitudinalmente a vertente do rego de Quintela e Casas Vellas, afectaría gravemente a integridade deste lugar", alertan, polo que reclaman a declaración de Espazo Natural de Interese Local ás Fragas de Casas Vellas e rego de Quintela. |
PRAZA_10131 | A paralización de novas aperturas de salóns de xogo chegará ata a aprobación da nova Lei do Xogo que, segundo o Goberno galego, "manterá esta limitación" | A limitación á apertura de novos salóns de apostas en Galicia durará, de momento, nove meses. A medida, que fora adiantada este mércores polo vicepresidente Alfonso Rueda, foi aprobada este xoves polo Consello da Xunta. O número de casas de apostas quedará limitado, polo de agora, ás actualmente existentes ou en tramitación. Isto é: 41 tendas de apostas, todas funcionando e sen ningunha solicitude en tramitación na actualidade, e 118 salóns de xogo (97 xa funcionando e 21 expedientes pendentes).O acordo, indica o Goberno galego, ten un "carácter temporal e transitorio" e unha "duración máxima" de nove mesesEstes establecementos de xogo non contaban ata agora en Galicia con ningunha planificación como tal, aínda que si con limitacións en materia de distancias a outros establecementos de xogo e centros educativos de menores de idade.O acordo, indica o Goberno galego, ten un "carácter temporal e transitorio" e unha "duración máxima" de nove meses desde a data da súa publicación. A duración final dependerá, polo tanto,da entrada en vigor da nova Lei do Xogo, que iniciará en breve a súa tramitación. A Xunta indica que a norma, cuxo borrador se presentará nas vindeiras semanas, "manterá esta limitación".A Xunta indica que a Lei do Xogo "manterá esta limitación"O acordo busca, segundo o Goberno galego "impedir condutas especulativas que poidan repercutir no futuro na eficacia da nova Lei do xogo e da planificación que se adopte con ela". A Lei do Xogo actualmente en vigor e que agora vai ser renovada, aprobada en 1985, acabou supoñendo hai tres décadas a condena do daquela vicepresidente popular da Xunta, José Luis Barreiro Rivas. A Xunta destaca que "nos últimos anos se vén detectado un incremento considerable nas solicitudes de autorización" e afirma que "no resto de comunidades autónomas se está producindo un enorme crecemento da actividade do xogo". Os galegos perderon 28 millóns de euros nas salas e máquinas de apostas no ano 2016 (últimos datos dispoñibles, ofrecidos polo Ministerio de Facenda). En concreto, xogaron uns 134 millóns de euros e obtiveron uns premios duns 106 millóns. |
PRAZA_4794 | A maioría absoluta popular no Congreso saca adiante o primeiro trámite para restrinxir a xuridición universal sen apoio ningún e no mesmo día no que a familia do cámara galego pediu aos partidos rexeitar unha reforma que suporá o punto final da investigación do seu caso. | A familia de José Couso non se rende. Este martes a súa nai, Maribel Permuy, e o seu irmán, Javier Couso, reuníronse a petición propia con todos os grupos parlamentarios, incluído o PP, que esperou até o último momento para contestar a solicitude. Con estas xuntanzas, a familia Couso quere expresar a súa profunda preocupación pola reforma que o Goberno pretende aprobar vía exprés, sen consultas, para limitar, até case anular, a xustiza universal. O PP usa a maioría absoluta para dar o primeiro paso para liquidar a xustiza universal no mesmo día que recibe a familia Couso Pero a toma en consideración da devandita reforma da Lei do Poder Xudicial apróbase este martes no Congreso. É o primeiro paso para poñer o punto final para varios procesos xudiciais abertos, como o que investiga a morte de José Couso en Iraq por un ataque estadounidense premeditado, os xenocidios de Guatemala ou Ruanda, o asasinato de sacerdotes no Salvador ou as torturas en Guantánamo, entre outros como a causa contra Jiang Zemin. Nin un só grupo parlamentario apoiou o PP, que usou a súa maioría absoluta para sacar adiante o primeiro trámite para limitar a xurisdición universal. No debate no Congreso, o PP defendeu que a reforma "non crea espazos de impunidade para ninguén" e asegurou que "seguirá permitindo queu os delitos máis graves sigan sendo xulgados de maneira máis efectiva que antes". Pola contra, o PSOE denunciou que a devandita reforma "eliminará a xurisdición universal en pro da impunidade de graves crimes contra a humanidade". "Estabamos á cabeza da defensa dos dereitos humanos e, de aprobarse isto, quedaremos á cola. Esta é a súa marca España", recriminou a voceira Soraya Rodríguez. Olaia Fernández Davila, voceira do BNG, acusou o Goberno de "antepoñer a submisión aos Estados Unidos á protección dos seus cidadáns" e de "esnaquizar os dereitos humanos e garantir a impunidade". "Entre facer xustiza a José Couso ou agraciar os seus asasinos, elixiron o segundo", engadiu Joan Tardà, portavoz de ERC, que denunciou que o Executivo quere "internacionalizar o seu modelo de xustiza, que dinamita un fito da época democrática". Amaiur lembrou tamén o cámara galego e advertiu da situación na que quedan os membros de ONG que acoden a países onde se violan dereitos humanos. "Que se pode esperar dun Goberno que non persegue os crimes da ditadura franquista?", insistiu. Críticas semellantes xurdiron de PNV, CiU, IU e UPyD. Todos os grupos agás o PP anunciaron que non ían apoiar a proposta. "O Goberno antepón a submisión aos Estados Unidos á protección dos seus cidadáns", denuncia o BNG Todo pasou na Cámara o mesmo día no que a familia de José Couso se reunía cos grupos do Congreso para pedir que se paralizase esta reforma que suporía o final da investigación sobre o asasinato do cámara galego. "É unha inmoralidade e un atentado contra a democracia", dixo Javier Couso. "É un torpedo dirixido contra a separación de poderes que marca a nosa Constitución, e un golpe mortal á independencia do poder xudicial. Cando os xuíces toman decisións que non gustan ao Goberno, perséguenos ou, como ocorreu no caso da investigación sobre o asasinato do meu irmán, cámbiase arbitrariamente a lei para impedirlles continuar co seu traballo?, engadiu. Pasaron case once anos desde aquel fatídico 8 de abril de 2003 no que o exército estadounidense lanzou tres ataques contra tres sedes da prensa estranxeira en Bagdad, matando tres xornalistas, un deles José Couso, e ferindo varios máis. Desde aquela, o caso Couso converteuse nun símbolo de loita pola xustiza universal. O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz segue investigando, e reiterou en varias ocasións a orde de procura e captura contra os militares estadounidenses involucrados. Tanto as autoridades españolas como as estadounidenses, así como a propia Interpol, ignoraron esta orde de busca e captura, pero aínda así o caso Couso é, até o de agora, a única causa no mundo que está a ser investigada contra integrantes do exército dos EUA. Trátase polo tanto de todo un símbolo. "Con esta reforma lánzase unha mensaxe ao mundo moi perigosa: asasinar ou torturar españois sairá gratis en determinados casos, como o do asasinato do meu irmán", lamenta Javier Couso na conversa mantida con eldiario.es. "A reforma lanza unha mensaxe moi perigosa: asasinar ou torturar españois sairá gratis en determinados casos" A vía do recurso ante o Tribunal Constitucional A familia Couso reuniuse ao longo da mañá deste martes con Izquierda Unida, o PSOE, UPyD, o Grupo Mixto -entre eles o BNG-, CIU e PNV. A todos eles solicitoulles o rexeitamento da reforma e a adopción de medidas que poidan pospola ou evitala. Por exemplo, segundo a lei, 50 deputados ou 50 senadores poderían presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a lei, ante o Tribunal Constitucional. O PSOE si ten 50 deputados. O grupo parlamentario socialista dixo que estudará seriamente a posibilidade de presentar o devandito recurso. "Os parlamentarios teñen nas súas mans ferramentas para tentar deter esta lei que pretende esmagar a xustiza universal. É o que lles propomos hoxe: que o fagan, para que non se convertan en responsables pasivos dun tremendo pau ao dereito internacional", explicou Javier Couso. O PP foi o único grupo parlamentario que esperou até o final para contestar a solicitude de reunión da familia. Pero ao final tamén accedeu a unha xuntanza que foi tensa, segundo explicou a familia Couso. O voceiro popular de Xustiza anuncioulles que trasladará os seus argumentos ao Goberno, pero recoñeceu que non sabe "se terán maior ou menor reflexo no resultado final". "Se a Couso o asasinase un etarra, tería o apoio do Goberno, pero matárono militares dos EUA", di a nai do cámara galego "Case tivemos que mendigar unha reunión e ao final pedíronnos perdón", explicou Javier Couso, quen definiu como "crispado" un encontro no que recordou aos populares que a súa familia é "vítima" e que recibila "vai no seu cargo". A nai do cámara asasinado foi clara e recriminoulle aos representantes do PP que se o tivese "asasinado un terrorista de ETA" non os terían tratado así e terían o seu apoio desde o principio. Permuy recoñeceu que se encheron os ollos de bágoas mentres reivindicaba a condición de vítima do seu fillo e denunciaba os agravios cos afectados polos atentados da banda terrorista, pero asegurou que non recibira resposta ningunha dos deputados. "Se a José Couso o asesinase un etarra, tería o apioo do Goberno, pero foron os militares estadounidenses", insistiu a nai do cámara ferrolán, filla, neta e viúva de militares. "Non temos moita confianza, pero si queriamos que visen a cara da familia da vítima", lembrou o irmán. Onte luns, horas despois de que varios medios de comunicación se fixesen eco de que o PP era o único grupo que se negaba a reunirse coa familia Couso, un asesor do grupo Popular enviaba un mail a Javier Couso no que expresaba a súa intención de recibirlos. Pouco antes do cinco da tarde, e xa telefonicamente, o PP confirmaba a reunión. De pouco valeu. |
NOS_5040 | A Policía mantén unha operación en marcha no museo Barberini de Potsdam. | Dous activistas do grupo alemán de protesta pola protección do clima 'Letzte Generation' (Última Xeración) atacaron este domingo un cadro do pintor impresionista francés Claude Monet lanzando puré de pataca contra a obra no Museo Barberini de Potsdam, ao sur de Berlín. A obra, pertencente á serie 'Lles Meules' (Os Palleiros) de Monet (1889-1891), foi bañada cunha masa viscosa, segundo explicou a portavoz do museo, Carolin Stranz. We make this #Monet the stage and the public the audience. If it takes a painting – with #MashedPotatoes or #TomatoSoup thrown at it – to make society remember that the fossil fuel course is killing us all: Then we'll give you #MashedPotatoes on a painting! pic.twitter.com/HBeZL69QTZ— Letzte Generation (@AufstandLastGen) October 23, 2022 O grupo responsábel asegurou que se trata de puré de pataca, polo que o persoal especializado traballa xa para examinar posíbeis danos no cadro. Catástrofe climática Nas acción participaron catro persoas, incluídas as dúas activistas que lanzaron a masa viscosa antes de se pegaren ao chan con pegamento. Após cubrir a pintura co puré de pataca, os activistas polo clima lanzaron unha mensaxe dirixida á clase política, á que urxe cambiar a forma de facer as cousas en relación co cambio climático, a tomar medidas efectivas. "A xente está morrendo de fame", declararon, nun contexto de "catástrofe climática" que, de non mudar, presaxia grandes dificultades para as persoas. A ONU reclama axuda para 345 millóns de persoas no mundo con fame aguda En concreto, afirmaron, "a ciencia di que en 2050 non seremos capaces de alimentar as nosas familias. E vós estades preocupados por unha sopa de tomate ou un puré de pataca nunha pintura?" "Esa pintura non valerá nada se nos temos que pelexar pola comida", concluíron. Eco freaks just threw mash potato over a monet piece in Germany "in protest" against fossils fuels. pic.twitter.com/HhZ4wu0MjY— Kevin smith (@KJ00355197) October 23, 2022 Sopa de tomate sobre un Van Gogh Hai pouco máis dunha semana, activistas lanzaron sopa de tomate ao cadro 'Os Xirasois', do artista holandés Vincent van Gogh, na National Gallery de Londres. O marco resultou lixeiramente danado no ataque. [VÍDEO] Activistas polo medioambiente lanzan sopa de tomate sobre 'Os Xirasois' de Van Gogh O cadro da serie 'Lles Meules' pertence á exposición permanente do Museo Barberini, procedente da colección do seu fundador, o multimillonario Hasso Plattner. A Policía limitouse a confirmar que hai unha operación en marcha no museo. |
NOS_29368 | O día 8 de maio o galego volverá ás salas de cine comerciais grazas á película Maimiño e o espello máxico, unha coprodución galego-cubana que traslada á animación unha versión libre do Pulgariño de José Martí. | Maimiño e o espello máxico leva de novo a nosa lingua ás salas comerciais. Desta volta será por medio dunha película de animación que tende pontes entre Cuba e Galiza e que se fai oco nun ámbito dos filmes infantís no que imperan as grandes produtoras americanas. Converteuse na película que máis entradas vendeu en Cuba e agora estréase na Galiza. Maimiño e o espello máxico leva a debuxos animados a versión libre de José Martí do conto Pulgariño. Uxía e Xoán Curiel interpretan os temas de Silvio Rodríguez creados para un filme que é coprodución galega-cubana. Un concurso de karaoke na rede promociona a película. O premio? Unha viaxe á Habana para tres persoas. Maimiño chega ás carteleiras galegas despois de terse convertido na película mais vista nos cines de Cuba, triplicando mesmo a marca que até agora tiña Fresa y Chocolate. A película de Ficcións Producións, que chega este 8 de maio ás salas comerciais despois da preestrea no Salón Teatro de Santiago, mantén na rede un concurso musical no que nenos e nenas poden enviar os seus vídeos intepretando un dos tres temas da película e gañar así unha viaxe a Cuba para tres persoas. O filme leva á animación a versión libre que José Martí escribiu do conto Pulgariño e conta ademais nas liñas de crédito con outro dos grandes nomes da cultura cubana. Despois de moitos anos sen ofrecer novos temas, tres cancións de Silvio Rodríguez compostas á mantenta para o filme son un atractivo máis para unha película que se ten que facer oco na distribución nun ámbito dominado polas grandes majors americanas. Mesmo así, Maimiño chegará simultaneamente aos cines de todo o estado con sesenta copias e, nos galegos, a distribución será na nosa lingua, con Uxía e Xoán Curiel interpretando as cancións e un prestixioso grupo de actores e actrices na dobraxe. María Castro, Javier Rey, María Pujalte, Antonio Mourelos, Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Carlos Blanco, Tacho González, Luís Iglesia e Monti Castiñeiras -responsábel da dirección de dobraxe- compoñen o elenco de voces do filme. Amor, xustiza e amizade Amor, amizade e xustiza social son algúns dos valores que a película transmite a través da historia do pequeno que bota a andar co fin de sacar a súa familia da pobreza. "A película foi en Cuba un éxito histórico e fainos moita ilusión que se estree aquí. Será a única longa de animación do audiovisual galego deste ano e confiamos en que vaia ben. Queremos chegar ao público infantil en galego e cun produto honesto e de calidade como é esta película", sinala Julio Casal, director de Ficción Produción. Karaoke-concurso A través da rede social facebook e a páxina cantaconmaimino.com a película chega antecedida por un concurso de interpretación dos principais temas da película que se está a mover nos centros escolares. Nenos e nenas poden publicar os seus vídeos e será un xurado especializado o que decida quen gañará a viaxe a Cuba para tres persoas, con visita incluída aos Estudios de Animación do Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográficos onde se realizou parte do filme. "Os dous pobos está irmanados historicamente a a nós apetecíanos compartir este proxecto de animación que nace despois do convite que se nos fixo nunha visita ao Festival Internacional de Cinema da Habana", comenta Julio Casal que viviu o entusiasmo da estrea na Habana e agarda agora que esas mesmas palmas se repitan na estrea comercial a esta beira do Atlántico. |
NOS_36809 | A cantidade de peregrinas e peregrinos que estes días coincidiron en Compostela non tiveron unha repercusión especial na hostalaría da cidade máis alá dos arredores da Catedral de Santiago. Pola contra, demandan "desconsestionar" a zona e que haxa "máis civismo". | A hostalaría galega está a vivir un verán de recuperación da normalidade sen as restricións propias da pandemia da Covid-19. Tamén volven as peregrinas e os peregrinos e este sector é un dos máis beneficiados, nun principio, pola volta de visitantes que percorren os diferentes itinerarios xacobeos. Veciñanza de Compostela demanda "máis civismo" no Camiño de Santiago Estes días pasados, o foco estivo posto en Compostela, coa chegada duns 12.000 de participantes na Peregrinación Europea de Mozas e Mozos (PEJ 2022), que se sumaron ás romeiras e romeiros tradicionais xunto co turismo alleo ao Camiño de Santiago. Hostalaría e masificación en Compostela Malia isto, o sector non relacionado directamente co negocio da peregrinación tamén é crítico co modelo de masificación que se está vivindo nos últimos quilómetros da ruta xacobea e, sobre todo, na propia capital da Galiza. O presidente de Hostalaría.gal, Lois Lopes, admite a Nós Diario que as opinións sobre este tema son variadas "segundo che toque na zona cero da Catedral ou non", unha realidade que xa reivindicaron durante a pandemia cando afirmaban que "non toda a hostalaría vive do turismo". Por este motivo, non comparte a idea de "darlle importancia ao número de visitantes", ao entender que debería dárselle ao "gasto que realizan nos estabelecementos". Non descarta que esta "masificación" poida "privarnos de ter outro tipo de clientela". Fai un chamamento "ao civismo e a manter o equilibrio entre o lecer e o descanso da veciñanza" lembrando que a situación "é puntual e moi concentrada no espazo da Catedral". Rueda: "A Galiza é a meta do Camiño onde caben todos" Neste sentido, coincide coa idea que xa expuxera o catedrático da USC Rubén Lois en Nós Diario de realizar "un mapa de fluxos turísticos e tentar desconxestionar a cidade", en todo caso aconsella "atallar" a situación "antes de que se converta nun problema serio". Alén diso, bota en falta "máis regulación, sobre todo no tema das vivendas turísticas". Falta de planificación A concentración da mocidade relixiosa destes días tamén prexudicou unha parte da hostalaría. "Foi un evento mal planificado, podía terse evitado meter esa cantidade de xente na cidade no mes de agosto cando xa hai moito turismo", sinala Lopes, "o Son do Camiño tivo máis visitantes e non tivemos os problemas que se teñen agora", engade. En relación ao seu sector, o hostaleiro cre que "os máis beneficiados foron os supermercados, polo seu propio modelo, que evita os servizos que ofrecemos na hostalaría". A peregrinación que evita a hostalaría en Compostela A PEJ 2022 trasladou a Compostela, facendo varios percorridos do Camiño, 12.000 mozas e mozos. A inscrición á iniciativa, cun custo de entre 250 e 300 euros, incluía as comidas a través de cátering e pernoctacións en pavillóns públicos ou estabelecementos da Igrexa. Elias Torres: "Hai que pensar o turismo desde a comunidade local" A gran cantidade de participantes deixaron algunhas imaxes que recolleron as redes sociais de comida inutilizada nas proximidades da Catedral. Normalidade máis alá do quilómetro 100 Todo o contrario acontece en Sarria, máis alá do quilómetro 100 do Camiño de Santiago -situado en Ferreiros, concello de Paradela- que permite obter o certificado oficial da Compostela. O presidente da Asociación Hostalaría e Turismo do Camiño Francés, José Manuel Fontal, afirma a Nós Diario que non notaron máis masificación que outros anos. Explica que "xullo e agosto son meses de máis visitante de albergue, pola idade, e o resto do ano é máis de hostal e hotel". Asegura que "o peregrino aquí non estraga nada, non é como o turista de Benidorm ou Torremolinos". |
NOS_9416 | "O Estado ten unha débeda histórica con Galiza en infraestruturas", denuncia ademais, ante esta medida que cualifica como "antisocial e discriminatoria" | A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou unha ofensiva política do BNG no Parlamento, no Congreso e nos concellos contra a medida do Goberno do Estado de cobrar peaxes por circular polas autovías, unha medida que cualifica de antisocial, discriminatoria, que "só busca facer caixa e que prexudica especialmente a Galiza pola súa condición periférica". "O anuncio está xerando unha gran preocupación e oposición social, tanto entre a cidadanía do común, que ve con escándalo un novo sablazo a unhas economías familiares moi debilitadas, como entre as empresas, porque a medida afectaría de cheo a súa competitividade en particular das que dependen das autovías para exportar os seus produtos", salientou Pontón. O Bloque traslada a súa total oposición a unha medida, de aí a ofensiva política que empezará cunha proposición non de lei no próximo Pleno da Cámara "para conseguir unha declaración unánime de Galiza ante esta medida", que seguirá con mocións nos concellos para trasladar o debate ao conxunto da Galiza, e no Congreso, con iniciativas para que o Goberno español retire esta medida. Para a líder do BNG, a proposta é especialmente negativa para Galiza por tres circunstancias: a condición periférica, o menor nivel de renda da cidadanía e por un infra-desenvolvemento das redes públicas de transporte por unha discriminación que fai que Galiza careza de infraestruturas que outros territorios desfrutan dende fai décadas. "O Goberno do Estado ten unha débeda histórica con Galiza en infraestruturas", subliñou Pontón, ao que se suma "o lastre" de soportar "peaxes elevadísimas en vías estratéxicas como a AP-9, mentres outras autonomías contaban con autovías gratuítas que lles daba vantaxe para avanzar no seu desenvolvemento". " A formación nacionalista lembra que a medida foi deseñada por un Executivo do PP, que xa en 2012 e con Ana Pastor como ministra de Fomento levou o asunto á Comisión de asuntos económicos do Goberno español e que estimaba unha recadación superior aos 2.700 millóns de euros. "Agora é o PSOE quen colle o relevo e pretende aplicar unha proposta lesiva para Galiza", criticou Pontón. A portavoz considera "falaz" que esta sexa unha medida ecolóxica, "porque verde sería fomentar o transporte colectivo, pero en Galiza vemos que, coa excepción do eixo A Coruña-Vigo, hai un desmantelando progresivo dos servizos por tren". E é falaz engadiu, o argumento de que quen usa paga, "se trasladamos esa premisa a outras infraestruturas ou servizos públicos, as persoas que non teñen fillos poderían alegar que non teñen que pagar as escolas infantís ou o sistema universitario porque non o van usar". |
PRAZA_19053 | A CIG pide penas de cárcere para empresarios de Autobuses de Calo por "acoso laboral e violencia de xénero" contra Nélida Pisco, que sofre un tormento desde que en 2009 defendese o dereito a ser nai e non ser despedida. A última artimaña da compañía fai que a DXT lle impida conducir. | Un novo caso na situación de acoso laboral que hai anos que denuncia Nélida Pisco. O pasado 20 de decembro, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) comunicáballe a esta condutora profesional a suspensión cautelar de todos os seus permisos de conducir en resposta a unha solucitude de Autobuses de Calo (Hedegasa SL), que advertía que a traballadora supoñía un "risco para a seguridade da condución e para a seguridade dos viaxeiros". Oito días despois, e sen que se tivese comprobado a veracidade da acusación segundo denuncia a CIG, a empresa aproveitou para suspender o seu contrato. Agora, o sindicato acusa a DXT de "converterse en parte deste acoso laboral" polo que a central sindical ten presentada unha demanda pola vía penal na que solicita penas de cárcere para o empresario da firma de transporte e o encargado, ao que responsabilizan tamén de "violencia de xénero". A DXT vén de suspender os permisos de conducir de Nélida Pisco tras a petición da empresa Autobuses de Calo Porque a dura historia de Nélida Pisco vén de moi atrás, de 2009. Daquela, tras un aborto, un embarazo de alto risco e un parto prematuro, a condutora deu a luz unha primeira filla, cunha doenza conxénita e con necesidade de lactancia natural. Logo de solicitar as vacacións anuais e redución de xornada, a empresa negouse a cumprir a legalidade vixente. "Indicáronlle que o que debía facer era abandonar voluntariamente o seu posto de traballo e regresar cando tivera á filla criada para volvela contratar", lembrou este mércores Lucía Freire, secretaria da Muller da CIG en Compostela. O calvario da muller comezou cando pediu redución de xornada para poder coidar da súa filla en 2009 Pisco negouse e a xustiza deulle a razón, pero a empresa negoulle o traballo efectivo, deixouna fóra das instalacións que ten en Calo e obrigouna a permanecer dentro do seu vehículo particular toda a súa xornada laboral durante meses. Outra sentenza obrigou a compañía a concretar a súa xornada e funcións, pero axiña foi despedida en 2010 por, segundo a empresa, interferir no traballo dos compañeiros ou non entrgar os partes. A xustiza volveu darlle a razón, declarou nulo o despedimento e condenou a Autobuses Calo a pagarlle unha indemnización por danos morais. Xa en xaneiro de 2011 tivo que ser readmitida pero desde aquela sofre unhas condicións pésimas ao ser privada de ter contacto cos compañeiros, recoller o autobús nunha parada e ter que deixar nela o coche particular, realizar os cursos para manter os permisos ao día pola súa conta ou ter que reclamar as vacacións por vía xudicial. "Os traballadores están ameazados para que non teñan contacto con ela e mesmo houbo varios despedimentos provocados por este motivo", denuncia a CIG. A xustiza deulle a razón varias veces por despedimentos improcedentes e Inspección denunciou "mobbing e psicoterrorismo" contra ela En xuño de 2012, Inspección de Traballo denunciou a situación de "mobbing, psicoterrorismo ou acoso laboral" que sufría a muller, sancionou a compañía por infracción moi grave e a xustiza acabou por obrigar a empresa a indemnizar a traballadora con 10.000 euros. A compañía, ao tempo, intentaba que a muller abandonase o emprego a cambio de diñeiro. "Ela sempre defendeu o seu dereito a ser nai e manter o seu posto de traballo como unha cuestión de dignidade", lembra o responsábel do sector de Transportes da CIG de Compostela, Inácio Pavón. Logo de todo este infermo, Pisco sofre agora unha suspensión de contrato que lle impide cobrar salario pero tamén ter dereito a prestación. Ademais, a CIG acusa a empresa e á mutua de utilizar informes médicos que son confidenciais para manipular a realidade "facendo ver que a traballadora está incapacitada para conducir un vehículo". A traballadora segue unha terapia de apoio para "superar as consecuencias derivadas do acoso laboral continuado o que se viu sometida ao longo destes anos" pero, segundo lembra o sindicato, aínda o pasado mes de novembro obtivo a licenza para transporte de explosivos e mercadorías perigosas, algo "para o que é imprescindíbel non padecer ningún tipo de trastorno incapacitante". Pisco leva anos loitando polo seu dereito a ser nai e manter o emprego e vén de ser suspendida de contrato Ante esta situación, a CIG xa solicitou unha xuntanza conxunta cos concelleiros responsables do transporte metropolitano de Compostela, Ames e Teo para "coordinar accións que obriguen a Autobuses de Calo a rematar con este calvario". Tamén pediu unha entrevista coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, responsable última da concesión administrativa das liñas de autobuses dunha firma que será a empresa encargada dun novo servizo metropolitano circular na área de Santiago e ante a que piden a intervención da Xunta. Ao tempo, solicitarán nunha reunión urxxente coa DXT que deixe sen efecto a suspensión cautelar dos permisos. A CIG pide penas de cadea para os empresarios por "acoso laboral e violencia de xénero" Ademais, o sindicato iniciará unha campaña de mobilizacións -a primeira o vindeiro xoves 19 de xaneiro na estación de autobuses de Compostela- e unha campaña informativa no sector, ademais de presentar a través do BNG unha pregunta no Parlamento para que se posicione "sobre esta dramática situación de violencia de xénero nunha concesión administrativa da Xunta de Galiza". |
NOS_35159 | Galiza era un país portátil. E as maneiras que tiñan emigrantes e exiliados de cargalo ao lombo eran múltiples. As emisións radiofónicas atopábanse entre as máis populares. Recordando a Galicia foi como Maruxa Boga bautizou o seu magacín en Bos Aires, éxito de audiencia entre a colectividade galega que se mantivo 40 anos en antenas. | A colección Chave Mestra de aCentral folque recupera agora unha escolma de gravacións do programa e edita un libro disco de 152 páxinas ao coidado de Jesús Blanco e Norberto Cirio. A obra preséntase en Compostela esta cuarta feira, ás 20.15 hora no café Airas Nunes, da man da asociación cultural O Galo. "Recordando a Galicia marcaba a diferencia con outras emisións radiofónicas, que tiñan unha pespectiva máis intelectual", explica Blanco, quen dedicou a súa tese de doutoramento á historia da radiofonía galega na Arxentina. Galicia emigrante, dirixida por Luís Seoane, ou Sempre en Galiza, de Manuel Meilán, por caso, non tiñan a vocación masiva de Maruxa Boga. A idea do espazo de Boga -nada en Río da Prata de pais do Barbanza en 1915 e morta en 2010- ocurriráselle a Castelao. O "tema galego" desenvolvíase nas emisións diarias en castelán. "Os anunciantes non querían que fose en galego. Había moitos prexuízos mesmo entre a colectividade galega, aínda que Maruxa Boga era unha persoa concienciada", conta o investigador. A publicidade, ao cabo, mantivo Recordando a Galicia durante catro décadas -entre 1945 e 1984- nas ondas de Radio Arxentina, Radio Buenos Aires ou Radio Rivadavia. Por intres, en dúas emisoras simultaneamente. "Foi un programa moi importante e estaba esquecido. Era unha inxustiza. Pero entón apareceu a xente de aCentral, que coidan o patrimonio sonoro, e puxémonos coa monografía". Blanco encargouse da historia de Boga e a emisión e Cirio da parte musical. Que resultou central. Gaiteiros, pandeiradas, música de coral ou, andando os tempos, Amancio Prada, Ana Kiro ou Juan Pardo chegaban así a amplas capas da Galiza exterior. "O que máis me sorprende", explica Blanco, "era a habalencia de Boga para conectar os intereses dos ouvintes, daqueles máis interesados por saber do país e outros unicamente por revivir a música das romarías que deixaran atrás". O material que conforma o libro disco sobre Recordando a Galicia estaba depositado no Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega. Jesús Blanco denuncia as dificultades para acceder e o mal estado do patrimonio galego na Arxentina. Ao día seguinte da presentación en Compostela -en que falarán Blanco, Ramóm Pinheiro de aCentral, a profesora Mercedes Espiño e a cantautora Alba María-, será a libraría Paz, de Pontevedra, a que acolla o acto a quinta feira, 8 de febreiro. |
NOS_13278 | As principais organizacións sociais a prol da independencia de Catalunya volven saír á rúa e piden que se recupere a "unidade política" malia que non se pronunciaron sobre a posibilidade dunha lista única para as eleccións. | A presidenta da Asemblea Nacional de Catalunya, ANC, Carme Forcadell, avalou este domingo, nun acto masivo en Barcelona a prol da independencia, a votación anunciada polo Govern o 9 de novembro como substitutivo d consulta orixinal, pero avisou de que tamén será necesario organizar unhas eleccións catalás de carácter plebiscitario en "tres meses" para manter ese apoio. Pronunciou estas palabras no acto que ANC e Òmnium Cultural -ambas as principais organizacións sociais independentistas- utilizaron para fixar a súa posición respecto á votación alternativa que propón Artur Mas logo da prohibición por parte do Estado español de facer o referendo de autodeterminación que convocou a Generalitat e que conta co apoio maioritario da cidadanía de Catalunya. Así mesmo, Forcadell e a presidenta de Òmnium Cultural, Muriel Casals, esixiron aos partidos soberanistas recuperar a "unidade política" que tiveron até hai pouco, pero evitaron falar dunha lista conxunta do independentismo nesas plebiscitarias. |
NOS_853 | A Comisión Europea envía unha carta ao Eurogrupo dando seguridade aos Estados que usen o Mecanismo Europeo de Estabilidade de que non haberá intervención nin exixencia de reformas estruturais por parte dos "homes de negro". | As reticencias de Italia a botar man do Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE) para facer fronte á crise provocada pola pandemia obrigou a Comisión Europea a remitir unha carta ao presidente do Eurogrupo, Mário Centeno, poucas horas antes da xuntanza que os 19 ministros de Economía da Eurozona mantiveron onte co fin de ultimar detalles e deixar o fondo listo para usar. O compromiso é claro: non haberá troika. No tirapuxa entre Gobernos, o italiano capitaneou a posición que defendía a emisión de débeda comunitaria, os coronabonos, como a mellor solución para conseguir financiamento. Porén impúxose a liña marcada por Alemaña de usar as ferramentas xa existentes, como o MEDE. Iso si, con matices: o fondo debe vincularse exclusivamente coa actual crise. Porén, Roma mantiña a desconfianza de que o seu uso supuxese posteriormente as temidas visitas que a troika levou a cabo tras a crise do euro. Os tamén coñecidos como "homes de negro", é dicir, os equipos de inspección da Comisión, do Banco Central Europeo (BCE) e do Fondo Monetario Internacional (FMI), impuxeron duros recortes a Estados que, como Grecia, solicitaron o rescate económico. Sen misións 'ad hoc' Asinada polo vicepresidente da Comisión, Valdis Dombrovskis, e o comisario de Economía, Paolo Gentiloni, datada en 7 de maio e composta por oito puntos, a misiva sinala no segundo: "A Comisión considera que, baixo as circunstancias da crise da COVID-19 e á vista da natureza do MEDE, non hai intención de activar os artigos 3(3) e 3(4) do Regulamento (UE) Nº 472/2013 en relación á declaración e información adicionais sobre o sistema financeiro". No terceiro: "(...) a Comisión non levará a cabo misións ad hoc sobre o terreo". No cuarto: "(...) a Comisión non ten intención de activar o artigo 3(7) (...) designado para xestionar dificultades estruturais internas." No quinto: "o artigo 7 (...) que fai referencia ao programa de axustes macroeconómicos non é aplicábel". E no oitavo, insiste: "a Comisión non contempla a posíbel activación dos artigos 14(2) e (4) (...) relacionados con informes sobre o sistema financeiro e a necesidade de adoptar medidas correctivas." O compromiso do Executivo europeo é claro: non haberá troika. |
PRAZA_17396 | Os traballos deste órgano parlamentario acumulan media década; foi reaberto coa nova lexislatura e dende o outono de 2017 apenas tramitou uns poucos documentos | O pasado 18 de maio o Parlamento tramitou unha notificación á Presidencia da comisión de investigación sobre a fracasada fusión de Caixa Galicia e Caixanova e o posterior rescate e desaparición de Novacaixagalicia. Dende ese día, hai un mes, non se volveu mover un só papel vinculado con ese órgano parlamentario, que acumula media década de funcionamento dende que foi aberta por primeira vez, en xuño de 2013, tras anos de peticións infrutuosas da oposición parlamentaria. A maior parte dos acontecementos vinculados á fusión fracasada chegaron nos últimos anos dende fóra desta comisión, que o PP accedeu a reabrir no inicio da actual lexislatura galega. Antes os populares mantivérana paralizada practicamente tres anos, isto é, durante o longo ciclo electoral que comezou coas eleccións europeas do ano 2014 e continuou cos comicios municipais, dúas xerais e unhas autonómicas. A parálise non tivera vontade partidaria, xustificaran os populares. Só tentaran "arrefriar o debate". Nesa reactivación da comisión o PPdeG manifestou a súa vontade de impulsar un peche rápido e por iso desbotou a posibilidade de autorizar novas comparecencias, como as que pediran En Marea, PSdeG e BNG. Tan só permitiu a incorporación dalgúns documentos adicionais, caso da sentenza que levou algúns dos ex-directivos ao cárcere polo caso das indemnizacións millonarias. Así, en marzo de 2017 quedou constituído o relatorio da comisión, o órgano encargado de redactar as súas conclusións e os novos documentos -malia algúns vetos, como os do 'banco malo'- chegaron ao Pazo do Hórreo con relativa rapidez. Os traballos da comisión acumulan media década; foi reaberta coa nova lexislatura e dende o outono de 2017 apenas tramitou uns poucos documentos No entanto, dende o verán de 2017 a lentitude volveuse apoderar da comisión, que apenas tramitou algúns documentos ata outubro dese ano, hai medio ano. O último, alén da devandita notificación á Presidencia, ten como data de rexistro o pasado 18 de abril. Está asinado pola voceira do BNG, Ana Pontón, que "ante os precedentes de paralización abusiva e arbitraria dos traballos da comisión na pasada lexislatura", solicitaba unha convocatoria inmediata para reactivala, redactar o ditame e abordalo en pleno para lograr obter conclusións "dun asunto tan relevante como foi a desaparición do sistema financeiro galego". A reiteración de que KPMG nunca fixo unha "auditoría" que avalase a fusión provocou unha treboada política que, ata o momento, non tivo maiores consecuencias Esa solicitude non tivo, polo momento, resposta. Mentres, onde si houbo movemento foi noutra comisión de investigación, a que analiza no Congreso dos Deputados o conxunto rescate ao sistema financeiro. Alí un dos responsables da consultora KPMG, Francesc Gibert, reiterou que a súa empresa "en ningún caso" elaborara unha "auditoría" nin avalou a fusión de Caixanova e Caixa Galicia. Isto é, que o que afirmara a Xunta non era certo, tal e como evidenciara a mesma compañía no Parlamento galego no ano 2013 e tres anos antes, en 2010, no propio informe ao respecto que a Xunta lle encargara por 1 millón de euros. As palabras de Gibert xeraron unha notable treboada política. Toda a oposición galega esixiu explicacións a Feijóo por "mentir" coa fusión e esgrimir unha auditoría que non era tal, petición que o PP considerou "absurda". A comparecencia reclamada por En Marea, PSdeG e BNG nunca se produciu e só puideron preguntar ao presidente polo asunto nunha sesión de control na que Feijóo acabou reclamando a dimisión de Luís Villares e Ana Pontón. Mentres, a comisión de investigación volve "arrefriar". Francesc Gibert, da consultora KPMG, o pasado maio no Congreso dos Deputados |
NOS_33505 | Nestes tempos do coronavirus e de tantas cuestións sociais a debate, o ambiente envólvese nun halo de popular lixivia. Sobre os barcos, nas lonxas, na praza de abastos, baixo os pendellos, nos cuarteis, nas latrinas, mais tamén nos templos e nos pazos. Así afecta aos bens patrimoniais. | O cheiro urbano da Galiza, a partir das cinco da tarde, foi e segue sendo a lixivia. Si "a casa cheira a limpo", isto é, a lixivia. A louza, a roupa, o chan da cociña... segundo o instinto da tradición requiren as súas doses de fregas de auga con lixivia. Todo recende a xabón e a lixivia, desde as mans da nai ás pedras das beirarrúas, as canellas, as prazas e as esquinas... Cheira a lixivia os que foron escenarios do formigueiro da feira, dos postos das polbeiras e dos telderetes… mostrando tamén o seu desgaste, pasada tras pasada, a golpe e arrastre de cepillos, vasoira, fregona e baldes de auga coa corrosiva lixivia. Hai moito de psicolóxico e extraplanetario niso de varrer, fumigar, por canto comporta de exterminar e que como primitivos depredadores tamén levamos no ADN. Así que é cuestión para asumir, para observar como os mesmos cans que, aproveitando o indulto normativo, se sacaron a pasear e retornaron intoxicados e revolvendo o fociño. E aqueles mesóns de mesas de táboas gastadas, frega tras frega a golpe de cepillo e estropallo, marcando ao cabo dos anos o relevo, a topografía das vetas da madeira, improvisadas obras escultóricas que se complementaban cando da xerra ou da cunca de louza branca se derramaba o tinto espeso. O fregoteo sobre as pedras, degradando e acelerando progresivamente a súa descomposición de micas, basaltos... Por limpar até se limpaba -e con exceso de celo por parte dos ou das sancristás- o chan, o refectorio, o altar e mesmo os santiños de madeira, así os vemos, coas cicatrices do tempo, coas súas caras esbrancuxadas: Dolorosas aínda máis palidecidas e San Roquiños anémicos... Mal se sabían e se saben os protocolos e coidados para co patrimonio cultural. Limpezas ás veces complementadas con outros experimentos químicos, destrutivos de canto pillan por diante: o zotal, a auga forte, o amoníaco, os deterxentes... Tratamentos que se incorporaron á educación hixiénica. Aínda que non todo vale e menos cando actuamos no patrimonio cultural, espazos e bens que requiren prudencia, consellos por parte de persoal cualificado e sensíbel co mesmo. A lixivia, imprescindíbel na tradición galega Na Galiza dos portos, das encrucilladas e das feiras e festas estamos experimentados en asuntos de convivencia: a tradición do caleado, que ademais de protexer a pedra e as labras, cruceiros, petos de ánimas e escudos das inclemencias do tempo, tamén tiña uso hixiénico, preventivo ante as epidemias e os contaxios, máis usada en interiores pero tamén en exteriores, até a metade do século XX, cando a estética da pedra vista se impón e medra e aparecen, descarnadas, á vista paredes que, en orixe, se complementaban cunha leitada de cal que mesmo daba vida e ennobrecía as edificacións. E entre limpezas con solucións de lixivia e deterxentes até mesmo a vimos aplicar, a alta presión e con cepillos de raíz, sobre singulares monumentos, borrando labras e até a sinatura do seu escultor, por exemplo o monumento a Curros da Coruña, obra de Asorey. Como tantas cousas, a lixivia é un invento nacido en anos da Ilustración francesa, no século XVIII, ben o sabía o científico Louis Pasteur, entre outros. Foi no distrito de Javel, nas aforas de París e das mans de Claude Lois Berthollet, "o alquimista da lixivia", señor que probando co novo invento do cloro e os seus efectos branqueadores deu co que chamaron inicialmente "Eau de Javel" ou lixivia de hipoclorito potásico, para máis adiante ser substituído o potasio na súa disolución con auga polo sodio, espallada e difundida polo mapamundi. Acreditando e esquecendo tamén que o seu uso abusivo pode ser fatal para a saúde. Experimentos entre os que seguimos, incentivados pola necesidade. Os 'Irmáns da Lixivia' Galiza, país pois de lixivia e mesmo dos xabóns, onde seguindo os principios da Ilustración, A Coruña ou Vigo, en inicio, crearon fábricas e industrias dos mesmos, rexentadas ademais por familias defensoras dos principios revolucionarios. País da químico-farmacéutica Zeltia, referente cunha longa historia detrás. Inevitábel tamén na lembranza é a fábrica de lixivia da Coruña, que no ano 1936 vive a persecución de catro de oito irmáns, os García García, repartidores de lixivia da fábrica do seu pai: tres deles fusilados no Campo da Rata: Jaroes, o xogador do Deportivo, Bebel e France... e o cuarto, Pepín, logrou fuxir para o Uruguai, axudado por Neruda, para vivir, contalo e, ao cabo do tempo, recibir o recoñecemento da Coruña até 1996.... Triste historia da que aprender, a dos "Irmáns da Lexivia". Fábricas que, ao cabo do tempo, irían sendo absorbidas por multinacionais. Popular lixivia conformada por hipoclorito sódico, vendida a granel en garrafóns, logo en botellas e máis a partir dos sesenta de plástico... as que contribuíron a degradar a paisaxe, material que non desbotou o ecoloxista integral Man de Camelle, que recollía cantas devolvía o mar para incluílas na súa arte do desperdicio, deformándoas con lume até lograr curiosas e polícromas esculturas. Lección ecolóxica pura da que tamén se vai apoderando, até onde deixe o coronavirus, a acultura do consumismo e do espectáculo. Era do coronavirus, dunha educación na responsabilidade persoal e social, na hixiene no uso dos desinfectantes. Era das empresas de limpeza que deben sensibilizar e formar no uso deses produtos tan prexudiciais para pedra, a madeira, os metais... para as pinturas, os "bens non renovábeis". 'Coidado, cóidate, non o toques' Pandemia que aconsella acollerse a saberes tradicionais, os da lixivia, tamén a un novo mercado de produtos químicos e a darlle ao caldeiro e á fregona. Cando non todo vale, pois ollo coas altas concentracións, a vaporización e as conseguintes reaccións tóxicas que poden causar, tanto en quen os aplica como no medio e no patrimonio. Un deses produtos é o oxidante do ozono, perigoso en altas doses. Con el fanse desinfeccións industriais, fumigacións, como as que se realizan en almacéns de madeiras ou vagóns de castañas para previlas de insectos. Prácticas que a mesma Administración emprega, en ocasións, en inmóbeis de carácter cultural, onde se albergan telas, móbeis, cadros, esculturas... que poden saír prexudicados. Ao respecto, xa no mes de abril, o Ministerio de Cultura alertado polo Instituto de Patrimonio Cultural de España, así como pola Xunta de Conservadores e Restauradores, de profesionais do uso da máscara e das luvas no seu meticuloso traballo cos bens culturais, a través dun escrito dan recomendacións imprescindíbeis para desinfectaren o patrimonio cultural, sen provocar a súa destrución. Ponse en sobre aviso ás diferentes Administracións arredor do uso da lixivia no patrimonio cultural. Asunto ao que non son alleas as Escolas de Restauración ou a de canteiros de Pontevedra, o Instituto do Restauro e os bos profesionais da Galiza, coñecedores do que tratamos aquí. Aconséllase efectuar as limpezas neste patrimonio baixo o asesoramento e recomendacións de especialistas. Sendo ademais máis partidarios do uso do etanol disolto ao 70/100 en auga, así como das solucións hidroalcólicas ou xabóns neutros, aplicados a presión moi baixa... E sobre todo, aconsellarse e guiarse por quen sabe. Os profesionais dos museos saben como abordar estes casos, non tanto nas dependencias públicas en edificios e entre obxectos de interese. Espazos nos que si se fai unha limpeza entusiasta, intuitiva, tradicional, máis que científica e contrastada. Advertencia que debe chegar aos responsábeis, párrocos, abades e superioras de conventos, mesmo entrar nas clausuras e cuarteis, para non provocar males irremediábeis. Advertencia baixo o lema: "coidado, cóidate, non o toques", coa que si, nesta situación, nos adiantamos preventivamente a outros países. |
NOS_25169 | A pé de rúa o BNG busca sumar forzas para apoiar a ILP que reclamará en sede parlamentar a divulgación do legado de Castelao. Desta volta, a céntrica praza 8 de Marzo foi o lugar de recollida de sinaturas para a campaña para a difusión e recoñecemento da obra do nacionalista. | Sumar forzas para que a Iniciativa Lexislativa Popular que reclama a difusión do legado de Castelao, alén da catalogación da súa obra e a difusión no sistema educativo, é o obxectivo da campaña que diversas entidades están a desenvolver por todo o país. Esta segunda feira, o BNG de Santiago saíu a rúa, á Porta do Camiño, coa compaña dunha figura en cartón de Castelao para reclamar as sinaturas que levarán finalmente á iniciativa ao Parlamento. O voceiro e candidato nas vindeiras municipais polo BNG-Asembleas Abertas, Rubén Cela, participou no acto de recollida de apoios. O grupo municipal levara ao Pleno de Santiago unha moción no sentido da ILP que foi rexeitada cos votos do PP. A ILP rexistrada xa no Parlamento de Galiza foi promovida pola Federación de Asociacións Culturais "Galiza Cultura" fin de esixir a difusión da figura e obra de Castelao e promover a súa difusión a través de diversas iniciativas, entre elas, a integración da súa obra nun espazo museístico ou a sinalización dos lugares relacionados coas súa vida, ademais da presenza nos programas do sistema educativo. |
PRAZA_4568 | A Facultade de Psicoloxía da USC acolleu unha charla informativa sobre os casos de bebés roubados. Falamos con Estrella Vázquez, presidenta de SOS Bebés Robados Galicia, que ten máis de 200 casos documentados no noso país. | Hai uns anos, como un ruxe-ruxe que ía medrando e facéndose máis tanxible mes a mes, comezou a falarse en España dos casos de bebés roubados no momento do parto e entregados a familias de adopción. Os casos correspondían ás décadas anteriores a 1980 e non eran un ou uns poucos, senón que houbo milleiros de denuncias, sobre todo a partir do momento en que os casos comezaron a ser publicados nos medios. Unha mostra de que máis que de casos illados, existía unha estrutura estable que realizaba estas prácticas de forma sistemática. Tamén en Galicia, onde a asociación SOS Bebés Robados ten rexistrados e confirmados máis de 200 casos. A súa presidenta, Estrella Vázquez, participa este venres nunha charla informativa na Facultade de Psicoloxía da USC, organizada pola Unidade de Atención Temperá da universidade compostelá. "Cando as probas dan positivas, hai que preparar o reencontro, hai que falar coas dúas partes, porque é un momento duro para todos, e todos chegan con moito medo, medo a ser rexeitados, e moitas preguntas, sobre todo por parte dos fillos" Na charla, que forma parte do ciclo Lluvia de Ideas, participará tamén Patricia Blanco, membro da mesma entidade, así coma o avogado Marcos Antonio Sanluis Castro e Carlos Temprano Méndez, policía xudicial, e será moderada pola directora da Unidade, María José Buceta. Entre todos afondarán nas distintas vertentes desta situación, tanto as estritamente legais e as sociais, coma tamén o forte impacto psicolóxico que o coñecemento desta situación ten para todas as partes implicadas. "Hai historias terribles, póñenche os pelos de punta", destaca Estrella Vázquez, que destaca que son moitas as persoas que se poñen en contacto coas súa asociación, ás veces coa seguridade de teren sido vítimas dun destes casos, ás veces simplemente cunha sospeita. "Pedísmolles que busquen todos os documentos que poidan sobre o seu caso, e pasámosllos aos nosos avogados, que o revisan todo. E cando está todo preparado presentamos a denuncia. Este tipo de casos poden resolverse en días, se tes sorte, ou tardar meses ou mesmo anos. En calquera caso estes procesos resólvense finalmente cunha proba de ADN", explica. "Cando as probas dan positivas, hai que preparar o reencontro, hai que falar coas dúas partes, porque é un momento duro para todos, e todos chegan con moito medo, medo a ser rexeitados, e moitas preguntas, sobre todo por parte dos fillos". A asociación cumpre neses casos, tamén, unha función de apoio persoal: "ás veces tes que facer de psicólogo, tes que te converter nese ombro que necesitan nese momento", di. "Hai casos que eran os propios familiares, ou algún amigo, que andaban neste mundo, neste negocio, os que se encargaban de roubar os nenos" Estrella Vázquez debulla unha realidade difícil de describir para quen non a vivira. "Hai casos que eran os propios familiares, ou algún amigo, que andaban neste mundo, neste negocio, os que se encargaban de roubar os nenos", conta. De igual xeito detalla que, segundo os relatos das persoas que se achegan a falar coa súa asociación, "houbo moitos casos de nais solteiras que foron machacadas polas monxas, que as avergonzaban, que lles dicían que ían ser rexeitadas por todos por seren nais solteiras. Facíanlles un lavado de cerebro e dábanlles unha medicación que as deixaban durmidas durante un par de días. E as monxas quedaban cos cativos e dábanos en adopción". "Tamén che contan que non lles deixaban ver os cadáveres dos nenos, ou que non lles deixaban soterralos no cemiterios que os pais querían", engade. A directora da Unidade de Atención Temperá da USC, María José Buceta, destaca que "é un tema moi delicado, que queremos tratar con moito coidado" "É un xiro de 180 graos na vida destas persoas", conclúe Estrella Vázquez, e o mesmo pensa a directora da Unidade de Atención Temperá da USC, María José Buceta, que destaca que "é un tema moi delicado, que queremos tratar con moito coidado". Buceta critica o tratamento sensacionalista que se dá dos casos de bebés roubados nos medios de comunicación e destaca a diversidade de situacións, pois en moitas ocasións os pais aos que lles era entregado un bebé pensaban que todo era legal, mentres que noutros casos sucedía todo o contrario. "O impacto psicolóxico é brutal", destaca, e "posiblemente esa noticia de que o seu fillo ou filla foi roubada é dificilmente superable. Eu mesma coñezo casos de pais e nais que teñen marcada a data na que perderon un fillo duns poucos días, aínda que pasaran xa décadas do sucedido" A asociación reclama que "esa nai ten dereito a saber que pasou no seu parto, que pasou cos seus fillos" e denuncia que "hai lugares que poñen moitos obstáculos á hora de darche un papel, e noutros dinche que se destruíron os rexistros anteriores a 1980, e curiosamente destruíronse no momento en que comezou a falarse deste tema dos nenos roubados". "Algúns dos pais adoptivos sabían perfectamente de onde viñan os nenos que recibían, porque naqueles anos era un segredo a voces. Se queres un neno, nese hospital tal médico ou tal monxa conséguencho" "Nas historias ves as coincidencias: os mesmos hospitais, os mesmos médicos", explica Estrella Vázquez, que sumando unhas e outras historias vai construíndo un mapa, unha estrutura organizada que neses anos estaba á vista de todos. "Algúns dos pais adoptivos sabían perfectamente de onde viñan os nenos que recibían, porque naqueles anos era un segredo a voces. Se queres un neno, nese hospital tal médico, ou tal monxa conséguencho. E nese momento había moita xente á que lle ofrecían estes nenos e se negaban a aceptalos". E que, ademais, constituía un negocio: "Hai xente que fixo moitos cartos con isto. Que non digan que non cobraban, porque cobraban. Xente que pasou toda a vida traballando no estranxeiro non ten as propiedades que acumularon estes". Estrella Vázquez coñece a realidade en primeira persoa, pois houbo afectados na súa propia familia: "Os meus sogros están a buscar unha filla. E el, que sempre fora de toda a vida unha persoa cachondera, cantante, que lle gustan as festas, que lle gusta a familia xunta, pois cando soubo o que lle pasara, foi como cando non pagas o recibo da luz e quedas ás escuras: perdeu a luz. Agora vive coa cabeza baixa, sen gana de nada, chorando todos os días, preguntándose por que lle fixeron iso a el". Salienta que "moita xente non o entende, dinlle: "xa tes seis fillos, para que buscas?". E el responde: "para que busco? Estou buscando o meu sangue". |
QUEPASA_996 | Os eventos de Malpica desta fin de semana serán de balde. | Bendito Orballo Cultural que segue enchendo a Costa da Morte de eventos musicais. O Festival de raíces muxiás, ademais de levar a música por todo o país, estanos ofrecendo a posibilidade de sermos uns privilexiados na materia. Despois do fermoso show de Portocubelo, e mentres esperamos para ver a Verto e compañía no Forum, esta fin de semana, por exemplo, temos triple cita no Santo Hadrián de Malpica. Pero a cousa continúa, e o Orballo nos prepara outra cita noutra localización máxica, desas que forman parte do espectáculo. A Carballeira de Baio acolle a derradeira fin de semana de xullo un evento de dous días que contará coa presencia de Ukestra do Medio e The Rapants o sábado 31, e con Monolious Dop e DJ Tristón o domingo 1 de agosto. Así, The Rapants e Monolius Dop repiten concertos logo da excelente imaxe que deixaron coas súas actuacións en Portocubelo, Carnota, o pasado 27 de xuño. As entradas para ambos días, 31 de xullo e 1 de agosto, xa están a venda na páxina web www.orballocultural.gal. Eventos en Malpica En base á incidencia acumulada de casos Covid nos últimos días -e sentíndoo enormemente- , a organización vese na obriga de prescindir da venda de bebidas e comida en todo o recinto.Non obstante, como mostra de apoio e agradecemento a todas as persoas que mercáchedes entradas para calquera dos tres días, procederase á devolución do importe das mesmas e estas serán DE BALDE. De todas formas, hai que recalcar que as entradas que xa tedes seguen a ser VÁLIDAS para asistir e nada muda: só que é gratis.Ademais, animámosvos a que reserve des entradas para a sesión vermúdo domingo 11 de xullo, pois aínda quedan prazas libres. O proceso serácon reserva previa e 0€. Para efectuar a reserva de praza-IMPORTANTE- debes entrar en www.orballocultura.gal |
NOS_39728 | Fala Ceibe remite un escrito ás administracións galega e castelán, así como á CRTVG demandando poder volver ver a canle pública galega. | O colectivo Fala Ceibe do Bierzo denuncia que a TVG non pode verse nesta comarca desde "hai semanas". "Temos recibido numerosas queixas de televidentes de diferentes localidades en relación á falta de percepción do sinal da televisión pública veciña", indican desde o colectivo Fala Ceibe. Fala Ceibe informa que se puxo en contacto coas administración públicas de Castela e León e Galiza, Cortes de Castela e León, Parlamento de Galiza, Procurador do Común e Valedor do Pobo para que interveñan na resolución desta "problemática visual e lingüística". Explican que poder acceder a este medio de comunicación serve para "normalizar a presenza do idioma galego na rexión berciana". O galego é falado por miles de persoas nesta zona. Aliás, o colectivo lembra á Xunta que o seu ordenamento xurídico "recoñoce o apoio lingüístico aos territorios exteriores", aquelas zonas nas que se fala galego mais non pertecen administrativamente a Galiza Por último, esta asociación, indica que "agardamos que a Xunta tome a iniciativa política para garantir que os bercianos poidamos ver de novo a TVG. Neste sentido, aproveitamos esta ocasión para demandar de novo a sinatura dun convenio de colaboración entre a Junta de Castela e León e maila Xunta da Galiza para facilitar a recepción das canles das televisións e das radios galegas na rexión do Bierzo, cos medios económicos e técnicos axeitados e suficientes". |
NOS_38596 | A imprensa italiana espertou este domingo coa anunciada dimisión do seu primeiro ministro, Mario Monti. O tecnócrata, fora nomeado pola Troika e o presidente italiano, Giorgio Napolitano en 2011 para dirixir un goberno técnico após a saída de Silvio Berlusconi do goberno italiano. | De igual maneira que en 2011 o fixera o seu antecesor, Mario Monti vén de anunciar que dimitirá como primeiro ministro de Italia após aprobárense os Orzamentos para o ano 2013. Silvio Berlusconi fixera o propio en novembro do pasado ano despois de sacar adiante uns presupostos en que se recollían as medidas de axuste e recortes exixidas desde Bruxelas. Segundo a prensa do país, a decisión de Monti débese á queda de apoios nas Cortes italianas, porén os obxectivos inicialmente marcados desde as institucións económicas e comunitarias para o seu mandato --desde un comezo presentado como transitorio-- foron cumpridas polo economista. Dar estabilidade ao goberno italiano após os ecándalos do executivo encabezado por Silvio Berlusconi e aprobar os programas de redución do gasto deseñados pola UE malia a oposición cidadá eran as obrigas de Mario Monti cando en 2011 foi nomeado --sen eleccións-- primeiro ministro de Italia. A súa traxectoria como economista e a súa participación como director europeo da Comisión trilateral --un lobby de orientación neoliberal fundado en 1973 polo magnate David Rockefeller-- avalaban a súa escolla por parte das principais institucións económicas internacionais que conforman a troika (FMI, BCE e UE), e aseguraban a estas que Monti cumpriría cos obxectivos marcados a nivel internacional. Neste sentido, o propio Monti aseguraba após coñecer a nova de que Berlusconi volvía á primeira liña política que --naquela altura [2011]-- Italia "tiña o risco de converterse no detonante que fixese saltar toda a zona euro" polo que emprazou nos últimos días á cidadanía a "non volver caer na mesma situación en que se atopaba antes" da súa chegada como líder do executivo. Porén, todo apunta a que Mario Monti permanecerá ao mando durante algún tempo máis para aprobar unha serie de medidas "indispensábeis", segundo o afirmado polo presidente italiano, Giorgio Napolitano. Entre as normas que deberá sacar adiante o actual goberno tecnócrata atópanse os Orzamentos para 2013 e a denominada lei de estabilidade financeira con que aumentarán até o 21% o IVE e se fixarán unha serie de medidas orzamentarias para o período 2013-2015. Berlusconi re-aparece na primeira liña políticaApós a súa saída do goberno, Silvio Berlusconi tivo máis protagonismo polos numerosos escándalos xudiciais en que se atopou inmerso que polas súas tres lexislaturas á fronte do executivo italiano. Malia que mantivo a incerteza durante varios meses, finalmente anunciou que volvería seer candidato á presidencia do goberno italiano "para vencer", advertía á imprensa do país. Segundo Berlusconi "a opinión de todos era que se necesitaba un líder como un Berlusconi do ano 1994" polo que decidiu regresar á política para liderar de novo á coalición Pobo da liberdade nas eleccións que terán lugar en primavera. Neste sentido, o presidente da Comisión europea, Jose Manuel Durão Barroso, advertiu esta fin de semana que perante os comicios do 2013 non deber porse "en dúbida as medidas" de reforma deseñadas desde Bruxelas, das que dixo "son imprescindíbeis". |
NOS_20238 | A carballeira de Conxo acolle por segundo ano a Festa do Banquete, que chega cargada de diversas actividades durante os días 3, 4 e 5 de maio para lembrar aquel Banquete Democrático de 1856. | A segunda edición da Festa do Banquete chega a Compostela con múltiples actividades que se desenvolverán nos días 3, 4 e 5 de maio para difundir e manter na memoria o Banquete Democrático de Conxo celebrado no ano 1856 entre estudantes e obreiros (artesáns) realizado no antigo concello de Conxo, de ampla repercusión en toda Galiza e que xerara arrepíos entre os poderosos. A Festa do Banquete, organizada polo concello de Santiago e coa participación do asociacionismo veciñal, trae na súa segunda edición algunhas novidades na programación, como é o feito de xa comezar en sexta feira con actividades pensadas para as crianzas, coa representación da "Aventura das sete landras" e a do "pequeno banquete" na Carballeira de Conxo, na que o alumnado do colexio Quiroga Palacios de Santiago e o Xan Baña de Santa Comba gravan un videoclip sobre a temática do banquete. O Banquete Democratico de Conxo foi un xantar de confraternidade entre estudantes e obreiros (artesáns) A sexta feira ás 19 horas tamén está programado un obradoiro de cantos de taberna no centro cívico de Conxo e xa cara á noitiña, ás 21 horas, comezará a actuación dos "Catares de Conxo" con tamén cantos de taberna polos bares do barrio. O sábado 4 de maio, con saída ás 11.30 horas desde o centro cívico de Conxo, terá lugar o roteiro botánico e histórico polo bosque onde se celebrou o banquete, guiado polo biólogo Martín Souto e polo escritor Henrique Alvarellos. Posteriormente, ás 17 horas celebrarase unha mesa redonda sobre a historia e situación actual do movemento veciñal en Compostela, tamén no centro cívico. Contra as 19 horas, ante a escalinata do hospital, será a quenda do concerto da Coral do Psiquiátrico de Conxo, a Coral de Amigos do Castiñeiriño e o Coro de Habaneras Rocha Forte. A xornada do sábado rematará na praza Aurelio Aguirre coa Festa da poesía A xornada do sábado rematará na praza Aurelio Aguirre coa Festa da poesía, conducida por Carlos Meixide e coas cancións de Alba María, Os Tres Pés, o rap de Flow de Toxo e coa poesía de Berta Dávila e Oriana Méndez. O domingo arrincará ás 11 horas co desfile teatral "Alá van estudantes e artesáns" desde a praza do Toural de Compostela até Conxo. Á chegada será o agardado pregón. Ás 13.30 a carballeira de Conxo acollerá o concerto de Caxade e máis unha recreación teatral do que foi o histórico banquete. Para os brindes da veciñanza e as persoas que acudan está organizado o xantar e a romaría, que rematará con foliada e a despedida a cargo de veciñas e veciños dos barrios da zona. O Banquete de Conxo O Banquete Democratico de Conxo foi un xantar de confraternidade entre estudantes e obreiros (artesáns) realizado no vello concello de Conxo, ao pé de Compostela. Un encontro que tivo unha ampla repercusión en toda Galiza. A iniciativa foi de Aurelio Aguirre, estudante de dereito e poeta, persoa con predicamento entre os universitarios e o artesanado da cidade. O acto realizouse despois da grave crise económica de 1852 a 1855 que abrangue a agricultura, mais tamén ás principais casas comerciais e paraliza a industria; o que dará pulo á emigración cara América e provoca motíns en varias cidades. Un acto que ademais amosa a superación da represión posterior á insurreción progresista e provincialista/protonacionalista de 1846 e que derivou nos afusilamentos de Carral. No xantar participaron Aguirre, Pondal, Rodríguez Seoane, Camino, Manuel Murguía, e seica Paz Nóvoa, así como Rosalía de Castro. Estes mozos formaban parte do Liceo da Mocidade compostelán. Daquela as ideas socializadoras e democráticas agromaban entre os obreiros tipógrafo. Este acto de fraternidade celebrouse dez anos despois da falida revolución de Carral e os seus promotores foron ameazados co desterro. |
PRAZA_3877 | Marco Antonio Santos asinou o manifesto demócrata que respondeu a outro manifesto en defensa de Franco impulsado por centos de militares. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica destaca que Santos é "un exemplo da defensa dos valores democráticos e republicanos, da lealdade á Constitución e á Democracia" | Aínda que este ano a data fica ocultada pola pandemia do coronavirus, este martes é 14 de abril, Día da República. Como todos os anos, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña celébrao con diversos actos públicos que teñen o seu colofón coa celebración da Cea da República, na que se entrega a Distinción de Republicano/a de Honra, que nesta ocasión premia ao cabo redondelán Marco Antonio Santos, expulsado do Exército o pasado mes de novembro por asinar o 'Manifesto en contra do Franquismo nas Forzas Armadas'. A entrega da distinción e a propia Cea da República serán adiadas por mor da epidemia e celebraranse no momento en que a crise sexa superada.O documento polo que Marco Antonio Santos foi expulsado do Exército limitábase a sinalar que Franco "non merece respecto nin desagravio ningún, senón a nosa repulsa máis absolutaEste manifesto en defensa da democracia respondía a outro manifesto, feito público unhas semanas antes, que supuña unha "declaración de respecto e desagravio" a Francisco Franco e que demandaba a permanencia do seu cadáver no Valle de los Caídos. O documento polo que Marco Antonio Santos foi expulsado do Exército limitábase a sinalar que Franco "non merece respecto nin desagravio ningún, senón a nosa repulsa máis absoluta por encabezar un golpe de estado sanguento e xenocida contra a legal e lexítima II República Española, pola feroz guerra civil posterior, e por unha ditadura opresiva e inclemente durante case corenta anos". Ademais, subliñaba que os militares non teñen "dereito ningún" a "presionar como colectivo ao Estado democrático".O cabo foi primeiro sancionado polo Exército de Terra con tres faltas graves (pola suscrición ao Manifesto anti-franquista, por atreverse a asinar cun "Salud y República" e por conceder unha entrevista a eldiario.es ratificando a súa actuación). E, finalmente, foi expulsado, recibindo a máxima sanción posible da Lei Orgánica 8/2014 de Réxime Disciplinario das Forzas Armadas. Os motivos para a súa expulsión foron "a emisión pública de expresións ou manifestacións contrarias ao ordenamento constitucional" e "infrinxir os deberes de neutralidade política".A CRMH destaca que o Cabo Santos é "un exemplo da defensa dos valores democráticos e republicanos, da lealdade á Constitución e á Democracia" A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica subliña que foi expulsado por "apoiar os valores democráticos da Constitución española, e por denunciar o enquistamento da ideoloxía franquista nunha institución que debería defender eses valores servindo e amparando ao pobo español en democracia". A CRMH engade que por todo o sucedido "e tamén polo seu ideario abertamente republicano", o Cabo Santos é "un exemplo da defensa dos valores democráticos e republicanos, da lealdade á Constitución e á Democracia do noso país fronte á 'anti-España' dun pasado fascista que non damos deixado atrás, e da coherencia coas súas ideas como militar ata as derradeiras consecuencias". Marco Antonio Santos, que é tamén presidente do Colectivo Republicano de Redondela, escribiu que "os militares profesionais de tropa, os que estamos traballando día a día, con suor, bágoas, frío, facémolo polo noso país. Non cabe dúbida que os que apoian o escrito a favor do ditador xenocida son os que fixeron das Forzas Armadas o seu xardín particular desde o 36. Non estou disposto a que ese manifesto quede impune pois ataca directamente a esa Constitución coa que tanto se enchen a boca". "As Forzas Armadas para servir esa Constitución deben ser totalmente democráticas e como membro activo repudio calquera homenaxe ao asasino", engadiu. |
NOS_17067 | Así llo transladou o director da área municipal de Servizos Sociais á afectada, Elisabeth Sanlés, segundo denuncia a plataforma Stop-despexos. O alzamento está fixado para a terza feira, 8 de outubro. | Tres crianzas de tres, catro e once anos; uns ingresos mensais de 216 euros que recibe en forma de axuda após quedar no desemprego en agosto do ano pasado; e unha orde de despexo que lle foi comunicada na terza feira 1 de outubro pola noite e cuxa execución está fixada para o 8 de outubro. É a situación en que se atopa a veciña da Coruña Elisabeth Sanlés, para quen o Concello ten xa reservada unha praza na residencia dos Pais Rubinos. Iso si, canda ela non poderá levar as crianzas. Sanlés mantivo dúas xuntanzas co director da área municipal de Servizos Sociais, o que fora delegado territorial da multinacional da cooperación Intermon Oxfam José Luis Quintela. En ambas as dúas estivo acompañada por activistas de Stop-despexos A Coruña. Segundo informou a plataforma, no primeiro encontro, en xullo, a muller comunicou a Quintela que non podía facer fronte ao aluguer da vivenda; el comprometeuse a procurar unha solución. No segundo encontro, esta quinta feira, fíxolle saber que o Concello "non aprecia risco de exclusión na súa situación", polo que non habería razóns para paralizar a orde de alzamento nin tampouco a xestión dunha vivenda de alugueiro social. Aliás, confirmou que a praza na residencia dos Pais Rubinos sería por uns días e que despois unha institución dependente da Igrexa católica se ocuparía do seu caso. Por derradeiro, de non atopar unha vivenda de seu, perdería a custodia das crianzas. (Sobre)vivir cunha axuda de 216 euros ao mes Elisabeth Sanlés asegurou que no departamento de Servizos Sociais do Concello teñen información da súa situación desde hai once anos e que ela propia se encarga de comunicar calquera novidade. Así, en agosto de 2012 informou de que perdera o emprego a media xornada que lle permitía afrontar os 400 euros mensais do alugueir; no Concello dixéronlle "que procurase por unha vivenda máis barata". Desde aquela pagou unicamente dúas mensualidades e media máis. O propietario do inmoble --no cal ela e as crianzas viviron os últimos tres anos-- denunciouna por impago e a sentenza deulle a razón, polo que foi ditada unha orde de despexo contra Sanlés que caduca na terza feira que vén, ás 10.30h. Na cidade herculina hai por volta de 20.000 vivendas baleiras. Protesto diante dos xulgados A plataforma Stop-despexos entende que a solución achegada polo Concello "vulnera a dignidade" da afectada. Por isto, convocaron para esta sexta feira, 4 de outubro, unha concentración perante o edificio dos xulgados --rúa Monforte, 12h--, onde rexistraron xa un escrito para solicitar que se active o Convenio para a detección e axuda de personas en situación de especial vulnerabilidade ou de risco de exclusión social en Galicia cando estean inmersas en lanzamentos xudiciais, asinado pola Xunta en abril de 2013. |
PRAZA_6854 | A exposición EY. O último Turner. A pintura liberada é o título da exposición centrada na figura de J. M. W. Turner, organizada pola Tate Britain en Londres | A exposición EY. O último Turner. A pintura liberada é o título da exposición centrada na figura de J. M. W. Turner, organizada pola Tate Britain en Londres. Forma parte das numerosas exposicións que actualmente se poden visitar na cidade: no Victoria and Albert Museum atópase a mostra sobre Constable (Constable: a formación dun mestre), H. P. Horst (Horst: Fotógrafo do Estilo) e a evolución dos traxes de noivas (Vestidos de voda. 1775-2014). Na William Morris Gallery os retratos de Jane Morris pintados e debuxados por Rossetti (A obsesión de Rossetti: imaxes de Jane Morris). Na National Gallery a e exposición das últimas obras de Rembrandt (Rembrandt. Os traballos tardíos) e o seu lado, na National Portrait Gallery, as exposicións acerca do movemento sufraxista (Sufraxistas: feitos, non verbas), dos Tudor (Os Tudor reais: reis e raíñas redescubertos) e de William Morris (Anarquía e Beleza. William Morris e o seu legado. 1860-1960). Innovacións Coincidindo coa estrea da película Mr. Turner de Mike Leigh, a exposición deste pintor romántico recolle a produción pictórica dos seus anos finaisCoincidindo coa estrea da película Mr. Turner de Mike Leigh, a exposición deste pintor romántico recolle a produción pictórica dos seus anos finais. Ferozmente criticada por académicos e parte do público entre 1835 e 1850, as obras de Turner son, tanto a nivel técnico coma de linguaxe visual, dunha lucidez extrema. As obras están distribuídas en seis salas, xirando cada unha delas entorno a unha temática. A primeira sala analiza as innovacións de Turner respecto a composición, luz, cor, pincelada (uso de espátula), así coma novos tipos de pinceis e soportes (lenzos octogonais). Dúas paletas empregadas polo artista xunto cos seus lentes, comparten espazo con cadros referidos a vida de Turner -Turner no Día do Barnizado na Academia (1840), O interior da galería de Turner. O artista mostrando as súas obras (1851)-.As obras que serven de modelo das innovación do artista divídense en lenzos -Sol poñéndose nunha lagoa (1840), O heroe das cen batallas (1847), acuarelas -A cidade e palacio de Eu (1845), Eu a luz da lúa (1845)- e albumes de apuntes. A gama cromática turneriana é sobria pero cuns matices moi ricos. Inclúe branco, azul intenso, violeta pastel, gris, laranxa forte, dourado, ámbar, rosa en distintas tonalidades, negro, vermellón, carmín, pardo e marrón cobrizo. Turner fusiona as cores mediante pinceladas soltas, diluíndo os contornos e abstraendo as formas, trasladando pictóricamente o poder e drama das forzas naturais. Viaxando por Europa.As viaxes de Turner por Europa están divididas en dúas partes. A segunda sala da exposición está dedicada enteiramente as obras realizadas durante as súas estancias en Venecia. Contemplando estas obras obsérvase que Turner pinta de forma preferente o luscofusco. Aproveita todas as gradacións, toda a potencia plástica dunha luminosidade cálida, densa, entre nubes grises e ceos azuis. Exemplos delo son Acercándome a Venecia (1844) e Indo o baile (1846). Esta clase de pintura dos anos 40 fascina entre outros a John Ruskin, quen defende a Turner fronte o desconcerto xeral. A terceira sala reúne os traballos e apuntes froito dos traxectos pola propia Inglaterra, Dinamarca, Bohemia, Val de Aosta, Francia, Bélxica, Luxemburgo, Alemaña, Suíza e a costa norte francesa, viaxes realizadas no tempo de dez anos, de 1835 a 1845.As acuarelas e libros de pequeno tamaño recollen os rápidos bocetos de Turner. As montañas reflexadas nas lagoas, o rápido paso das nubes polo vento, a desaparición do límite entre ceo e mar aparecen en boa parte dos debuxos. Son notables apuntes coma Lago Lucerna: a bahía de Uri, dende Brunnen (1841-1842), Heildelberg: abrente (1842) e Ehrenbreitstein (1845) nas que Turner capta a transición instantánea e unión dos elementos -auga, aire, terra-. Nelas a distinción entre persoas, edificios e obxetos comeza a ser difusa en plena Natureza. Shakespeare, as Guerras Napoleónicas…O incendio nas casas dos lores e dos comúns do Parlamento (1834), A despedida de Hero e Leandro (1837), Cicerón na súa vila (1839), Baco e Ariadna (1840), Luz e cor. (A teoría de Goethe) – A mañá despois do diluvio (1843), Sombras e escuridade: a tarde do diluvio (1843) conforman algunhas das pinturas nas que Turner trata a literatura, a historia e mitoloxía clásica ou feitos contemporáneos. Tamén fan honra os mestres admirados por Turner (Regulus, pintado en 1837, é unha homenaxe magnífica o artista francés Claudio de Lorena). Todas elas son pezas profundas e trascendentais, fortemente ligadas a propia interpretación de Turner do presente, e constitúen algunhas das obras mais belas do pintor.Entre elas cóntase A treboada de neve (1842) que mostra un pequeno barco loitando no medio dun mar embravecido entre a neve e o vento. Paz – Enterro no mar (1842) é unha conmemoración do seu amigo o pintor David Wilkie. Turner plasma o seu funeral no mar de noite nunha escea silenciosa e reflexiva. Xunto a estas obras aparece Choiva, vapor e velocidade. O Gran Ferrocarril do Oeste (1844). No lenzo aparece a última tecnoloxía, o Gran Ferrocarril do Oeste, víndose de fronte entre fortes choivas e vento. A composición rómpese ca marcada diagonal da ponte, mentres a paisaxe, o tren e a ponte están desmaterializadas pola impresión do aire en movemento e o traslúcido da choiva, a deformación visual da velocidade e o evanescente do vapor. Turner tamén emprega contrastes de texturas rugosas e lisas, intensas gamas cálidas de cor xunto as frías e pinceladas visibles fronte as veladas. O resultado é por tema e técnica, un símbolo da era contemporánea. O mar.Os últimos traballosA quinta sala ocupa unha das grandes paixóns de Turner: o mar. Píntao constantemente, prestando sobre todo atención os momentos de maior gloria dos lóstregos e das treboadas. É capaz de representalo coma unha paisaxe o borde do caos (Paisaxe do mar con trebón cerca, 1840), así coma mostrar a súa forza e liberdade (Mar embravecido, 1840-1845) ou a percepción dun mundo de fantasía (Amencer con monstros do mar, 1845). A sala alberga lenzos e acuarelas que falan das horas invertidas debuxando, pintando, buscando, vivindo o mar. Olas rompendo contra o vento (1840) ven a ser unha das imaxes que mellor traduce a sensibilidade e intelixencia de Turner co sublime dos océanos.Entre 1844 e 1850 Turner leva un maior grado de transparencia, case etérea, os seus cadros. Aínda cando disminue o ritmo de traballo (de feito en 1846 apenas pinta), en 1849 volve de novo a pintar para presentar a súa exposición en 1850. Na sexta sala están presentes desta época Aurora dende o cumio de Rigi (1844), Lago Lucerna: a bahía de Uri dende o alto de Brunnen (1844), Europa e o touro (1845), O castelo de Norham. Alborada (1845), Mercurio enviado para advertir a Eneas (1850) e A saída dos barcos (1850). Turner mostra paisaxes transformadas en sucesivas transicións cromáticas e de texturas na tela, sen apenas motivos gráficos identificables. A derradeira vista a sala ten a impresión de que incluso as pinturas só esbozadas, teñen este carácter precursor no florecemento artístico final de Turner. |
NOS_494 | Denúnciao Adega e sinala eucaliptais coma os de Lugo, Rábade e Begonte que incumpren "os mínimos insuficientes" que sinala a nova Lei de Costas en materia de protección das plantacións autóctonas. | Seis de cada dez árbores na Galiza son eucaliptos ou piñeiros e a súa expansión, lonxe de se frear, está regada polo corpo lexislativo aprobado pola Xunta do PP a través de leis como a de Montes ou o anteproxecto de lei do Solo, que abren as cancelas do monte ás grandes madeireiras e aos cultivos enerxéticos. Segundo denuncia Adega, algúns deses eucaliptais son "ilegais". Acontece isto nos municipios de Rábade e Begonte. A asociación ecoloxista sinala máis un caso que tamén foi denunciado, mais a Dirección Xeral para a Conservación da Natureza obrigou o propietario da finca a arrincar as árbores e poñer castiñeiros. Aconteceu no municipio de Lugo despois de talar unha carballeira de 6.000 metros cadrados protexida baixo figuras como 'reserva da biosfera', proposta de ampliación da Rede Natura ou o Plan Especial de Protección do Río Miño, PEPRIM. No caso de Begonte, o Seprona ordenou tamén arrincar os eucaliptos. Malia estas pequenas vitorias, Adega alerta de que no monte galego non se están a cumprir nen sequera "uns mínimos insuficientes" coma os que dispón a nova Lei de Costas e que impide facer plantacións de eucaliptos en parcelas con masas frondosas autóctonas, así como a menos de 15 metros dun río e a menos de 100 da liña de costa. |
NOS_9997 | As plataformas contra os desafiuzamentos e de afectad@s presentaron o primeiro texto destas características que se fai a nível estatal. Reclaman a paralización de todos os lanzamentos e a modificación da lei de vivenda. | As plataformas contra os desafiuzamentos e de afectad@s pola hipoteca da Galiza deron entrada esta terza feira no Parlamento galego a primeira ILP contra os despexos que se presenta na Cámara dun territorio a nível estatal. Segundo explicou en conversa con Sermos Galiza Óscar Gómez, da PAH de Vigo-Tui, o que reclaman no texto é que a Xunta mova ficha para resolver o problema dos alzamentos. Así, piden unha modificación da actual lei galega de vivenda até conseguir "que se paralicen todos os desafiuzamentos". Só na cidade olívica traballan arestora con máis de cen casos riba da mesa e Gómez informa de que "cada día son máis as persoas que veñen ás asembleas porque moita xente non pode pagar o aluguer". Denuncia, así mesmo, que o Plan Aluga impulsado polo Goberno galego, esgotouse a comezos de xaneiro "e non se ampliou". Nesta liña, as plataformas contra os despexos perseguen para a Galiza unha norma que vaia na liña das de Andalucía ou Navarra en que, para alén de paralizar os desafiuzamentos, tamén dispoñan "o aluguer social na vivenda habitual" e a opción de embargar os inmóbeis que a banca ten baleiras ou pechadas. Por que decidiron presentar aquí unha lei que rexeitou o PP no Congreso español? "Porque a Xunta ten plenas competencias para modificar o marco lexislativo mais pasan a pelota ao goberno central", subliña Óscar Gómez. Aliás, os dados referidos ao parque inmobiliario sinalan que no noso País por volta do 20% das vivendas están desocupadas. "As persoas que hai dous anos se acolleron ao plan da moratoria de dous anos están a ver como o tempo se esgota e seguen na mesma e teñen os bancos enriba delas", acrecenta Gómez. Desde a entrada da ILP no Parlamento abrirase agora un periodo en que @s impulsor@s recollerán as polo menos 15.000 sinaturas precisas para que o texto sexa admitido a trámite. |
NOS_16717 | Ernesto Guevara de la Serna, un dos líderes máis carismáticos da Revolución cubana, foi asasinado en outubro de 1967 polo Exército boliviano nunha operación supervisada pola CIA. 50 anos despois, a UPG toma a iniciativa e propón a constitución dun Comité Nacional Galego para render tributo ao Che con motivo deste aniversario. | A Unión do Povo Galego convoca unha reunión esta cuarta feira ás 17 horas na súa sede nacional, en Compostela, "aberta a todas as organizacións e colectivos sociais que quixeren formar parte do Comité Nacional Galego" para comemorar o 50 aniversario da morte do Che a mans do imperialismo. "Entendemos", afirma nun comunicado o partido integrado no BNG, "que a figura e o pensamento do Che son referentes para todas aquelas persoas, organizacións e colectivos que consideramos que a loita pola liberación nacional e o socialismo están indisolubelmente unidas". "Por iso", acrecenta a UPG, "pensamos que sería positivo constituír na Galiza un Comité Nacional Galego para organizar unitariamente actividades arredor da figura do Che na conmemoración do 50 aniversario do seu pasamento". Este tributo galego ao Che viría a se sumar ao conxunto de actos que -por iniciativa do goberno de Bolivia, o país ao que Guevara entregou a súa vida- se están a programar a escala internacional. |
NOS_5146 | Seguimos ao minuto a sesión de control ao goberno galego Pleno no Parlamento de Galiza. O BNG preguntoulle sobre a queda demográfica de Galiza, AGE sobre sinistralidade laboral e o PSdeG polas relacións co goberno central. | Pleno do Parlamento de Galiza ás 10:00 horas con sesión de control ao executivo de Núñez Feijóo. Aquí informarémoste ao minuto: 10:41. Finaliza a sesión de control ao goberno galego. 10:38. Núñez Feijóo. Acusa a AGE de apoiar enmendas do PSdeG que implicaban recortes en seguridade laboral. "Vostede non distingue entre verdade e mentira", dille Núñez Feijóo a Díaz. "Vostede igual non, mais os que somos fillos de obreiros sabemos o que son os accidentes laborais". 10:35. Díaz. "Que lle parece a vostede que en 2013 morreran 47 traballadores en galiza, a vostede que tanto fala de austeridade", reitera Yolanda Díaz. Acusa ao presidente da Xunta de "frivolizar" cos dados da siniestralidade laboral. "Desde que vostede é presidente recurtouse nun 65% o orzamento para prevención laboral". 10:32. Núñez Feijóo. O presidente da Xunta dí que Galiza foi o territorio "onde máis baixou o índice de accidentes laborais". 10:29. Yolanda Díaz (viceportavoz de AGE). Yolanda Díaz sinala a grave situación de Galiza en sinistralidade laboral, por riba da media do Estado español. Debulla dados por sectores. "Como se pode cualificar un país no que morreron en mans da patronal 47 persoas en 2013?". E di que "iso é terrorismo". 10:25. Núñez Feijóo. O presidente da Xunta afirma que levan presentados 22 recursos de inconstitucionalidade fronte os 14 presentados "polo bipartito". Pon de exemplo da colaboración entre Xunta e Estado o de procurar solucións o calote das preferentes. 10:22. Méndez Romeu. Reprocha a Feijóo que non queira falar do desemprego en Galiza. "No que vai desta lexislatura desapareceron 35.600 persoas da Seguridade Social.Por cada novo parado rexistrado hai 15 baixas na S.S". 10:18. Núñez Feijóo. "En liñas xerais as nosas relacións co goberno de España son fluídas e correctas. Estamos de acordo na unidade da Nación española, no cumprimento do défice público e na mellora da competitividade da nosa economía". O presidente da Xunta afirma que hai "diverxencias puntuais" con Madrid en puntos como "o borrador da lei de irrupción do embarazo". 10:16. Méndez Romeu (portavoz PSdeG) "Vostede, señor Feijóo, a única relación que ten co goberno de España é de obediencia e sumisión". Méndez Romeu acusa o presidente da Xunta de reducir os caryos para formación de desempregad@s mentres o paro bate récords. "A EPA certifica o absoluto fracaso do seu goberno". 10:12. Feijóo. Comeza a súa quenda acusando a Francisco Jorquera "de non entender os dados" e afirma que "dicir que os mozos emigran pola política do goberno é non entender nada". Volve citar a Fraga para dicir que a oposición lle chamaba reaccionario cando falaba de incentivar a natalidade. "Compartimos este problema con 40 rexións europeas", salienta. 10:10. Jorquera. O portavoz parlamentar nacionalista lembra a Feijóo que en Galiza a queda demográfica é moito máis acentuada que noutros territorios. Pregunta ao presidente se o desemprego, a emigración, a precariedade laboral, as dificultades para conciliar a vida laboral e familiar.. "non teñen a ver con esta situación". "Coas súas políticas, Galiza esmorece". 10:06. Núñez Feijóo (presidente da Xunta). O presidente da Xunta acusa a Jorquera de "frivolizar" cun problema, o demográfico, "que vén de lonxe". Ofrece unha batería de dados e estatísticas de nacementos e falecementos para dicir que a pregunta feita polo BNG "podería se facer hai 20 anos". Recoñece que o demográfico "é o principal problema de Galiza" e dí que en Xapón ou Alemaña tamén padecen esa situación. "Os únicos plans demográficos que se aprobaron en Galiza foi o de Fraga e o deste goberno"- 10:02. Francisco Jorquera (portavoz do BNG) O voceiro parlamentar do BNG afirma que a poboación galega é só o 5,8% do conxunto do Estado, "a metade do que eramos hai cen anos". Jorquera fala da 'Galiza minguante' e afirma que nestes 5 anos ese problema agravouse. "A poboación moza reduciuse en máis de 135.000 persoas". Pregunta ao presidente que causas considera que explican o "drama demográfico de Galiza". |
NOS_38418 | A Coordenadora Galega de Emigrantes Retornados convoca unha manifestación para este sábado para demandar unha regulación ''clara e precisa'' das súas pensións. A protesta finalizará cun acto perante San Caetano. | A Coordinadora Galega de Emigrantes Retornados, xunto con 20 plataformas comarcais, convocan para este sábado 21 de marzo unha gran manifestación en Compostela , mobilización "onde reclamaremos a equiparación da presión fiscal independentemente da existencia de un ou mais pagadores, un marco homoxéneo para todas as pensións, ou a modificación do marco actual no sentido de evitar a retroactividade tanto en relación coas persoas que xa tributaron por rendas percibidas en exercicios anteriores durante o ano 2013 e 2014, como para as que están pendentes de tributar todas as rendas desde o exercicio 2010 durante este período extraordinario de regularización". Para a Coordenadora, a lexislación aprobada nos últimos meses mantén "graves deficiencias". A emigración galega retornada demanda que a Axencia Tributaria "aborde unha regulación legal clara e precisa sobre a tributación das pensións dos emigrantes retornados, partindo do principio de non discrimación respecto da tributación doutras pensións" e o recoñecemento de oficio das pensións de Invalidez, recoñecidas, nos países de procedencia. A manifestación rematará nos edificios de San Caetano, da Xunta de Galiza, "onde os emigrantes retornados rodearemos os edificios como un acto simbólico co que queren dignificar a loita da emigración galega retornada ante o roubo da Axencia Tributaria do PP e reclamar un trato xusto e igualitario das súas pensións, así como nos pidan desculpas e devolución da honra aos emigrantes retornados". |
PRAZA_20356 | Desde que están instalados, o municipio foi gobernado a maioría do tempo polo PP, pero a sanción chega agora que está á fronte un bipartito de PSdeG e Manifesto Miñor, que a considera "un disparate" HEMEROTECA | A Defensora del Pueblo lembra á Garda Civil que en Gondomar debe entender o galego | HEMEROTECA | A Defensora del Pueblo lembra á Garda Civil que en Gondomar debe entender o galego A Garda Civil de Gondomar volve evidenciar que ten un problema coas linguas oficiais do Estado español. Hai dous anos a Defensora del Pueblo censurou que un veciño da vila non puidese ser atendido en galego polos axentes dese cuartel, que argumentaron que descoñecían a lingua. Desta volta, a Garda Civil destinada na vila vén de denunciar ao propio Concello de Gondomar por tres carteis de tráfico rotulados só en galego. A denuncia prodúcese agora malia que os carteis levan máis dunha década colocados. A lei di que as indicacións escritas que leven os sinais de tráfico deben estar, polo menos, en castelán, e ademais na lingua cooficial da comunidade autónoma que a teña. Porén, o rechamante do caso é que os tres sinais agora denunciados levan máis dunha década instalados cos textos só en galego nos accesos a un instituto e a un polígono industrial. Son sinais vermellos con franxa branca claramente recoñecibles de dirección prohibida nos que se incorporaron textos en galego que contemplan a excepción de que si poidan circular máis alá deles o profesorado do centro e os usuarios do polígono. Desde que están instalados, o municipio foi gobernado a maioría do tempo polo PP, pero a sanción chega agora que está á fronte un bipartito de PSdeG e Manifesto Miñor Durante os anos que levan os sinais instalados, o goberno local de Gondomar estivo a maioría do tempo en mans do PP, pero a sanción chega agora que goberna un bipartito de PSdeG e Manifesto Miñor, que encabezan respectivamente o alcalde socialista Paco Ferreira e Antonio Araujo, que fora rexedor previamente polo BNG. Este último, tenente de alcalde no goberno actual, considera "un disparate" a denuncia, que entende que é un ataque contra o galego desproporcionado por producirse agora malia que os sinais levan anos instalados. |
NOS_47746 | A derrota inevitábel (o Deportivo levaba 7 xogos consecutivos sen perder) chegou no pior momento e da pior forma. O Deportivo non tivo nen a tensión nen a electricidade nen a velocidade que é precisa para gañar en Valladolid á disciplinada e seria banda de xogadores treinados por Dkjukic. Un erro arbitral anulando un gol legal de Nelson fixo o resto. | Na primeira metade do xogo, chumbos nas pernas, o Deportivo xogou a cámara lenta, sen o despregamento das bandas de Pizzi e Bruno que constitúen o maior perigo potencial da equipa. Xogouse en moi poucos metros, con demasiado barullo no centro do campo. Pouca marxe para o brillo de Valerón ou JuanDo. Por veces o xogo transmitía a impresión de que o Deportivo se conformaba con puntuar na banda de mínimos, con empatar, perante un Valladolid que tampouco mostraba muita cobiza ofensiva. Os gardamallas foron mais ben espectadores nun primeiro ato do xogo certamente infumábel. Reaxiu Fernando con cambios de carácter ofensivo. Mandou á caseta a Bergantiños e puxo no relvado a Nelson Mudou a decoración co 1-0, gol de Javi Varas, un esguío na área, o máis listo para abalar a modorra branco e azul. Non che poden marcar un gol así se te estás a xogar a vida. Reaxiu Fernando con cambios de carácter ofensivo. Mandou a caseta a Bergantiños e puxo no relvado a Nelson. O portugués estivo ben. Procurou a baliza contraria en todo momento e deixouse ver con varias marcaxes de ruptura. Até marcou un gol. O do empate. Un gol que valía un ponto que talvez na xornada 38 tod@s botemos de menos. Mas o gol foi anulado, torpemente anulado, por un off side inexistente. Estaba o gardamallas desprazado do seu marco, mas no momento en que a bola sai en dirección a Nelson entre este e a baliza hai dous futbolistas do Valladolid. Posición legal. Mas o gol non subiu o marcador. Fernando até probou cunha defesa de 3 e lanzou os seus a un ataque desesperado. Estivo a piques de chegar o empate nun fungueirazo de Bruno, deses seus, desde fóra da área, mas o porteiro do Valladolid replicou cunha moi boa parada. En realidade, o Deportivo pena coa derrota unha actuación insuficiente, apenas estivo no nível de xogo que lle exixíbel no ímpetu final que resultou no gol anulado e nuns escasos minutos de acoso á baliza rival. Pintan mal as cousas após esta derrota. O Deportivo ten 32 pontos, a 2 da liña da salvación, que a marca o Zaragoza. 2 pontos que até poden ser 3 porque en caso de empate o combo maño superaría o galego por ter a favor o goal average. O Deportivo xa non ten marxe de erro. Ten que sumar necesariamente 7 pontos dos 9 en xogo e aínda así agardar ao que fagan os demais. Ninguén dixo que fose ser doado. |
PRAZA_1186 | Este mércores comezou unha nova edición do Festival de Cans, que ata o sábado levará a esta parroquia do Porriño milleiros de persoas. Falamos co seu director, Alfonso Pato | Xa está aquí Cans. Este mércores deu comezo a duodécima edición do festival, co Día d@s Veciñ@s, unha xornada dedicada a homenaxear aos homes e mulleres desta parroquia que ano tras ano realizan un labor imprescindible na organización do festival. Esa relación coa comunidade, co espazo, co lugar e a xente de Cans é un dos elementos que define e fai grande e diferente este certame. Alfonso Pato, director do festival, salienta esta vocación de traballo conxunto coa xente de Cans: "Se es un festival pequeno, non podes ser como unha franquicia que podería estar en calquera lado. Tes que botar raíces, e para iso hai que conseguir que a comunidade se identifique co festival e co que se fai. Cada veciño ten que sentirse parte del e copartícipe deste traballo. O festival non é dunha persoa ou de dúas ou das 200 persoas que traballamos na organización, o festival é de todos, o festival pertence ao mancomún, esa palabra tan bonita que hai no galego. O noso éxito no futuro reside aí, en traballar a partir desa identidade". Unha relación que lle dá forza e sentido ao festival e que asegura a súa continuidade: "Hai que comezar a construír que haxa un relevo, xente, rapaces, que continúen co festival cando os que estamos agora levando o peso xa non esteamos", destaca. O outro labor de construción do festival refírese á construción de novos públicos. Xa hai catro anos que se vén organizando o chamado Cans do Futuro, actividades pensadas para o alumnado dos centros de ensino, que se achegan así ao certame, á parroquia e ao propio cinema e audiovisual. Neste 2015 serán ao redor de mil os nenos e nenas que pasarán por Cans polas mañás. Verán dúas as curtas gañadoras da edición de 2014 (Tupper e Ser e voltar) e poderán falar con actores e directores. "O que queremos é, partido do audiovisual, é facer un festival atractivo para os rapaces e rapazas, creando e consolidando un público para o futuro", salienta Pato. "Queremos que as familias pasen aquí o día, que vivan unha experiencia diferente do festival, con contidos pensados especificamente para eles" Esta aposta polos máis pequenos complétase coas cada vez máis variadas actividades progamadas para o público infantil e as súas familias: música, xogos e proxeccións agrupadas na sección MiniCans, que se desenvolverá o sábado pola mañá no Parque do Río, unha das zonas menos coñecidas de Cans para os visitantes de fóra. "Queremos que as familias pasen aquí o día, que vivan unha experiencia diferente do festival, con contidos pensados especificamente para eles" coma A Caixa de Mistos de Mr. Misto, o lugar escollido en Cans para que a rapazada poida ver curtas de animación e audiovisuais de contido infantil, todo dentro dunha caravana convertida nunha curiosa sala de cine. Ou Muller Cine, un espectáculo de Suso Alonso e Blanca Cendán que aúna música e cinema. Cans pode presumir, ademais, de manter (a pesar das dificultades que sofre calquera festival) dunha boa saúde económica, que foi quen de, progresivamente, ir dependendo cada vez menos das axudas e apoios das administracións públicas. "Este ano, ao final, no derradeiro segundo, foron solucionándose cousas con algunhas convocatorias de subvención" -comenta Alfonso Pato- "E ese é o problema, que as axudas públicas cando chegan fano no último momento, e non se pode construír un proxecto de futuro tendo esa incerteza, sen facer por exemplo convenios a dous ou tres anos, de xeito que poidas facer unha mellor planificación". "Temos algo máis de 20 mil euros de Agadic, temos o apoio do Concello do Porriño e algo menos da Deputación e esperamos poder contar coa axuda do Ministerio, que o pasado ano foron 4.000 euros. Pero, en calquera caso, o noso orzamento son 120.000 e as axudas públicas non superan o terzo. Somos un festival que xera moitos recursos propios, entre os ingresos por venda de entradas, merchandising, camisetas, alimentación e bebida", destaca. "O noso orzamento son 120.000 e as axudas públicas non superan o terzo. Somos un festival que xera moitos recursos propios" Recomendacións para estes días pódense facer moitas, pero -ademais das máis coñecidadas e rechamantes, coma as estreas ou os concertos: Sidonie, Def con Dos...- Alfonso Pato queda con tres: "En Cans sempre apostamos por espazos non convencionais e singulares para a realización de actividades. E este ano incorporamos O concerto da placa, que este ano permitirá ver a Luar na Lubre tocando enriba da Placa de Bugarín, xusto despois da estrea de Torre de Breoghán. Algo único". O director do festival salienta igualmente a presentación do documental Dos gaiteiros do Mar, de Xurxo Souto. Unha presentación á que seguirá a actuación de Manuel Sotelo 'Manoliño de Donón', protagonista do filme, no Jaliñeiro de Cans. Por último, Pato lembra a importancia que para o festival ten a sección Fill@s de Cans, que permite descubrir as primeiras imaxes das primeiras longas de cineastas que amoaron as súas curtas en anteriores edicións de Cans. É o caso de Dani de la Torre ou Simón Casal. Unha ducia de Cans "En Cans sempre apostamos por espazos non convencionais e singulares para a realización de actividades. E este ano incorporamos O concerto da placa" Cans chega este ano á súa duodécima edición. En Praza xa lle dedicamos a obrigada ducia (este ano máis ca nunca) hai uns meses, repasando doce momentos que foron importantes nas once primeiras edicións do certame. Ademais, dende a organización do festival propoñen outra ducia, con outras tantas recomendacións que calquera persoa que se achegue ao Porriño non debería perder este ano: Conversar con José Luis Cuerda na Leira de Alicia… e con Javier Gutiérrez ou Nerea Barros, entre outros moitos, en calquera recuncho do festival. Ver o filme A CAMBIO DE NADA, de Daniel Guzmán, que vén de arrasar no Festival de Málaga. Vibrar cos concertos de Dos Tenores, Def Con Dos e Sidonie no Torreiro de Cans. Gozar co primeiro Concerto na Placa de Bugarín da historia, o de Luar na Lubre, despois da estrea mundial do documental Torre de Breoghán. Re-descubrir a Ángel Carmona, de Radio 3, na súa faceta de DJ. Coñecer, en exclusiva mundial, material inédito do novo proxecto de Juanma Bajo Ulloa, Rey gitano, da man de Manuel Manquiña e Tony Lomba, que farán unha singular presentación dun fime que ten moito que ver co Festival de Cans. Aprender coa nova sección, Rebobinando (se puidese voltar atrás), qué cambiaría o equipo de A Esmorga Filme do filme que arrasou nos cinemas galegos e que agora se presenta nos do resto do Estado. Seguir o camiño dos Fill@s de Cans con longas xa avanzadas como Pablo Romero-Fresco, Simón Casal, Dani de la Torre, Alberto Vázquez e Cristóbal Arteaga ou en fase de guión, como Juan Galiñanes, Xabier Bermúdez, Miguel Barros, Xacio Baño, Alfonso Zarauza e Daniel Froiz. Rir co humor gráfico especialmente adicado a Cans polo grandísimo Xaquín Marín. Achegar aos nenos e nenas á cultura audiovisual, cunha programación especialmente pensada para eles e un espazo de xogo perfecto para pasar un sábado primaveral en familia. Vivir a apertura do Muro dos Chimpíns, que dará acubillo aos Premios Pepe Puime, os máis emotivos do Festival. Emocionarse co CanSonoro orquestrado Xurxo Souto xunto aos AcordeCans e, en xeral, achegarse a uns veciños e veciñas que son os mellores embaixadores da aldea máis cinematográfica de Galicia… e de parte do estranxeiro! |
PRAZA_12747 | Noriega, Bascuas, Cuiña e Hermida amosan confianza en lograr "un fío argumental" para presentar un "novo referente político" ás vindeiras eleccións galegas no que colla "dende o centro esquerda" á "esquerda máis tradicional" e "dende o galeguismo político" a quen aposta "pola república galega". | "O tempo dirá se acertamos ou se isto é un fracaso histórico". Deste xeito define o irmandiño Martiño Noriega a amplitude do horizonte que teñen diante de si os colectivos implicados na construción do que se está a dar en chamar "novo proxecto común". Tres días despois de que Máis Galiza, Acción Galega, Espazo Ecogaleguista e o propio Encontro Irmandiño emitisen un comunicado conxunto anunciando a súa intención de "construír unha organización política" un coloquio organizado en Compostela polo Movemento Estudantil Universitario reuniu por primeira vez en público a representantes destes catro grupos. No patio de butacas do salón de graos da Facultade de Políticas os interrogantes eran diversos aínda que é posible sintetizalos en dous: como de ancho pode ser o espectro ideolóxico que acolla esa eventual alianza e de que xeito se organizará. Ou o que é o mesmo, por onde transitan os dous "obradoiros de ideas" que veñen de poñer en marcha mentres, paralelamente, funcionan asembleas e "grupos de base" en diferentes puntos do país. Cuiña subliña que concorda "cunha altísima porcentaxe" do ideario dos outros tres grupos participantes O proxecto xa se está a mover aínda que, como acontece coas carrilanas de Esteiro, ilustra Noriega, aínda non é posible coñecer o desenlace. "Corremos o risco de reiterar erros, de reincidir na diagnose ou de administrar os mesmos tratamentos", polo que "cómpre entender que o que temos por diante nos obriga a unha nova maneira de ser e relacionarse". Dende o público reclamouse concreción e quizais un dos máis concretos foi o debutante nestes actos públicos, Rafa Cuiña, quen tamén foi un dos blancos de maiores curiosidades e receos, en función dos interviñentes. En representación de Acción Galega, colectivo constituído en partido o pasado día 12 e cuxa "líder", especifica, é Teresa Táboas, Cuiña amósase confiado en que as "reunións e conversas para sacar adiante unha alternativa ás políticas actuais, tanto ao actual Goberno galego como á oposición" cheguen a bo porto. Na súa opinión, o proceso cristalizará se se apoia "en catro patas": a "xenerosidade" que deixe de lado os "egos", construción "dea baixo cara a arriba", "humildade" e "Galicia como común denominador", algo "básico como galeguistas, nacionalistas", di. Ao tempo, Cuiña explica "que pode pintar" na nova posible nova organización alguén a quen lle di que "tiña que ser un facha e un cacique". "Non me considero un facha e non teño nada que ver cunha concepción caciquil da política, que sempre rexeitei", afirma. El, di, concorda "cunha altísima porcentaxe" dos principios defendidos polos outros relatores en ámbitos como "a defensa do sector público, da sanidade pública" ou o rexeitamento "ao que está pasando co copagamento" ou unha suba das taxas universitarias que, di, deberan ter "as rúas incendiadas". Na liña de lograr un "acordo de mínimos" expresada por Cuiña concorda tamén o secretario xeral de Máis Galiza, Xoán Bascuas. "Se somos quen de atopar un fío argumental, ninguén terá que renunciar a nada", di, dende unha aposta por que a estrutura que saia destas negociacións e asembleas sexa algo semellante ao dun "partido nacional", ao xeito por exemplo do Scotish National Party. Dende o seu punto de vista ese modelo pode permitir unha "habitación ideolóxica" de "amplo espectro" no que o "fío" de unión pase por elementos como a "defensa do Estado do Benestar" e que, na cuestión identitaria, abranga dende a "aceptación do marco autonómico" ata a quen aposta "pola república independente galega". Na cuestión puramente organizativa Bascuas ve o proceso encamiñado "cara a un modelo de unidade orgánica", se ben advirte de que "o primeiro para o que temos que estar preparados, para ben ou para mal, é para o vindeiro proceso electoral". "Non digo que sexa o máis transcendente, pero si o máis inmediato". Bascuas: "Temos que estar preparados para as eleccións, non é o máis transcendente pero si o máis inmediato" Con ese proceso de "dúas velocidades" concorda tamén Xoán Hermida, representante dos Ecogaleguistas no coloquio. Trátase, di, de definir "como nos presentamos ás eleccións, para que a xente poida elixir unha alternativa" ás actuais tres formacións parlamentarias, mentres se estrutura "un proxecto común de futuro". Dende o rexeitamento a ver "en clave conspirativa" a confluencia de quen "aparentemente non é tan próximo politicamente" Hermida interpreta que en Galicia colle unha formación na que "colla o máximo número de xente posible", situada "na defensa do ben común" que acolla a quen se sitúe "dende a esquerda progresista" ata "a esquerda máis tradicional" e, "no eixo nacional", que "colla dende o galeguismo político ata os sectores soberanistas". Con moito aínda "por definir" a súa aspiración pasa non tanto por atraer "os sectores do BNG que marcharon" senón "a xente desafecta da política" que vaia "confluíndo". Un modelo posible pode ser, por exemplo, di, o de Compromís, "que naceu como coalición e hoxe estase convertendo nun partido a punto de darlle o sorpasso ao Partido Socialista" en Valencia. |
NOS_20060 | "Somos asturianos de fala galega", defínense desde Axuntar, Asociación prá Normalización do Galego de Asturias, que se reuniu co director xeral de Política Lingüística do Principado de Asturias. | Axuntar, Asociación prá Normalización do Galego de Asturias, é un colectivo recentemente constituído, "ante a tramitación da reforma estatutaria que implicará a oficialidade dos idiomas propios de Asturias, o galego e o asturiano". Defenden que na zona oriental de Asturias "fálase unha variedade do idioma galego" e eles considéranse "asturianos e asturianas de fala galega", que teñen como finalidade, apuntan, que se dean pasos cara a un "verdadeiro proceso de normalización" do galego de Asturias. "Isto, evidentemente, implica o seu tratamento como o que é, o idioma galego propio de Asturias e do territorio Eo-Navia". Esta semana unha delegación de Axuntar mantivo unha reunión co Director Xeral de Política Lingüística do Principado de Asturias, Antón García, ao que lle entregaron as súas achegas e propostas en torno á lingua. A dignificación do idioma require a normalización do mesmo e iso é algo que non é posible conseguir sen superar os estigmas que sofren os propios falantes aos que, mediante as políticas desenvolvidas durante os últimos 30 anos tentouse convencer de que non falan unha variedade do galego senón unha fala de transición. "Somos asturianos de fala galega e consideramos tamén que dende o organismo que dirixes debería traballarse para que toda a lexislación que se faga coas linguas de Asturias se redacte para as dúas, co galego de Asturias á beira do asturiano, tamén nos títulos dás leis e decretos, sen aparecer subordinada a nosa lingua en ditos textos. Facelo doutro xeito é tratar aos cidadáns de fala galega como inferiores aos do resto de Asturias" di a carta que lle entregaron ao director xeral. Idiomas oficiais Entre as propostas deste colectivo que puxeron en coñecemento do secretario xeral está a de que no estatuto de autonomía asturiano se recoñeza que "as linguas propias de Asturias son o asturiano e o galego de Asturias", que " ambos os idiomas, xunto co castelán, son oficiais en Asturias e toda a cidadanía ten o dereito de coñecelos e usalos", que "Os poderes públicos de Asturias garantirán o uso normal das tres linguas, potenciarán a utilización do asturiano e o galego de Asturias en todas as ordes da vida pública, cultural e informativa e dispoñerán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento e aprendizaxe". Propoñen, tamén, que "unha lei do Principado regulará de forma especial o réxime de protección, respecto, tutela e desenvolvemento establecido para o asturiano e para o galego de Asturias" e que "mediante lei delimitaranse os territorios nos que é propio o galego de Asturias ou o asturiano". Piden á Administración utilice o termo galego de Asturias, e defenden que "a dignificación do idioma require a normalización do mesmo e iso é algo que non é posible conseguir sen superar os estigmas que sofren os propios falantes aos que, mediante as políticas desenvolvidas durante os últimos 30 anos, tentóuselles convencer de que non falan unha variedade do galego senón unha fala de transición". "As normas actuáis afastan o galego de Asturias do tronco común galaico-portugués ao que pertenece" Avoga Axuntar pola creación "dunha institución dedicada ao estudo, protección e promoción do galego de Asturias" e a "creación dun servizo de normalización lingüística para os municipios de idioma galego de Asturias". "O Centro de Estudos ou Academia do Galego de Asturias aprobará unhas novas normas ortográficas e morfolóxicas do galego de Asturias, conforme criterios científicos e históricos, que substituirán ás actuais normas promovidas pola Academia da Llingua Asturiana". Galaico-portugués Nesta liña, consideran que esas normas actuáis "afastan o galego de Asturias do tronco común galaico-portugués ao que pertenece". Transitoriamente, adoptaranse como oficiais as normas publicadas pola MDGA en 1990, que están avaladas por un prestixioso equipo de lingüistas. A creación na Comarca Eo-Navia dun centro educativo de ensino do idioma permitindo a obtención dos certificado acreditativos correspondentes ou un Plan de cursos de formación para funcionarios e empregados públicos que estean en postos de atención ao público, son outras das propostas. O mesmo que a "revisión da toponimia oficial nos concellos do Eo-Navia e elaboración dun plan de traballo concertado coa Universidade de Oviedo para a preservación da toponimia menor". |
NOS_57497 | O acto, no que participou a familia do xornalista galego, achegados e veciños, tivo lugar na ferrolá Praza dá Paz ás 12 horas. | O 8 de abril de 2003, durante a invasión do Iraq, tres soldados aos mandos dun tanque do Exército dos Estados Unidos, bombardearon o Hotel Palestina, sede dos xornalistas desprazados ao país, matando o cámara ferrolán José Couso, que se atopaba gravando nese intre, e o xornalista ucraíno Taras Protsyuk. Esquerda Unida celebrou este sábado en Ferrol un acto de homenaxe ao cámara José Couso ao facerse dezanove anos do seu asasinato durante a guerra de Iraq. O acto, no que participou a familia do xornalista galego, achegados e veciños, tivo lugar na ferrolá Praza dá Paz ás 12 horas. Alí os organizadores celebraron unha ofrenda floral e, tal e como explicaron en redes sociais, esixiron "rexeneración democrática, o cumprimento do acordo de Goberno PSOE-UP (punto 2.12.4) para a recuperación da xustiza universal e que finalmente os culpables sexan xulgados e depurados". "Como sucede tamén hoxe, as guerras organízanas outros e os mortos ponos os pobos. Os seus intereses económicos son á conta das nosas vidas", denunciaron. Condenado o Estado español por non perseguir a morte de José Couso |
NOS_21954 | A solicitude realizouna Olaia Fernández Davila a través dunha iniciativa parlamentaria, despois de saber que o Ministerio e Educación, Cultura e Deporte decidiu eliminar a axuda que concedía cada ano. | "A negación de calquera axuda a un referente do audiovisual galego é algo máis que discutíbel". Olaia Fernández Davila, portavoz do BNG no Congreso, foi contundente na súa demanda de restitución das axudas que recibía o Festival de Cans por parte do Ministerio. Este encontro galego do audiovisual que se celebra cada ano no Porriño é un referente europeo no mundo das curtametraxes e por el pasaron máis de 11.000 persoas. A edición vindeira, a celebrar en maio de 2013, quedou sen financiamento do Estado español despois que na anterior edición recibira 10.000 euros de subvención.´ Olaia Fernández Davila non entende que o goberno español "non incentive as producións cinematográficas en lingua propia ou festivais como o de Cans" "No BNG somos conscientes do difícil e complicado marco de crise económica pero adoptar unha medida tan drástica non é o camiño", asegurou a portavoz nacionalista no Congreso. Para Olaia Fernández Davila a liquidez do certame esta en perigo e non entende que o goberno español "non incentive as producións cinematográficas en lingua propia ou festivais como o de Cans". Após coñecer hai días que o Ministerio de Cultura retiraba a axuda anual, a organización do Festival de Cans comezou unha campaña de captación de patrocinador@s. Nesta parroquia do Porriño agardan tamén que a nova Xunta defina as competencias para o audiovisual e anuncie as axudas do ano vindeiro. |
NOS_20431 | Fronte á illa de San Simón, no peirao de Santa Cristina de Cobres, inaugurarase o vindeiro domingo 26 de abril un monumento homenaxe ás vítimas do terror franquista en Vilaboa. A Asociación A Regaduxa é a promotora. | "Memoria das vítimas do terror franquista en Vilaboa", é a lenda que se recolle no monumento que se inaugurará o vindeiro 26 de abril ás 19 horas no peirao de Santa Cristina, nunha iniciativa promovida pola asociación A Regaduxa. Memoria histórica de Vilaboa. Letras de ferro cortén incrustradas nas pedras do dique do peirao lembrarán, entre outras vítimas, aos presos da illa que fixeron traballos forzados para construír a estrada que vai cara o peirao de Santa Cristina. O acto será conducida por Tereixa Carro, directiva da Regaduxa e bisneta de Abelardo Sobral, canteiro de Postemirón asasinado en 1936, un dos nomes que ese sentirán na lectura por parte de 15 mozos e mozas do Instituto do Toural dos nomes das persoas represaliadas despois do golpe militar de 1936. En representación das familias represaliadas intervirá Carlos Casal que lerá uns treitos do Diario de Pepe Casal, seu avó que estivo preso na Illa de San Simón ademais de na cadea de Pontevedra e no Forte de San Cristóbal. No acto de homenaxe participará tamén Luís Bará, directivo de A Regaduxa e autor do blog www.nondesaesquecemento.blogspot.com no que recupera a historia das vítimas de Vilaboa e o escritor Pepe Cáccamo, presidente de A Regaduxa. O acto rematará cun lanzamento de flores ao mar en memoria das vítimas xunto coa actuación do dúo Dous na fronteira. |
NOS_51487 | O voceiro da formación política, Marc Solsona, entende que a decisión é "inxusta, anómala" e, mesmo, "desproporcionada". Por iso, participará das accións de protesta que xa foron anunciadas. | O voceiro do PDeCAT, Marc Solsona, vén de rexeitar a decisión de inhabilitar ao presidente da Generalitat, Quim Torra, para a política activa. O político catalán suxire que este anuncio do Tribunal Supremo ten un "ánimo de vinganza" por parte da xustiza estatal. Na súa opinión, a sentenza comunicada esta mañá é "inxusta, anómala e desproporcionada". Desde o seu punto de vista, o sucedido non representa unha forma na que poida ser tratada unha institución pública como a Generalitat. Tampouco unha decisión acorde ao respeto ao seu presidente, o Parlamento e á cidadanía catalá en xeral. "Todo o apoio a Torra, e a todos os represalidados polo seu compromiso político", defendeu Solsona. Neste sentido advertiu que a loita no marco deste proceso non finaliza coa sentenza do Supremo. "Faremos o que sexa necesario para saír desta parálise política e de vulneración de dereitos", subliñou, a modo de aviso. Así mesmo, o representante da formación abogou pola necesidade de fornecer unha resposta común ante "a anomalía democrática" que implica a inhabilitación de Torra. Ao fío desta afirmación, demandou voz para participar nas negociacións que se fan con formacións independentistas do país. "O PDeCAT está para colaborar, para sumar, e para defender ás institucións catalás", subliñou, ao tempo que anunciou que estarán nas protestas pola decisión da Xustiza do estado español. |
NOS_18372 | O pleno municipal debate na vindeira segunda feira unha moción impulsada polos populares que busca impedir a retirada deste símbolo alegando o seu "legado" na cidade. O alcalde, o socialista Ángel Mato, cre que foi un "erro" aprobar a retirada da estatua. | O pleno do Concello de Ferrol aprobou o pasado mes unha moción defendida polo colectivo de presas e presos políticos de Ferrol na ditadura que instaba a retirar toda a simboloxía franquista aínda presente na cidade. A proposta obtivo os votos favorábeis de PSdeG, BNG e Ferrol en Común e a abstención do PP. Porén, o grupo popular emitiu posteriormente un comunicado no que demandaba a non execución do acordo no que atinxe á figura do contraalmirante José María González-Llanos, quen combateu xunto ao bando franquista após o golpe de Estado de 1936. "Recibiu esta graduación en 1958; é dicir, foi un contraalmirante da Armada fascista", precisa o colectivo de presos e presas. Os populares buscan "que a corporación se comprometa a recoñecer o legado de González-Llanos", unha cuestión que tamén reivindicou días despois da aprobación da moción o alcalde socialista de Ferrol, Ángel Mato. O contralmirante González-Llanos "Nós imos defender esa Lei de Memoria Histórica, pero iso non implica que vaiamos adoptar medidas que pouca ou nada sirven para cumprila", dixo o rexedor, subliñando que a aprobación do texto foi un "erro" porque debería terse votado "punto por punto". Porén, desde o colectivo de presas replican: "Quedan en Alemaña ou Italia estatuas de contraalmirantes dos exércitos nazi ou fascista?". Tamén o BNG instou o alcalde a "actuar con honestidade", xa que "votar a favor dun acordo cando non se asume é un engano á cidadanía". A debate na segunda feira O pleno da vindeira segunda feira, 9 de maio, debaterá unha moción do PP que avoga por manter a estatua intacta. Exixen ao Concello de Ferrol que retire as honras a militares franquistas Cómpre lembrar, tal e como salienta o colectivo de presas políticas, que o propio Ministerio de Defensa retirou o pasado 17 de marzo nove rúas do Arsenal ferrolán vencelladas ao franquismo, entre elas a que levaba o nome, precisamente, de González-Llanos. |
NOS_54433 | "Pasa, río, pasa, río, / co teu maino rebulir; / pasa, pasa antre as froliñas / color de ouro e de marfil, / a quen cos teus doces labios / tan doces cousas lles dis", comeza o poema número 19 de Cantares Gallegos e a letra da primeira canción de Si Cantas, es ti que cantas, o novo disco de Tino Baz. | Si o mar tivera varandas é tamén a peza escollida por Baz como adianto do traballo -que se presentará esta quinta feira, 11 de xullo, ás dez e media da noite no porto Guarda. Un videoclip recolle a intepretación e a musicación do poema de Rosalía de Castro a cargo de Baz. É un dos 11 textos da poeta que o cantor guardés converteu en canción en Si Cantas, es ti que cantas. O disco de Tino Baz, quen toca guitarras e zanfonas, inclúe as colaboracións de Laura Quintillán, Alberte Vilas, Lorenzo Chuchín, Carlos Villanueva e Nacho Álvarez. E mais do coro Cantares do Brueiro de Camposancos (A Guarda). O caderno interior da gravación conta con ilustracións de Karina Mouriño. |
PRAZA_18094 | Estamos a ver nascer novamente a putos fascistas em toda a Europa, dentro de uma corrente mundial de neo-tradicionalismo e anti-globalização. Hoje são putos fascistas, amanhã "grandes e amados" lideres autoritários. | Estamos a ver nascer novamente a putos fascistas em toda a Europa, dentro de uma corrente mundial de neo-tradicionalismo e anti-globalização. Putos fascistas que crescem com o seu discurso anti-migração, puramente xenófobo e que vivem dentro dos parâmetros da sua suposta supremacia cultural. E de pequenos e miúdos fascistas que são passam a ser tendência, a marcar agenda política e a chegar com o seu discurso de ódio a grandes partes da população e inclusive a governar as nossas sociedades. Desde o ascenso de Putin numa Rússia que colheu os velhos valores da ultra-ortodoxia como o fundamento das suas políticas, ficou marcado um novo caminho para a aparição de um novo eixo mundial Pequim-Moscovo-Irão sobre o que vamos avançando num mundo mais e mais anti-democrático e mais e mais anti-liberal. E passa o mundo a estar cheio de putos fascistas por onde você quer que andar a mexer. E de miúdos passam a ser hegemónicos, a governarem os EUA onde chegaram com o discurso do mais racista, ultra-nacionalista e supremacista, um discurso que fez normal o até agora anómalo e que tira para fora do novo consenso a qualquer um que não some a essa grande corrente que quer um muro com o México. Pequenos e desprezáveis novos fascistas, miúdos furiosos, com nada mais que um novo sentimento de ódio a percorrer o seu discurso político. O nova ordem geopolítica traz consigo um novo discurso político hegemónico: as posturas sexistas, o racismo, o ultra-conservadorismo é hoje o mais "mainstream" na política global, novos lideres políticos achegam-se a este discurso e marcam uma agenda "iliberal" claramente homófoba, de neo-conservadorismo, autoritária e ultra-nacionalista e excludente. Lembram-me a esses sete inimigos da Espanha, que como os sete pecados capitais, eram ensinados nas escolas franquistas: o liberalismo, a democracia, os judaísmo, o maçonismo, o capitalismo, o marxismo e o separatismo. A "nova política" finalmente joga ao mesmo jogo perigoso que jogaram os fascismos que invadiram Europa de morte e destruição com seu discurso supremacista e xenófobo. Cá também temos essa nova onda que está a achegar as nossas sociedades cara o fascismo. Cá como naquele filme alemã, "Die Welle" o experimento está finalmente a chegar à realidade, e tanto o Partido Popular, que segue a ter a Viktor Orban no seu grupo político no parlamento europeu, como os de C's com o seu fingimento de ser "snobs" e a sua beligerância contra do que não é como ele; quer dizer isto profundamente ultra-nacionalista espanhol excludente; pretendem ambos liderar desde a ultra-direita a oposição e resolver, tanto as tensões sociais, como as territoriais, por esta via. O pequeno fascismo, saiu do seu extremo, a Le Pen, o Orban, na Áustria, na Alemanha, na Holanda, na Suécia e por toda Europa toma força. Nós como democratas não podemos dar voz a este discurso, como democratas temos que defender a dignidade das pessoas, temos que defender os direitos políticos e sociais das nossas democracias avançadas ocidentais, como democratas temos que defrontar essas imposturas. É por isso que esta claro que ao fascismo o único que se lhe pode fazer e derruba-lo. Nisto temos que te-lo claro, temos que derruba-lo e derruba-lo e derruba-lo as vezes que for preciso. Derrubar o monumento ao fascismo que é o "Valle de los caídos" é, para além de uma obriga de qualquer democrata, um passo mais no travão ao novo avanço destes desprezáveis ideias. Hoje são putos fascistas, amanhã "grandes e amados" lideres autoritários. Publicidade |
NOS_10704 | Finou a pasada fin de semana José Antonio Durán, un historiador do pasado e un cronista dos presentes que foi vivindo. Para o profesor da USC e historiador, "un amigo sempre disposto a botar unha leria ou colaborar nun proxecto e, sobre todo, disposto a imaxinalos e executalos". | De todos os seus traballos, que foron moitos, o máis decisivo para min sempre foi "El problema agrario de Galicia", publicado en 1981 naquela revista do Ministerio de Agricultura que se chamou Agricultura y Sociedad. Durán tiña moi boa man para os títulos e os subtítulos. O mellor daquel traballo foi precisamente o subtítulo: "Otro proceso de cambio por derribo" que o dicía todo. Grandísimo coñecedor do pasado, neste traballo que case ten catro décadas viña explicar que o mundo rural galego non merecía aquel presente desenrolista e destrutivo que se lle estaba facendo dende vinte anos antes. Foi dos primeiros en entender que o pasado contemporáneo do mundo rural galego -que el tan ben coñecía- merecía e debía aspirar a outro presente, coherente coa capacidade emprendedora que a sociedade rural despregara antes de 1936. Unha capacidade que o franquismo destruíra e que o antifranquismo –incluído o da utopía maoísta e case todo o nacionalista- simplemente ignoraba. Progresista e amigo dos cambios, foi dos primeiros en recoñecer e explicar coherentemente que o mundo rural galego non estaba a desenvolverse, senón a ser destruído. Fíxoo cando case ninguén o vía, cando as concentracións parcelarias, a obsesiva redimensión das explotacións ou a substitución do esterco e o alimento producido na casa por insumos mercados fóra da explotación eran a folla de ruta inconfundible cara a un presente cheo de montes que arden, abandono e explotacións gandeiras insustentables sen terra. Cando o empeño en modernizar ou revolucionar os labregos partía de descoñecelos como suxeitos. Ben sabía el que non había ren que modernizar porque Galicia xa fora moderna cando tivo que selo, cando os Cafés Modernos se abrían nas vilas e nas cidades do país e cando a revista Prácticas Modernas chegaba ás casas dos líderes labregos. Foi un grande historiador independente, sempre fóra da Academia pero sempre disposto a colaborar coa investigación universitaria de cantas formas fose posible. Unha das últimas como libreiro de vello. Foi historiador pero gustaba de titular Crónicas os seus traballos. Froito exquisito da súa xeración para el a Historia era unha ciencia social utilísima para o descubrimento do presente, para o coñecemento do mundo que nos rodea. Unha disciplina que axuda a entender e interpretar o que ignoramos, non entendemos ou mesmo desprezamos do mundo en que vivimos. Unha forma de saber que serve para imaxinar outras capacidades, opcións e posibilidades fundamentadas no que descubrimos e recoñecemos que fomos colectivamente, máis ben no que foron os nosos devanceiros. A el, como a Isaac Díaz Pardo, aplícaselles ben o dito de meu pai: "o que outro súa pouco dura". Suando o seu traballo eles querían construír, reconstruír ou facer durar o que outros suaran antes. Poucos coma el entenderon a forza creativa do rural galego e como a cidade nunca puido entenderse aquí sen o rural. Cando nos descubría o primeiro Castelao, a Portela Valladares ou a Valeriano Villanueva amosábanos un país de labregos hoxe desaparecido pero que aínda seguía a resistir mentres el escribía na décadas dos setenta algunhas das súas obras máis senlleiras. El buscaba no pasado a perfección do traballo e do esforzo colectivo a prol da mellora social e cultural e dese mesmo material fixo as súas obras. Ademais de historiador foi moitas outras cousas e sempre un emprendedor do coñecemento do pasado e dos formatos para divulgalo. Castelao, o agrarismo, as xenealoxías das elites políticas galegas e a historia do xornalismo galego foron algúns dos campos que traballou. Sabíao todo dos últimos dous séculos deste país e déixanos unha inmensa obra que axuda a iluminar sen prexuízos o coñecemento do pasado colectivo. Sen prexuízos e sen manipulacións ou interpretacións nesgadas ou sectarias. As súas achegas poden ser criticables, discutibles, serán melloradas pero sempre están fundamentadas no rigor e no coñecemento das fontes. Foi un mestre para moitos historiadores mozos e un amigo sempre disposto a colaborar. A terra seralle lene e a memoria fecunda. Os mellores expertos na historia do agrarismo galego, como Miguel Cabo, Andrés Domínguez ou Henrique Hervés, medraron como historiadores lendo e seguindo as súas pistas. Para todos nós foi un modelo de escrita, un pozo de coñecemento de fontes e un revelador de pasados descoñecidos. Foi mesmo un co-inventor diso que os italianos chamaron microhistoria e que cun bo márketing se autoatribuíron. El empezara a facelo antes pero chamábaselle historia local. Lembrarémolo ademais de polas súas obras, polo seu marcado falar acompasado e o seu sorriso ben disposto, transitando entre Azuqueca de Henares, o Rastro madrileño, Rianxo e Pontevedra. Rigor e coñecemento das fontes El traballou con todo tipo de fontes para coñecer o pasado contemporáneo: prensa, moita e rica prensa de época –leuna e coñeceuna toda–, bibliografía descatalogada, memorias, documentación privada e oficial. Construíu unha interpretación do pasado contemporáneo sen memoria. E isto é importante destacalo hoxe. Antes do xiro memorialista que tanto valor e tanta veracidade outorga á lembranza do protagonista dos acontecementos do pasado, el construíu unha Historia sen testemuñas, moi acaída, verosímil e contrastable e antes do triunfo da vítima como valor supremo para observar o pasado, el construíu unha historia de heroes e heroínas colectivos que traballaban o presente e melloraban o futuro. |
NOS_19422 | "Que máis ten que facer a Xunta Militar para que a comunidade internacional responda?", pregunta o relator especial da ONU en Myanmar. | Hai xa un ano e medio que o Exército de Myanmar deu un golpe de Estado no país que derrocou o Goberno de Aung San Suu Kyi (Liga Nacional para a Democracia). Desde entón, segundo os cálculos de diferentes ONGs, máis de 10.000 persoas foron detidas de forma arbitraria e até 2.000 morreron a mans das forzas e corpos de seguridade do Estado, entre elas unhas 142 crianzas, segundo a ONU. Esta segunda feira o país volveu ser noticia, logo de transcender a execución de catro opositores políticos e activistas pola democracia a quen se lles aplicou a pena capital por vez primeira en máis de 40 anos. O último condenado a morte fora o líder estudantil da etnia chin Salai Tin Maung Oo, aforcado en prisión en 1976 por parte do tamén réxime ditatorial de Ne Win. Os catro presos foran condenados previamente por presuntos "actos de terror, brutais e inhumanos" e entre eles figuraba un ex deputado do antigo partido do Goberno, Ko Thaw. A Xunta Militar que agora dirixe con man de ferro o país non informou de cando ou como foron asasinados e limitouse a dicir que as execucións decorreron "segundo o procedemento da prisión". Os golpistas en Myanmar condenan a Aung San Suu Kyi a catro anos de prisión Desde o golpe de Estado de febreiro de 2021 ditáronse máis dun cento de sentencias de morte por parte de tribunais militares, unha cuestión que está a suscitar a conmoción e fonda preocupación da comunidade internacional. Así, o relator especial da ONU para a situación dos Dereitos Humanos en Myanmar, Tom Andrews, pediu que estas execucións sirvan como "punto de inflexión" para "dar un paso á fronte e tomar medidas" ante a grave crise que atravesa o país. "Estes individuos foron xulgados e condenados por un tribunal militar sen teren o dereito a apelar a decisión xudicial e sen contar con ningún tipo de asesoramento legal, nunha clara violación dos Dereitos Humanos", esgrimiu o diplomático. "Que máis ten que facer a Xunta [Militar] para que a comunidade internacional responda?", cuestionou Andrews, a respecto do "asasinato sistemático de manifestantes, os ataques indiscriminados contra localidades e agora a execución de líderes opositores". |
NOS_23605 | A presidenta da Comisión de Economía no Congreso afirma que o recorte de salarios aos e ás funcionarias non é de abondo e que haberá que eliminar empregos públicos | Baixar o salarios dos e das funcionarias non é de abondo para conquerir unha administración "sostíbel", sostén Elvira Rodríguez, deputada do PP e presidenta da Comisión de Economía e Competitividade. Así que é "imprescindíbel levar a cabo unha reforma das administracións" que conlevaría, recoñece, eliminar empregos públicos. ESo si, Rodríguez apunta que os empregos públicos que "terán que desaparecer" non terían que afectar necesariamente ao funcionarado, senón aos "postos de traballo" que medraron como "cogomelos" nos anos de "bonanza económica". |
PRAZA_18255 | ENTREVISTA | Juan González, alcalde de Nigrán (PSOE), considerada unha das zonas cero dos incendios de hai un ano e onde morreron dúas mulleres, fai balance da situación un ano despois e lamenta que a Xunta "está metendo na cabeza da xente que árbore é igual a incendio" HEMEROTECA | (16/10/2017) A eterna espera de Nigrán pola Xunta e a chuvia HEMEROTECA | (19/10/2017) Un bombeiro na 'zona cero' de Nigrán: "En 2006 nós íamos ao lume, aquí o lume viña a nós" | HEMEROTECA | (16/10/2017) A eterna espera de Nigrán pola Xunta e a chuvia HEMEROTECA | (19/10/2017) Un bombeiro na 'zona cero' de Nigrán: "En 2006 nós íamos ao lume, aquí o lume viña a nós" Juan González (PSOE), alcalde de Nigrán desde 2015 e concelleiro na vila desde década e media antes, fai balance un ano despois dos incendios que o 15 de outubro de 2017 arrasaron boa parte dos montes da vila e acabaron coa vida de dúas mulleres que tentaban escapar do lume na parroquia de Chandebrito, considerada unha das zonas cero daquela vaga, que en toda Galicia afectou nuns poucos días 50.000 hectáreas e provocou un total de catro mortes. Este domingo aqueles feitos serán lembrados nunha homenaxe que se celebrará nesa parroquia e na que tamén se presentarán diversos proxectos medioambientais. Como están Nigrán e Chandebrito un ano despois? "Chandebrito tomou boa nota do que esa vaga de incendios nos avisou: ou cambiamos, ou o futuro vai ser moi complicado" Medioambientalmente recuperándose. E entre comiñas de xeito satisfactorio. Nunca se pode dicir que os incendios sexan algo bo, nin moito menos estes que destruíron vidas humanas, pero creo que hai un cambio na forma de pensar sobre como debe ser a relación de Nigrán e desas parroquias coa natureza que teñen ao redor. Deunos a desgraciada oportunidade de cambiar o modelo. Estabamos todos acostumados a un modelo que en principio para as comunidades de montes daba un beneficio a curto prazo e os incendios fixéronnos ver que ese non é o mellor dos beneficios. Creo que Chandebrito, e Camos tamén, tomou boa nota do que esa vaga de incendios nos avisou, de que ou cambiamos ou o futuro das nosas parroquias e dos nosos montes vai ser moi complicado. Están recuperándose con moita forza e unión dos veciños, das parroquias, das comunidades de montes e do Concello. As vidas non se poden recuperar, pero recuperaron todos os afectados as súas vivendas e a vida normal? Todo iso recuperouse hai tempo. Fomos moi áxiles tanto o Concello como as entidades veciñais e creo que fomos capaces de solucionar de xeito inmediato os problemas que noutros lugares tardaron meses. Tamén canto a vivendas, houbo algunhas que entre o Concello e as entidades sociais fomos quen de recuperalas e outras, as menos, sobre todo unha que se queimou, si que conseguiu axuda da Xunta. Pero todas as comunidades de augas, o mobiliario público ou a iluminación, arranxámolos rápido, sen esperar a que nos deran as subvencións. No primeiro mes solucionamos unha parte moi importante daquelas pequenas infraestruturas que non podían agardar a que chegara unha subvención. Di que houbo un cambio no xeito de pensar das parroquias afectadas. Pero un dos puntos de conflito do urbanismo e a ordenación do territorio en Nigrán nas últimas décadas é o desexo de parte da cidadanía que vive no rural de construír máis vivendas no rural incrementando o modelo de asentamento espallado que xa ten o municipio. Non supón iso máis riscos en caso de incendios? "Nigrán ten unha poboación espallada, é o modelo que temos e nos gusta, os incendios non teñen por que cambialo" O modelo non é só deste municipio, é o que temos en Galicia. Está claro que Nigrán non se vai converter en Tordesillas, onde pasas por un núcleo e o demais son todo campos e montes. A poboación de Nigrán está espallada e isto é o que nos fai diferentes a outras comunidades. Nin os incendios nin a planificación urbanística van conseguir que nos convertamos no modelo castelán. O feito de que haxa casas no rural non significa para nada que un incendio poida destruílas. Os incendios non teñen por que facernos cambiar o modelo urbanístico veciñal. Evidentemente se alguén vai vivir a Chandebrito sabe que vai vivir preto dun bosque, porque Chandebrito está no bosque. Hai que desterrar a idea de que árbore é o mesmo que incendio. Son moitas as políticas e sobre todo as mensaxes que se están a lanzar desde a Xunta de que arredor dunha casa hai que cortar todas as árbores porque poden arder. Creo que é un modelo equivocado. Están metendo na cabeza da xente que árbore igual a incendio. E o que hai é montes descoidados, mala xestión dos bosques, mala elección das especies. Pero o feito de que haxa unha árbore a menos de cen metros da túa casa non significa que se vai prender lume nin que a túa casa vaia arder. Sabemos que Nigrán ten unha poboación espallada, é o modelo que temos e no que nos gusta vivir, ademais. Os incendios non teñen por que cambiar a forma que temos de vivir desde hai séculos en Galicia. Pero ese modelo de faixas de protección tamén estivo en vigor durante o bipartito. Cunhas ou outras distancias, é a legalidade vixente. Está o Concello a vixiar a limpeza das faixas de protección? "A Xunta está metendo na cabeza da xente que árbore é igual a incendio, chegounos ao Concello xente denunciando a un veciño porque ten un carballo e hai que cortalo" Claro que estamos a vixialas. Pero esa é outra das ocorrencias da administración autonómica, que teñamos que ser os concellos os que as vixiemos. A nós chegounos ao Concello xente denunciando a un veciño porque ten un aguacatero, porque ten un carballo, e que din no xornal que a Xunta di que todo iso hai que cortalo. Non creo que sexa este o xeito de conseguir que non haxa lumes en Galicia. Hai que poñer en valor o monte e coidar o monte, hai que facer o que están a facer en Chandebrito e Camos, que é substituír todas esas especies de máis fácil combustión por outras autóctonas. E iso si, crear faixas arredor dos núcleos nas que non haxa eucaliptos e poucos piñeiros. Iso é unha fórmula diferente. Pero abriu o Concello algún expediente tras esas denuncias que di que recibiu? Moitísimos. Outra cousa é entrar nunha propiedade privada a limpala. Abrimos centos de expedientes. Creo que asino diariamente dez ou doce expedientes sobre obrigatoriedade de limpeza de fincas. De feito, si que se miran moitas máis fincas máis limpas, porque a xente está máis asustada. O ano pasado Nigrán queixouse de falta de recursos autonómicos para atacar os incendios aquel 15 de outubro, pero non quixera brigada propia conveniada coa Xunta. Este ano si aceptou o convenio pero aínda está seleccionando o persoal para a brigada. Cal é o problema? "A brigada municipal que subvenciona a Xunta son catro brigadistas, pode que nun pequeno lume poidan facer algo, pero sobre todo se encargarán de vixiar as faixas" Non me constan problemas. Estase no proceso selectivo. Se a axuda [da Xunta] nos chegase en xaneiro en vez de en xuño probablemente xa estarían contratados. E é unha axuda parcial. Dise das brigadas municipais... A brigada son catro brigadistas, que cos incendios do ano pasado xa podía haber catro ou corenta que non ían apagar o incendio. Desde que estamos gobernando nunca se abrira esa subvención [para crear brigadas municipais pagadas en parte pola Xunta]. Abriuse este ano, e presentámonos a sabendas de que poñemos máis do 50% do que custa a posta en marcha desa brigada. Pero cun capataz e catro brigadistas, pode que nun pequeno lume poidan facer algo, pero sobre todo se encargarán de vixiar as faixas. Seguiu e coñece os resultados da comisión de análise dos incendios que vén de rematar no Parlamento de Galicia? Que valoración fai das medidas acordadas? "Confío máis nas ganas dos veciños de cambiar o monte que no que saia da comisión parlamentaria sobre os incendios" Fun invitado a participar e dixen o que pensaba. Pero se teño que ser sincero non creo que acade un resultado. Non teño gran confianza no que saia dela. Confío moito máis nas ganas que teñen os meus veciños de loitar contra os incendios e de cambiar esa produtividade do monte. Creo moito máis no día a día do que estamos facendo moitos concellos que nunha comisión parlamentaria. Moitas das preguntas que me facían non estaban relacionadas cos incendios, eran completamente políticas, que por que non fixeramos a brigada. Vostede é historiador. Cos incendios, estamos condenados a repetir a historia? Probablemente, pero eu quero pensar que co que pasou en 2017 todos aprendemos. En Nigrán si que aprendemos e sabemos que temos que estar preparados, e a mellor forma é cambiar o modelo, que é o que se está a facer. E canto á administración que ten a responsabilidade de actuar no lume, tamén debera estar máis preparada canto a coordinación e medios. Porque o que pasou en 2017 eu entendo que é imposible de predicir e de ter medios suficientes. Pero agora sabemos que iso pode repetirse, que o cambio climático é unha realidade. Ata hai unha semana estaba a xente bañándose na praia. Creo que imos estar máis preparados, se as condicións volven ser as mesmas que as do ano pasado, se volven repetirse, creo que imos estar máis preparados. Durante a fin de semana dos incendios do ano pasado vostede estaba en Madrid cun seguimento sanitario tras doarlle un ril ao seu fillo. O presidente Feijóo, sabéndoo, insistiu en reprocharlle que falase dos incendios sen estar en Nigrán. Falou co presidente no último ano? "Feijóo meteu a pata, eu non era un irresponsable por non estar en Nigrán; o transplante de ril e os lumes van ir unidos toda a miña vida" Non. Non o teño en conta tampouco, pero foi unha pequena metida de pata. Na política se mete moitas veces a pata. Un presidente da Xunta non debera xogar con iso. Eu estivera ata o sábado en Nigrán porque viñera uns días a reincorporarme tras recuperarme, e o luns xa estaba de volta. Foi unha coincidencia que eu estivese ese domingo en Madrid, pero podía darse a circunstancia de que, á marxe daquela situación persoal, eu estivese fóra de Nigrán de vacacións e iso non significaría que eu fose un irresponsable. Creo que se equivocou pero non lle dou importancia ningunha. Como están agora vostede e o seu fillo? Ben, ben. Valeu a pena. E agora estamos de aniversario tamén. O transplante de ril e os lumes van ir unidos toda a miña vida. O futuro do meu fillo vai ser mellor e nos incendios aprendemos para conseguir que o futuro de Chandebrito, Camos e Nigrán sexa mellor. |
PRAZA_157 | Para comprender cabalmente as consecuencias sociais e, sobre todo, persoais desta crise debese ver En terra estraña de Iciar Bollaín. Son homes e mulleres novas, con estudos universitarios case todos, que se viron obrigados a marchar porque en España non tiñan traballo, perspectiva e tampouco esperanza | Para comprender cabalmente as consecuencias sociais e, sobre todo, persoais desta crise debese ver En terra estraña de Iciar Bollaín. A película é un exercicio de humildade en si mesmo, pórse ao servizo das voces doutras persoas, e tamén o é por parte das persoas que aparecen nela: emigrantes. Para comprender cabalmente as consecuencias sociais e, sobre todo, persoais desta crise debese ver En terra estraña de Iciar Bollaín Son homes e mulleres novas, con estudos universitarios case todos, que se viron obrigados a marchar porque en España non tiñan traballo, perspectiva e tampouco esperanza. Moi lonxe daquelas xeracións que forman parte da nosa memoria inmediata, persoas que chegaban co seu desconcerto e a súa maleta de cartón de rexións atrasadas de Europa ás grandes capitais, sen coñecer sequera o idioma en moitos casos. E con todo, con ter estudos e manexar máis ou menos linguas, non deixan de ser emigrantes, persoas que marcharon da súa terra contra a súa vontade. A xeración anterior tiña a confianza en que melloraría, esta ten a amargura de comprobar que o seu país prescindía dela. A ministra de Traballo do seu país chegou a dicir que a "mobilidade exterior" hai que vela con naturalidade, e é tal a inmoralidade no país que deixaron atrás que ninguén a obrigou a dimitir. Pero a medida da inmoralidade social e política desa sociedade é que cando quedou probado nun xulgado que o partido gobernante se financiou con diñeiro negro durante quince anos, é dicir que alcanzara o poder mediante delitos ou faltas, e que eses gobernantes recibían ilegalmente sobres con diñeiro de orixe descoñecida, os partidos que dicían ser oposición non fixeron unha moción de censura para depor o goberno ou esixiron a súa dimisión. A oposición avalaba así que a corrupción era algo normal e, na práctica, aceptable. A medida da impunidade da corrupción tamén a daba que o home que manexaba innúmeras contas secretas de innúmeros millóns, o dono dos segredos escuros dese partido gobernante e ese goberno, ía saír libre baixo unha fianza da quinta parte dun millón de euros. En España campaban libres, impunes, gobernando, os corruptos, mentres eles estaban condenados a emigrar. E non eran persoas ignorantes, sabían perfectamente todas esas cousas En España campaban libres, impunes, gobernando, os corruptos, mentres eles estaban condenados a emigrar. E non eran persoas ignorantes, sabían perfectamente todas esas cousas. Que debían pensar e sentir esas persoas emigradas do país que tiveran que abandonar? Pensaban que España non tiña arranxo, que era un país corrupto e sentían rancor e amargura. Unha pregunta que non é insignificante: Que cousa é o patriotismo nun país así? Con todo, os seres humanos facémonos a todo e moitas desas persoas non só atoparon oportunidades de traballo, aínda que precario, senón tamén lugares onde foron recoñecidos e permíteselles imaxinar unha vida alí. Quedarán, e farán a súa vida enriquecendo outro país. Desde os anos oitenta ouvimos anunciar periodicamente "a xeración mellor preparada da historia", xa van varias e dúas ou tres delas foron exportadas. Sentíndose elas deportadas. É un fracaso histórico socialmente e son miles e miles de pequenos ou grandes dramas persoalmente. Moitas desas persoas non só atoparon oportunidades de traballo, aínda que precario, senón tamén lugares onde foron recoñecidos e permíteselles imaxinar unha vida alí. Quedarán, e farán a súa vida enriquecendo outro país De todos os xeitos quen fala en En terra estraña é quen pode facelo, persoas con información, perspectiva, capacidade crítica. Pero non podemos deixar de ver que xunto a esa mocidade emigrada polo mundo consciente da inxustiza está unha gran cantidade de persoas que enchen os campos de fútbol máis ou menos alegremente ou se presentan á selección para Gran Hermano. Este ano pasado presentáronse 70.000 mozos, oín. Toda xeración crítica vese obrigada a arrastrar un peso enorme que lle dificulta ou lle impide realizar a súa tarefa. Sempre hai xente lúcida e sempre hai unha gran masa que mamonea. En terra estraña ofrece algo impagable, fronte á mirada abatida, sometida aos amos da realidade, esas persoas ofrecen a mirada desde fóra dos exiliados En todo caso, En terra estraña ofrece algo impagable, fronte á mirada abatida, sometida aos amos da realidade, esas persoas ofrecen a mirada desde fóra dos exiliados. Desfai o tópico español de "somos a alegría do mundo" e obriga a encarar unha sociedade en verdadeira crise moral. E A 10.000 Kms de Carlos Marqués-Marcet enlaza coa anterior, trata dos custes persoais da separación física. Este momento da civilización baséase no conto de que todo é posible, que as distancias non existen e que todo pode ser substituído por tecnoloxía, pero somos o que somos, animais que nacemos e morremos, mamíferos que se cheiran, tócanse, imprégnanse. A 10.000 Kms, de Carlos Marqués-Marcet enlaza coa anterior, trata dos custes persoais da separación física As persoas poñen distancia do seu lugar e mesmo das persoas que queren por necesidade, por lexítima ambición ou polas dúas cousas, o filme trata de algo moi simple, o prezo persoal que se paga por emigrar. Hai moito tempo que non vexo unha película que me deixa sen palabras tras vela. Un actor e unha actriz a pelo e alguén oculto tras a cámara consegue que esquezamos esa nudez e que acompañemos esa parella no seu camiño. |
PRAZA_5692 | O INE vén de actualizar o capitulo dedicado á ciencia e a Internet da súa publicación Mujeres y Hombres. Os homes seguen usando máis a rede, pero non se detectan diferenzas por debaixo dos 35 anos. Si se mantén a fenda no número de licenciados en ciencias e no de investigadores. | Hai fenda de xénero na ciencia en España? Si. Hai fenda de xénero nas novas tecnoloxías e no uso de Internet? Si, pero menos, e dende logo non entre os menores de 35 anos. O INE vén de actualizar o capitulo dedicado á ciencia e a Internet da súa publicación Mujeres y Hombres. Os datos, correspondentes a 2013 na meirande parte dos indicadores, amosan que os homes seguen usando máis a rede, pero xa non se detectan diferenzas nas xeracións máis novas, e o mesmo podemos dicir do uso do ordenador ou da realización de trámites telemáticos e compras a través de Internet. Porén, as estatísticas compiladas polo INE si que alertan de que a fenda de xénero na ciencia e na investigación si se mantén e apenas se detecta unha evolución nos últimos anos. En canto ao acceso a Internet, ao uso do ordenador e, en xeral, ás novas tecnoloxías, semella que a igualdade chega por simple decantación xeracional. Dende hai un tempo rapaces e rapazas familiarízanse coa teconoloxía e coas redes dende moi novos e sen diferenza de xénero, o que fai que a porcentaxe de internautas entre os menores de 35 sexa case unánime e sen diferenza de xénero. Nos restantes treitos de idade mantense unha certa diferenza, que aos poucos vai diminuíndo. A fenda de xénero no acceso a Internet reduciuse nos últimos anos, dende os 5,7 puntos do 2010, até os 4,2 puntos actuais Isto fixo que a fenda de xénero total se reducise nos últimos anos, dende os 5,7 puntos do 2010, até os 4,2 puntos actuais (un 73,7% deles e un 69,5% delas accederon á rede algunha vez nos últimos tres meses), unha diferenza semellante á que se detecta no conxunto da UE. Neste tempo, dende o ano 2010, a fenda entre os 35 e os 44 anos recortouse dos 4,6 aos 2,4 puntos; dos 45 aos 54 anos pasou dos 6,2 aos 2,4; dos 55 aos 64 anos caeu dos 11,9 puntos aos 5,1. Esa mesma fenda de xénero detéctase en niveis semellantes en distintos usos e actividades realizadas a través da rede. Por exemplo, á hora de interactuar coa administración a través de Internet (5 puntos de diferenza en favor dos homes), ou de realizar compras a través da rede (tamén 5 puntos) Unha análise semellante podemos facer sobre o uso do ordenador. Os homes empregan o ordenador algo máis que as mulleres (o 74% deles e o 70% delas o usaron algunha vez nos últimos tres meses), pero esta diferenza só se advirte nos treitos de idade por riba dos 45 anos. Entre os que teñen menos desa idade, o uso é case unánime e practicamente idéntico en homes e mulleres. A fenda de xénero en España, neste caso, é lixeiramente inferior á que se rexistra na media da UE. Diferenzas na ciencia O número de mulleres graduadas en ciencias, matemáticas e tecnoloxía incrementouse até as 9,9, pero esta cifra segue moi lonxe da que se rexistra nos homes (21,6) Si segue habendo unha gran diferenza entre o número de mulleres e homes graduados en ciencias, matemáticas e tecnoloxía en España. Dende o ano 2009, cando había 7,8 licenciadas nestas áreas por cada mil habitantes, o número de mulleres graduadas incrementouse até as 9,9, pero esta cifra segue moi lonxe da que se rexistra nos homes (21,6), que tamén se incrementou dende o nivel de 2009 (17). A taxa de licenciados en ciencias en España sitúase lixeiramente por debaixo da media da UE (11,1 nas mulleres e 22,3 nos homes). As mulleres seguen investigando menos que os homes, representando o 38,5% do total, e nos últimos anos non diminuíu a fenda que os separa neste campo Ademais, as mulleres seguen investigando menos que os homes, representando o 38,5% do total, e nos últimos anos non diminuíu a fenda que os separa neste campo. As mulleres investigadoras só son maioría nas entidades privadas sen ánimo de lucro (53,2% dos seus investigadores), e achéganse á igualdade nas unidades de investigación das administracións públicas (46,8%). Están máis lonxe nas universidades (41,6%) e nas empresas privadas (30,2%). Iso si, no que respecta aos recursos humanos en ciencia e tecnoloxía, é dicir, ao número de traballadores totais nestas áreas, as mulleres son maioría, sobre todo nos treitos de idade máis novos. A partir dos 45 anos, ambos os dous sexos presentan cifras semellantes. De igual xeito, cada vez son máis as mulleres empregadas en sectores de alta tecnoloxía (48,7% do total), nos que xa se atopan á par que os homes. |
NOS_22716 | Deulle entrada na Coruña ao rei de Portugal e intentou coa familia Castro trazar unha alianza anglo-luso-galaica fronte aos Trastámara. Logo, refuxiado no país luso, rematou converténdose nun dos grandes diplomáticos na Europa da Guerra dos 100 Anos. É Xoán Fernández de Andeiro, que protagoniza unha ampla reportaxe no Sermos Galiza 231, xa á venda nos quiosques e na loxa. Eis un extracto da peza. | En Portugal Xoán Fernández de Andeiro representa practicamente o mal personificado. E na Galiza, onde naceu en 1320, é aínda un completo descoñecido. Segundo escribe o historiador Anselmo López Carreira en O reino medieval de Galicia, "Andeiro era representante paradigmático do sector aristocrático adherido á opción atlantista de Galiza, coa ollada posta en Portugal e Inglaterra, e estaba chamado a desempeñar un papel protagonista na alianza anglo-luso-galaica que culminaría en 1386 co desembarco do duque de Lancaster en Galiza". O seu obxectivo, en palabras de Carreira, era "artellar unha alianza sólida entre estes dous reinos que facilitase a intervención en Galiza, prevendo o protagonismo militar inglés". Hai moito escrito sobre este personaxe en Portugal, pero moito menos da súa actividade na Galiza. A primeira noticia que temos del é de cando lle abre as portas da cidade da Coruña ao rei portugués Fernando I o Formoso. Falamos do ano 1369, cando os lexitimistas galegos capitaneados por Fernando Ruíz de Castro lle ofrecen a coroa de Galiza ao rei portugués ao se opoñeren a Henrique II de Trastámara. Fernando I entra na Galiza nunha expedición moi fácil -"vanlle abrindo as portas en todas partes", explica López Carreira- e na Coruña ábrenselle as portas da muralla e sae unha chea de xente, polo que os portugueses cren que é un ataque. Pero aparece Andeiro -descrito nas crónicas portuguesas como o gran señor da cidade- para saudar o rei de Portugal. O de Cambre era un dos líderes, xunto con Álvaro Pérez de Castro e Nuño Freire de Andrade, do alzamento de Galiza en favor do rei portugués, que foi aclamado en todas as partes como señor de Galiza. Primeiro Tui e Salvaterra, logo Baiona e Redondela. Logo Ourense, Santiago e, por fin, A Coruña, segundo relata Emilio González en La insumisión gallega. [Podes ler a reportaxe íntegra no semanario Sermos Galiza 231, á venda nos quiosques e na loxa online] |
NOS_19012 | [ACTUALIZADA ÁS 13.45] Pasadas as 12.10 horas púñase en marcha a manifestación nacional convocada polo BNG con motivo do Día da Patria Galega. A chuvia non impediu que milleiros de persoas acompañasen a organización nacionalista nun día "de celebración e de reivindicación dun futuro mellor para a xente que vivimos e traballamos aquí", en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón. | "Aínda que se molle, Galiza non encolle". Foi un dos berros á saída da manifestación nacional do BNG, que partiu pasadas as 12.10 horas da Alameda de Compostela. E tampouco encolleu a mobilización nacionalista, á fronte da cal partía a portavoz nacional, Ana Pontón, acompañada de integrantes da Executiva Nacional. Un día de celebración, mais tamén de "orgullo" e de "reivindicar que somos galegas e galegos". Así definía Pontón, en declaracións aos medios, o Día da Patria Galega, unha xornada en que o BNG tamén apela a "un futuro mellor para a xente que vivimos e traballamos aquí". A portavoz nacional do BNG situou o nacionalismo como alternativa e puxo de manifesto que a organización que dirixe ofrece "un cambio real que deixe atrás a discriminación que estamos vendo e que practican as forzas estatais con este país". Exemplificouno co debate de investidura, onde, denunciou, as forzas estatais "levaron Galiza á irrelevancia política. Non estamos no debate e, por tanto, nada podemos agardar do que pode vir de Madrid". "Non estamos no debate e, por tanto, nada podemos agardar do que pode vir de Madrid" Pontón ofreceu "a esperanza de que podemos poñer en marcha un cambio real que faga que a mocidade teña futuro aquí, que as mulleres teñamos igualdade e afrontar desafíos como o cambio climático". Reivindicou desta maneira unha Galiza "con oportunidades e futuro". "O futuro", engadiu, dirixíndose á mocidade, "pode escribirse en moitas cores da man do nacionalismo, que é a alternativa máis xusta para Galiza e para enfrontar con éxito a globalización". Nesta liña, apostou en construír máis poder político e máis poder económico, así como máis igualdade e benestar social. "Esta é a oferta que nós facemos este 25 de Xullo", concluíu Pontón, que cualificou a do BNG como unha "gran mobilización social que demostra que estamos á alza". Un mosaico de paraugas ateigou a Praza da Quintana, onde tivo lugar o feche do acto político coas intervencións da propia Pontón e de Paulo Ríos, por Galiza Nova. Olalla Rodil, deputada no Parlamento de Galiza, foi a encargada de conducilo. |
NOS_6293 | A protesta cívica foi impulsada hai unhas semanas por un grupo de mindonienses próximos ao mundo da cultura e da arte. No escrito que presentaron para amosar a súa negativa á obra queixábanse de que o proxecto non se dera a coñecer e ía alterar a estrutura deste espazo de referencia na vila. | O grupo de persoas que impulsou o manifesto 'Así, Non!' para rexeitar publicamente o proxecto previsto para reformar a praza da Catedral de Mondoñedo xa conseguiron 800 sinaturas en apoio a esta causa. Malia todo o traballo feito e o rexistro dun documento de alegacións no Concello, non obtiveron ningunha resposta polo que solicitan ao Goberno local unha "entrevista urxente" na que permita que esta plataforma cívica poida achegar alegacións. Nun comunicado difundido hoxe envían unha mensaxe aos responsábeis políticos de Mondoñedo: "No documento se detallan unha serie de motivos polos que veciñas e veciños se opoñen ao proxecto de reforma". Xa cando fixeron público o movemento, a finais de decembro, as e os impulsores -un grupo de persoas próximas á arte e á cultura- criticaban que o plan non dera a opción de opinar á cidadanía. Polo que teñen visto, sosteñen que a obra "alteraría de xeito dificilmente reversible a estrutura, fisionomía e usos actuais deste espazo urbano". Esta cuarta feira insistiron en que queren trasladar de forma directa a inquedanza "polo alto risco de deterioro" da praza da localidade. Aliás, destacan que a intervención é "innecesaria para resolver os problemas que se alegan na memoria do proxecto como accesibilidade, saneamento, repavimentación, mellora de iluminación e paseo, e para a que con toda probabilidade, segundo técnicos consultados, sexa totalmente insuficiente o orzamento previsto, incluída a partida achegada polo Ministerio de Transportes, co consecuente compromiso dos fondos municipais, algo especialmente preocupante en situacións de crise como a actual". |
NOS_53412 | O sindicato CIG-Ensino advirte que nin nos centros de atención a persoas con discapacidade galegos nin nos centros de menores estanse a tomar medidas de prevención de riscos laborais necesarios en relación coa incidencia do coronavirus e tacha de "insuficiente" o protocolo Consellaría de Política Social para os centros de servizos sociais, | O sindicato vén de remitir un escrito á consellaría e ás empresas que prestan servizo a este tipo de instalacións, para alertar desta situación e solicitar medidas para paliar estes déficits. Após un seguimento realizado nos centros, a central nacionalista conclúe que "non se dispón do material básico preventivo suficiente, non hai acceso á información e formación precisas e incluso nalgúns se carece de protocolos básicos de actuación ante a pandemia da COVID-19, nunha situación de preocupante falta de organización e de medidas de seguridade totalmente inxustificábel". As propostas da CIG pasan pola realización de inspeccións urxentes e vixilancias periódicas de todos os centros de atención á discapacidade e a menores, a aplicación de protocolos específicos na protección e prevención nestes sectores, coa correspondente información e formación de todo o persoal, e unha dotación suficiente e precisa de material de prevención como EPI (lentes, luvas, máscaras, roupa illante,…) "que rematen coa escaseza e a deficiencia dos mesmos", así como un Plan de acción para o persoal dos centros na prevención de riscos laborais e sociais. |
NOS_51783 | A Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, volve do 26 ao 28 de novembro ao Pazo da Cultura de Pontevedra recuperando a presencialidade e apostando polo talento galego que enfronta o futuro en torno á accesibilidade, igualdade, inclusión e sustentabilidade. | Cento dezanove stands, máis de oitenta empresas con presenza física e un programa de cen actividades vinculadas ao mundo do libro, da música, do cinema, das artes escénicas, da infancia e dos profesionais. Con esas armas se presenta a edición do Culturgal deste ano, que terá lugar do 26 ao 28 de novembro en Pontevedra. A Feira presentou en rolda de prensa, toda a programación da edición de 2021, que incide especialmente nos conceptos de reencontro e recuperación. Víctor López, presidente da Culturgal, declaraba que "a reserva completa do espazo feiral, a afluencia de propostas que chegaron para construír a programación, o ritmo de venda das entradas da feira, fannos pensar que hai moitas ganas de Culturgal", salientando así esa idea de "volta á normalidade" que todo o mundo desexa. López invitou a pescudar no programa, sinalando que haberá "moitas propostas rupturistas, inesperadas, innovadoras, propostas que nos conectan con público de gustos e idades diversas". Culturgal TV é unha tele cultural de fin de semana que transmitirá unha selección das actividades que terán lugar ao vivo en Pontevedra, e incluirá produtos audiovisuais, entrevistas e reportaxes cos protagonistas da Feira Culturgal TV e encontros profesionais Unha das grandes novidades desta xeira é a aposta por Culturgal TV. Despois da experiencia de 2020 -na que baixo o lema 'En caso de emerxencia, cultura', a Culturgal afrontou a súa edición máis complicada pola necesidade de adaptarse á nova normalidade derivada da pandemia da Covid-19 e ás restricións adoptadas polas autoridades para frear a expansión do virus- os responsábeis da feira seguirán traballando nas retransmisións en directo como formato idóneo para chegar a máis público. Culturgal TV é unha tele cultural de fin de semana que transmitirá unha selección das actividades que terán lugar ao vivo en Pontevedra, e incluirá produtos audiovisuais, entrevistas e reportaxes cos protagonistas da Feira. "Queremos chegar á xente que non pode vir, como é a ampla comunidade galega no exterior que está respondendo moi positivamente ao proxecto enviándonos videos e felicitacións", apunto Xosé Aldea, director da Feira. Outra das mudanzas consistirá en reservar a tarde da sexta feira para os encontros profesionais, "para que as empresas non se vexan tan apuradas como outros anos para ter todo montado a primeira hora do venres". Iso significará que a actividade dese día estará restrinxida ao Espazo Foro, no que se debaterá sobre "os grandes temas do sector e as preocupacións xurdidas tras a pandemia" en sesións abertas ao público. O Manual de boas prácticas para a realización de espectáculos ao vivo, o Pacto Galego Cultura Sustentábel ou o novo catálogo de Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, serán algúns dos protagonistas da xornada. O sábado 27 e o domingo 28, a Feira abrirá todos os seus espazos de once da mañá a nove da noite. A programación repartirase polos espazos Foro, Libro, Infantil, Cinema e Auditorio, que acollerá o teatro e a música ao vivo. Máis de cen actividades O sábado 27 e o domingo 28, a Feira abrirá todos os seus espazos de once da mañá a nove da noite. A programación repartirase polos espazos Foro, Libro, Infantil, Cinema e Auditorio, que acollerá o teatro e a música ao vivo. Entre os nomes destacados pola organización no campo literario están Diego Ameixeiras, Manuel Rivas, Ledicia Costas, Susana Pedreira, Manuel Gago ou o Colectivo Rompente. Tamén se presentarán os Premios da Deputación da Coruña e a nova editora Rodolfo e Priscila, entre outras moitas presentacións de libros e coleccións. No audiovisual, proxectaranse o documental Xela Arias. A poeta nas marxes, Malencolía de Alfonso Zarauza, Negro púrpura de Illa Bufarda, Beiras, vivir dúas veces, de Jorge Coira, ou a comedia Cuñados, e haberá presentacións da novela visual interactiva Ti primeiro, da webserie documental Un ronsel de futuro e da serie Rapa. As artes escénicas estarán presentes a través da representación de Dreaming Juliet da compañía Elefante Elegante ou de A parábola do Angazo, de Talía Teatro, e da presentación da xira de Fariña para 2022. Como xa vén sendo marca de identidade da Culturgal, o público infantil e familiar terá unha enorme panoplia de actividades entre as que escoller durante o sábado e o domingo. E mantense a área específica para expositores dedicados á arte contemporánea. Ademais, poderán verse as exposicións A casa de Galiza, que deseñada por Pepe Barro celebra os cincuenta anos de apertura da Casa de Rosalía; Cantámola en galego, unha mostra interactiva comisariada por Pepe Cunha e Teresa Cuiñas sobre música en galego das últimas décadas; ou Kinétiko, unha mostra interactiva de autómatas desenvolvida por Xira Paus. A Culturgal pechará cun concerto de Tanxugueiras. Antes, no espazo musical haberá concertos de Mirmidón, o Trío Caspervek, Fernado Abreu & Alberto Vilas, Batea ou Xoán Curiel. |
NOS_47128 | Os concellos galegos receben 50 euros por habitante menos do que a media estatal. A discriminación é máis notoria nas cidades. As galegas obteñen un promedio de 252 per cápita face os 499 euros de media das grandes urbes estatais. | O BNG continúa a súa batalla de ideas a prol da conquista do concerto económico para o país, isto é, a plena autonomía fiscal que consistiría en que Galiza recadaría todos os impostos e transferiría ao Estado só unha parte deles (para o financiamento dos servizos que Madrid presta aquí e tamén para engrosar unha conta que iría á cohesión territorial). Nesa batalla o BNG exhibiu un novo argumento, o de que a aplicación do concerto económico permitiría mellorar sustancialmente o financiamento dos concellos galegos, claramente prexudicados, opinan desde a formación frontista, co actual modelo de participación nos ingresos do Estado, baseado en criterios que non ponderan con suficiencia factores como o avellentamento da populación e a dispersión habitacional. E, para pór en evidencia este problema, a formación liderada por Ana Pontón reuniu esta cuarta feira en Compostela unha representación do poder municipal nacionalista, alcaldesas, alcaldes e responsábeis municipais. "A miña pergunta é moi clara: por que os alcaldes de Pontevedra ou Santiago teñen 249 euros menos por habitante que, por exemplo, a alcaldesa de Madrid, a señora Carmena, para financiar os servizos que prestan aos seus veciños e veciñas? Por que Pontevedra ou Santiago merecen menos recursos por habitante que Madrid ou outras grandes cidades do Estado?", perguntouse a líder nacionalista. "Por que Pontevedra ou Santiago merecen menos recursos por habitante que Madrid ou outras grandes cidades do Estado?", perguntouse a líder nacionalista Pontón puxo no albo Feijóo e confrontouno coa incongruencia de negar para Galiza, o concerto económico, aquilo que logo di considerar normal para Catalunya cando visita o Principat. "Empeñarse en pór os intereses de Génova [en alusión aos cuarteis xenerais do PP en Madrid] por diante dos de Galiza fainos perder 3.500 millóns de euros anuais e condúcenos á irrelevancia política", denunciou. O BNG acordou nesta reunión levar aos concellos do país unha moción en defensa do concerto económico para Galiza. "Apostamos no concerto económico porque nos dá o control do noso diñeiro, achega 3.500 millóns de euros adicionais cos que blindar os servizos públicos e os servizos sociais e porque nos permite aplicar unha fiscalidade xusta", argumentou Pontou, quen ao tempo enfatizou que "non compramos a falsa ideia de que vivimos da soliedariedade do Estado". Que números manexa o Bloque? Basicamente son as cifras oficiais. De acordo cos últimos dados liquidados, correspondentes a 2014, Galiza achegou ao Estado en conceito de impostos 11.131 millóns de euros, en tanto que este transferiu ao noso país 7.043 millóns, segundo o actual modelo de financiamento. Pois ben, de aplicarmos a Galiza os criterios que se teñen en conta en Euskadi á hora de fixar o cupo (a cantidade que a Administración vasca paga a Madrid polos servizos que o Estado lle empresta, defensa, embaixadas, etc), o importe que tería de satisfacer unha Xunta en que estivese en vigor o concerto económico sería 630 millóns de euros. Se aos 11.131 millóns de euros que o país envía á facenda estatal lle restamos os 7.042 que devolve Madrid a Galiza, a cantidad resultante sería 4.089 millóns de euros. Se a ese monto se lle resta os 630 en que o BNG calcula o cupo, o saldo favorábel a Galiza ascendería a 3.458 millóns de euros. |
NOS_25166 | Impide aos traballadores facer a comunicación coa empresa en lingua galega, segundo afirrma a entidade | A Mesa pola Normalización Lingüística informa que recibiu varias queixas sobre a empresa de ambulancias Ambuibérica porque, afirma, impídelles aos traballadores facer a comunicación coa propia empresa en lingua galega. A empresa argumenta que se deben de facer en castelán para "evitar erros", segundo a MNL. "Cando Ambuibérica mercou a empresa Ambulancias do Atlántico S.L.U., garantiuse que o persoal podería seguir empregando o galego para a comunicación interna coa empresa. Estas deberían ser realizadas por teléfono, fax ou correo electrónico. Houbo casos nos que traballadores e traballadoras tiveron que soportar como lles exixían novamente a documentación enviada porque yo no hablo gallego". Quer Ambuibérica quer Ambulancias do Atlántico S.L.U. son as encargadas de xestionar o servizo de transporte sanitario do 061 e do transporte hospitalario da área de Vigo, respectivamente, polo que deben prestar servizo coas mesmas condicións e teñen as mesmas obrigas que a administración pública. "Unha empresa non pode vulnerar os dereitos dos seus traballadores e neste caso, a Xunta de Galiza debe tomar cartas no asunto e impedir estas actitudes, pois están a prestar un servizo para a administración pública", mantén A Mesa. Marcos Maceira, presidente da entidade, apuntou que "a Consellaría de Sanidade e a Secretaría Xeral de Política Lingüística deben implicarse e impedir que a empresa vulnere lexislación básica en materia de dereitos laborais e lingüísticos". |
NOS_5899 | A medida provisional afecta a 29 comarcas e estará en vigor até o 27 de febreiro de 2022. | As batidas de xabarís sen límite de exemplares e coa posibilidade de cazar crías e femias están permitidas desde esta sexta feira, 27 de agosto, en case 70% do territorio galego. Sen autorización previa e a diario. A medida busca controlar a poboación desta especie e limitar os incidentes que causa sobre a agricultura, a gandaría, os montes ou a propia caza. A declaración de emerxencia cinexética temporal estará vixente desde até o 27 de febreiro de 2022 en 29 comarcas: Allariz-Maceda, O Carballiño, A Limia, Ourense, O Ribeiro, Terra de Caldelas, Terra de Celanova, Terra de Trives, Valdeorras, Verín, Viana, Os Ancares, Chantada, A Fonsagrada, Lugo, A Mariña Central, A Mariña Occidental, Sarria, Terra Chá, Terra de Lemos, Arzúa, Betanzos, A Coruña, Eume, Ferrol, Ortegal, Santiago, Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Trátase da segunda vez que a Xunta recorre a este instrumento recollido na Lei de Caza galega, unha fórmula que se aplica de forma provisional e con carácter extraordinario. A medida esténdese a un total de 198 municipios que supoñen 68,4% da superficie total da Galiza, onde estará permitido abater ou capturar xabarís sen límite de exemplares. Prioridade para as femias adultas Segundo explica a Xunta nun comunicado, dáse prioridade á caza de femias adultas e subadultas. Ademais, os cazadores tamén poderán abater crías e femias seguidas de crías, sempre que exista unha autorización espeical da Dirección Xeral de Patrimonio Natural en aplicación da Lei de Caza. A declaración da emerxencia cinexética tamén implica a habilitación nas zonas afectadas dunha serie de ferramentas que buscan "contribuír ao control das poboacións de xabaril" como a ampliación dos períodos de caza e a habilitación de días extraordinarios para exercela ou o uso de medios como visores ópticos, detectores electrónicos de paso e cebos de gran ou froitos. Así mesmo, os propietarios afectados pola presenza de xabarís poderán recibir autorización para realizar esperas para dar caza a estes animais en terreos de réxime cinexético especial, ben eles mesmos ben a través de terceiros. A Xunta sustenta a súa decisión en que as "circunstancias extraordinarias" fan necesario articular estas medidas excepcionais para "eliminar o risco e reducir o tamaño das poboacións". Aínda que a declaración se estenderá, con carácter xeral, até o 27 de febreiro do próximo ano, podería quedar suspendida "no seu conxunto ou en parte" no caso de que se constante "que desapareceron as causas" que motivaron a súa aplicación. Resultados previos Segundo a Administración galega, a primeira experiencia deste tipo vivida en 2019 en 33 concellos das áreas Betanzos-Eume, Terra Chá, Viana e Deza deixou "bos resultados" cun descenso dos avisos de case 30% a respecto da temporada de caza anterior. Por tanto, continúa a Xunta, a comisión de seguimento do plan de acción fronte ao xabaril acordou no seu último encontro repetir a experiencia para "minorar" o impacto do xabaril nas 29 comarcas onde se aplicará. |
NOS_4714 | Segundo os requisitos fixados polo Ministerio de Sanidade, os diferentes territorios deberían dispoñer ou ter capacidade para instalar nun prazo máximo de 5 días entre 1,5 e 2 camas de coidados intensivos por cada 10.000 habitantes. | O Bolétín Oficial do Estado (BOE) publicaba este domingo a orde para consensuar coas comunidades autónomas as fases de desescalamento do confinamento derivado da pandemia da COVID-19. Os territorios terán que cumprir cuns requisitos e medidas mínimas en materia de sanidade pública para que unha provincia (unidade base fixada até agora para a desescalada) poida pasar dunha fase a outra. O Ministerio de Sanidade exixe, neste sentido, ás diferentes autonomías que nun prazo máximo de 5 días poidan ter entre 1,5 e 2 camas de coidados intensivos por cada 10.000 habitantes. En que se traduce isto no que atinxe a Galiza? Actualmente, e segundo dados da propia Xunta, na Galiza hai 274 destas camas. Son 114 máis das que había antes da pandemia mais continúan a ser insuficientes para atender os requisitos establecidos para poder avanzar nas fases de desescalamento. Estas 274 camas non chegan a ese mínimo de 1,5 camas UCI por cada 10.000 habitantes. Ao sermos dous millóns setecentos mil habitantes iso implica que a cifra de camas de coidados intensivos para cumprir coa ratio fixada por Sanidade ten que ser 405, o que supón 131 máis das existentes na actualidade. O número de prazas das UCI galegas está en 274. Se ao comezo da epidemia do coronavirus a cifra de camas habilitadas nestas unidades era de 160. Esas novas camas proceden das seccións de reanimación, unhas áreas con menor actividade a consecuencia da cancelación de operacións e cirurxías para facer fronte á pandemia. Por baixo da media estatal A cobertura das unidades de coidados intensivos da Galiza está por baixo das necesidades da súa poboación. Mentres o Estado español sumaba a finais de febreiro 4.044 camas UCI, 3.058 na pública e 896 na privada, o que representaba 8,28 prazas por cada 100.000 habitantes a cifra reducíase na Galiza a 5,92 prazas por cada 100.000 habitantes. A fenda é tamén moi elevada en relación a nacións como Alemaña, con 29,2 camas por cada 100.000 habitantes, Italia con 12,5 camas por cada 100.000 habitantes ou Francia con 11,6 camas por cada 100.000 habitantes. "A Consellaría de Sanidade diminuíu o número de traballadoras en 1.325 persoas e o número de camas en 970 a respecto de 2009", detalla o médico de Atención Primaria e portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Compostela Xosé Dios, que analiza nun estudo, ao que tivo acceso Nós Diario, as políticas sanitarias do presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo. "Se ben nos últimos dous anos aumentou o orzamento en sanidade, comparado con 2009 temos 1.000 millóns de euros menos", afirma o doutor. |
PRAZA_12431 | O equipo máis popular do país máis futboleiro do mundo cumpre cen anos. O Flamengo, que presume de ter máis de 40 millóns de seareiros no Brasil, celebra o seu centenario lembrando mitos como Zagallo, Júnior, Leónidas ou Zico. Pero tamén recordando a un galego de Pontevedra que conta cun lugar reservado na historia do Fla: José Armando Ufarte, o Espanhol para a afección brasileira. | O club máis popular do país máis futboleiro do mundo está de festa. Celebra o seu centenario o Flamengo, mítico conxunto rubro-negro que presume de ter máis de 40 millóns de seareiros tan só no Brasil. "O equipo máis querido" ou "o equipo do pobo", adoita dicirse dunha entidade cuxa relevancia supera o estritamente deportivo. O conxunto dos Zagallo, Júnior, Zizinho, Zico, Leónidas ou Bebeto conmemora a efeméride lembrando a todos os seus mitos, entre os que se atopa un galego de Pontevedra cun lugar reservado para sempre no olimpo do Fla. Ufarte en Europa pero O Espanhol en América do Sur, José Armando sabe que non son moitos os que coñecen a súa histórica relación co Flamengo, ensombrecida polos seus posteriores éxitos no Atlético de Madrid ou polo seu labor como técnico na selección española de Luis Aragonés. Pero no Brasil, este pontevedrés segue a ser un mito. Tanto, que na súa última visita á capital carioca recibiu unha camiseta personalizada co seu nome en homenaxe á súa achega ao centenario equipo brasileiro. Os seus 105 partidos e os 16 goles marcados dan boa fe da importancia dun futbolista que aínda se emociona cando fala do Fla. "A miña casa sempre será o Flamengo; débolle todo porque foi alí onde o aprendín todo", lembra desde Madrid. "A miña casa sempre será o Flamengo; débolle todo porque foi alí onde o aprendín todo", lembra Armando Ufarte Moitos anos antes, con tan só 13, el e mais a súa familia emigraron ao Brasil na busca dun futuro mellor. De Pontevedra, unha pequena cidade dos difíciles anos 50 da posguerra, ao próspero e desenvolvido Río de mediados do século XX. "Alí empecei a xogar no barrio, ao igual que facía na casa á beira do Lérez; entrei no Flamengo e fun subindo de categoría ata os 19 anos", recorda Ufarte, que debutou en 1961 no primeiro equipo pero marchou traspasado ao outro dos conxuntos máis importantes do país, o Corinthians. "Disque eles teñen 35 millóns de seguidores", sorrí. Non durou nin un ano en Sao Paulo, xa que os rubro-negros recuperárono pagando os mesmos cartos que recibiran polo traspaso. E aí consagrouse un José Armando que pasou a ser, para sempre, O Espanhol. "Cando entrei no Flamengo aínda non falaba moi ben o portugués e eu desculpábame dicindo que era de España; así foi como me quedou o alcume", di Ufarte, que non dubida en asegurar que xogar no Flamengo "foi o máximo" que puido alcanzar na súa vida. "Pertencer a ese equipo, ao club máis grande e popular do Brasil, xogar nun Maracaná cheo, quedar campión con esa camiseta... Tiven moita sorte de poder gozar de todo isto", recorda orgulloso un extremo que compartiu equipo con Joel, Gerson ou Dida e que incluso chegou a xogar na selección carioca de Rio xunto a Brito ou Carlos Alberto, capitán do mítico Brasil de Pelé campión do Mundial do 70. Os máis vellos seareiros do Fla non esquecen a achega do Espanhol ao título estatal de Rio na final de 1963 ante o Fluminense, no que é considerado o encontro entre clubs con máis afeccionados da historia. Fálase de preto de 200.000 persoas no Maracaná e o certo é que 177.656 afeccionados pasaron por taquilla. "É indescritible sentir o alento de toda aquela xente; nunca máis experimentei algo semellante nun campo de fútbol, era unha marabilla pero desbordábate", resume o que foi considerado unha das estrelas do partido. Só un ano antes, o Flamengo de José Armando perdera o título noutra final que non esquecerá nunca. Ante o Botafogo dun Garrincha en plenitude. "El só gañou aquel partido". O Espanhol foi unha das estrelas da final estatal de 1963, o partido entre clubs con máis afluencia da historia, preto de 200.000 persoas no Maracaná E decidiu regresar a España, xa cunha familia formada. Do Flamengo marchou ao Atlético, non sen antes ser tentado polo Real Madrid. A fichaxe truncouse porque, ao non ter xogado en categoría española ningunha, a efectos legais era considerado estranxeiro e os brancos tiñan ocupadas as prazas. Logo, cos colchoeiros, acumulou títulos de Liga e Copa na mellor época do club do Calderón, ata se retirar no Racing de Santander. No entanto, o Flamengo sempre foi a súa casa. "É o club máis popular, o club das clases baixas no país onde mellor se xoga a este deporte", advirte. En 1973, a piques de deixar o fútbol en España, a revista brasileira Placar facíalle unha entrevista onde confesaba o seu soño de regresar ao equipo rubro-negro, aínda que só fose "para ter o gostinho novamente". |
NOS_48919 | As centrais sindicais CIG e UGT, maioría no comité, apostan por unha mesa de diálogo. | As protestas violentas promovidas por un grupo de traballadores de Ence, que ocuparon durante horas a casa do Concello de Pontevedra e tentaron agredir o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, á súa saída do consistorio, marcaron boa parte da actualidade política. Así, por exemplo, o portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, expresou a súa solidariedade co rexedor pontevedrés, criticou as "arengas" do portavoz do PP aos traballadores e cualificou de "mafiosa a posición de CCOO utilizando os traballadores". A alternativa defendida por este sindicato, difire da proposta mantida polo comité de empresa de Ence, onde a maioría formada por CIG e UGT apostan pola apertura dunha mesa de diálogo para buscar unha solución ao problema. As fontes consultadas por Nós Diario vincularon estes incidentes á proximidade dunha resolución xudicial que pode pór fin á presenza da factoría de Ence na ría de Pontevedra. A este respecto, sinalaron que a Audiencia Nacional ultima unha sentenza que pode anular a prórroga concedida á empresa por Mariano Raxoi en 2016 e que lle permitía continuar coa súa actividade nos actuais terreos de Lourizán até 2073. Neste sentido, a propia Avogacía do Estado cuestiona a legalidade da decisión do Goberno popular e considera non axustado a dereito outorgar concesións de uso no dominio público marítimo terrestre por un prazo superior a 75 anos. Ao tempo, a Avogacía do Estado entende que un Executivo en funcións, situación na que se atopaba naquel momento o Gabinete de Raxoi, non pode conceder prórroga. Os voceiros do Goberno pontevedrés e diferentes representantes do BNG teñen ligado o PP cos incidentes e acusan o portavoz municipal popular de animar o conflito. Nesta liña, o alcalde, Fernández Lores, afirmou que "o señor Domínguez, estivo presente na recepción da Alcaldía arengando a esas persoas que a ocuparon" e aseverou que "estamos seguros de que se o PP e Colmenares dan as ordes pertinentes estes espectáculos bochornosos que non corresponden a Pontevedra rematan inmediatamente". Pola súa banda, os socialistas consideraron que "as coaccións, as ameazas, o emprego da violencia verbal e física e a retención ilegal de persoas son inxustificábeis. Aqueles que alentan estes delitos, repulsivos". "Non lles temos medo, imos seguir defendendo unha Ría libre de Ence e un país libre da corrupción das portas xiratorias e dos ditados do Ibex", sinalou o deputado do BNG Luís Bará en relación á presenza no consello de administración de Ence de antigos cargos gobernamentais da Xunta e do Estado. Así, desenvolven responsabilidades como directivos da compañía, a ministra de Medio Ambiente de Aznar, Isabel Tocino, o secretario de Estado de Augas e Costas co PP, Pascual Fernández ou o conselleiro de Medio Ambiente con Manuel Fraga, Carlos del Alamo. Precisamente, durante o mandato deste último, a Xunta concedeu a Ence a Autorización ambiental integrada e aprobou un proxecto sectorial de incidencia supramunicipal á medida da empresa. |
NOS_42855 | Un estudo elaborado polo Instituto das Mulleres recolle esta cifra, que a ollos da directora da entidade, Antonia Morillas, "demostra como se segue a perpetuar que o desexo propio sexa considerado como un elemento secundario". | Cando menos 57,7% das mozas residentes no Estado español mantiveron algunha vez relaciones sexuais "sen gana" coa intención de "compracer", ou como "sacrificio" cara á outra persoa, segundo recolle un estudo realizado por Sigma Dos para o Instituto das Mulleres presentado esta terza feira. A xuízo da directora deste organismo, Antonia Morillas, esta cifra demostra "como se segue a perpetuar que o desexo propio sexa considerado como un elemento secundario", fronte á "idea de dispoñibilidade ante o desexo da outra persoa". O informe recolle a opinión dunha mostra de máis de 1.500 mozas de entre 18 e 25 anos. As participantes, alén de responderen un cuestionario, participaron nunha sesión de grupo na que profundaron nos diversos temas tratados neste traballo de investigación que leva por nome Dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres novas. A través deste estudo recóllese que a idade media do inicio das relacións sexuais con penetración das mozas do Estado español está nos 16,5 anos, e en 72,3% dos casos prodúcese cunha parella. Aliás, 62% utiliza métodos anticonceptivos de forma xeneralizada. Máis de 41% das mulleres con discapacidade que viviron violencia sexual non o falaron "Cambios profundos" do feminismo Con todo, esta xeración de mulleres busca unha 'deconstrución' desta chamada 'primeira vez' e reclama que non se limiten a considerar relación sexual unicamente aquelas que requiren de penetración. Este é un exemplo do que Morillas considera unha "ratificación" de que "o feminismo está a provocar cambios profundos nos discursos e as concepcións das mulleres novas", e "en particular sobre a sexualidade". Segundo indicou, as mozas "desvinculan o sexo do amor" —64% das enquisadas—, "rachan coa heterosexualidade como norma" —18,5% recoñécense como bisexuais—, ou consideran a anticoncepción como unha cuestión de corresponsabilidade —66%—. Entre estes datos, o informe tamén destaca que a maioría de mozas considérao un tema "importante" e que pasa por "falar e compartir experiencias". De feito, a maioría falan de sexo a diario ou, cando menos, unha vez por semana —46,7%—, fronte a 4,4% que non o fan nunca. Manuel Varela Salgado, uroandrólogo: "A educación sexual ten que estar no currículo escolar" Aliás, a maioría rexeitan afirmacións como que o home sexa quen debe levar a iniciativa nas relacións sexuais —60%—, que eles sintan máis desexo que elas —76%— ou que se utilice o corpo da muller como obxecto —77%—. Aborto e pornografía Outras das preguntas que contestaron as participantes deste estudo son referentes ao aborto e a pornografía. No primeiro dos casos, o informe recolle que 5,7% interrompeu o seu embarazo, mentres que 43% recoñece recorrer á pílula do día despois. Neste senso, até 40% di sentir "apoio e axuda" por parte da parella diante dun feito como este, mentres que 10% asegura que non tivo o apoio de ninguén ou, pedíndoo, non o recibiu. A Galiza rexistra un 53% máis de condenados por delitos sexuais en 2021 Sobre o acceso ao porno, o traballo determina que o primeiro contacto con el prodúcese aos 15 anos de media e o consumo é pouco habitual. De feito, case a metade das enquisadas di que o consome unha vez cada tres meses. Segundo o informe, esta situación pode deberse á mirada crítica das mozas cara a esta industria, xa que na súa maioría —52%— consideran que está concibida para o home. |
PRAZA_1817 | Cinco deputados, presumiblemente socialistas, desmarcáronse votando en branco nun pleno no que AGE, BNG e Grupo Mixto volveron cargar contra o acordo entre as dúas grandes formacións. | O pleno do Parlamento galego consumou este luns a elección da nova Valedora do Pobo, a renovación de tres postos do Consello de Contas e a elección dos novo membros -seis- do consello de administración da CRTVG. O pacto entre PP e PSdeG permitiu a maioría cualificada nunha votación na que AGE, BNG e Grupo Mixto ou non participaron ou votaron nulo e volveron denunciar o "cambalache" da "bipolaridade das forzas do réxime". O acordo entre PP e PSOE permitiu a elección da nova Valedora, a renovación de tres postos en Contas e a elección de novos membros no consello da CRTVG Así, Milagros Otero, catedrática de Filosofía do Dereito na USC, será a nova Valedora en substitución de José Julio Fernández. Foi unha das decisións adoptadas grazas a un acordo PP-PSOE que non foi secundado por todos os deputados destes dous grupos. Cinco deles -presumiblemente das bancadas socialistas- desmarcáronse do pacto votando en branco. De feito, na reunión do grupo parlamentario, foron moitos os representantes socialistas que se mostraron en contra do pacto cos populares. Mentres, o resto dos grupos volveron criticar con dureza o acordo entre os dous grandes partidos. Francisco Jorquera, voceiro do BNG, falou do "cambalache" tras advertir de que o xeito de levar a cabo a renovación dos cargos podería ir en contra da lei. "Isto é unha fraude á democracia", dicía o cartel que mostrou. Ademais, Xosé Manuel Beiras, voceiro de AGE, cargou contra o PSOE, que incluíu na "bipolaridade das forzas do réxime", mentres Méndez Romeu, portavoz socialista, lembroulle os pactos que un ou outra formación mantiñan co seu partido en varios concellos e deputacións. A rifa entre ambos acabou co convite a que o líder de Anova marchara, algo que acabou facendo. Cinco deputados votaron en branco e non respectaron o pacto entre socialistas e populares O BNG exixe unha CRTVG "pública e independente" Por outra banda, baixo o lema "por unha CRTVG pública e independente", o BNG exhibiu na Cámara galega cartaces en protesta pola decisión pactada para as renovacións dos devanditos órganos. Francisco Jorquera solicitou da Mesa do Parlamento alterar a orde do día do pleno e suprimir os tres primeiros puntos: a renovación do Valedor, a renovación das vacantes do Consello de Contas e a renovación dos membros do consello de administración da CRTVG, porque a formación "discrepa radicalmente, tanto na forma como no fondo" e entende que "no caso da renovación da CRTVG faise nuns termos que contraveñen a propia lei". A presidenta da Mesa someteu a votación a reclamación do BNG que foi rexeita polo PP e PSOE e apoiada por AGE e Grupo Mixto. No transcurso do debate, o parlamentario afirmou que compromete a "independencia da CRTVG" e incumpre a legalidade. Jorquera lembrou que a Lei dos Medios públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia contempla a elección do director xeral de maneira simultánea á dos membros do consello de Aadministración, algo que se incumpre de "maneira fragrante". Asemade, engadiu, resulta un "disparate", xa que ata que o Parlamento aprobe o acordo marco e a Xunta o contrato programa, os novos membros non poderán tomar posesión. O parlamentario lembrou que o BNG formulou unha reclamación ante a Mesa do Parlamento sobre este asunto, pero unha vez máis, a Mesa "pasa polo forro o cumprimento da Lei" polo que anunciou que o BNG non avalará cos seus votos "as présas dalgúns por colocar os seus". O BNG, recalcou esixe rigor e que se cumpra a lei e que a CRTVG sexa pública e non gobernamental". Non apoiaremos co noso voto este "atentado contra a independencia da TVG" concluíu. |
NOS_30616 | David Mackenzie vén de falecer en Santiago de Compostela, onde residía. Profesor emérito da Universidade de Oxford, era un dos precursores dos estudos galegos no exterior. | Mackenzie, nado en Sutton-in-Ashfield, Nottinghamshire en 1943, foi un investigador decisivo na creación e expansión dos estudos galegos no mundo académico anglófono e internacional. Estudou en Oxford e en Nottingham, onde se doutorou coa tese A critical edition with linguistic and historical introduction of the «Corónica de Santa Maria de Iria». Tralo seu paso pola British Library, foi profesor nas Universidades do Ulster, Birmingham e Cork. Fundador dos centros de estudos galegos nestas dúas últimas, foi asemade colaborador habitual do Hispanic Seminary of Medieval Studies na Universidade de Wisconsin-Madison. Director tamén de diversas teses de mestrado e doutoramento de temática galega, o seu labor de investigación desenvolveuse entre os estudos ibéricos medievais, a lingüística e literatura galegas e a literatura española. O seu mestrado esténdese principalmente entre Europa e Norteamérica, onde desenvolveu o seu labor docente. O seu compromiso coa cultura galega levouno a ser merecente do Pedrón de Ouro en 1994 e dun Premio da Cultura 2014. Tamén foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega (RAG). Era socio de honra da Asociación Internacional de Estudos Galegos e da Hispanic Society of América. |
NOS_2688 | Unha aventura que, como non podería ser doutra forma, revelará o segredo da orixe do protagonista e da súa propia natureza. | A estas alturas do partido, a carreira de Ledicia Costas non precisa dunha longa presentación. Cun inicio relativamente temperán na escrita pública, son máis de vinte anos os que autora leva vinculada á literatura infantil e xuvenil, gañando, entre moitos outros certames o Premio Merlín por segunda vez na súa última edición. Trátase dun feito inédito na traxectoria do certame e dá unha idea do peso que a literatura de Ledicia Costas está a ter nestes últimos anos. Un peso que tamén vai vinculado ao dun xénero, o orientado ás persoas máis novas, que sen dúbida gañou prestixio e público neste tempo, conforme se ía librando de moitos dos prexuízos que o rodeaban. O neno de lume / Ledicia Costas (il. de Ivan R.) / Xerais / 2022 / 168 páxinas / 12,70 papel - 5,99 epub A lectura desta obra concreta fainos pensar en cal é a clave do universo imaxinario que rexe a maior parte das obras da autora. Para as persoas que medramos na década dos 80 e 90 do século pasado, cun contacto coa literatura e coa cultura audiovisual inevitabelmente internacional, sempre hai algo nestas historias que lembra unha parte dese universo da infancia. Se noutras ocasións recoñeciamos o ton tétrico e profundamente mordaz de autores como Roald Dahl, Angela Sommer-Bodenburg ou as adaptacións de Tim Burton, outras veces a querenza polo steam-punk e o poder da maquinaria e aínda unha terceira liña que nos mergulla no onírico-fantástico, o certo é que este O neno de lume lévanos a barallar novas posibilidades que, porén, continúan deixándonos unha sensación de recoñecemento, como se os relatos do pasado continuasen nun ton diferente e innovado. O novo premio Merlín é unha sorte de fábula rexida por regras propias e especiais. Un neno, Morgan, que aparece abandonado nunha porta e que ten que medrar coa sensación de ser diferente. Entre outras cousas porque ten unha serie de características máxicas, un certo control sobre o lume e unha pequena compañía invisíbel para os demais: Luminaria, unha chama que pode comunicarse con el. O ton do relato toma con estes ingredientes, o camiño dunha aventura infantil clásica. Antagonistas abusóns e aliadas imprescindíbeis trufan o camiño do neno Morgan para atopar a orixe dunha mesta néboa que cobre a vila e que parece estar debilitando a presenza persistente de Luminaria. Unha aventura que, como non podería ser doutra forma, revelará tamén o segredo da súa orixe e da súa propia natureza. Unha proposta da que desfrutar como cando de crianzas (ou adultos), desfrutabamos dos filmes de Studio Ghibli e do seu ton fascinante de nova mitoloxía. |
QUEPASA_498 | Prantan cara á empresa dos eólicos de Corme, que leva ata 18 anos sen pagar a varios veciños afectados. | Semana convulsa arredor da repotenciación do Parque Eólico de Corme G3. Comezaba coa acción protesta dun veciño, que pechaba un camiño con leña prantando cara á empresa que xestiona o parque, EDP, farto de esperar por todos os cartos que lle deben. E pechámola con outro veciño afectado. E. (que tamén prefire non dar o seu nome por medo a represalias) quere contarnos en primeira persoa o seu caso. Leva nada menos que 19 anos sen cobrar, e iso que a finca da súa familia está afectada por un aereoxenerador e a pista que chega ata el. A verdade é que si que leva cobrando algo estes anos, algo así como 17€ cada trimestre, unha cifra que dista moito dos 20.000€ que conta con cobrar, en función das cantidades que están recibindo outros veciños aos que tamén a empresa leva esquecendo todos estes anos. Na súa situación, para ficar tan "esquecido" por parte da empresa, conflúen varios factores. O propietario, seu pai, é un home moi maior, e agora mesmo está ingresado no Hospital por problemas de saúde. El vive en Suiza, como outros afectados, ante os que a empresa aproveita para exercer sen preguntar. De feito, uns veciños avisárono onte de que este mesmo venres 8 de setembro, a empresa vai proceder á retirada do vello aéreoxenerador do seu terreo. "Como van entrar na miña finca, e retirar un muíño sen o meu permiso?" pregúntanse atónito. "Xa teño enviado unha carta certificada, e teño chamado mil veces, pero me mandan de Santiago para Oviedo e de Oviedo a Santiago" (onde a empresa teñen as delegacións), "pero aproveitan que saben que eu estou fóra para entrar na miña finca", di enfadado. Denuncia ademais que os planos que presenta a empresa son erróneos, e que ten confirmado co catastro que o viravento está no medio da súa finca. O seu caso é, ademais, semellante a de outros moitos propietarios aos que a repontenciación vaille "quitar" esa "pensionciña" que aporta, se as cousas se fan ben, por "albergar" viraventos. Son 60 os viraventos que están retirando, e son 30, moito máis potentes, os que quedarán, polo que arredor da metade dos propietarios que estaban cobrando, quedarán agora, cunha mole de cemento nas súas fincas, pero 0€ nas súas contas. |
PRAZA_4341 | O Goberno galego aprobará este venres o protocolo que busca que as eleccións se celebren en "condicións seguras". Proporá mecanismos para facilitar o voto por correo, solicitando que as persoas da terceira idade e vulnerables non teñan que saír da casa para exercer o sufraxio. | As eleccións ao Parlamento galego do vindeiro 12 de xullo non se van celebrar nunhas condicións normais. Aínda que a situación epidemiolóxica do coronavirus está a mellorar notablemente nas últimas semanas e Galicia avanza cara ás últimas fases do proceso de desconfinamento, os comicios terán lugar entre medidas de seguridade que buscan garantir que non se produzan contaxios nos nos colexios electorais ou nos actos de campaña. A nova normalidade.Os comicios do 12 de xullo estarán marcadas pola distancia social e polo uso obrigatorio das máscaras de protección nos colexios electorais e actos públicosO Goberno galego deu a coñecer este mércores algúns aspectos do protocolo no que un grupo de 35 expertos e expertas estivo traballando nos últimos días, e que será aprobado este venres polo Consello da Xunta. Este protocolo inclúe algunhas normas de obrigado cumprimento, recomendacións e tamén propostas que o Executivo elevará ao Goberno central ou á Xunta Electoral para a súa aprobación, en aspectos para os que o Goberno galego non é competente.As eleccións do 12 de xullo estarán marcadas, en primeiro lugar, pola obrigada distancia social: dous metros de separación nos colexios electorais ou nos actos públicos. E, ademais, polo uso obrigatorio das máscaras de protección, que se converterán nunha das imaxes que marcarán o proceso.A Xunta recomenda que as persoas maiores de 65 anos e vulnerables conten con prioridade no acceso aos colexios e tamén no momento da votaciónTanto o conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña coma o vicepresidente Alfonso Rueda subliñaron que, atendendo á evolución da enfermidade, "o mes de xullo vai ser un momento tranquilo para a celebración das eleccións en condicións adecuadas" e para "garantir unha votación segura", pero sinalaron que o protocolo debe tamén ter en conta outros escenarios e achegar as máximas medidas de protección "mesmo se as circunstancias fosen distintas". O obxectivo, concluíu Rueda, é que os comicios sigan a ser "unha festa democrática", pero que se celebren "con todas as garantías", asegurando que se vota "con toda a tranquilidade".En todo caso, haberá que agardar a este venres para coñecer o detalle de cada unha destas normas e recomendacións. Velaquí algunhas delas:Actos electorais: Nos actos electorais estará controlada a afluencia de xente, cun número máximo de persoas que poderán ocupar cada espazo. Ademais, será obrigatoria a máscara de protección para todas as persoas asistentes.Nos actos electorais haberá un número máximo de persoas que poderán ocupar cada espazo. Ademais, será obrigatoria a máscara de protección para todas as persoas asistentesOs colexios electorais: A máscara será obrigatoria en todo o momento e controlarase a capacidade máxima dos espazos para evitar aglomeracións. O obxectivo é garantir en todo momento que se respecte unha separación de dous metros e, no caso de non ser posible, cando menos dun metro. O Goberno galego garantirá que haxa máscaras de protección na entrada, para as persoas que non a traian dende a súa casa. Tamén será obrigatorio hixienizar as mans con xel hidroalcólico, que tamén estará dispoñible na porta. As persoas alérxicas a estes xeles terán luvas á súa disposición.Presidente/a de mesa e vogais deberán ter máscara de protección e tamén pantalla de seguridade, que lles será subministrada. As persoas de colectivos vulnerables á enfermidade poderán ser eximidas de integrar as mesasO acceso: A Xunta recomenda que as persoas maiores de 65 anos e vulnerables conten con prioridade no acceso aos colexios e tamén no momento da votación. O conselleiro de Sanidade indicou que "é unha proposta do comité clínico que a idade sexa un elemento que lles dea ás persoas maiores de 65 anos unha certa prioridade para entrar no colexio". "Entendemos que as persoas maiores deben estar o menor tempo posible tanto na espera como nas votacións", engadiu. Haberá sistemas para facilitar os fluxos de entrada e saída dos colexios. Intensificarase a limpeza e a desinfección destes espazos.As cabinas: As clásicas cabinas de votación, coas que se busca asegurar o carácter segredo do voto, non disporán de cortinas, co obxectivo de eliminar obxectos que poidan ser un transmisor da enfermidade.A Xunta recomenda que, na medida do posible, os electores "leven o voto preparado da casa"Os e as integrantes da mesa: Presidente/a e vogais deberán ter máscara de protección e tamén pantalla de seguridade, que lles será subministrada. Tamén se lles facilitarán varios xogos máscaras para que as poidan cambiar cada catro horas. As persoas que formen parte dos colectivos vulnerables ao coronavirus poderán solicitar ser eximidas desta responsabilidade (na actualidade, as persoas maiores de 70 xa non entran no sorteo para integrar as mesas e as que contan entre 65 e 70 poden renunciar). A Xunta recomenda ás persoas "que estean obxectivamente nun grupo de risco", que "pidan a exención".O momento da votación: Os e as electoras deberá deixar o DNI nunha bandexa "para minimizar o intercambio de obxectos". Os e as votantes deberán baixar nese momento a máscara de protección para seren identificados e identificadas. A Xunta recomenda que, na medida do posible, os e as electoras "leven o voto preparado da casa para evitar os máximos contactos posibles".A Xunta propón establecer un protocolo, co desprazamento de funcionarios/as de Correos, para facilitar o voto das persoas que residen en centros de maiores e para colectivos especiais como os maiores de 65 anos ou persoas vulnerablesO voto por correo: A Xunta aposta por "fomentar o voto por correo o máximo posible", da mesma maneira que tamén o fixo o Congreso dos Deputados hai uns días. Con todo, o Goberno galego lembra que é un asunto que non é da súa competencia, polo que se limita a realizar unha proposta, que deberá aínda ser aceptada. Propón por exemplo ampliar o prazo do voto por correo ata dous días antes das eleccións.Así mesmo, propón establecer un protocolo, similar ao que se emprega en centros penitenciarios -co desprazamento dos funcionarios/as de Correos-, para facilitar o voto das persoas que residen en centros de maiores e para colectivos especiais como os maiores de 65 anos ou persoas vulnerables. O obxectivo é que as persoas que decidan votar por correo "poidan evitar saír do seu domicilio" e que debe contar "con todas as garantías legais".Voto CERA: Tamén se aposta por dar facilidades ao voto das persoas emigradas, de xeito que aqueles e aquelas que para as eleccións do 5 de abril xa realizar o trámite consular para "rogar o voto", non teñan que volver facelo, sobre todo tendo en conta as dificultades xeradas polo coronavirus en moitos países. Ademais, sinalou Alfonso Rueda, "pediremos un especial esforzo para garantir o voto por correo nas persoas que residen noutros países".Voto por poder: Quérese facilitar o voto por poder notarial, sobre todo para as persoas con coronavirus que se atopen en illamento nos seus domicilios. Solicítase neste senso implantar un sistema de videoconferencia, legalmente válido, que permita autorizar a solicitude de voto por correo a outras persoas. |
NOS_42832 | Este sábado, unha marcha convocada polos comités da CRTVG e CRTVE percorrerá en Compostela a distancia entre San Marcos –onde se ubican as sedes centrais de ambos os dous entes- e a Praza de Praterías baixo o lema "Pola dignidade dos medios públicos". Un paso máis na dinámica impulsada polo propio persoal de denuncia da manipulación e censura na televisión e radio galegas. Falamos con representantes do comité: "Hai que liberar a CRTVG" | As denuncias de manipulación, censura, falta de pluralidade e de primar os criterios partidistas a gosto do goberno sobre os criterios e o rigor xornalísticos na CRTVG foron nestes meses en aumento, sendo recollidas en diferentes medios de comunicación –non todos-, e amén en determinadas instancias políticas (mesmo chegando a Bruxelas). Este sábado, 8 de setembro, hai convocada en Compostela unha marcha "pola dignidade dos medios públicos", unha mobilización que conta co apoio de diferents organizacións políticas e sindicais, así como plataformas, entidades e colectivos da sociedade galega. "É importante que esta manifestación que convocamos os comités da CRTVG e CRTVE en Galiza teña unha gran afluencia, o poder político está moi atento a iso", sostén Tiago Alvite, secretario do comité interentros da CRVG, en conversa con Sermos Galiza. "Hai unha toma de conciencia na sociedade de que os medios públicos non poden estar para atender os intereses do partido no goberno". Unha toma de conciencia que desexa que se expresa este sábado na marcha en Compostela. "Hai que liberar a radio e a televisión galegas" "Reivindicamos que os medios públicos son de todos e todas, temos que liberar a CRTVG e que faga o que ten que facer: cumprir a súa misión de servizo público, ser plurais, rexerse por criterios informativos…". Raquel Lema, do comité de empresa da CRTVG, afirma que o PP está a afogar os medios públicos galegos, "como xa fixo no seu tempo en Madrid ou Valencia". Así, sostén "a Galiza que reflicten os medios públicos galegos non é moitas veces a Galiza real". Algo que nomeadamente pasa, asegura, nos informativos: "Obedecen a criterios partidistas, do partido no goberno, e non a criterios xornalísticos. Punto". Para Alvite, a "manipulación informativa" na CRTVG vai acompañada "dunha degradación da radio e televisión galega como servizo público", o que implica que haxa "unha falta de lexitimidade" destes medios públicos galegos perante importantes sectores sociais. "O ABC é a dirección ideolóxica da CRTVG" Embora as constantes denuncias e as interpelacións á dirección do ente público para que active mecanismos previstos na lei, como o Consello de Informativos, que garantan a pluralidade; a resposta que obteñen é o silenzo. "O diálogo coa dirección xeral sobre estas cuestións non existe, non o hai, só o hai no estritamente laboral. Hai máis dun ano que non se reúnen con nós", di Alvite. Raquel Lema, contundente, critica que a dirección non se digne dirixirse ao persoal "e despois emprega o ABC, que é a dirección ideolóxica da CRTVG, para desmentir que haxa manipulación e cargar contra os venres negros [mobilización semanal do persoal da compañía pública galega] dicindo que son cousa de operadores que queren manter a categoría laboral". A esta mobilización chégase coa noticia recén saída do forno de que o comité intercentros denunciaba en Bruxelas a "manipulación" na CRTVG. "Presentamos na Comisión de Peticións de Bruxelas unha denuncia pedindo que a administración europea inste o Goberno galego a que cumpra as directivas de pluralidade nos medios públicos e que se garanta a liberdade de expresión na Corporación. En maio a eurodeputada Ana Miranda convidounos a participar en Bruxelas nunhas xornadas sobre liberdade de expresión e de prensa. Ela explicounos a posibilidade de levar este problema á Comisión de Peticións, como xa fixera anteriormente o comité de RTVE. Entendemos que era interesante presentar esa denuncia e demos o paso. En principio fixémolo en base a oito casos flagrantes desa manipulación que denunciamos, como o xeito en que se informou da sentenza sobre o caso Gürtel ou sobre os incendios", sinala Tiago Alvite.. |
PRAZA_6545 | A Guerra Civil e a vitoria franquista estiveron a piques de rematar coa andaina dun soño emancipador, plural e aberto. Hoxe, se alguén non o impide, as autoridades locais e autonómicas retomarán o camiño iniciado por falanxistas e golpistas en 1936. | É posíbel introducir 135 anos de vida cultural en cinco contedores? Chega con cinco contedores para acubillar o rico patrimonio bibliográfico reunido durante ducias de anos por unha institución como o Ateneo Ferrolán? Hai espazo dabondo en cinco contedores para agochar 10.000 volumes da súa biblioteca? Sobra algún oco para depositar neses cinco contedores as publicacións periódicas do século XIX e XX –algunhas únicas– que compoñen a hemeroteca do Ateneo? Nos contedores da discordia aínda hai lugar para depositar (e afogar) unha forma de pensamento crítico, non dócil nin manipulábel, independente do poder local e molesto coas autoridades que hoxe dirixen o concello de FerrolTodas estas preguntas teñen, a día de hoxe, unhas respostas afirmativas. Ademais, en realidade, nos cinco contedores hai capacidade para situar –xunto aos libros e os xornais– moitas outras cuestións non menos relevantes. Por exemplo, nos contedores da discordia aínda hai lugar para depositar (e afogar) unha forma de pensamento crítico, non dócil nin manipulábel, independente do poder local e molesto coas autoridades que hoxe dirixen o concello de Ferrol. Velaí, pois, un dos sinais de identidade do Ateneo Ferrolán: a cultura dende abaixo, iniciada na base, lonxe dos escaparates, das visións mercantilistas, das Cidades da (In)Cultura, dos espectáculos teledirixidos, das propagandas e os consumismos. Cultura popular, por e para a xente. Cultura que ofende por indomábel e libre, honesta e rigorosa. Toda esta provocación do Ateneo Ferrolán, do librepensamento no século XXI, precisaba ser neutralizada. Tamén esmagada. Como explicar que na Consellería de Cultura da Xunta de Galiza ninguén saiba o que está a acontecer, que digan descoñecer por completo a situación agónica do Ateneo?Mais non nos equivoquemos: a controversia non nace cos 39.000 euros dunha débeda contraída coa empresa encargada do traslado do patrimonio da secular entidade. Certamente, a almacenaxe foi aconsellado pola dirección de obra no momento no que se procedeu a rehabilitar o histórico edificio do Ateneo. O anterior consistorio, socialista, accedeu de palabra e xunto aos responsábeis da institución deu comezo a operación. A chegada do Partido Popular ao goberno municipal modificou o escenario: xa non se paga á empresa de mudanzas. Así, cinco contedores conforman unha invencíbel arma de destrución masiva, real (esta si) e devastadora. Porén, certamente, os 39.000 euros son un pretexto, unha estrataxema que responde a un plan establecido, organizado e planificado até as súas últimas consecuencias. A prioridade é rematar coas actividades do Ateneo. Como se non entender que o alcalde ferrolán rexeite unha xuntanza cos responsábeis do Ateneo? Como explicar que na Consellería de Cultura da Xunta de Galiza ninguén saiba o que está a acontecer, que digan descoñecer por completo a situación agónica do Ateneo? Hoxe, se alguén non o impide, as autoridades locais e autonómicas retomarán o camiño iniciado por falanxistas e golpistas en 1936O Ateneo Ferrolán, herdeiro do Ateneo Artístico, Científico e Literario de Ferrol creado en 1879, ocupa un fermoso edificio construído en 1762 na rúa da Magdalena. Lugar de encontro para expoñer, ensaiar ou representar, nas súas instalacións sucédense unha e mil actividades culturais: presentación de libros, emisións cinematográficas, conferencias, exposicións artísticas, clubs de lectura... Con 10.000 títulos na súa biblioteca e preto de 500 cabeceiras de xornais que conforman unha hemeroteca única, o Ateneo Ferrolán está considerado unha entidade de especial interese para Galiza.A Guerra Civil e a vitoria franquista estiveron a piques de rematar coa andaina dun soño emancipador, plural e aberto. Hoxe, se alguén non o impide, as autoridades locais e autonómicas retomarán o camiño iniciado por falanxistas e golpistas en 1936. |
PRAZA_11878 | A Xunta de Galicia vén de aprobar a nova estrutura organizativa do Instituto de Promoción Económica (Igape) despois dos escándalos que supuxeron, entre outras cousas, o abandono do anterior director xeral, Joaquín Varela, imputado na Operación Campeón. | O 3 de xuño do ano pasado, o Igape viuse na obriga de publicar unha disposición no Diario Oficial de Galicia (DOG) ante a "suspensión temporal" de funcións do exsecretario xeral do organismo, Joaquín Varela de Limia, imputado no Caso Campeón. Un regulamento no que se pretendía "evitar a paralización das actividades do Instito" e que supuxo a asunción de maiores competencias para o presidente da institución pública (o conselleiro Javier Guerra) e dos distintos directores de área. O responsable de Economía e Facenda negou en diversas ocasións que houbese crise no Igape malia que, con posterioridade, tamén se destituiu ao número dous no organismo, Javier Álvarez Barbeito. Unha nova resolución do Igape, recentemente publicada no DOG, consolida a nova reorganización do ente público. Nel, o presidente asume directamente a contratación de persoal de alta dirección. O resto de contratos serán competencia do director xeral, cargo que agora desempeña Javier Aguilera Navarro. O conselleiro Guerra asumirá unha maior responsabilidade no que se refire á supervisión da actividade ordinaria do instituto público, cun conseguinte maior control sobre a dirección xeral. Moitas das áreas de decisión de Aguilera estarán delimitadas ou contraladas polo Consello de Dirección do Igape coa intención, segundo fontes próximas ao organismo, de que haxa maior "control" sobre o traballo dun ente "prexudicado polos escándalos" e cunha inmensa capacidade en materia de subvencións, axudas ou acordos de colaboración. |
NOS_39326 | Na segunda feira 23 de setembro disolveranse as Cortes e comezará un mes de pre-campaña na que a primeira disputa será por determinar quen tivo a culpa do fracaso dun goberno de esquerdas. "Os cidadáns dixeron ben claro en marzo e abril que querían un goberno progresista e agora terán que dicilo aínda máis claro en novembro", di Pedro Sánchez no seu primeiro discurso de pre-campaña desde Moncloa. | Pedro Sánchez compareceu diante dos medios pasadas as nove da noite desta terza feira. "Gobernamos con limpeza, pero dúas forzas de dereitas e unha forza de esquerdas bloquearon a posibilidade dun goberno", comezou. "Os cidadáns dixeron ben claro en marzo e abril que querían un goberno progresista e agora terán que dicilo aínda máis claro en novembro. Dixeron que querían un goberno coherente e sólido, terán que volver dicilo aínda máis claro. Dixeron que querían que se respecte o resultado electoral e deberán ser escoitados nunhas semanas", dixo lanzando xa o primeiro desafío da campaña electoral. "Intentámolo todo, presentamos até cinco fórmulas distintas ao noso socio preferente, pero fixéronnolo imposíbel. Podemos bloqueo catro veces nos cinco últimos anos un goberno progresista", xustificou o líder socialista sinalando xa ao culpábel do fracaso tras cinco meses de ida e volta para non chegar a ningunha parte. "Está onde quería", pensa Casado "Teño a sensación que Pedro Sánchez está onde quería", dixo Pablo Casado, o líder do PP, despois de entrevistarse con Felipe VI na rolda de consultas previa á convocatoria dunha sesión de investidura que finalmente non se producirá. Contra as sete e media desta tarde, rematadas as entrevistas cos líderes parlamentarios, a presidenta do Congreso, Meritxell Batet, visitou a Zarzuela para coñecer a decisión do monarca. Felipe VI non topou candidato. Non haberá investidura. Na segunda feira disolveranse as Cortes. O 10 de novembro, eleccións. Frustrada a opción dun acordo con Ciudadanos e descartada a coalición con Podemos, o PSOE non teme unhas novas eleccións. Unha campaña curta: 10 días; e moita incerteza sobre os resultados (as enquisas din hoxe que a situación de bloqueo podería repetirse). Pero Sánchez quere eleccións, o PSOE conseguiu nestes meses crear a sensación de que unha nova convocatoria ás urnas prexudicaría a todas as forzas menos a eles. As últimas ofertas "Pedro Sánchez ten dúas ofertas enriba da mesa se quere ser presidente: unha oferta á esquerda e outra á dereita. Ten tempo para decidir, pero alguén debería recordarlle que na rolda de contactos co rei tes que ir con el traballo feito", resumiu Pablo Iglesias nunha comparecencia de prensa no Congreso esta terza feira. O voto de Unidas Podemos será a abstención se Pedro Sánchez insiste en presentarse nunha sesión de investidura sen un acordo de goberno de coalición cos de Iglesias. Esa opción non a contempla o PSOE, que leva días insistindo en que o bloqueo dun goberno de esquerdas sen Podemos é cousa de Podemos. O voto de Ciudadanos será negativo, asegurou esta tarde Albert Rivera. O líder de C's reiterou por carta a súa oferta de onte a Pedro Sánchez. Despois dunha breve conversa telefónica entre ambos, Rivera pediu ao presidente en funcións que "recapacite, rectifique e volva ao constitucionalismo". Do contrario, o voto de C's en caso de que Sánchez vaia a investidura "seguirá sendo non". O PP non se moveu e insiste en que votará contra Sánchez. Pablo Casado chegou á consulta co monarca pola tarde convencido de que a repetición electoral non prexudica ao Partido Popular mesmo despois de fracasar a súa estratexia España Suma. "Si finalmente [Sánchez] nos conduce a unhas eleccións, espero que lle pase factura", apostou Casado. |
NOS_49779 | A carreira homenaxeará o desaparecido Ernesto Falcón | Este sábado, día 9 de xullo, o ciclismo galego recuperará unha das súas probas máis sobranceiras. Tras dous anos de parón a causa da pandemia, o Gran Premio do Albariño regresa para vivir no casco urbano de Cambados a súa LII edición. Farao sen cambios na forma, cun circuíto polas rúas da vila arousá de 1,1 quilómetros e saídas para todas as categorías de formación do deporte das dúas rodas, desde promesas a xuvenil, pasando por principiantes, alevín, infantil e cadete, o que implica que os corredores e corredoras deberán cubrir diferente número de voltas. "No fondo, o Gran Premio do Albariño regresa anovado. Anovado polo espírito do home que o xestou, o alimentou e o mimou durante os seus primeiros 51 anos, coa conciencia de que coidar das novas camadas permitiríalle ao ciclismo galego vivir mil primaveras máis. E por iso, de común acordo entre o Club Ciclista Cultural Cambados, a Federación Ciclismo Galego e o Concello, a proba pasa a ser desde este ano o Gran Premio do Albariño-Memorial Ernesto Falcón Padín", apuntan desde a organización da carreira. O salón nobre do consistorio cambadés serviu onte de escenario para a presentación dun certame no que se prevé a presenza de entre 150 e 200 ciclistas, sen descartar mesmo a participación dalgún conxunto portugués. O horario adiouse das tradicionais 17 horas ás 18.30 "coa fin de esquivar a calor e tamén de animar ás familias dos corredores a quedar a cear en Cambados". O alcalde, Samuel Lago, e o seu concelleiro de Deportes, Fernando Patricio, quixeron agradecerlles o seu traballo á Federación Ciclismo Galego e ao CCC Cambados, encabezado polo seu novo presidente, Tito Fariña, pero sobre todo, á figura de Ernesto Falcón Padín, representada no acto pola súa viúva, Rosa, e polo seu fillo pequeno, Óscar. I Trofeo Concello de Redondela elite e Sub-23 Máis de 100 deportistas procedentes de 10 equipos galegos e catro de León e Portugal serán da partida na I edición do Trofeo Concello de Redondela, un evento que se desenvolverá en dúas mangas de carreira de fondo e unha sempre espectacular proba de eliminación Deste modo, o vindeiro 9 de xullo, desde as 16 horas, Redondela tornará no punto de atención do ciclismo nacional nas categorías elite e Sub-23 grazas a un "enorme esforzo organizativo" levado a cabo polo Retelec Team Cycling Galiza que a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lle agradeceu durante a súa presenteación. A mandataria tamén puxo de relevo a "importancia" que ten este trofeo, "que unha vez máis pon Redondela no mapa dos grandes eventos deportivos". A proba disputarase sobre un circuíto urbano de 2.5 quilómetros no que, primeiramente, será a quenda de dúas mangas de fondo que obrigarán aos corredores a dar 25 voltas ao percorrido, distribuíndose nunha os que conten con dorsais rematados en número par e noutra os impares. Os 15 primeiros de cada unha das mangas pasarán á unha carreira de eliminación de aproximadamente 30 voltas, unha modalidade visualmente moi interesante para a persoa espectadora na que o corredor que atravese unha liña de meta que estará situada na Avenida de Alfonso XII en última posición quedará fóra "dun espectáculo deportivo que fará gozar ás afeccionadas e afeccionados", prometeu a alcaldesa. |
NOS_10778 | "Feixoo fixo política contra os concellos". Con esta contundencia expresouse o secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero, quen engadiu que a Xunta do PP "abandonou o medio rural". O líder socialista fixo as declaracións en Sarria, onde participou na feira de San Isidro canda a alcadesa Pilar López. | "A incapacidade de xestión de Feixoo acaba implicando que os concellos asuman máis traballo do que lles corresponde malia non contar con orzamentos para facelo", denunciou Caballero. Falaba en concreto da "loita contra as plagas ou os incendios" ou da "atencións aos cans abandonados". "A Xunta non cumpre e delega nos concellos sen axudar nin dar fondos", engadiu. Gonzalo Caballero tamén se referiu á política agraria común (PAC) e afirmou que o seu partido "traballará por unha PAC que permita ao sector máis ingresos dos que percibe a dúa de hoxe debido a unha cadea de distribución que os perxudica". "Comprometémonos cunha política europea que poña o centro de atención nas necesidades da cidadanía", dixo, antes de conckuír que "cómpre ter actividade económica pegada aos territorios". |
NOS_50799 | A Asociación puntoGAL asinou coa corporación xestora dos enderezos da Internet (ICANN) o contrato de creación do dominio galego, o primeiro para unha comunidade lingüística e cultural desde 2005. Poderán acollerse ao .gal aqueles espazos que "usen" o galego "nas súas comunicacións en liña". | A partir do vindeiro ano @s utentes da Internet poderán acceder a espazos virtuais galegos a través do dominio .gal. Así o anunciou a Asociación puntoGAL esta segunda feira após asinar o contrato de creación coa entidade encargada da xestión dos enderezos dixitais, a ICANN. Após sete anos de traballo --desde a súa fundación en 2006-- puntoGAL dará comezo nas vindeiras semanas a unha serie de "probas técnicas" previas á posta en marcha do dominio. Espazos de uso para o galego na rede Segundo recolle o contrato asinado entre puntoGAL e a ICANN poderán acollerse a comezos de 2014 ao .gal aqueles espazos que "usen --ou se comprometeran a usar-- o galego nas súas comunicacións en liña, ou promovan os diferentes aspectos da cultura galega na rede ou dirixan especificamente as súas comunicacións e servizos a esta comunidade". Se ben, afirman desde o seu portal web, a asociación promotora describirá nunha guía os pasos precisos para o rexistro do dominio e o seu posterior uso. Segundo puntoGAL a operatividade do .gal "servirá para que o diñeiro que hoxe marcha fóra do país ao rexistrar outros dominios (.com, .net), etc quede en Galiza xerando coñecemento e riqueza" ao tempo que "contribuirá a aumentar o prestixio da sociedade galega, da súa cultura e do seu idioma" ao aumentar, din, "a autoestima entre os propios falantes e o interese polo noso idioma entre a comunidade internacional". A creación deste dominio vén a se sumar ao .cat, autorizado pola ICANN en 2005. |
NOS_32012 | No Polígono de Botos. | Un operario duns 30 anos de idade faleceu na tarde desta cuarta feira cando arranxaba un ascensor nunha nave dunha empresa frigorífica situada no polígono de Botos, en Lalín. Segundo informaron fontes do operativo de emerxencias a Europa Press, o home, traballador dunha empresa externa, faleceu asfixiado ao abrir un compartimiento no que se almacenaba esta substancia mentres facía os labores de reparación do ascensor. O suceso tivo lugar ás 17,45 horas desta cuarta feira e ao momento desprazouse o helicóptero medicalizado aínda que non puido facer nada por salvar a vida do rapaz. Ademais, tamén acudiron ao momento os efectivos do GES de Lalín, os axentes da Policía Local, así como da Garda Civil. Galiza lidera a mortalidade por sinistralidade laboral no Estado. Duplica a media estatal no índice de incidencia dos accidentes mortais: é de 6,05 por 3,24 de media no Estado. |
NOS_39638 | Un grupo de relatores especiais da ONU de Dereitos Humanos alertou que métodos inseguros usados na práctica do aborto continúan sendo a causa de millares de mortes de mulleres no mundo. | A OMS (Organización Mundial da Saúde) define o aborto inseguro, ou perigoso, como aquel que se produce cando unha persoa carente da capacitación necesaria pon fin a un embarazo, cando se fai nunha contorna que non cumpre as normas médicas mínimas ou cando se combinan ambas as circunstancias. Neste contexto, e coincidindo co Día de Acción Global para a Práctica de Aborto Legal e Seguro, este 28 de setembro, a Organización Mundial da Saúde afirmou que no mundo se realizan todos os anos 22 millóns de abortos sen as medidas de seguranza necesarias.A axencia da ONU calcula que 47 mil mulleres morren anualmente de complicacións causadas por esas prácticas inseguras para interromper a gravidez. A criminalización do aborto e a falta de servizos adecuados para o fin dunha gravidez non desexada son formas de discriminación baseadas no sexo Os relatores especiais conclúen tamén que a "criminalización do aborto e a falta de servizos adecuados para o fin dunha gravidez non desexada son formas de discriminación baseadas no sexo". Os especialistas pediron a todos os países que rexeiten leis e políticas que restrinxen o aborto e que suspendan todas as medidas punitivas e barreiras discriminatorias ao acceso a servizos de saúde reprodutiva. Pagar coa propia vida Segundo eles, "as leis que restrinxen o acceso a un aborto seguro representan unha grave violación dos dereitos humanos das mulleres". Os especialistas explicaron que "as consecuencias son severas coas mulleres, algunhas veces, pagando o prezo con súas propias vidas". Polos datos da ONU, as leis que prohiben o aborto atinxen 40% da poboación global. Os relatores especiais dixeron que a prohibición non reduce a necesidade nin o número de abortos, só aumenta o risco para a saúde de mulleres e meniñas que fan uso desa práctica médica. Prohibición non reduce a necesidade nin o número de abortos, só aumenta o risco para a saúde de mulleres Os especialistas recomendan "boa práctica" encontrada en varios países, onde as mulleres teñen acceso a servizos de aborto seguros, durante o primeiro trimestre de gravidez. Os relatores queren tamén que os países permitan que meniñas e adolescentes poñan fin a unha gravidez non desexada, que de seguir adiante as pode expor a un risco maior no futuro. Algúns datos Entre 2010-2014: -En media, producíronse anualmente 56 millóns de abortos (seguros e perigosos) provocados en todo o mundo. -Producíronse 35 abortos provocados por cada 1000 mulleres de 15-44 anos. -O 25 por cento do total de embarazos acabou en aborto provocado. A taxa de abortos foi superior nas rexións en desenvolvemento que nas desenvolvidas. -Calcúlase que cada ano se realizan uns 22 millóns de abortos perigosos en todo o mundo, case todos eles en países en desenvolvemento. -Calcúlase que en 2008 morreron 47 000 mulleres por mor de abortos perigosos. Dous terzos de todas as mortes relacionadas co aborto teñen lugar en África. -Cada ano, uns 5 millóns de mulleres ingresan en hospitais como consecuencia dun aborto perigoso e máis de 3 millóns de mulleres que sufriron complicacións por mor dun aborto perigoso non reciben atención médica. Para alén dos datos, a OMS tamén considera que case todas as mortes e discapacidades derivadas do aborto se poderían previr mediante a educación sexual, o uso de métodos anticonceptivos eficaces, o acceso a servizos de aborto seguro provocado, e a atención oportuna das complicacións. Fonte: OMS e Radio ONU. |
PRAZA_3104 | O presidente do PP ourensán emite unha nota de prensa dicindo que a reapertura é unha "magnífica noticia, tal como defendeu a Deputación" | O presidente do PP ourensán emite unha nota de prensa dicindo que a reapertura é unha "magnífica noticia, tal como defendeu a Deputación"Lonxe de intentar que o conflito se silencie unha vez que a Xunta anunciou este sábado que en febreiro reabrirá o paridoiro de Verín, poucas horas despois o presidente da Deputación e do PP de Ourense, Manuel Baltar, emitiu unha nota de prensa na que lembra a súa postura discordante co peche. "Baltar valora como 'magnífica noticia' que reabra o paridoiro de Verín, 'tal e como defendeu a Deputación de Ourense desde o minuto un'", é o titular do comunicado oficial.O PP de Ourense impulsou unha moción pedindo a reapertura apenas dous días despois de que o PP galego rexeitase unha iniciativa similar no ParlamentoEfectivamente, en canto pechou o paridoiro de Verín a comezos de decembro o PP de Ourense volveu evidenciar que é un verso solto do PPdeG e, a través dunha inédita moción ante o Pleno da Deputación, reclamou á Xunta que mantivese o servizo. A moción foi aprobada grazas á maioría popular apenas dous días despois de que o PPdeG rexeitase unha proposta similar no Parlamento de Galicia, e obrigou ao portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy, a ter que desbotar en público que se puidese producir unha nova revolta dos populares ourensáns como a que sufriu Fraga a comezos de 2003 cando os deputados afíns a Baltar pai lle plantaron cara. Aínda a pasada semana, tras o parto en Verín, malia o peche do paridoiro, dunha concelleira do PP da Gudiña, o rexedor popular dese concello amosaba en público o seu rexeitamento ao peche dese servizo. "Sempre nos opuxemos ao peche do paridoiro, e hoxe é un bo día porque volve ao punto de partida a reivindicación permanente que fixemos desde a Deputación", salienta BaltarPero a reapertura do paridoiro non serviu para que o PP ourensán amose un perfil máis baixo no conflito e a nota de prensa agora emitida por Baltar, colgada en lugar preferente da web institucional da Deputación, así o evidencia. "Sempre nos opuxemos ao peche do paridoiro, e hoxe é un bo día porque volve ao punto de partida a reivindicación permanente que fixemos desde a Deputación, cun pronunciamento unánime do pleno da corporación provincial", lembra o popular ourensán. |
NOS_12960 | O comisario de exposicións Xulio Villaverde (Santiago de Compostela, 1961) é presidente e un dos principais impulsores da Associaçom José Afonso–Galiza (AJA). A organización inicia a súa traxectoria o próximo sábado 27 de xaneiro, cando celebrarán en Santiago de Compostela unha palestra e un concerto homenaxe ao cantautor portugués. | -Como xurdiu a idea de formar unha AJA na Galiza? -Eu estiven morando en Lisboa durante 15 anos, e desde 2013 pertenzo a AJA Portugal. Colaboraba con eles en eventos e, cando vin para Galiza, sentín a necesidade de poder continuar a traballar desde aquí. Púxenme entón en contacto con AJA Portugal e eles dixéronme "à frente, companheiro, tens todo o nosso apoio", polo que comecei a contactar con varias persoas que sabía que estarían interesadas e, a partir dunha primeira reunión e das indicacións de AJA Portugal, puxémonos a camiñar sós. -A asociación decidiu utilizar a norma ortográfica de AGAL para a súa expresión escrita. Por que? -Nós queremos reforzar lazos co sur da Raia, reforzar toda esa cultura e tender pontes de intercambio cultural a través da música, da literatura e tamén, como non, da lingua. O noso país é un punto de saída importante da figura do Zeca que sempre estivo moi unido a Galiza, onde deixou moita pegada. -Por onde pasa o futuro da asociación? -Por agora estamos centrados no día 27 de xaneiro, e logo iremos medrando por toda Galiza. Imos manter sempre as datas esenciais como o 25 de abril e os aniversarios do Zeca e dos seus concertos na Galiza. Non pretendemos que sexa unha asociación de carné de socio que paga unha cota nin ir tirando de subvencións, senón que queremos unha asociación aberta e participativa na que todas as persoas implicadas teñan voz e voto. Daí que queiramos construír distintos núcleos polo país, que traballen en conxunto e por si propios. -Como describiría a relación de José Afonso coa Galiza? -O Zeca Afonso chegou a Galiza cunha guitarra e mais nada. Non o coñecía ninguén e desde ese momento até o concerto en Castrelos, Vigo, no que había miles de persoas, foi tempo duns meses. El, como referencia da canción protesta portuguesa, deixou pegada aquí polas súas cancións. O seu tema Grândola, vila morena estreouse aquí, en Santiago de Compostela, antes de que marcase esa pauta para a Revolución dos Cravos. Penso que moitos galegos de hoxe en día saben iso, mais quizais sexa unha figura máis descoñecida entre a xente moza que non ten vinculación política. Por iso, desde AJA-Galiza queremos dar vida a todas as cancións deste grande intérprete. |
NOS_17940 | A Xunta agarda que "se aclare" a situación da empresa e afirma que o principal é que "o conflito" non teña consecuencias en canto perda de empregos. Mais evita pronunciarse sobre os escándalos que saen á luz sobre o presidente da firma, moi próximo ao PP e a Feijóo | A Xunta agarda que Pescanova aclare "o máis rápido posíbel" a súa situación financeira, para que este "conflicto" non afecte aos e ás traballadoras da empresa: 1.500 na Galiza e por volta de 10.000 en todo o mundo. Así se expresou a conselleira do Mar, Rosa Quintana. Unhas declaracións que se producen após 72 horas nas que escándalo tras escándalo, a fifura do presidente de Pescanova, Fernández de Sousa, quede moi danada: Venda da metade das súas accións sen informar ao CNMV, venda de filiais sen dar conta ao consello de administración,... A posición de Fernández de Sousa é ben difícil, con perda progresiva de apoios desde que Pescanova solicitou preconcurso de acredores, entre esta perda a de Iago Méndez, fillo do noutrora poderoso Méndez (Caixa Galicia) e íntimo de Sousa. Até a Xunta está dando pasos para se desmarcar, mais sen criticar nin reprochar públicamente. No inicio da crise, conselleiros e presidente da Xunta falaban de que había que confiar na dirección da firma para facer fronte a esta situación. Agora xa non se mostra esa confianza. Mais tampouco se critica a quen foi sempre unha persoa moi próxima o PP. |
PRAZA_272 | A Plataforma Cidadá Defender o Público difundiu no serán deste xoves os proxectos que participaron na convocatoria de ideas que lanzou hai unhas semanas. As tres iniciativas manteñen o actual centro sociocultural e abren o parque á praza e ao propio edificio. | Hai unhas semanas a plataforma Defender o Público-Salvemos a Casa da Xuventude lanzou -en colaboración coa Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia- unha convocatoria de ideas para ofrecerlle ao Concello de Santiago alternativas ao derrubo deste centro sociocultural. Dado que o principal argumento empregado polo Goberno municipal para defender o seu proxecto é a necesidade de abrir unha nova entrada ao anexo parque de Belvís a través da praza do Matadoiro (facendo máis doado o acceso dende a Cidade Vella, a convocatoria facía fincapé neste punto, ademais de no mantemento do actual edificio para o seu uso pola cidadanía. As propostas coinciden en defender a comunicación a traves da parcela colindante e propoñen actuacións sobre a imaxe das fachadas para mellorar a integración na praza Este xoves a plataforma fixo públicos e detallou os tres proxectos presentados, que coinciden en defender a comunicación a traves da parcela colindante, "tal e como contempla o Plan Especial e o PXOM vixentes, que fixan para a mesma o uso de Zona Libre para pemitir precisamente esta conexión", lembran. As propostas, igualmente, propoñen actuacións sobre a imaxe das fachadas para mellorar a integración na praza e coinciden en salientar a importancia de manter a traza histórica da Praza do Matadoiro, anterior ao século XVIII, "que sempre foi un espazo pechado urbanisticamente e co derrubo da casa perdería ese carácter de praza". Tamén salientaron que outros parques da cidade, coma o de Bonaval, tamén careceron historicamente, e carecen, de accesos directos. O arquitecto Ricardo Varela, autor dunha das propostas, sinalou que eliminar un dos flancos da praza para acceder frontalmente á cabeceira do parque de Belvís é un "erro urbanístico e cultural", pois supón "variar o tecido histórico da cidade e alterar a fixonomía das vellas hortas". A Plataforma cre necesario, así mesmo, que o edificio se abra ao parque, "porque agora está de costas a el", mellorando a súa integración e para facelo máis aberto. Na presentación, a Plataforma instou unha vez máis ao Concello a "dar marcha atrás" na súa decisión de derrubar o edficio, subliñando que "non se considera xustificable o gasto de diñeiro público para destruír un edificio en condicións de uso", en lugar de acondicionalo e poñelo a disposición dos cidadáns para o seu aproveitamento. Lembraron que o custe da intervención representaría un enorme gasto para as arcas municipais: ademais dos 165.000 euros da demolición e dos 575.000 euros de custe da obra de acondicionamento posterior da zona, habería que ter en conta a perda patrimonial do edificio en si, valorado en máis dun millón de euros. "Non se entende ese afán do concello de reducir o patrimonio económico de todos os cidadáns de Santiago de Compostela en cerca de dous millóns de euros para reducir os servizos socio culturais ao servizo dos cidadáns", denunciaron. Tamén criticaron que o Concello lle encargase directamente o proxecto de remodelación a un arquitecto e apostaron pola realización de concursos públicos e abertos para conceder este tipo de traballos, nos que ademais se lles dea voz aos veciños e veciñas. "Non se entende ese afán do concello de reducir o patrimonio económico de todos os cidadáns de Santiago de Compostela en cerca de dous millóns de euros para reducir os servizos socio culturais ao servizo dos cidadáns", denunciaron Na presentación estiveron presentes representantes da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, representantes de distintas asociacións veciñais e culturais e tamén de partidos políticos. Representantes da plataforma afirmaron que "seguirán exercendo todas as accións legais e xurídicas necesarias para parar o derrubo", destacando a denuncia presentada ante a Fiscalía na que se solicita que se adopten medidas cautelares de paralización da actuación, por incumprir o Plan Especial e a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. As propostas Representantes da plataforma afirmaron que "seguirán exercendo todas as accións legais e xurídicas necesarias para parar o derrubo", destacando a denuncia presentada ante a Fiscalía na que se solicita que se adopten medidas cautelares de paralización da actuación Na presentación, os seus autores detallaron as características das propostas e foron críticos coa intención do Goberno municipal compostelán de derrubar a Casa da Xuventude. O proxecto de Ricardo Varela utiliza como punto de partida o antigo portalón de acceso do sanatorio Puente Castro: elimínase a porta física actual, e constrúese un lintel simbólico de acceso "que visibiliza o parque dende a praza, co pano de fondo do arbolado traseiro". De igual xeito, propón unha actuación puntual na propia Casa da Xuventude, "eliminando o remate triangular dos hastiais metálicos dos corpos de galería, e retrasando o da cuberta para suavizala presenza dos seus volumes". Na proposta de Laura López e Jorge Duarte o acceso ao parque tamén se realiza a través da parcela colindante, pero a conexión neste caso tamén se fai a través do espazo que ocupa actualmente o propio edificio,"mellorando a mobilidade e creando unha conexión do edificio coa praza e co parque". Tamén se propón a remodelación do edificio, atrasando a cuberta e minimizando a súa presenza, modificando as galerías e o acristalamento da planta baixa para crear a rampa de conexión co parque. Finalmente, a proposta do arquitecto Pablo Tomé aposta pola comunicación co parque a través da parcela contigua e abre a planta baixa do edificio a praza "nun xesto que pretende ser unha invitación a entrar e ser usado por todos os cidadáns", destacan dende a Plataforma |
NOS_42292 | A área sanitaria de Santiago comeza un " screening poboacional" a case 900 mozos de entre 18 e 30 anos deste concello. | Os casos dun foco relacionado cun grupo de mozos no municipio de Melide aumentaron a 17 -os catro iniciais e 13 máis-. Mentres, o vinculado cun núcleo familiar neste mesmo concello da área sanitaria compostelá mantense en tres positivos dunha mesma familia. Así o informou a área Sanitaria de Santiago, que a partir das 16,00 horas desta cuarta feira comeza un " screening poboacional" a case 900 mozos de entre 18 e 30 anos deste municipio. En concreto, para hoxe están citados 500 mozos e o resto mañá. Respecto diso, a xefa do Servizo de Medicina Preventiva da área de Santiago e Barbanza, Cristina Fernández, explicou que na segunda feira foron detectado catro casos positivos en mozos de Melide de "entre 25 e 26 anos que xeraron unha multitude de contaxios". Deste modo, nos últimos dous días sumáronse "oito casos positivos derivados destes casos iniciais". "É a razón pola que decidido realizar un estudo poboacional de todos os mozos entre 18 e 30 anos que están con médico asignado en Melide para avaliar o grao de transmisión comunitaria que poida haber nesta zona e co fin de detectar todos os casos positivos asintomáticos que puidesen facer unha difusión maior do foco e, por tanto, evitar é transmisión comunitaria", sinalou. Para o estudo convocáronse mediante chamada telefónica e mensaxe de texto ao móbil a "case 900 mozos" do municipio de Melide de entre 18 e 30 anos. En concreto, os mozos e mozs acudirán ao centro de saúde onde se desprazaron "tres equipos de enfermería e auxiliares para realización de probas". A doutora Fernández destacou que se realizarán "120 probas por hora repartidas nestes tres equipos". |
PRAZA_1189 | A materia optativa de lingua galega pasa a ser "de libre configuración específica" e os alumnos que queiran cursala terán que aumentar o seu horario lectivo e acudir ao centro á tarde e sen transporte escolar. Colectivos do Bierzo piden axuda á Xunta e á RAG ante esta "discriminación". | A Junta de Castela e León acaba de dar un novo golpe ao ensino do galego no Bierzo. Logo de que a mediados do pasado curso retomara as clases de lingua galega que eliminara en varios centros tras a presión social e as protestas de profesores e alumnos, os atrancos na ensinanza do idioma nos territorios onde aínda pervive volven aparecer da man dun Executivo que mantén un acordo de colaboración coa Xunta para a súa docencia. A Consejería de Educación pasa o galego do Bacharelato de materia optativa a "materia de libre configuración específica" Desta vez o golpe chega dunha orde da Consejería de Educación castelán-leonesa do pasado 4 de maio pola que, en aplicación da Lomce, se "establece o currículo e se regula a implantación, avaliación e desenvolvemento do bacharelato" na comunidade autónoma. Segundo a devandita orde, a materia optativa de Lingua e Cultura Galegas pasará a ser agora materia de libre configuración específica, o que supón que o alumnado que queira cursala vai ver incrementado o seu horario lectivo, o que suporía unha "discriminación negativa" con respecto aos rapaces que escollan calquera optativa, que son impartidas en horario lectivo, de mañá e para o que se dispón do transporte escolar que tan maioritariamente empregan os nenos no Bierzo. Os alumnos que queiran estudar galego terán que aumentar o horario lectivo e acudir a aulas á tarde e sen transporte escolar Xa que logo, o alumnado que opte polo galego verá como o horario lectivo se lle incrementa até as 33 ou 34 horas fronte ás 30 semanais estipuladas. Tres ou catro horas máis -dependendo de se é nun ou noutro curso- semanais de clase, fóra do horario escolar -como xa se especifica na folla de matrícula- e sen un servizo de transporte escolar. "Aínda querendo, moitos rapaces non van poder matricularse ao non ter transporte; será un acto de puro voluntarismo que suporá moito esforzo e que moitos non se poderán permitir", explica Igor Lugrís, voceiro da Asociación Cultural Fala Ceive do Bierzo. Ademais, os alumnos que queiran estudar galego terían que acudir ao centro pola tarde, no mesmo momento que os seus compañeiros acuden a actividades complementarias ou deportivas ou no que están na casa. As clases de lingua galega, xa que logo, quedan relegadas ao mesmo nivel das de cociña ou pintura que se imparten ás tardes. "Incluír a materia de galego como optativa extracurricular vai ser un golpe moi duro porque moi pouco alumnado vai estar disposto a cursar a materia nestas condicións", engade Lugrís, que cre queu a Junta "faino sabendo moi ben o que fai e con toda a intención". "É un primeiro paso para desmantelar todo o programa de lingua galega", di desde Fala Ceive, que xa puxo en contacto de formacións políticas, sindicatos, organismos e administracións galegas o caso. "Todos os anos poñen atrancos, unhas veces eliminando aulas e outras evitando dar inormacións; sempre intentan algo para prexudicar o galego cando ademais este tema afecta a unha porcentaxe moi mínima dos estudantes da autonomía", explica. "Todos os anos poñen atrancos; é unha decisión político-ideolóxica do Goberno de Castela e León" "É unha decisión político-ideolóxica", insiste Lugrís, que pide "unha reacción desde Galicia", tamén por parte das institucións. "A Xunta e a Real Academia Galega, que sempre estiveron implicadas, deberían dicir algo e actuar ante esta situación", reclama desde o Bierzo. En Castela e León son máis de 1.000 alumnos os que estudan lingua galega entre os que fan en Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada. Junta e Xunta teñen asinado un Protocolo Xeral de Colaboración que garante o ensino de lingua galega para os rapaces das áreas galegofalantes do Bierzo. "Ao final, estudar galego supón un sobreesforzo e un exercicio de voluntarismo", rematan desde Fala Ceive. O BNG xa presentou unha moción non de lei no Parlamento de Galicia no que se pide que a Xunta comece negociacións coa Junta de Castela e León para "modificar o estatus que se lle concede ao ensino da lingua galega" e para que se "apoie e mellore" a ensinanza do idioma "en todos os tramos educativos obrigatorios". |
PRAZA_8607 | O actor Manuel Manquiña recibirá no X Festival de Cans o Premio Pedrigree 2013. Ademais, o intérprete vén de estrear co Centro Dramático Galego Días sen gloria, obra de Roberto Vidal Bolaño. Falamos con Manquiña nuha longa entrevista nas que dá as súas opinións sobre Vidal Bolaño, teatro e cine, mais tamén de crise, política, nacionalismo e lingua. | O actor Manuel Manquiña recibirá no X Festival de Cans o Premio Pedrigree 2013. Ademais, o intérprete vén de estrear co Centro Dramático Galego Días sen gloria, obra de Roberto Vidal Bolaño. Falamos con Manquiña nuha longa entrevista nas que dá as súas opinións sobre Vidal Bolaño, teatro e cine, mais tamén de crise, política, nacionalismo e lingua. Vén de estrear Días sen gloria co Centro Dramático. Que destacaría da peza? É unha obra moi complicada. Ten moitísimos cambios de secuencias e por iso resulta moi complexa a súa representación. Fíxose un traballo fondo nese sentido, podemos falar de máis de cincuenta cambios de secuencia e hai moitísimos escenarios diferentes. Que se sobes unha montaña, que se a baixas, que se estás nun bosque ou nunha senda... Todo iso hai que reflectilo con trocos moi rápidos, para que o espectador chegue a comprender que se producen eses cambios de lugares. Ademais, na nosa montaxe houbo que reducir algunhas partes do texto. Porque se o representas todo, nunha versión de luxo e completa, podes chegar perfectamente ás tres horas e iso, nestes tempos, non é posible. E resulta difícil decidir que se pode deixar fóra e que non. Porque a calidade literaria de Roberto Vidal Bolaño era enorme e a beleza e a calidade das súas palabras era moi elevada. Que quitas e que deixas? Sempre perdes se retiras algo, por esa arte que ten a súa escrita. "A calidade literaria de Roberto Vidal Bolaño era enorme e a beleza e a calidade das súas palabras era moi elevada. Que quitas e que deixas? Sempre perdes se retiras algo, por esa arte que ten a súa escrita" Estaba a repasar nun catálogo do Centro Dramático Galego as obras nas que participara vostede.... E non debe haber moito, non? Hai de finais dos oitenta, obras como Caderno de bitácora ou Informe... Si, xa hai tempo que non traballaba no CDG. A miña carreira foi por outros camiños e si, houbo momentos en que puiden volver, pero por circunstancias, quedou en nada. Por exemplo, no Calígula que interpretou Morris, eu ía ter o papel de Helicón, pero acabou facéndoo Pico. Non estiven moito no CDG e levaba moito tempo sen traballar nel. Nun principio o escollido para interpretalo era Xosé Manuel Olveira Pico. Non obstante, por problemas de saúde, está enfermo e recuperándose, non puido facerse co papel e encargueime eu. Substituíno e penso que é unha gran responsabilidade O papel que fai vostede en Días sen gloria foi interpretado por Vidal Bolaño na súa primeira versión. Lembro que hai uns días estiven a falar con Fernando Morán, que agora anda preparando a reestrea de Anxeliños. Nesa obra, Morán interpreta dous papeis que Roberto encarnaba na obra orixinal. Admitía que era unha gran "responsabilidade" e que non vira a montaxe orixinal nin en vídeos para non estar nin influenciado nin intimidado. Nota tamén esa responsabilidade? Eu non vira a montaxe orixinal de Días sen gloria. Non me coincidiu. A Roberto vino noutras obras, como Laudamuco e noutras moitas, pero esa quedoume sen ver. A responsabilidade? Non o vexo como unha responsabilidade... Vaia, si, pero non só con Roberto, senón con outro actor. E isto é importante que se diga, porque o mencionei o día da presentación da obra no Salón Teatro e os medios non o publicaron. A min chamoume Manuel Guede para facer o papel, porque nun principio o escollido para interpretalo era Xosé Manuel Olveira Pico. Non obstante, por problemas de saúde, está enfermo e recuperándose, non puido facerse co papel e encargueime eu. Substituíno e penso que é unha gran responsabilidade. E iso hai que dicilo... E tamén lembro que na produción orixinal ía ser Pico, pero tampouco puido ser. E ía estar tamén Laura Ponte facendo o papel feminino. Despois, acabaron por facelos María Pujalte e Vidal Bolaño. Como ves, Pico e mais eu fúmonos substituíndo nalgunhas ocasións, pero claro... Aí é onde eu noto a responsabilidade máis imperante: en substituír a un actor como Pico. Na obra de teatro, emprega unha voz que a min, e se cadra digo unha barbaridade, lémbrame un pouco a Vidal Bolaño. Hai un achegamento nese sentido, algunha homenaxe? Non, non había esa intención. Pois dixen unha barbaridade logo... Non, está ben, porque podería ser... Pero non era esa a miña intención. Simplemente é que o papel así o precisaba; pedía unha voz avellentada, dura, rouca, que podería ser semellante á de Roberto. Pero non puxen esa voz por imitar Roberto, non. Foi porque o personaxe tiña que ter esa voz. Ademais, había unha circunstancia. Á directora, Fefa Noia, Manquiña parecíalle moi novo para o papel, dicía que o personaxe tiña que ser maior. E eu respondinlle: "Eu xa teño uns cantos anos, teño 59". Pero ela insistía en que parecía máis novo, que non aparentaba a idade e que o papel era para alguén máis vello. Daquela pois puxemos esa voz característica e rouca, porque así o pedía o personaxe e porque había que avellentar. A voz serve como referencia directa para o público, para que se esqueza de que está vendo a tal actor e se decate de que quen está no escenario é un personaxe diferente. "Non se pode deixar que todo iso morra, desapareza. Hai que evitar que tal cousa pase. Por iso creo que hai motivos para as protestas" Falar de teatro ultimamente implica falar sobre crise, sobre a caída en España dos espectadores por mor do IVE. Nos datos falábase dunha baixada de 1,8 millóns de espectadores. E tamén hai que falar de protestas. Que lle pareceron as ocupacións que se fixeron dende a Plataforma das Artes Escénicas e Musicais do Salón Teatro e do Gaiás? Eu, das ocupacións, souben tarde, xa despois de que se fixeran. Creo que hai unhas circunstancias polas que hai que protestar e reivindicar. A situación non é fácil e deste traballo vive moita xente, xente que levamos traballando moitos anos disto a nivel profesional. Non se pode deixar que todo iso morra, desapareza. Hai que evitar que tal cousa pase. Por iso creo que hai motivos para as protestas, non sei exactamente cales eran as reivindicacións que había, cales eran as esixencias e peticións. Non estou moi posto no asunto concreto, pero xa me podes informar ti. En calquera caso, imaxino que o realmente importante é a defensa do sistema teatral, de que haxa unha rede de teatros e de espazos para poder representar as obras. É imprescindible que exista e que se manteña. Niso xoga un papel importante a administración. Non se pode deixar caer todo o que levamos anos construíndo. Eu comecei a traballar como profesional en 1974. Son uns cantos anos e cando empezabamos... Nesa época, eu traballaba nunha das primeiras compañías de teatro profesionais de Galicia. Estaba Teatro do Antroido, de Vidal Bolaño e Laura Ponte, e despois nós, con Troula. Tiñamos moita relación esas dúas compañías e moita sintonía nesa época. Por cinco ou seis días, non lembro, estreou Teatro do Antroido antes. Pasaron décadas de todo aquilo, desa época na que se construíron moitas cousas que non poden caer, que se teñen que manter. Por outra banda, agora tamén hai problemas cos pagamentos, hai institucións que pagan excesivamente tarde e a ti Facenda vaiche enriba como atrases un chisco. Eu moitas veces teño que pagar unha boa cantidade como autónomo por funcións e traballos que aínda non cobrei. Atrasos de seis ou sete meses, que é unha burrada. E cónstame que para outros compañeiros os atrasos son moito maiores. "Outra cuestión era a elección dun novo director da Agadic, que estivo cinco meses sen dirección. Esa é outra. Esa é unha responsabilidade política: non ter as cousas esmorecendo ou paralizadas" Hai moito concello moroso por aí... Moitísimos e resulta unha vergonza que teñamos que falar diso, de que haxa institucións que tarden en pagar. Todo iso vai enriba da profesión, dos profesionais e das compañías que van afogando. A situación é moi difícil e repito que non se pode deixar caer todo. Somos moitos os que traballamos nisto, moitas familias que están pendente do traballo. Sobre o que falabas antes do IVE, eu -e é unha opinión persoal- creo que a cultura, o sector cultural ten que ter unha mínima protección, non pode ter completamente os mesmos parámetros fiscais que calquera actividade. Tampouco vou dicir que sexa todo diferente para nós, porque non o somos e non o podemos ser. A min, como a todos, rebéntame que Montoro me teña que subir os impostos, pero entendo que o país estaba como estaba. E sabendo como estaba, nós non podemos ser diferentes, non sería lóxico, pero este sector ten unhas características propias que hai que coidar. Agora ben, tampouco podemos caer nun exceso de proteccionismo. É como o salmón ao que lle dás de comer, que tes na piscifactoría e carece dun sentido de supervivencia desenvolvido. Ese salmón non está preparado para a loita nin para os saltos do río. Entón ese salmón que é? Pois é débil. As reivindicacións que tiveron lugar no Gaiás e no Salón Teatro tiñan en mente esas ideas. Principalmente que se abrira a rede de teatros que. pasou tres meses parada, e tamén o dos atrasos dos pagamentos. Outra cuestión era a elección dun novo director da Agadic, que estivo cinco meses sen dirección. Esa é outra. Esa é unha responsabilidade política: non ter as cousas esmorecendo ou paralizadas. E tamén escoller a unha persoa que coñeza o medio no que vai traballar, non a calquera. "É unha alegría e unha satisfacción que un grupo de profesionais que se animan a preparar durante todo o ano un festival dedican que o premio é para ti. Emociona" Falemos de Cans. Este ano recibirá o Premio Pedigree no décimo aniversario do festival. Eu pensei o mesmo! Dixen: "Que bonito!" É unha parvada pensar nese aniversario. Que máis dará que mo dean na décima edición ou na cuarta? A min váleme todo para facer unha boa festa. Cando me chamou Alfonso Pato para me dicir que me daban o premio, alegreime moito e díxenlles que eran moi amables. É unha alegría e unha satisfacción que un grupo de profesionais que se animan a preparar durante todo o ano un festival dedican que o premio é para ti. Emociona. E, despois, ves os compañeiros que xa o recibiron e resulta aínda máis agradable. Sobre todo nun festival como Cans, moi singular e cheo de amor que che regalan os veciños. É unha cousa chea de sentimentalismo. E tamén hai que ter en conta que este é un premio que llo dan ás persoas que se implican no audiovisual, que participan desinteresadamente por proxectos de novos talentos e novos profesionais. Estes días, despois do do premio, lembreime dunha conversa que tiven con Gonzalo Uriarte no ano 78. Dicíamos que oxalá foramos nós o asfalto, a estrada pola que despois circulasen grandes automóbiles, grandes estrelas. Eu conformábame con iso. Eramos conscientes de que estabamos creando as bases do que despois foi unha realidade. Decidimos nesa conversa que nós estaríamos conformes se pasabamos á historia, non como grandes nomes, senón como a base de todo o que despois viría. Por iso, a xente que reivindica cousas na Cidade da Cultura ou nos teatros reclamando que isto non pode morrer teñen toda a razón do mundo para facelo. Foron moitos anos de pelexa. E que veñan outros rapaces no audiovisual e no teatro a continuar o mesmo camiño é unha satisfacción e recibir este premio, tamén. "Chegar até aquí e marchar para a casa? Comezar de cero de novo? Non, ho! Mentres haxa Galicia e haxa historia, seguirá habendo teatro e cultura. Non podemos deixar que todo caia" O pasado sábado, nos Mestre Mateo, o presidente da Academia do Audiovisual, Antonio Mourelos, insistía nese mesmo discurso, nesa idea de que todo o que se conseguiu non podía caer e desaparecer. É que sería unha loucura! Mira, aquí temos unha terra moi ácida e, se houbo dinosauros, non o sabemos porque os ósos hai tempo que desapareceron, non temos memoria deles. Pois iso mesmo non pode pasar coa nosa historia, co noso traballo, cos nosos arquivos. Eu teño documentos do ano 76 no que a censura eliminaba fragmentos de textos e prohibía certos vestiarios. Eu non teño onde depositar estes textos e que se garden como memoria das orixes do teatro. A historia non podemos ignorala. Que queremos? Chegar até aquí e marchar para a casa? Comezar de cero de novo? Non, ho! Mentres haxa Galicia e haxa historia, seguirá habendo teatro e cultura. Non podemos deixar que todo caia. Hai desleixo por parte deste Goberno do PP? Home, eu tamén penso que nós temos responsabilidade en todo isto. "Hai un prexuízo constante contra o capital e contra a dereita que, en definitiva, nos prexudica. Eu non lembro que durante o goberno de Zapatero, cando España estaba afundidísima, houbese especial protesta" Falla a autocrítica? Si e de forma terrible. Temos que saber que parte de responsabilidade temos en todo para poder corrixir os erros e poder manter o que temos. Ten que haber independencia, pero non sei como se consegue. Houbo tempos en que se buscaba o xeito da independencia e temos que ser capaces de xerar unha industria que se autoabasteza. A axuda oficial é sempre importante, pero non pode selo nesta medida. O poder político pode ser criticable, pero penso que hai unha tendencia excesiva a criticar o poder político cando o poder está en mans da dereita, do PP. E cando goberna a esquerda ou o nacionalismo... Pois somos máis tolerantes. Non pode ser. Os dous son igual de criticables. Penso que é unha débeda que temos pendente nesta sociedade. Hai un prexuízo constante contra o capital e contra a dereita que, en definitiva, nos prexudica. Eu non lembro que durante o goberno de Zapatero, cando España estaba afundidísima, houbese especial protesta. Os desafiuzamentos? Xa se producían daquela e non había ningún tipo de plataforma. Quizais podemos dicir, non o sei, que agora todo aínda está peor. Para nada. Penso que estamos mellor... E tamén penso que todos somos consecuencia do pobo que somos... É dicir, os políticos non xorden da nada. Mira, estoume a lembrar de moitas reunións de amigos nas que un di: "Eu estou en contra disto ou disto outro". E eu quedo pensando, pero se este fai iso tamén e fai isto outro e o outro. E seino porque eu estaba alí. "Si, bueno, pero é difierente". Non, non o é. Ti non podes defender os peixes do petróleo e ser un furtivo. "É que non son o único que o fai". Si, si xa o sei... Que quero dicir con isto? Que todos somos responsables a nivel individual do que pasa. "Noutras reunións, outro pon a caldo a Bárcenas. E volvo quedar mirando e dígolle: "Pero ti debes a Facenda 50.000 euros. De que me estás falando?" Esa pasta é de todos nós e gastáchela en perica e whisky" Os políticos reflicten a sociedade que somos? Si, claro. Noutras reunións, outro pon a caldo a Bárcenas. E volvo quedar mirando e dígolle: "Pero ti debes a Facenda 50.000 euros. De que me estás falando?" Esa pasta é de todos nós e gastáchela en perica e whisky. De que me falas? Somos expertos en ver a palla no ollo alleo e non vemos a viga no propio. Hai quen diría que as políticos teñen que ter unha responsabilidade maior que... Non, para nada. Non estou de acordo. Aí hai un dos defectos que temos nesta sociedade. Por que eles máis? Cada quen ocupa un posto na sociedade e o teu, como periodista e como persoa, non é menos importante que o do conselleiro de Facenda. Que tipo de sociedade queremos? Unha igualitaria, na que sexamos todos iguais, iguais ante a lei? Queremos iso ou non? Por que terán máis responsabilidade uns ca outros? A min chégame con que teñan a mesma e os xuíces apliquen a lei igual para todos. Non é así, e non creo que sexa por culpa dos políticos ou dos xuíces. E na rúa vas escoitando cousas como que "Barcenas tal, pero o dos ERE, nada". O dos ERE son 1.000 millóns... pero claro... Como é unha cousa de Andalucía e son do PSOE, o conto cambia. Paréceche menos. Veña, home! A min chegaríame con que os políticos tivesen a mesma responsabilidade ca nós, pero iso non o vou ver. "Se te chaman facha é porque te manifestas, porque dis as cousas que non queren escoitar moitos e que tampouco debes dicir. Mira, a chamada esquerda, ou a esquerda social, para min, non ten respecto en absoluto" Se pon o seu nome en Google, o primeiro que sae no buscador automático é: Manuel Manquiña facha e despois Manuel Manquiña Martinez el facha, Manuel Manquiña PP e Manuel Manquiña dereitas. Gústalle o que di Google sobre vostede a primeira vista? Que lle parece ese termo para referise a vostede? A xente antes pintaba nas paredes, agora poden facelo en Internet. Pois case vou dicir que é unha honra. Se non te chaman facha neste país, non es nada. Se te chaman facha é porque te manifestas, porque dis as cousas que non queren escoitar moitos e que tampouco debes dicir. Mira, a chamada esquerda, ou a esquerda social, para min, non ten respecto en absoluto. A min, por exemplo, estas plataformas de acoso aos políticos do PP co... "En tempos de ZP había desafiuzamentos, pero non había plataformas de acoso. Claro, era a esquerda! Son eles os que teñen o comportamento fascista, de terror, de acoso" Escrache? Non, escrache non. Acoso. O escrache facíaselles aos políticos arxentinos que estiveran na ditadura militar, que torturaran e que se libraban da xustiza. Aquí non son torturadores, son representantes públicos votados por unha maioría. En tempos de ZP había desafiuzamentos, pero non había plataformas de acoso. Claro, era a esquerda! Son eles os que teñen o comportamento fascista, de terror, de acoso. Préndenlle lume a unha porta sabendo que hai rapaces ao outro lado. Procuran empregar o terror da xente para que modifiquen a súa crenza política. Van a túa casa, perséguente e berran: "Aquí vive o gilipollas este que non sei que". É dicir, modifican a túa postura indo á túa casa a berrar, é acoso que busca modificar a túa liberdade mediante o terror. É acoso. Todas esas cousas que tanto lle gustan aos sindicatos: poñer silicona na porta e "informar". Non, mira, non estás informando. Andas a acosar e a bloquear o tráfico. Informa dende ese descampado e se eu quero que me informen, xa irei. Pero non me informes se non quero. Empregan o pánico e o terror. E calquera que lles faga fronte, xa é un facha. E iso, en España, non se perdoa. Non se perdoa que contestes. Se houbese unha plataforma ao revés, que fose ás casas dos membros da plataforma do acoso e que lles berrasen de todo: "Zorra, coñézote, estás a favor de ETA". Berrando iso e outras barbaridades... Pois mira, empregaríanse con eles as mesmas armas. E a iso non están afeitos. Se cadra non lles viña mal tomar da súa propia menciña Daquela o termo facha non lle molesta que llo apliquen? A ver, pódeche molestar eses termos, pero vamos... Teñen que saber que se lles pode facer fronte. Que un tipo pon algo en internet? Pon o que che saia do carallo, guapo. Que o lean teus amigos. E xa está. Agora, se me molestas pola rúa... Se cadra tes unha resposta que non agardabas. "Un pobo non é superior ao individuo. Creo na potencia do individuo. Cando se pretende unificar o comportamento, buf! Iso é un problema moi grave nun país. "En Galicia, en Galego?" Mira, vai tomar polo cu!" Hai uns anos, en Xornal de Galicia, publicouse unha entrevista con vostede. O titular era algo así como "Galicia é moi bilingüe, por moito que joda". Mantense nos mesmos termos a día de hoxe? Niso non vai haber modificacións. Eu creo na liberdade da xente por riba da liberdade dos lugares e das patrias. Para min non existen as culturas colectivas, non existe o pobo. Un pobo non é superior ao individuo. Creo na potencia do individuo. Cando se pretende unificar o comportamento, buf! Iso é un problema moi grave nun país. "En Galicia, en Galego?" Mira, vai tomar polo cu! E despois diranche "aquí tal cousa" e "alá outra cousa". E mañá, todos a misa. E pasado, prohibido ir a misa. E todo por que? Porque un grupo de zumbaos empregan un poder de presión para quererlle dicir á xente o que ten que facer. Eu creo na liberdade do individuo, non no bilingüismo nin no trilingüismo. Todos os nacionalismos, o primeiro que fan é loitar contra a liberdade do individuo e homoxeneizar o comportamento da xente. Por iso os nacionalismos son inimigos absolutos da liberdade. Eles falan da liberdade dun pobo e dun territorio. Para min o territorio e o pobo non son nada. O que importa é o individuo. O respecto aos individuos é o que debe prevalecer. O territorio non opina nin cotiza. Pago eu. "Para min o territorio e o pobo non son nada. O que importa é o individuo. O respecto aos individuos é o que debe prevalecer. O territorio non opina nin cotiza. Pago eu" Remato cunha pregunta tópica. O personaxe de 'Pazos' de Airbag segue a perseguilo a día de hoxe? Sempre está aí, fas referencia a el nun monólogo e á xente gústalle, aplaude. Eu nunca fun moito de explotar no meu traballo o traballo doutros. O personaxe era meu, pero era traballo doutros, creado por outros. Verdade que ao final era meu, si pero... En definitiva, a xente trátao con moito cariño e pídenche que lle digas "o conceto" e esas cousas. E non tes por que negarllo. "Cando che fala alguén de Airbag e de Pazos, pois faiche partícipe de algo que lles gustou, que gozaron. Non lle tes que quitar esas cousas a ninguén. É como o gol de Marcelino" Ou sexa, que non se fartou del? Non, non me marcou até ese punto como para estar saturado co tema. Cando che fala alguén de Airbag e de Pazos, pois faiche partícipe de algo que lles gustou, que gozaron. Non lle tes que quitar esas cousas a ninguén. É como o gol de Marcelino. |
NOS_25804 | É o primeiro veredicto que condena militares implicados neste cruento método de asasinato que consistía en drogar as súas vítimas e guindalas ao mar desde as alturas para non deixar probas do crime. | A Xustiza arxentina dá un paso máis na reparación das vítimas da ditadura de Jorge Videla. O Tribunal Oral Federal número dous de San Martín vén de condenar a cadea perpetua catro ex militares involucrados nos coñecidos como 'voos da morte'. Este cruento método de asasinato consistía en guindar persoas ao mar desde un avión co obxectivo de eliminar as probas do secuestro e matanza de persoas opositoras ao réxime ditatorial. O número de vítimas é incerto, mais foron centos as persoas asanidas desde as alturas entre 1976 e 1983. Trátase do primeiro xuízo polos 'voos da morte' e tivo como resultado penas de prisión de por vida para catro membros do Exército de Videla que hoxe superan os 79 anos de idade. Son Eduardo Lance —79 anos—, Delsis Malacalza —85 anos—, Luis del Valle Arce —93— e Santiago Omar Riveros —98—. Santiago Maldonado, a 'desaparición' que esperta as vellas pantasmas en Arxentina Foron xulgados, en concreto, polo secuestro, torturas e homicidio de catro persoas que foron drogadas e guindadas ao mar, segundo informa o xornal Clarín. A sentenza chega após case dous anos de xuízo oral. "Os feitos ilícitos materia de debate na presente causa constitúen delitos de lesa humanidade", concluíu o xuíz instrutor, Walter Benditti, que ordenou elaborar senllos informes para valorar o estado de saúde dos condenados e determinar se cumprirán cadansúa pena nun cárcere ou, pola contra, ficarán en arresto domiciliario. As vítimas Juan Carlos Rosace, Adrián Enrique Accrescimbeni, Rosa Eugenia Novillo Corvalán e Roberto Ramón Arancibia foron as vítimas —documentadas, confirmadas e xulgadas— dos catro ex militares condenados. Estiveron recluídos no Campo de Maio, un dos principais centros de detención clandestinos durante a ditadura e desde onde saían eses 'voos da morte' que desembocaban no río da Prata ou, directamente, no mar. Por alí pasaron perto de 5.000 persoas, segundo algunhas estimacións. A Arxentina lembra as vítimas do golpe de Videla con protestos Catro décadas de espera Esta causa iniciouse por petición da propia secretaría de Dereitos Humanos de Arxentina, así como por vítimas que se presentaron de forma particular, e chega logo de catro décadas de impunidade por estes crimes. Após o Xuízo ás Xuntas de 1985, que condenou os principais dirixentes do réxime, o Goberno de Raúl Alfonsín paralizou os procesos xudiciais e, posteriormente, o presidente Carlos Menem indultou centos de militares. Porén, coa chegada ao poder de Néstor Kirchner a Xustiza declarou inconstitucionais eses indultos e os xuízos foron retomados, malia que non foi até o presente ano cando se xulgaron os cruentos 'voos da morte'. |
NOS_33981 | Na mañá do domingo volveu emerxer en Compostela o país de Nunca Máis, a esperanza e dignidade do pobo contra as políticas que destrúen Galiza. Foi na masiva mobilización convocada para protestar contra a Lei de Depredación e contra os incendios e a política forestal da Xunta de Galiza. | Unha maré de persoas percorreu na mañá do domingo as rúas de Compostela convocada pola Plataforma contra a Lei de Depredación de Galiza –a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais impulsada polo PP desde o Goberno galego–. A mobilización, que inicialmente estaba dirixida a protestar contra a citada normativa, vinculouse posteriormente cos incendios, após a vaga da semana pasada que queimou máis de 35 mil hectáreas e deixou catro persoas falecidas. Precisamente, o momento máis emotivo da xornada foi o do sobrecolledor minuto de silencio polas vítimas. "Feijóo dimite, Galiza non te admite", "Feijóo escoita, Galiza está en loita" ou "Feijóo dimisión, Tahoces a prisión" foron algunhas das consignas máis coreadas na manifestación que ateigou as rúas de Santiago de Compostela na mañá do domingo. Así, o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, situábase albo das críticas de quen reclamou responsabilidades políticas e de quen denunciou a política forestal do Goberno galego baixo o lema "Lumes Nunca Máis". A manifestación partiu pasadas as 12h da Alameda de Santiago cara á praza da Quintana, onde varios brigadistas, coas súas roupas de traballo, espertaron a ovación das persoas asistentes baixo os berros de "Nunca Máis" e o lema "Con este goberno imos ao inferno". O director de teatro Quico Cadaval foi a persoa encargada de conducir o acto. Mostra da retranca que o caracteriza, o artista pediu a aplicación do artigo 155 da constitución española ao Goberno da Xunta "pola súa manifesta competencia". A praza da Quintana berrou Nunca Máis! Contra o capitalismo depredador que destroza a nosa terra. pic.twitter.com/Y64QEIojEI— Galiza Contrainfo 🔥 (@gzcontrainfo) 22 outubro 2017 Tamén tomou a palabra Paulo Carril, un dos integrantes da plataforma e secretario xeral da CIG, quen centrou as críticas nun modelo económico que "non aposta no desenvolvemento económico e social, senón que pretende un modelo baseado no espolio, a depredación e a ruína do pobo galego". Cargaba, así, contra o "modelo industrial colonial" que dá "renda solta" aos fondos de investimento e poderes económicos". A continuación, Carril asegurou que a lei "asenta" a política de "eucaliptización e de abandono do rural". Denunciou, a continuación, a política forestal da Xunta de Galiza e esixiu a demisión de Feijóo, "nesta catástrofe hai responsábeis e son os membros do PP", advertiu. Partidos políticos Na mobilización, participaron colectivos ecoloxistas, sindicatos, persoal do dispositivo contra os incendios e representantes das formacións políticas En Marea e BNG. Luís Villares, portavoz de En Marea, afirmou en declaracións aos medios que "se a Feijóo lle quedaba algo de reputación como xestor, queimouna durante estes días". Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, cualificou de "pirómana" a política forestal da Xunta, ao considerar que favorece "a actividade incendiaria". A nacionalista tamén lle pediu ao Executivlo de Feijóo que "asuma as súas responsabilidades". Tamén asistiron o líder de Anova, Antón Sánchez, xunto o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o ex portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, que acusou o PP de ser "o gran culpábel dos incendios" por promover empresas que "controlan a utilización da madeira e que queren a eucaliptización de Galiza". A Lei de Depredación, un retroceso A proposición de lei aprobada na terza feira no Parlamento cos votos do Partido Popular e co rexeitamento da oposición implica importantes repercusións nos sectores vinculados á actividade industrial do país, así como no marco lexislativo que regula a protección do patrimonio natural e os prazos de información e exposición públicas. Nada máis darse a coñecer o contido da proposta –en pleno mes de agosto– espertáronse fortes resistencias por parte dun nutrido grupo de colectivos relacionados co ecoloxismo e coa protección do patrimonio, que denuncian que a lei abre a barra libre aos intereses das grandes empresas, pois dinamita os controis e garantías. Colectivos que forman parte da plataforma, como Contraminacción, denunciaron que se esta lei chega a existir anos antes "non tería sido posíbel frear atentados ambientais como o proxecto de mina de Corcoesto, a extracción de feldespatos da Limia ou mesmo impedir a Lei de Acuicultura". Adega, pola súa banda, sinala que a lei "reduce até a mínima expresións as xa cativas limitacións existentes para protexer o noso medio ambiente, patrimonio ou os intereses sociais". O texto modifica leis de calado como a da minaría, a do sector eólico, a de augas ou a do solo en aras de beneficiar proxectos industriais que, denuncia a plataforma, prexudican Galiza. |
NOS_47377 | A comisión organizadora do Festigal presentou o cartaz e actividades que terán lugar os días 24 e 25 en Compostela con motivo do Día da Patria. | Máis un ano chega o Festigal. O encontro cultural, musical e político que a Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova organizan anualmente co gallo do Día da Patria. Esta quinta feira, o secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, Tania Ameneiro, da Fundación Galiza Sempre e Saleta Chao (BNG) presentaron o cartaz de 2014 e afirmaron que máis un ano o Festigal servirá de "escaparate para a música reivindicativa do país". Segundo explicou Tania Ameneiro, "o Festigal é espazo de encontro para a tradición e a vangarda", polo que nel terán espazo desde grupos de fonda traxectoria como a Quenlla até Sés a quen definiu como "a rachadora rockeira e bluseira de referencia". Xunto á bergantiñana actuarán o 24 de xullo Nao co seu novo traballo 'Cartas no caderno', a Troupe dos Festicultores e mais A Quenlla. Xa o 25 de xullo (sexta-feira) o café concerto dará acubillo a HabELAS Hainas, Os da Ría; García MC con "Abaixo e de pé", que é o título do seu último traballo; e Grampoder co seu disco "GolfWhiskey". Mais non só haberá música. Saleta Chao explicou que a comisión organizadora quixo crear un espazo "que conxugue música, cultura, lecer, letras e ideas". Neste senso, haberá exposicións, presentacións de libros, coloquios, artesanía, unha feira de asociacións e até actividades deportivas que irán dende unha exhibición de esgrima antiga e xogo de pau, un aberto de billarda ou un partido de fútbol gaélico, "que segue a sumar equipas e seareiras no noso país", sinalou Chao. |
PRAZA_11142 | A xeopolítica detrás da ofensiva militar turca en Siria | A táctica anuencia de Washington e Moscova á ofensiva militar turca no Norte de Siria, particularmente enfocada na rexión de Rojavá, controlada polos kurdos sirios, denota intereses estratéxicos, moitos deles contrapostos, enfocados na futura reconstrución de Siria e dos prolíficos proxectos de desenvolvemento que se agardan instaurar no país árabe. Nesta dinámica de intereses de diversos actores, o obxectivo de Washington enfócase en desequilibrar o eixe ruso-turco-iraniano instaurado en Siria dende o cumio de Sochi de 2017. Para Moscova, significa manter en pe ese "eixe de Sochi" a través do seu aliado turco, cuxo presidente Recep Tayyip Erdogan busca consolidar as súas esferas de influencia rexional mantendo un equilibrio entre dous eixes polarizadores como Trump e Putin. Na recámara está o drama kurdo, un pobo historicamente sometido a intereses alleos posibilitados polos silencio da comunidade internacional.Na recámara está o drama kurdo, un pobo historicamente sometido a intereses alleos posibilitados polos silencio da comunidade internacionalO momento é particularmente crítico para os kurdos sirios. A Federación Democrática do Norte de Siria, coloquialmente coñecida como "república de Rojavá", practicamente independente de feito de Damasco, lograra converterse nun sistema democrático social e de autoxestión, de carácter libertario, socialista e feminista, factores que podían constituírse nun referente non só para os obxectivos soberanistas dos kurdos en Oriente Próximo senón tamén para movementos sociais a nivel mundial. Un aspecto relevante tomando en conta que a crise económica global segue provocando unha erosión de lexitimidade política no mundo desenvolvido, con visos de intensificarse ante as expectativas de recesión económica que se albiscan. Toda vez, a capacidade combativa das milicias de Rojavá, no seu momento contando co apoio estadounidense hoxe en retirada, tamén lograran repeler ao Estado Islámico ata practicamente confinalo ao anonimato.O reparto de RojaváPara Turquía, Rojavá é un símbolo da resistencia kurda que debe aplacarse en aras de "preservar os seus intereses de seguridade". E para Erdogan, contrariado polas recentes derrotas en comicios locais en Turquía que amortecen a hexemonía política do seu partido AKP, a ofensiva militar é interpretada como unha decisión orientada a recuperar a iniciativa política vía intereses de seguridade, coa finalidade de reducir unha posible caída de popularidade no seu país e seguir a manter o táctico apoio do estamento militar turco. Toda vez, e a pesar das friccións tradicionalmente entre Ankara e Damasco, a ofensiva militar en Rojavá permitiría reducir a preponderancia étnica kurda a favor dunha especie de "arabización" e incluso "turquifización" desas rexións. Isto foi particularmente visible coa ocupación conxunta turca e siria en 2018 da poboación de Afrin, no noroeste sirio. A ocupación de Afrin foi interpretada tacitamente con beneplácito por parte da Unión Europea e EUA, como parte do pacto entre Turquía e a UE para a contención de refuxiados sirios a través dunha "zona tapón" fronteiriza entre Turquía e Siria. Precisamente, o territorio onde os kurdos sirios seguen sendo preponderantes.A priori, Rusia comprendeu inmediatamente as intencións turcas, velaí a súa tácita aprobación da ofensiva militar iniciada este 9 de outubro. Para Putin, a súa "pax Siria", ese equilibrio de poder, pasa polo mantemento da conxunción de intereses e a continuidade do "eixe de Sochi" con Ankara e Teherán. Pero precisamente ese eixe é o que busca alterar Trump, sen necesidade de intervir directamente nun conflito sirio pouco estimado para a administración de Washington. E utilizando así a Turquía, membro da OTAN, como aliciente para crear un dique no seo deste "eixe de Sochi". Con flexibilidade a pesar da calculada retórica acusativa lanzada por Trump contra Erdogan por mor desta ofensiva militar, tendente a eximir a Washington de calquera culpabilidade ante unha posible masacre de kurdos en Rojavá.Turquía non só busca sepultar calquera atisbo de irredentismo kurdo a nivel rexional próximo ás súas fronteiras, senón que ocupa posicións estratéxicas ante os proxectos de desenvolvemento económico que se agardan para a reconstrución siriaPara Trump, o tema prioritario en Oriente Próximo é Irán, actor nuclear con fortes intereses xeopolíticos pero entrampado nun "diktat" no Golfo Pérsico e no conflito iemenita, ante a constante presión saudita e israelí, apoiados ámbolos dous dende Washington. O réxime sirio de Bashar al Asad foi sempre o aliado estratéxico iraniano en Oriente Próximo, toda vez a eficacia rusa vía "eixe de Sochi" acicalado por Putin permitiu ao réxime sirio manterse no poder e recuperar posicións. Nesta dinámica de perspectivas sobre o previsible reparto de esferas de influencia en Siria, Ankara aproveitou esta conxuntura de certa parálise para asestar o seu golpe estratéxico vía ofensiva militar en Rojavá. Con iso non só busca sepultar calquera atisbo de irredentismo kurdo a nivel rexional próximo ás súas fronteiras, senón que ocupa posicións estratéxicas ante os proxectos de desenvolvemento económico que se agardan para a reconstrución siria. Turquía segue mantendo o seu enfoque de ampliación de proxectos hidráulicos dende os Ríos Tigris e Éufrates ata o Mediterráneo, coincidindo igualmente coas expectativas de Beijing de extensión por Siria das Rutas da Seda chinesas, que teñen espazo de irradiación pola contorna euroasiática, con Turquía, Siria e Iraq como socios, ata os marxes do Mediterráneo. Para Ankara, Siria é unha peza estratéxica do seu proxecto de "hidrohexemonía" en Oriente Próximo. Contemporizar estes intereses e proxectos é outro dos obxectivos de Putin. No Kremlin saben que Siria constitúe un terreo estratéxico para os negocios rusos de reconstrución económica, particularmente en infraestruturas. Pero Putin non quere quedar fora de xogo ante unha posible vertebración dun eixe Ankara-Damasco-Beijing vía Rutas da Seda e reconstrución siria, que alteren os plans de Moscova para Oriente Próximo, escenario extensivo da súa renqueante Unión Euroasiática.Non se debe esquecer outro factor colateral dentro desta ofensiva militar turca: o terrorismo xihadista. A contención das milicias kurdas do Estado Islámico altera intereses que van dende Turquía e Rusia ata China, vía espazo euroasíatico, extensión territorial da fase inicial de proxectos estratéxicos como os mencionados Rutas da Seda e Unión Euroasiática.O factor IdlibA cidade siria de Idlib, escenario dunha forte ofensiva siria e turca contra o Estado Islámico desde 2017, foi epicentro de actuación internacional do xihadismo vía Estado Islámico e outros grupos afíns como o Movemento Islámico do Turquestán Occidental (ETIM). Beijing ten acusado que en Idlib se adestraban militantes uigures con vínculos con ETIM para realizar posibles atentados tanto na provincia chinesa de Xinjiang (epicentro do irredentismo uigur contra China) como en outros países centroasiáticos depositarios dos proxectos das Rutas da Seda. Para Rusia, o espectro do xihadismo islamita tamén ten incidencia no Cáucaso ruso e Asia Central, razón pola que o control de Idlib e o norte sirio a favor dun aliado como Turquía facíase necesario. Outras fontes aseguran que Turquía utilizou sen escrúpulos esta "arma terrorista xihadista" vía ETIM e con epicentro Idlib, como manobra de presión e negociación cara China e Rusia, a fin de alcanzar intereses estratéxicos en Siria. Non se debe esquecer que a desfeita do Estado Islámico deixou ao movemento xihadista Hayat Tahrir al-Sham (HTS), ex afiliado a Al Qaeda, como o último bastión islamita en Idlib. Velaí que Putin e Erdogan acordaran impulsar unha especie de zona desmilitarizada en Idlib, baixo vixilancia rusa e turca.Para Trump, o seu prudente distanciamento da ofensiva militar turca no Norte de Siria tamén ten outro obxectivo colateral, toda vez o seu aliado irrestrito, o primeiro ministro israelí ultradereitista Benjamín Netanyahu, non alcanzou a maioría absoluta nos comicios de setembro pasado, e agora afírmase unha "gran coalición" en Tel Aviv con sectores opositores. Un revés político para Trump en Israel que busca agora aminorar pola vía turca da ofensiva militar en Siria.Os kurdos e as trampas da xeopolíticaE os kurdos? De novo, a xeopolítica e a historia xogan en contra das súas lexítimas aspiracións de consolidar un espazo de soberanía propio, un Estado kurdo plenamente autónomo. O maior pobo do mundo sen representación estatal, unhas 40 millóns de persoas repartidas entre Turquía, Siria, Iraq e Irán, xógase moito do seu futuro nesta ofensiva turca en Rojavá. E as potencias exteriores toman nota tamén da polarización de intereses existentes entre os distintos pobos kurdos en Oriente Próximo. A paralización de feito na proclamación da independencia do Kurdistán iraquí (2017) foi un aviso importante para os kurdos sirios de Rojavá, toda vez o goberno da Rexión Autónoma do Kurdistán iraquí (RAK) observa con receo a posibilidade de consolidación dun "modelo Rojavá" que tamén poda ter incidencia entre os kurdos iraquís e lle reste marxe operativo de manobra á RAK como referencia do soberanismo kurdo. Con Erdogan apostando forte ante a indiferenza internacional, volvemos a observar impasibles un novo episodio do interminable martirio kurdoTurquía coñece estes complexos labirintos kurdos, determinados moitas veces polas irreconciliables diferenzas entre clans políticos e familiares. Ankara mantén unha relación de feito coas autoridades do Kurdistán iraquí, que lle permite amortecer calquera expresión de irredentismo entre os kurdos de Turquía. Unha estratexia que Ankara "lexitima" agora coa súa ofensiva militar no Norte de Siria, que pode ser observada con certo nivel de beneplácito en Irbil, a capital do Kurdistán iraquí. Precisamente, Iraq está sumido desde varios días en violentas protestas sociais contra as autoridades gobernamentais por mor da crise económica e da corrupción. Este descontento in crescendo no mundo árabe, ampliado cara outros países como Exipto, Sudán e Alxeria, sen esquecer o entrampado conflito libio, pode gravitar como elemento de atención (e de contención) para os actores involucrados no contexto xeopolítico da ofensiva militar turca en Siria.Pero hoxe, con Erdogan apostando forte ante a indiferenza internacional, volvemos a observar impasibles un novo episodio do interminable martirio kurdo. |
PRAZA_11158 | O Festival Internacional de Cinema Fantástico (FKM) da Coruña celebra a súa 11ª edición. Falamos da parte galega da programación deste evento, que se distribúe en varias das súas distintas seccións | O Festival Internacional de Cinema Fantástico (FKM) da Coruña está a celebrar a súa 11ª edición. E ofrece, coma sempre, unha escolma de longametraxes e curtametraxes de xénero: fantástico, terror e ciencia-ficción. Nesta reportaxe falamos da parte galega da programación deste evento, que se distribúe en varias das súas distintas seccións.Tinder timeA primeira cita é sempre un "mal rollo". Aínda que xa o fixeses un monte de veces. Iso di unha das protagonistas de 'Tinder time', a nova curta de Olga Osorio, a directora de 'Mouras' ou 'Einstein-Rosen'. Un mozo e unha moza quedan por primeira vez tras contactar por Tinder. Tras as escusas iniciais -a min díxome disto un amigo, nunca antes o usara, etc- a reunión comeza a poñerse delirante. E a volta que a historia dá despois aínda o é máis. Osorio xa explorara o encontro entre o real e o fantástico en 'Mouras', mais nesta ocasión tira máis polo futurista que pola lenda, nunha curta de feitura impecable, cunhas interpretacións moi acertadas de Iria Lamas, Álex Sobrino e Elise Gaté. 'Tinder time' "nace para facer no I Kino Galicia, en outubro do ano pasado", conta Osorio. "É unha convocatoria na que se forman equipos de xente que non se coñece previamente para facer unha curta nun máximo de catro días -pero xa co guión escrito previamente-. Así que escribín un guión moi sinxelo que se puidese rodar sen grandes requisitos. Menos a directora de produción, que era unha colega que se apuntou comigo ao Kino, e a xente que colaborou na posprodución que fixemos a posteriori -o compositor, mistura de son, etalonaxe- todo o equipo formouse alí. E por exemplo os actores foron para min todo un descubrimento, os tres. Creo que captaron perfectamente o sentido de humor da curta e foi moi fácil traballar con eles a pesar do pouco tempo que tiñamos", engade. O ton cómico de 'Tinder time' é doadamente perceptible. Mais tamén se albisca un fondo de reflexión sobre a incomunicaciónO ton cómico é doadamente perceptible. Mais tamén se albisca un fondo de reflexión sobre a incomunicación -a dificultade para establecer novas relacións máis alá das pantallas-. A carón dun clásico da ciencia-ficción como son as viaxes no tempo. "Creo que a curta fala da incomunicación nos tempos da hipercomunicación. Todos as personaxes teñen unha axenda oculta, por así dicilo, e aínda que temos moitas ferramentas para conectar é difícil chegar a unha conexión sincera coa xente. No tratamento de son xogamos con isto metendo sonidiños de móbil de cando en vez como un xeito de recordar este asunto, igual que o resto dos clientes do bar están embebidos nos seus móbiles…", aclara a directora. 'Tinder time' poderá verse o martes 15 ás 20:30 no CGAI. Forma parte da sección non competitiva do FKM 'Sen límites'.Hoy no va a lloverLautaro Herrera presenta no Concurso Internacional de Curtametraxes do FKM o venres 18 ás 20:30 no CGAI 'Hoy no va a llover', a historia dunha familia chea de tensións, desencontros e silencios, marcada entre outras circunstancias polo desemprego do pai, que procura a sorte xogando ao cupón. "A idea" -explica o director- "nace de dúas preguntas: que pasaría se en vez de tomar eu as decisións da miña vida é a sorte a que as toma? E, que pasaría se aínda por enriba son unha persoa con mala sorte?". Nunha sorte de conto traxicómico de alento contrario á ideoloxía meritocrática neoliberal. "A providencia" -di Herrrera- "sempre me pareceu traxicómica, e quería ver ata onde pode chegar unha familia e un grupo de amigos sen sorte na vida. Nese sentido, pódese dicir que a curta se artellou desde algo que non é tanxible e que funciona case coma o malo da película: o azar". "A providencia" -di Herrrera- "sempre me pareceu traxicómica, e quería ver ata onde pode chegar unha familia e un grupo de amigos sen sorte na vida"Cunha fotografía de notable calidade, 'Hoy no va a llover' ofrece ao espectador múltiples detalles de grande potencia simbólica. Coma unha escena na que o protagonista é case levado por diante por un aluvión de xente nova que atravesa en ambas direccións unha estreita calella. "Os detalles" -asegura o director - "están aí, pero nunca poden estar por enriba do total da obra nin ser caprichosos. Son moi de poñer pequenos detalles nas cousas, que funcionan como pequenos premios para o espectador que os vexa, pero o que non os vexa debe pensar: algo me está incomodando e non sei moi ben o por que".Na parella protagonista hai un evidente desequilibrio de poder, apreciable na actitude da muller co home. E, unha vez máis, nos detalles. "Na escena do almorzo" -exemplifica o director- "do lado del, desde o seu almorzo ata o seu garda-chaves están case baleiros: sen embargo, o lado dela está cheísimo: froita, pan.. un monte de chaves... As chaves abren portas e iso é poder, mentres máis chaves teñas máis poder tes, xa que podes acceder a máis sitios. Quen ten o poder na casa é ela. Na habitación, se facemos o mesmo exercicio vemos que o lado da cama del está case baleiro e o dela cheo". A curta comeza, por outra banda, en branco e negro, para ir incorporando a cor de xeito progresivo. "A primeira e a última escena son iguais: os dous na habitación. É cíclico. Pero entre a primeira e a última todo mudou. As súas vidas pode que agora teñan unha esperanza: por iso se vai á cor, para reforzar esa idea", apunta.'Hoy no va a llover' mestura o drama, a comedia e o fantástico, a través de presenzas que son ausencias. Dunha representación posible da idea da pantasma. O ton buscado é, segundo o director, "traxicómico e surrealista. A idea era diluír o máximo posible todas esas fronteiras, que nunca saibas se tes que deixar que se debuxe un xesto de sorriso, se tes que lamentarte ou se o que estás a ver é unha pantasma ou unha alucinación dos protagonistas". Cos actores -engade- "buscouse que sexan o máis asimétricos posible, cómicos, con liñas cómicas pero con ningunha intención de facer gracia"HomomaquiaNa sección competitiva Concurso Internacional de Curtametraxes en Galego, "FETUS" participaron sete curtas. Entre elas, a celebrada 'Homomaquia', de David Fidalgo, que tras presentarse en Galicia no Festival de Cans pasou xa polo FIC Bueu, pola Semana de Cine de Cangas ou polo OUFF, ademais de ser seleccionada tamén no Baixada Animada, en Brasil, ou no Madrid Indie Film Festival. 'Homomaquia' é unha historia de maltrato animal na que se inverten os tornas: son os humanos os cousificados, perseguidos, capturados, explotados por uns seres que, coma eles, están despoxados de linguaxe, de racionalidade e mesmo de identidade. Só que os humanos conservan a capacidade para os afectos e para a empatía, ademais da arela de verse libres. Homomaquia' é unha historia de maltrato animal na que se inverten os tornas: son os humanos os cousificados, perseguidos, capturados e explotados "A idea" -explicou o director nunha entrevista con Praza realizada con motivo do FICBueu- "era establecer un contexto no que os humanos son tratados coma os touros na nosa realidade, pero sen que os toros tomen o papel do humano, pois dubido moito que eles se dedicasen a torturar…". "Quería" -engade- "que os humanos fosen primitivos, animalescos, polo que a fala non tiña cabida. Dalgunha maneira, trato de deshumanizar o humano, pero non ao límite, e poñelo baixo o sometemento duns seres sombrizos antropomórficos que representan o peor do ser humano, sendo aquí sombras de toureiro. Un mundo moi masculino no peor sentido da palabra, que me axuda non só a mostrar o maltrato animal, senón que me leva a reflexionar sobre como este tipo de "masculinidade" trata a muller na sociedade. 'Homomaquia' non denuncia só, nese sentido, o machismo, senón tamén a homofobia. "Quixen liberar os personaxes" -sinala o director- "dos prexuízos que temos na sociedade sobre a sexualidade ou a orientación sexual. Na curta non se pensa se son homes ou mulleres. Simplemente, son humanos". Nese sentido, 'Homomaquia' afonda en como "certos poderes masculinos someten a outros que cren máis débiles. O caso da muller é o máis claro, pero sucede tamén cos dous protagonistas masculinos". Protagoniza a curta un trío de humanos que debe procurar camiños máis aló do establecido, que representa como a ignorancia sobre a posibilidade dunha vida mellor "pode facerche crer que iso é todo, mesmo que a túa vida sexa bastante deplorable. Pero cando alguén descobre que hai algo máis, que o que cría a súa liberdade era o seu cárcere, abre os ollos". Se a vida lle deixa.MetrocabinaUnha nai que non dá feito -adoita chegarlle tarde á filla- descobre un medio de transporte revolucionario que funciona a través dunha app. Pero esquece un detalle importante, o cal terá consecuencias. Diso vai 'Metrocabina', a curta de Silvia Otero e Andrés Castro que formou parte do FETUS. "A idea xurdiu" -comenta Castro- "no Obradoiro Pontevedra Rodando, unha xenial iniciativa do Concello de Pontevedra e Volvemos a Primera Producciones Audiovisuales na que cada ano convoca a todo o mundo, que queira participar, para crear unha peza audiovisual. Na segunda edición saíron dúas pezas: un documental sobre os músicos da rúa titulado 'Sons de Pontevedra' e 'Metrocabina'. A idea do mundo pseudo-distópico que se pode ver en 'Metrocabina' xorde un pouco entre todos. Queriamos facer unha historia coas cabinas telefónicas en desuso e unha noite escribín un guión mesturando 'Matrix', as app do móbil, a falta de conciliación e logo engadímoslle unha chiscadela ao famoso Metrominuto de Pontevedra".A curta, que dura moi poucos minutos, conta cunha imaxe coidada e unha estrutura narrativa de certa complexidade. "Para a rodaxe contamos sempre coa presenza e coordinación de Pablo Cacheda -realizador de curtas como 'Superpunky' ou da webserie 'Clases de lo social'- e Pablo Viña -sonidista profesional-. Tamén contamos co actor Santi Romay para o "coaching" actoral, pois todos os actores e actrices que aparecen tiñan pouca ou nula experiencia diante das cámaras. A montaxe correu a cargo de Pablo Cacheda. O de que sexa curta pode ter que ver un pouco porque contabamos con tempo limitado para a rodaxe e tamén porque o guión non supera as sete páxinas, así que, no fondo, a duración da curta está axustada ao previsto", sinala o director.'Metrocabina', coas súas chiscadelas ao fantástico ao xeito de Matrix, podería entenderse como un ollar paródico a un xeito de vivir con demasiada présa'Metrocabina', coas súas chiscadelas ao fantástico ao xeito de Matrix, podería entenderse como un ollar paródico a un xeito de vivir con demasiada présa. Nese sentido amosa, curiosamente, algunhas conexións co 'Time tinder' de Olga Osorio. "A idea" -di Castro- "era facer unha reflexión sobre a falta de conciliación a través dunha nai solteira (Eva Fernández) que non dá feito e que, ademais, por enriba, ten unha filla adolescente (Candela Vázquez). Con todo, a curta non trata de ser transcendental senón máis ben ser un produto de entretemento de ciencia-ficción "low cost", humor e suspense cun tema social de fondo". Andrés Castro anda xa máis centrado na súa última curta que, segundo conta, acaba de facer xunto con María Fanjul. Titúlase 'Atopando o camiño' e estará presente no próximo Culturgal. 'Metrocabina' formará parte tamén da programación da XLI edición da Semana de Cine de Lugo, e tamén no XXXI Maratón de Cinema Fantástico e de Terror de Sants.Neno bonitoFran X. Rodríguez dirixe 'Beautiful boy', a historia "dun "neno" de 37 anos que sofre unha enfermidade crónica dende que era cativo, causa da súa sobreprotección por parte de súa nai, educada nun patriarcado rancio, que inculcou no seu fillo a necesidade de manter o apelido familiar. De aí os celos que provoca en súa irmá, "unha rapaza que se labrou un futuro propio a costa de traballalo e que sempre viu a seu irmán coma un inimigo que lle ocupaba todo o espacio na contorna familiar. Cando Andrés decide desaparecer, a súa irmá ve a ocasión perfecta para desfacerse del", indicou o director a Praza nunha entrevista feita con ocasión da participación desta curta nos últimos premios Mestre Mateo.A curta nace, segundo explica o seu director, "da canción homónima de John Lennon 'Beautiful Boy', onde hai unha frase que di que a vida é eso que pasa mentres fas plans. Esta cita vén dicir que se adicas a túa vida a planificala, o que estás facendo é deixar de vivila. E o máis parecido a deixar de vivir é estar morto. Esta premisa, a priori, tan existencialista, serviunos para facer unha comedia negra onde reflexionar sobre o valor que lle damos ás cousas e o valor do tempo".A intención de 'Neno bonito' é "retratar", a través do personaxe ,"ese mundo absurdo no que vivimos obsesionados por acumular cousas"A intención -aclara- é "retratar", a través do personaxe de Andrés, obsesionado por coleccionar obxectos, "ese mundo absurdo no que vivimos obsesionados por acumular de xeito exacerbado cousas que realmente non serven para nada e que, ademais de ocupar un espazo físico, ocupan iso do que realmente somos donos e soberanos: o noso tempo. Tanto este tema coma o das relacións familiares son recorrentes nos traballos que realicei ata o momento. Resúltame, ademais, interesante tratar as historias dende a comedia porque considero que é o xénero máis eficaz para que as ideas acaben calando e asenten". 'Beautiful Boy' conta con elenco de actores ben coñecidos coma Santi Prego, Cova Berdiñas, Denís Gómez e Santiago Fernández. Peixes voadoresUn mozo namorado faille á súa compañeira unha promesa que nese momento parece ter sentido. Todo parece ir ben, mais un accidente fai que as cousas se torzan. Así comeza 'Peixes voadores', de Franciso Torregrosa. Unha curta sobre a idea hexemónica do amor e o seu cuestionamento ante as circunstancias da vida, como a perda. "O protagonista" -indica o director- "vai abandonando a idea de que o amor é limitado a unha persoa e á vida presente, e chega a velo como unha forza que flúe, entre as persoas, o tempo, e mesmo a morte. Unha perspectiva do amor como forza da natureza que vén simbolizada polas correntes e polo mar. Deste xeito a perda non é tal. Os peixes son tres, pero poderían ser cinco ou sete. E mesmo dous". Un trío que parece traspasar máis que fronteiras, nun xogo de realidade/soño que mantén unha deliberada ambigüidade. "Pode ser un soño, ou pode ser verdade. Manuel cre que Elisa ven velo realmente. Unha doutora ten claro que todo está na mente do enfermo. Outra non está tan segura. Do mesmo xeito que cada un dos protagonistas, cada espectador ten unha resposta para iso", asegura o director. No contraste entre as personaxes femininas está boa parte do miolo da curta. Unha científica que representa a racionalidade. Outra que non renuncia á mesma mais encarna a tenrura da xuventude e a fe no amor. Outra muller que se vai decatando de que amar é tamén dar liberdade. "A primeira tamén é científica e está presa da visión materialista da existencia. A xuventude ten a importancia, ademais doutras vantaxes prácticas, de que os prexuízos non están tan asentados", opina o director. As interpretacións e a posta en escena teñen unha clara pegada teatral, que resulta ás veces mesmo afectada. Este ronsel teatral foi, segundo o director, algo buscado. "Pareceume un bo recurso narrativo e tamén un elemento esteticista: unha caveira guapa non é o mesmo que unha zombificada. Por outra parte, as actrices e o actor proveñen do mundo do teatro e quixen darlle esa pátina de irrealidade verídica que ten este medio. A utilización de estereotipos como o túnel no final da vida e os retornados que queren dar unha mensaxe do máis aló van tamén por ese camiño", afirma.A curta inclúe alguha chiscadela ao espectador coma a presenza, nun momento, dun libro de PoeA curta inclúe alguha chiscadela ao espectador coma a presenza, nun momento, dun libro de Edgar Allan Poe. "Despois de ter escrito o guión, caeu nas miñas mans este libro que contén un precioso conto gótico, titulado Eleanora, que ten un argumento semellante ao do noso film. Aínda que a narración vai enseguida por camiños moi diferentes, quixen render unha pequena homenaxe ao mestre", di o director. Aparece tamén, só uns segundos, un libro do mesmo título que a curta, que sería o libro que estaría escribindo o protagonista, autor de contos ilustrados. O personaxe "vese na obriga de deixar de escribir durante a súa crise, e pode por fin rematar a obra ao final cando é quen de reconducir a súa vida. A portada con tres peixes non é casualidade: é o reflexo da súa recuperación", adianta. Para resumir, achega unhas poucas palabras: "no fondo, non sabemos en que mundo ou mundos vivimos".As lavandeirasUnha nena camiña polo bosque tras acompañar a súa nai lavar no río. Por máis que a nai lle rife, non deixa de adiantarse. Ata que se atopa cunha misteriosa muller maior -Mela Casal- que pide algo de comer. Así arranca 'As lavandeiras', de Lois Basallo, unha peza que seguiu a outra sobre as costureiras realizada no seo do mesmo proxecto no que se integra 'As lavandeiras', Vou Films. 'As lavandeiras', de Lois Basallo, seguiu a outra sobre as costureiras realizada no seo do mesmo proxecto no que se integra 'As lavandeiras', Vou Films"Agora mesmo estamos inmersos nunha terceira que se vai chamar 'As Peixeiras', e son todas de características similares: ambientación de posguerra no rural galego e dignificando a muller con eses traballos moitas veces vistos como secundarios ou pouco dignos, mais que eran moitas veces o único ingreso que entraba nesas familias tan desestruturadas por mor da guerra. E a idea xorde un pouco a raíz dos contos que me contaba miña avoa de cativo, e como mesturando elementos fantásticos propios da nosa cultura, xunto co propio medo que reinaba na época e a recreación no rural, fan que sexa unha combinación moi boa e cree esa aura de misterio", explica Basallo.A curta deixa moito espazo para a interpretación do espectador, que debe integrar o seu xeito na historia os elementos fantásticos que se deixan entrever. "Si está feita para que o espectador xogue un pouco coa súa imaxinación e ate os cabos que crea convenientes, mais o que si pretendemos é crear unha angustia. Ver como pasamos dunha aparente xornada de normalidade a ese caos no medio da fraga por mor dunha simple conversa coa cega, e como hai cousas fantásticas como neste caso o lume fatuo ou a curuxa que son presaxios do que vai acontecer", subliña o director. Un elemento moi importante na curta é a propia paisaxe na que está rodada. Que habitan as tres actrices: Claudia Basallo, Gemma Do Carmo e Mela CasalUn elemento moi importante na curta é a propia paisaxe na que está rodada. Que habitan as tres actrices: Claudia Basallo, Gemma Do Carmo e Mela Casal. "A verdade é que foi unha honra contar cunha actriz coma Mela para este proxecto, e ver que se involucre da maneira que o fai di moito da súa persoa. Todo está rodado integramente na Pobra do Caramiñal, nas fragas que están a carón do río Pedras. Foi unha única xornada de rodaxe, máis ben dura, xa que moitas das localizacións son sendas inhóspitas e se o simple feito de chegar ata alí ten o seu mérito, hai que sumarlle que foi nunha xornada de inverno, con temperaturas moi baixas e a choiva que nos acompañou por momentos. Pero isto é Galiza e coido que mereceu a pena o esforzo, co resultado da curta", di o director.Terror na BateaUn científico pouco empático e moi ambicioso realiza un experimento con mexillóns que se lle vai das mans. Con consecuencias indesexadas. Diso vai 'Terror na Batea', de Diego López. Que é a cuarta parte da serie 'Rural Horror Storis', un proxecto inspirado "no cine oitenteiro e cutre, con efectos malos e traxes/marionetas de cartón-pedra. Fibra de vidro neste caso", explica o propio López. O reto, desta volta, consistía en gravar unha curta nun día. Aínda que -conta López- ao final non chegou e foron… dous días de rodaxe, que foron posibles ademais pola confianza demostrada pola confraría de Rianxo, que lles permitiu gravar nunha batea. "A idea xurdiu" -comenta o director- "en varias viaxes que fixen á illa de Arousa, onde dende a ponte que cruza ata terra puiden ver unha batea da confraría, que ten chan sen separación. É coma un palé xigante no medio da auga. Sempre que a vía pensaba: como molaría facer unha curta nunha batea!. Iso sumado a que unha amiga contoume que na zona de Cangas/Aldán a xente ía ás bateas facer parrilladas de mexillóns. Así xurdiu a idea duns chavales que van facer esta actividade mentras son atacados por algún monstro mariño, como en 'La balsa', de Creepshow 2. Dani Xove, que sempre colabora comigo no desenvolvemento dos guións, e máis eu démoslle moitas voltas e ao final xurdiu a idea do mexillón xigante asasino cun ollo, feito en rotoscopia: debuxado á man, fotograma a fotograma".Xurdiu a idea duns chavales que van facer esta actividade mentres son atacados por algún monstro mariño, como en 'La balsa', de Creepshow 2Os personaxes son caricaturas. "Como en todas as Rural Horror Storis, xogamos con personaxes tópicos: o chulo de praia, o pailán, a choni, "a de fóra" e un científico louco. Baseámonos en clichés para non ter que afondar moito nas personaxes e que a xente, só con velos, xa se dea conta do seu "background", indica o director. Tampouco hai "actuacións súper profundas e fortemente desenvolvidas" -sinala- porque "non pegarían no xénero de fantaterror que traballamos. Por iso os actores teñen un "acting" moi de debuxos animados, para potenciar o cutrerío e o "choteo". Queremos que o espectador non se sinta defraudado: imos coas cartas sobre a mesa e deixamos claro que isto é comedia e queremos que rían". Mais a historia desenvólvese, en realidade, en varios planos narrativos, que inclúen anacos de vellos programas de televisión e unha parte de animación. Porque é, en realidade, o contido dun vídeo que ao principio nos pon outro personaxe: o presentador das Rural Horror Storis. "Un contacontos reconvertido en videoblogger, que non ensina historias, en diferentes formatos físicos, da súa videoteca persoal. E acaba dando unha moralexa recorrente", segundo o director desta curta. Así, 'Terror na Batea' ten "unha estrutura tan 'Frankenstein' debido ao feito de que está montada como se fose unha gravación caseira da TV nunha fita de VHS vella, con anacos sobrantes doutras cousas e con esa textura de fita magnética estragada". Todo é bastante cutre -como era a idea- en 'Terror na Batea'. Mais non por iso se deixaron de buscar recursos onde os había e onde nonTodo é bastante cutre -como era a idea- en 'Terror na Batea'. Mais non por iso se deixaron de buscar recursos onde os había e onde non. Coa rodaxe aínda sen rematar e co sol xa caendo, o equipo quedou sen baterías. E decidiu solventalo gravando na casa "unha pelexa con bonecos cun croma. Mercamos un boneco vello de Superman en Ebay, tuneámolo, e gravamos varias probas ata que obtivemos o resultado que queriamos. Despois Dani Xove animou os fondos… E así saíu unha pelexa de bonecos ao estilo Dragon Ball", conta López. A rodaxe na batea tivera, ademais, a súa complexidade. "Ao non ter electricidade alí, tiñamos que ir a terra nunha planeadora e buscar baterías e intendencia. Tamén nos pasou que chegamos ás nove da mañá para empezar cedo, pero había unha néboa mariña que nos tivo esperando dúas horas. Por iso a parte de Manquiña ten esa luz tan forte: estabamos metidos no medio da néboa". Manuel Manquiña comparte con Lorena Rei, Román Castaño, Alejandra Tomé e Duarte Galán o reparto desta curta. Para rodar, tiveron que levar un barco mexilloeiro que ancorase a batea para evitar que se movese coa forza da marea. Gravaron todo, así, por orde cronolóxica. "A metade da curta é feita a trípode e a outra metade, a partir de que se decatan de que están atrapados alí, coa cámara ao hombro, para darlle ese toque de tensión", resume o director. CafeínaUn home adicto á cafeína percorre a cidade, desesperado, en busca do que lle dá -e lle quita- a vida: o café. Cada vez máis desesperado na súa busca, chega a sementar o pánico. Ou iso contan os medios de comunicación. Diso fala 'Cafeína', de Julio López e Sara C. Lorenzo, que conta cun moi bo reparto: Isabel Navera, Nani Matos, Pilar Boullosa e Bastián Lobato. A curta estará presente tamén no próximo festival Armadiña, polo que haberá máis oportunidades de vela nas próximas semanas. O FKM inclúe na súa programación, por último, tamén unha longametraxe: 'Las Brujas de E'lente', de Simón Vázquez, que xa o ano pasado fora presentada no OUFF. O FKM inclúe na súa programación, por último, tamén unha longametraxe: 'Las Brujas de E'lente', de Simón VázquezE'lente, fillo do demo, destinado a sementar o caos na Terra, foi afastado do seu pai. Deus agochouno entre os mortais para así protexer a súa creación. Pero o Demo conta con aliadas na terra destinadas a buscar o seu fillo. Aínda que todo isto -di a sinopse da curta recollida na web da mesma- non é máis que unha lembranza dun conto na cabeza de Eva. Tras dez anos vivindo nun internado lonxe da súa irmá, regresa ao que fora o seu fogar para liberala dos seus crueis pais. |
NOS_6861 | As nacións históricas, con competencia para adoptar medidas de restrición de forma autónoma únense ás comunidades do norte de Inglaterracontra o centralismo de Boris Johnson. | O avance do coronavirus está mostrando as fracturas do Reino Unido. Mentres Escocia, Gales e Irlanda del Norte gozan de altos niveis de autonomía gobernamental na política de servizos públicos e tributaria para dotalos de financiamento, ao norte de Inglaterra acusa o Goberno de Boris Johnson de centralismo e de adoptar decisións para todo o país deitas á medida de Londres. Hai 10 días Boris Johnson anunciou a partición de Inglaterra en tres segmentos, segundo o risco asociado ao número de contaxios contabilizados nos últimos días. A maior perigo, máis restricións para a mobilidade e a relación social. A medida afectou entre outras localidades ás de Manchester, Liverpool, Sheffield e South Yorkshire, que aceptaron o nivel tres de restricións de mala gana, a cambio dunha compensación financeira que, ao final, foi inferior á solicitada. Nesta lea, Manchester, guiado polo seu alcalde, Andy Burnham, converteuse en voceiro e defensor das clases traballadoras do norte, máis pobre, fronte ás máis acomodadas e ricas do sur. Sen chegar a impoñer o recoller obrigatorio, o nivel vermello de restricións obrigou ás comunidades do norte, por decreto lei, a fechar pubs e toda a industria do entretemento, ademais de prescindir das reunións de familiares y amigos que non vivisen baixo o mesmo teito. A rebelión contra o centralismo de Londres, non discute as razóns científicas que aconsellan medidas máis severas contra a pandemia, pero si a falta de axudas suficientes que poñan fin ao elitismo de Johnson para garantir condicións máis igualitarias para todos os territorios, como prometeu o primeiro ministro. Lonxe do centralismo Mentres Escocia, Gales e Irlanda do Norte actúan pola súa conta sen, de costas a Londres. O Goberno de Gales anunciou un novo confinamento desde esta sexta feira, 23 de outubro, até o 9 de novembro que inclúe o feche de pubs, restaurantes, ximnasios, barberías e outros negocios non esenciais. En Escocia rexerá un sistema de cinco niveles a partir do 2 de novembro, moi similar ao circuit breaker -o novo confinamento de dúas ou tres semanas decretado por Londres- para as localidades de máis casos. En Irlanda do Norte, cun rápido aumento de casos e un 83% das camas en unidades de coidados intensivos ocupadas, a autonomía comezou o circuit breaker hai unha semana. Un plan de catro semanas que inclúe o feche de bares, restaurantes e negocios non esenciais, a prohibición de reunións sociais e a recomendación de traballar desde as casas. |
NOS_11298 | O presidente da Real Academia Galega afronta o seu novo mandato co reto de potenciar o uso do galego entre a mocidade. | O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, renovou o seu mandato á fronte da institución cunha chamada á responsabilidade dos poderes públicos e á sociedade ante a situación do idioma entre a mocidade, especialmente polos desequilibrios de competencia e coñecemento detectados nas contornas urbanas: "Algo está a fallar, non miremos para outro lado", afirmou. A Academia deu a coñecer esta semana o resultado dun rigoroso e profundo estudo sociolingüístico no que analiza o grao de competencia en galego e en castelán co que o alumnado remata os seus estudos no ensino secundario obrigatoria. O informe reflicte un acusado desequilibrio, especialmente nas contornas urbanas. A pesar de que o alumnado galegofalante mostra un dominio similar en ambos idiomas, máis do 35% do estudantado castelanfalante presenta unha escasa competencia no idioma propio da Galiza. A RAG pon enriba da mesa os datos, mais a execución das medidas "depende da iniciativa civil e da iniciativa política", explicou Freixanes Do mesmo modo, o documento constata a maioría de uso do castelán entre a mocidade. Así, o 70% das e dos participantes responderon que falan única ou preferentemente en castelán fronte a un 30% que se comunica en galego de forma prioritaria. Nunha entrevista concedida a Europa Press, o escritor e docente reivindicou o papel exercido pola Academia para, a través deste tipo de investigacións e estudos, "chamar a atención" sobre "aqueles aspectos que deben ser reforzados". Pola contra, lembrou que a institución "realiza propostas" na medida das súas posibilidades, mais a execución das medidas "depende da iniciativa civil e da iniciativa política". "Creo que hai que facer unha reflexión, que algo non estamos a facer ben", considerou o presidente da RAG "Hai un universo de persoas e institucións que teñen que comprometerse, a lingua é algo de todos", advertiu, para matizar que a potestade para regular a política lingüística do territorio está nas mans do Goberno galego. "Creo que hai que facer unha reflexión, que algo non estamos a facer ben", considerou respecto diso. O Decreto, non cumpre O presidente da Academia insiste en que as cifras evidencian unha realidade moi clara: que boa parte dos "futuros cidadáns galegos" sae do sistema educativo sen competencia en ambos os idiomas e "sobre todo nos ámbitos urbanos". Neste sentido, instou a non mirar "para outro lado" ante a evidencia de que as formulacións unánimes plasmadas na Lei de normalización lingüística "non se cumpren" na actualidade coa normativa e o modelo implantado pola Xunta nos centros de ensino. O académico Henrique Monteagudo advertiu que a implantación do sistema plurilingüístico desde 2010, impulsado por Feixoo, acentuou aínda máis ese desequilibrio a favor do castelán Outro dos membros do seu equipo e un dos impulsores do estudo, o académico Henrique Monteagudo, tamén advertiu esta semana de que o cambio na lexislación realizado polo Goberno de Alberto Núñez Feixoo, coa implantación do sistema plurilingüístico desde 2010 e a supresión da discriminación positiva do galego nos centros, acentuou aínda máis ese desequilibrio a favor do castelán. Freixanes sinalou que "moitos pais denuncian" en zonas como Ames, Brión ou Bertamiráns que os seus fillos volven da escola "falando en castelán" e que "deixan de falar galego", a pesar de ser a lingua coa que foron educados na casa e coa que os seus proxenitores se comunican con eles. "Algo está a pasar e iso ocorre e está documentado. O que sobran son estudos, non só da Academia, tamén as universidades, o Consello da Cultura Galega...", insistiu. Pola contra, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quitou ferro ao asunto e declarou, en sede parlamentar e após coñecer o estudo publicado pola RAG, que o número de galegofalantes non se reduciu nos últimos anos senón que mudou. "Galiza en 40 anos non é o mesmo país, e se cambiou Galiza como non ían mudar os galegofalantes?". "Os resultados avalan a política lingüística da Xunta", afirmou, engandindo que deben "seguir nesa liña". Non obstante, xa a mediados de decembro de 2019, o Comité de Ministros da Carta europea de linguas rexionais e minorizadas denunciou a situación da lingua galega. O documento advertiu da "diminución do número de falantes" e de que "a transmisión de idiomas de pais a fillos xa non está garantida, polo que a proporción de alumnos con coñecemento do galego como lingua tamén caeu de modo significativo". "A presenza do galego é insuficiente no ensino, especialmente a nivel preescolar", recollía o informe. Unha situación que A Mesa pola Normalización Lingüística vén denunciando. Novos espazos para o galego O presidente da RAG mostrouse disposto a afrontar o reto de ilusionar e conectar ás novas xeracións co idioma e explicou que para iso será necesario levar a lingua aos novos formatos, á tecnoloxía e a aqueles espazos nos que as mozas e os mozos interactúan e socializan. É por iso que a Academia potenciará as iniciativas e a actividade relacionada coas redes e o audiovisual, "dando cancha e escaparate aos novos creadores" e situándose como plataforma de dinamización "pensando nesas novas xeracións". "Eu son un comunicador e entendo moito o significado desa actividade. Por iso estivemos a traballar moito na renovación da web, a incorporación nas novas tecnoloxías, os novos creadores... seguiremos e continuaremos aí", explicou. Propostas para a sociedade Estes proxectos deben pasar tanto polo ámbito da creación como por "as novas linguaxes", como evidencian as "moitas consultas" que chegan á institución de familias que preguntan por propostas para os seus fillos, materiais ou alternativas de lecer en lingua galega. "Afortunadamente hoxe avanzamos moitísimo", sinalou, grazas a unha calidade da edición "moi grande" na escrita, pero tamén con material audiovisual e outras propostas, como debuxos animados, películas ou publicidade, nas que aínda hai que incidir. Á RAG chegan familias que preguntan por propostas para os seus fillos, materiais ou alternativas de lecer en lingua galega Outro ámbito de acción debe ser o estudo e a comunicación, sobre todo co obxectivo de que a lingua "estea presente na cultura do século XXI" e nun contexto mundial marcado pola globalización. "Non improvisamos, nin emitimos opinións porque se nos ocorren. Leva tempo de traballo e esa dimensión científica ten que potenciarse", engadiu, ben "con recursos propios" ou "unir esforzos" con outras entidades como a universidade, o ILG ou o Consello da Cultura, entre outras. Ao mesmo tempo, a Academia debe manter a súa "responsabilidade de servizo", a través do papel do dicionario, departamentos como o de lexicografía, toponimia, e o grande obxectivo da gramática, un "compromiso histórico" e unha iniciativa "moi ambiciosa" que esperan poder presentar neste novo período. A comisión executiva do novo equipo de Víctor Freixanes está conformada por Margarita Ledo Andión como secretaria; Fina Casalderrey na tesouraría; Marilar Aleixandre no posto de arquiveira-bibliotecaria e Henrique Monteagudo na vicesecretaría. A RAG, ao mínimo Tamén recoñece a importancia de lograr unha mellora no financiamento e os recursos da entidade, que "todos os anos" atópase "petando nas portas das institucións públicas" ou fundacións e entidades privadas para "pedir apoios e financiar proxectos". "Por unha banda necesita un mínimo para poder desenvolver a súa actividade con dignidade, e por outra, para proxectos de investigación, estudos de campo que necesitan recursos económicos", explicou. Freixanes insistiu que a Academia galega está "moi por baixo" en termos económicos que os seus equivalentes en Catalunya e Euskadi, o que lles obriga a estar en "conversación permanente" coa Xunta. "Hai cousas que si imos avanzando. Hai que ir subindo a escaleira. Comprendo que non se arranxe da noite para a mañá, que hai prioridades... mais sempre teño esa esperanza", sinalou. |
NOS_36436 | Os servizos de extinción continúan na mañá deste domingo cos labores de arrefriado do perímetro das instalacións da conserveira Jealsa, en Boiro (A Coruña), afectada por un incendio que leva calcinados 11.000 metros cadrados de superficie. | Segundo información do 112 Galicia, as tarefas de apagado deste lume industrial, declarados ao redor das 14.30 horas do sábado, prolongáronse durante a madrugada do domingo debido aos focos que aínda quedaban activos. Por parte da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), desprazouse até o lugar o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) para actuar sobre o terreo con drons cos que avaliaron os danos provocados polas chamas O incendio declarado nas instalacións que da conserveira Jealsa na parroquia de Abanqueiro, no municipio de Boiro e que afectan á cámara frigorífica da factoría deuse por controlado arredor das 20.30 horas deste serán. A veciñanza retornou ás súas casas e os efectivos de extinción continúan a traballar para apagar o incendio por completo. Desaloráronse en total 25 vivendas da contorna e 60 persoas foron evacuadas debido ao fume por precaución Os efectivos que integran o operativo de extinción posto en marcha a raíz do incendio declarado nas instalaciones da conserveira tratan de evitar que o lume afecte os depósitos de amoníaco e a zona de produción da factoría. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, desprazado á zona compareceu ante os medios xunto ao director xeral de Jealsa, Cristóbal Valdés, para dar conta da situación. Segundo explicou Rueda, "uns 16 ou 18 vehículos" e "máis de 50 efectivos" participan nos labores de extinción das chamas e detallou que, se está a actuar por "terra, mar e aire". Hai "dúas zonas sensíbeis" que son a área de "produción", así como a zona na que se sitúan uns depósitos de amoníaco e o "problema engadido" desde o punto de vista ambiental que podería supor que estes ardesen. O director xeral de Jealsa, Cristóbal Valdés explicou que até o momento ardeu a "parte traseira" das instalacións, a zona de "expedición de peixe" mentres que a propia planta "non está afectada". Así mesmo, incidiu en que, nestes momentos, se traballa para protexer as zonas máis sensíbeis e atallar as chamas "canto antes", coa prioridade da protección dos traballadores e da contorna. Dito isto, avogou por esperar a ver como avanza a situación para facer unha valoración dos danos. Segundo informou a Europa Press o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o vento sopra de forma favorábel, en dirección contraria ao eixo central da fábrica, onde se atopan as cámaras frigoríficas. Por iso, confía en que as chamas "non afecten ao resto das instalacións". O rexedor declarou que se uniron aos labores de extinción medios aéreos. Ademais, polo momento non foi preciso o desaloxo de ningún veciño das casas máis próximas á zona, separadas da factoría por unha estrada. Romero sinalou que se empeza a observar unha "melloría" na situaicón, toda vez que o vento é "favorábel" á extinción, se ben se agarda que esta situación meteorolóxica poida experimentar cambios nas próximas horas. Tamén apuntou que se prevé que os efectivos do operativo de emerxencias continúen toda a noite no lugar para arrefriar a zona. O 112 vén de informar que solicitou a intervención dos bombeiros de Borio, Ribeira e Ribadumia, así como do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia e dos efectivos de Protección Civil de Boiro. Tamén se mobilizaron equipos de Salvamento Marítimo e dos Garda Costas de Galiza, así como da Policía Local e da Garda Civil. Fontes da Xunta informaron de que ao lugar se desprazou o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, para seguir a evolución. A intensa fumareda provocada polas chamas declaradas nas instalacións situadas no fondo da ría pode verse desde diversos puntos da contorna. Segundo a información chegada a través da axencia Europa Press, fontes municipais comunicaron que as chamas se detectaron arredor das 14.30 horas e no momento desprazáronse até o lugar os Bombeiros do municipio e efectivos de protección Civil. As primeiras hipóteses, segundo puido saber Nós Diario, achacan o incendio ao fallo nun transformador da conserveira. Jealsa produce a día de hoxe as conservas e produtos alimenticios das marcas Rianxeira, Escurís,Robison Crusoe, Mare Aperto, Pet Select e Valera. Fundada en 1958 por Jesús Alonso Fernández, tamén industrial do téxtil, constituíuse en 1974 como sociedade anónima baixo o nome Jesús Alonso, S.A. (Jealsa). A fábrica de Boiro é a sede de Jealsa e desde ela centralízase o proceso de elaboración de conservas. Jealsa chegou a converterse no primeiro fabricante de conservas do Estado español e o segundo de Europa, desde a fusión con conservas Escurís, outra das conserveiras familiares do Barbanza. A preocupación dos sindicatos O sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG) e o comité e empresa da marca Escurís, integrada en Jealsa, solidarízanse coas compañeiras e compañeiros do grupo empresarial. Nun comunicado enviado aos medios, a CIG manifesta a súa preocupación polas consecuencias que pode ter para o emprego o incendio declarado este sábado. A central sindical demanda da Xunta o compromiso de que se adoptarán as medidas necesarias para garantir todos os postos de traballo. A CIG salienta que son máis de 1.000 os empregos nesta conserveira da que ten unha grande dependencia a economía da comarca. A Unión Intercomarcal de Comisións Obreiras (CC.OO) de Santiago-Barbanza fixo chegar aos medios a súa preocupación polas consecuencias do incendio. O secretario xeral comarcal de CC.OO, Joaquín García, sinalou que "polas noticias que temos polo de agora, non habería que lamentar desgrazas persoais". Tanto García como o secretario xeral de CC.OO de Galicia, Ramón Sarmiento, trasladaron o seu apoio aos traballadores e ás traballadoras de Jealsa, así como aos profesionais dos diferentes equipos de prevención e extinción mobilizados no lugar. |
NOS_52010 | A proposta da Xunta é rexeitada pola comunidade escolar, que esta sexta feira mobilizarase na cidade. | A zonificación escolar de Vigo proposta pola Xunta non convence. Nin a comunidade escolar, nin a organización sociais nin a partidos políticos (agás o PP). Consideran que beneficia a privada e concertada en detrimento da pública. Non só non garanten a liberdade de elección de centro en igualdade de condicións, denuncian os opositores, senón que ademais non tratan os problemas estruturais que ameazan a continuidade dalgúns centros públicos da cidade (por exemplo o IES de Teis A proposta reduce de 10 a 4 a configuración de áreas e elimina postos de traballo, revertendo na "diminución de prazas no ensino público, aumentando aínda máis a fenda entre o ensino privado e o público". "Non podemos admitir baixo ningún concepto que alumnado dos centros públicos se vexa privado, nalgúns casos, do dereito a cursar estudos secundarios en centros próximos aos seus domicilios, mentres este dereito se lle garante aos centros concertados". Por volta de 20 colectivos sindicais, educativos, políticos e veciñais de Vigo entregaron a pasada sexta feira un escrito na delegación da Xunta no que rexeitan a proposta de zonificación escolar remitida pola inspección educativa e solicitan a súa paralización ao entender que tería graves consecuencias para o ensino público vigués. Esta cuarta feira, 17 de xaneiro, delegados da Xunta de Persoal Docente concentráronse diante da Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra para rexeitar "a imposición da zonificación escolar de Vigo. A concentración desta sexta feira será un paso máis nesa oposición. Será ás 19:00 horas na Farola de Urzáiz, convocada pola Federación de nais e pais de Vigo e comarca e co apoio de sindicatos (CIG; CUT, STEG, CCOO, UXT), organizacións políticas (Marea, BNG, PSOE…) e diferentes colectivos e entidades. |